Sensor Es

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Patrocina:

CONCURSO SENSORES PARA TODOS 2019.

BASES:
Sensores para todos organizado por Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) co patrocinio do
Concello da Coruña.

Centrarase en experimentos con sensores con Arduino, Raspberry Pi, Smartphones e Tablets
(Android ou IPhone) e Robots Lego ou Mbot. Pero tamén aplicacións con GPS e, porque non,
Internet das Cousas, conectando en rede e coa rede os sensores.

Pode ser que algúns centros xa teñan algún Lego NXT, ou EV3 (que tamén serven para preparar
aos rapaces para os concursos de robótica de IGACIENCIA e EducaBarrié); ou ben, un Arduino con
varios sensores; ou un Raspberri Pi para aprender a programar; ou ben recibíchedes unha serie de
mbots da Consellería; e o alumnado ten móbiles intelixentes.

Trátase de darlle unha nova e inesperada función a estes materiais, por exemplo, imos facer
recollida de datos, “datalogging”, e representar os resultados de varios experimentos científicos;
formular e responder con datos a varias preguntas; coñecer novas leis científicas; manexar Calc
ou Excel para facer representacións gráficas que permitan tirar conclusións dos datos recollidos
polos sensores,...

Destinatarios:
Grupos de alumnos e alumnas, cun mínimo de dous membros, de centros educativos de
Educación Primaria ou Secundaria de Galicia ata nivel de bacharelato e formación profesional de
grao medio, inclusive.
Deben estar avalados na presentación por algún profesor ou profesora do centro no que estudan.

Prazo de recepción dos proxectos: ata o 31 de maio de 2019.

Material a entregar e forma de envío:

Enviar un correo electrónico a secretaria@igaciencia.org coa seguinte información:

1. Ficha da proxecto na que se indique:


• Título e un breve resumo do proxecto
• Autores: nome e apelidos, curso, centro educativo
• Profesorado que coordinou o proxecto
• Descrición e gráfico da montaxe: desenvolvemento do proceso e as súas dificultades; e
análise de resultados e conclusións.

A presentación formularase como se fose dirixida a compañeiros da idade dos autores.

1
Patrocina:

Admítense diversidade de formatos: soporte papel, multimedia, material gráfico elaborado e/ou
multimedia que reflicta tamén a recollida e procesamento de datos.

2. Indicar o número de cuestións ás que responde e a súa calidade.

3. A programación efectuada, no seu caso.

Premios:

Material de informática-tecnoloxía para os centros educativos cun importe máximo de 300 € no


caso do primeiro premio e 200€ no caso do segundo premio.

Se o proxecto resulta premiado terase que acudir ao acto de entrega de premios (na Coruña en
xuño de 2019) e efectuar a súa presentación polo equipo de autores, para iso disporase de 5
minutos/proxecto.

Un centro non pode recibir máis que 1 premio por concurso. Se un centro educativo presenta
varios proxectos de nivel semellante e lles corresponde un dos premios, pode adxudicarse ao
conxunto dos proxectos presentados.

Xurado:

Constituído por 2 membros de Igaciencia e un representante da entidade patrocinadora, Concello


de A Coruña. A decisión do xurado é inapelable.

Patrocinador: Concello de A Coruña.

Máis información: http://www.igaciencia.eu

A Coruña, á data de sinatura electrónica do presente documento.

A técnica de Educación O xefe do Servizo de Educación


Ana Judel Prieto Belisario Sixto San José

You might also like