ENXEÑARÍA AMBIENTAL. Límites

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

Esenciais

ENXEÑARÍA AMBIENTAL
tratamento de augas residuais
Francisco Omil Prieto, Juan Manuel Garrido Fernández (Dpto. Enxeñaría Química)

CARACTERIZACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS Compoñentes das augas residuais


• Microorganismos e patóxenos: Aínda que a maior parte
Definición dos microorganismos presentes nas augas residuais
As augas residuais son as augas contaminadas por urbanas son inocuos, tamén hai organismos patóxenos,
actividades antropoxénicas resultantes dun uso bacterias, protozoos e virus (en especial nas augas
determinado, que pode ser urbano, agrogandeiro, negras, que conteñen os residuos fecais).
mineiro ou industrial da auga, e que deberían recibir un Perigo: Poden transmitir enfermidades contaxiosas
tratamento axeitado antes de ser vertidas ao medio.
• Materiais en suspensión, como areas ou arxilas
Tipoloxía segundo orixe (inorgánicos), microplásticos ou restos de materia
orgánica de orixe natural (residuos de comida).
• Augas residuais urbanas: As augas residuais
Perigo: Poden producir depósitos de lamas e condicións
domésticas ou mestura destas con augas residuais
anaerobias
industriais ou con augas de escoamento pluvial.
• Augas residuais domésticas: As augas residuais • Materia orgánica disolta: principalmente de orixe
procedentes de zonas de vivendas e servizos. Dentro natural e biodegradable (glícidos, lípidos, proteínas),
destas, se se establece un sistema de separación nos pero tamén de difícil biodegradación e posiblemente
fogares, poderían distinguirse augas negras (feces e tóxica (praguicidas, compostos orgánicos volátiles,
papel hixiénico sen ouriños), auga amarela, (só con contaminantes emerxentes…)
ouriños) e augas grises (augas de ducha, baños e lavado Perigo: Esgotan o osíxeno disolto presente no medio
de chan, roupa e louza).
• Nutrientes: especialmente compostos de nitróxeno e
• Augas residuais industriais: Proceden de calquera
fósforo
proceso de produción, transformación ou manipulación
Perigo: Estimulan o crecemento masivo de algas e provocan
na que se empregue auga incluíndo os líquidos
degradación de ambientes naturais por eutrofización
residuais e augas de proceso.
• Augas pluviais: Proveñen das precipitacións pluviais, • Metais pesados: especialmente en determinadas augas
da fusión da neve. Só se consideran aquelas que se industriais
puxesen en contacto con contaminantes en áreas Perigo: Potencial tóxico de determinados metais
urbanizadas e non as augas pluviais limpas. (Cd, Cu, Ni, Pb, Zn, Hg, Cr)

Estación de Depuración de Augas Residuais (EDAR) de Cangas do Morrazo


LEXISLACIÓN • Nitróxeno total (NT) e Fósforo total (PT), mediante
diversos ensaios usando habitualmente métodos
Parámetros lexislados e límite de vertido espectrofotométricos, determínase a concentración
Debido aos milleiros de compostos diferentes presentes, total destes nutrientes.
determinar a composición química de todos eles
nunha auga residual urbana non resulta nin viable nin Lexislación en materia de augas residuais urbanas
ambientalmente útil. Por ese motivo utilízanse diversos
Dende 1986 (data de incorporación de España á UE) a
indicadores máis fáciles de determinar, que dan unha boa
lexislación aplicable en materia de augas residuais ten
medida do grao de contaminación.
experimentado un extraordinario desenvolvemento e está
• DQO: Demanda Química de Osixeno. Mide suxeita a un proceso de actualización continua.
esencialmente a concentración global de materia
• Lexislación actual: A Directiva 91/271/CE segue a ser
orgánica presente na auga residual. Determínase
a principal referencia no ámbito das augas residuais
habitualmente pondo en contacto unha mostra de
urbanas.
auga residual con dicromato de potasio en medio
• Lexislación futura: En constante desenvolvemento
ácido.
para incluír novos retos tales como os contaminantes
• DBO5: Demanda Biolóxica (ou Bioquímica) de
emerxentes (microcontaminantes orgánicos,
Osíxeno, a 5 días. Mide o consumo de osíxeno debido á
disruptores endócrinos, toxinas, etc.).
biodegradación de materia orgánica mediante ensaios
descontinuos en botellas pechadas. A táboa mostra na primeira liña os rangos máis habituais
• SST e SSV: Sólidos en Suspensión Totais e Volátiles. dos parámetros lexislados nas augas residuais urbanas
Fíltrase unha mostra de auga a través dun filtro de (datos en mg/L). A continuación, os valores límite de
fibra de vidro e determínase o peso seco a 105 ºC (SST) vertido establecidos pola lexislación europea (Directiva
ou a diferenza desta medida coa obtida a 550 ºC (SSV). 91/271/CE).

