Texto Político

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

“Levan quince anos indo na dirección contraria, vostedes nin loitan polo cambio climático,

deixaron un transporte público peor; ademais, impulsaron un modelo depredador do noso


territorio. Esto trae consecuencias, temos un grave problema, que o noso monte arde e non son
capaces de tomar medidas estructurais, temos unha pérdida brutal de productividade nas nosas
rías que está poñendo nunha situación muy difícil a miles de postos de traballo. (…) é por eso
que ostenta como as miñas prioridades reforzar a seguridade nas costas, poner en marcha un
programa para a limpeza do litoral, non un día senón os 365 días do ano e tamén cambiar un
modelo forestal que non pode ser en medida dunha empresa senón o que necesita o noso país
apostando por madeiras de calidade e pola biodiversidade. (…) Y si, creo que tamén é relevante
que falemos das enerxías renovables, porque temos un modelo, que é o que defende o partido
popular, co que soportamos todos os costes ambientais e sociais e non temos ningún beneficio.
Os beneficios son todos para o lovi eléctrico. Y esto sábeno muy bien as persoas que nos están
vendo.”

Ana Pontón

Esto: isto (está mal escrito xa que é un castelanismo, é dicir, que pola influencia do castelán
incluíu no seu discurso o demostrativo “esto” en vez da súa forma galega correcta “isto”).

Estructurais: é un castelanismo xa que en galego se di “estruturais”, esto xurde pola influencia


do grupo -ct- que pasase erroneamente ao galego.

Pérdida: castelanismo, en galego se di “perda”, é unha palabra tomada tal cal do castelán e
introducida erroneamente ao discurso en galego.

Productividade: é un castelanismo debido a influencia do grupo -ct- que ven do castelán e


mantense nesta palabra, en galego sería “produtividade”.

Por eso: castelanismo, xa que pola influencia do castelán introduciu erroneamente no seu
discurso un demostrativo que en galego se diría “iso”.

Poner: castelanismo da forma verbal en galego “por” ou “poñer”.

Y si: castelanismo, xa que este marcador textual en galego sería “e si”

Y esto sábeno muy bien: nesta frase apreciase o uso erróneo de numerosos castelanismos, tanto
na conxunción, coma no demostrativo, no adverbio de cantidade e no adverbio de calidade “e
isto sábeno moi ben”.

Están vendo: conxugación errónea da perífrase verbal temporal estar a + infinitivo “están a ver”.

Desde o meu punto de vista, creo que todos os problemas que está a sufrir a lingua galega teñen
que ver pola gran influencia que ten o castelán no noso día a día, xa que na actualidade en
cidades grandes como é o caso de Vigo, moi pouca xente fala en galego de maneira cotián, polo
que en moitos casos estase a perder o uso da nosa lingua e por tanto o seu léxico. Ademais, cabe
destacar que quenes falan en galego tenden a cometer errores léxicos principalmente pola
influencia da lingua castelá introducindo o vocabulario desta coma se fose galego ensuciando a
nosa lingua. Por outro lado, a perda de falantes non para de incrementar debido a que un
porcentaxe moi baixo das novas xeracións fala en galego.

You might also like