DQO DBO5 SST NT PT


Auga residual 200 - 1000 130 - 400 100 - 400 20 - 70 4 - 14
Límite de vertido 125 25 35 10 ou 15 1 ou 2

Diagrama de proceso e imaxe do


Decantador Secundario da EDAR
de Calo-Milladoiro (Concello de Teo)
TRATAMENTO DE AUGAS RESIDUAIS • Tratamento primario: Decantación dos sólidos en
suspensión orgánicos e inorgánicos en clarificadores
Obxectivos convencionais (contemplados pola primarios, nos que se só se usa en EDAR urbanas de
lexislación vixente) cidades de máis de 40.000 habitantes.
Eliminación de materiais en suspensión, materia • Tratamento secundario: Tratamento da materia
orgánica, nutrientes e patóxenos orgánica mediante un proceso biolóxico no que se
pon en contacto a auga residual cun lodo formados
Procesos de tratamento por microorganismos, que crecen oxidando os
O tratamento das augas residuais lévase a cabo en contaminantes presentes nas augas. En ocasións
Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) tamén se realiza a eliminación de compostos de
onde se retiran os contaminantes das augas, usando nitróxeno e fósforo nesta etapa.
normalmente tres etapas: • Tratamento terciario: Eliminación de
microorganismos e sólidos en suspensión presentes no
• Pretratamento: Nesta etapa elimínanse os efluente secundario, mediante sistemas de filtración
contaminantes de fácil separación. Retíranse (leitos de área, membranas), desinfección (mediante
obxectos grosos (mediante reixas ou barutos) e sistemas de raios UV ou ozono) e eliminación de
graxas e areas (mediante sistemas de desareado- compostos persistentes e microcontaminantes
desengraxado). orgánicos mediante carbón activo e/ou ozono.

Novos retos cando sexa posible sería interesante adoptar solucións


• Diminución da pegada ambiental: É preciso ter localizadas enfocadas a determinadas correntes
procesos de tratamento que sexan máis compactos (efluentes hospitalarios, tratamento de augas residuais
(redución de superficie necesaria), que empreguen en núcleos rurais, etc.)
menos enerxía (ou mesmo que a produzan), que xeren • Economía circular: É preciso aproveitar os recursos
menos lodos residuais e nos cales a produción de gases presentes nas augas residuais, tales como o amonio
de efecto invernadoiro (metano, óxido nitroso) sexa e fósforo (fertilizantes), a produción de biogás en
minimizada. procesos anaerobios ou ben favorecendo a reutilización
• Tratamento descentralizado: En vez de ir á construción da propia auga depurada.
de grandes plantas de tratamento moi complexas, • Eficiencia enerxética: É preciso usar procesos
enerxeticamente máis eficientes.

Reactores biolóxicos
aerobios (cubas
de aireación) das
EDAR de Santiago de
Compostela (esquerda)
e Lugo (dereita).
Principais tecnoloxías de tratamento secundario Deseño de equipos: Ecuacións e parámetros básicos
Unha das modificacións máis habituais que presentan as Para dimensionar os equipos manéxanse basicamente
EDAR e o tipo de sistema biolóxico seleccionado para o dous criterios:
tratamento secundario das augas: • Carga orgánica, aplicable ás etapas de tratamento
• Proceso de lodos activos: é a principal tecnoloxía de biolóxico, en que é importante determinar a
tratamento biolóxico de augas residuais urbanas. Está VCO, velocidade de carga orgánica, cantidade de
baseado nun reactor biolóxico aerobio de biomasa ou contaminante tratado por unidade de volume de
lodo en suspensión que, combinado con outras etapas reactor e día de operación
anaerobias e anóxicas, é capaz de eliminar eficazmente (kg DQO/m3·d ou kg DBO5/m3·d)
a materia orgánica e nutrientes nas augas residuais. ► Reactor de lodos activos: 0,3-1,3 kg DBO5/m3·d
O proceso biolóxico é complementado cunha etapa
• Carga hidráulica, baseados no caudal de auga residual
de decantación secundaria para separar as augas
alimentado, aplícase a todas as etapas de tratamento,
tratadas do lodo biolóxico. Aínda que moi efectivo e excluíndo o tratamento biolóxico (m3/d). No caso de
amplamente usado no mundo enteiro, consome moita sedimentadores primarios e secundarios se soe limitar
enerxía (principalmente no proceso de aireación) e o caudal de auga que se vai tratar (m3/d) por unidade
produce grandes cantidades de lamas residuais que hai de superficie e día (m2) a un certo rango:
que tratar.
• Procesos baseados no uso de reactores biolóxicos ► Sedimentadores
 primarios: 30-50 m3/m2·d
de membrana (MBR): É unha variante do proceso de ► Sedimentadores
 secundarios: 8-28 m3/m2·d
lodos activos en que se troca o decantador secundario Cando se deseña un sistema de lodos activos resulta
por membranas de micro ou ultrafiltración. Consegue interesante calcular ademais:
efluentes de alta calidade, libres practicamente de • Necesidades de aireación (só eliminación de DQO):
sólidos en suspensión e bacterias.
∆O2 = Q · (So - S) - 1,42 · ∆SSV (kg O2/d)
• Procesos baseados no uso de biopelícula: Nestes
procesos, os microorganismos adhírense a unha • Lamas xeradas:
superficie ou soporte. As principais tecnoloxías son os ∆SSV = Y · Q · (S0 - S) (kg SSV/d)
filtros percoadores, contactores rotatorios biolóxicos e
“Moving Bed Biological Reactors” (MBBR). onde:
• Procesos anaerobios: Usan microorganismos  Q e o caudal aplicado (m3/d)
anaerobios metanoxénicos que descompoñen a  SO: DQO da entrada ao reactor (kg/m3)
materia orgánica producindo biogás moi enriquecido  S: DQO á saída (kg/m3)
en metano. O sistema máis salientable é o reactor
anaerobio de manto de lodos (UASB).  Y: rendemento celular aparente
(0,3 - 0,4 g SSV/g DQO eliminado).

Saída do efluente secundario dunha EDAR

You might also like