Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

A Constitución española

A lei básica, fundamental e principal do Estado español é a Constitución.


Por iso, todos os habitantes do país temos a obriga de cumprir o que se
establece na mesma.

Nela veñen establecidos unha serie de puntos. En primeiro lugar,


os dereitos, deberes e liberdades dos cidadáns españois.

Por outro lado, marca as directrices sobre a organización política:


monarquía parlamentaria e división de poderes.

Ademais, tamén fala da organización territorial, é dicir, de que maneira


se divide o territorio español.

Pero a maiores disto, a Constitución española tamén establece cal é a


capital do Estado, cal ou cales son as linguas oficiais do mesmo e, para
rematar, os símbolos que o diferencian do resto de países ou estados.

A actual Constitución foi aprobada no ano 1978.

Dereitos, deberes e liberdades


O país no que vivimos posúe unha sociedade democrática. É dicir, vivimos
nunha democracia onde son os cidadáns os que elixen as persoas que
gobernan o país.

A democracia significa que todos os cidadáns do Estado son iguais, cos


mesmos dereitos e obrigas.

Dereitos
Estes equivalen ás necesidades máis relevantes que unha persoa pode ter
soamente polo feito de pertencer a unha sociedade. Algún exemplo pode
ser: dereito á vida, á educación, á sanidade, etc.

Deberes
Son as obrigas que os cidadáns teñen que cumprir, si ou si, para
contribuír ao bo funcionamento da sociedade española. Por exemplo, o
deber de cumprir a lei, o deber de protexer o ambiente, etc.
Liberdades
Os cidadáns teñen a liberdade de expresar a súa opinión, liberdade de
pertencer a asociacións legais ou a ter unha crenza determinada, etc.
Os símbolos do Estado
Todo os países teñen símbolos que os identifican e diferencian dos
demais. Estes símbolos acostuman ser tres: bandeira, himno nacional e
escudo.

A bandeira española está formada por tres franxas distintas, horizontais:


vermella, amarela e vermella.

O himno nacional, o cal non ten letra oficial, é coñecido co nome


de Marcha Granadera ou Marcha Real Española.

O escudo, por último, consta de elementos de gran tradición en España.

Organización territorial
de España
As comunidades autónomas
Unha comunidade autónoma é unha zona xeográfica que está dotada de
autonomía lexislativa e competencias executivas. Está formada por unha
ou varias provincias que se relacionan entre elas por diferentes causas
que poden ser xeográficas, históricas ou incluso lingüísticas.

O noso Estado está composto ou dividido en dezasete comunidades


autónomas e, a maiores, dúas cidades autónomas: Ceuta e Melilla.
Algunhas das comunidades, como Madrid, son uniprovincias, posto que
están formadas por unha única provincia. Cada unha das autonomías ten
o seu propio estatuto de autonomía.

Cada unha delas ten os seus propios órganos de goberno, que están
formados por: un consello de goberno, un parlamento ou asemblea e un
tribunal superior de xustiza. Estas institucións e as leis de cada
comunidade veñen establecidas no Estatuto de Autonomía.
As provincias
Unha provincia é unha entidade local do Estado español, constituída pola
agrupación de municipios, relacionados por motivos xeográficos,
históricos ou culturais.

O noso país está formado por cincuenta provincias repartidas entre todas
as comunidades autónomas.

Ao igual que as comunidades autónomas, tamén teñen o seu propio


órgano de goberno: a Deputación. Este órgano nace pola necesidade de
redistribuír os recursos de maneira proporcional e equitativa, tentando
compensar as diferenzas que existen entre uns e outros concellos, como
consecuencia da dispersión xeográfica, de factores económicos e sociais.

A deputación distribúe multitude de recursos entre os concellos para que


poidan sufragar gastos dos servizos básicos que prestan.

Cada unha das Illas Canarias está gobernada polo cabildo insular, e as
illas Baleares por un consello insular.

Os municipios
Un municipio é un territorio gobernado por un alcalde e concelleiros. É a
unidade administrativa básica do Estado Español. O seu órgano de
goberno é o concello e están formados por unha ou varias localidades. En
España hai uns 8.000 municipios.

A poboación que pertence a un municipio chámase poboación municipal.


Organización política de
España
O noso país ten como forma política de goberno a monarquía, polo que o
xefe do Estado é o Rei. Non exerce poder político pero é o encargado de
representar España noutros países, de sancionar leis e de exercer o
mando supremo das Forzas Armadas, entre outras funcións.

O Goberno central
O goberno é a principal institución que se encarga de dirixir o Estado do
que formamos parte como cidadáns españois. Está constituído polo
presidente (elixido polo Congreso de Deputados e nomeado polo rei) e os
ministros e ministras (propostos polo presidente e nomeados polo rei).
Estes encárganse de diferentes áreas de índole público: sanidade,
educación, interior, ambiente…

As Cortes Xerais

As leis que rexen o Estado español deben ser elaboradas e aprobadas por
esta institución. Ademais, as Cortes Xerais son as encargadas de controlar
o Goberno.

Están formadas por dúas cámaras: o Congreso dos Deputados e o Senado.


Os cidadáns do Estado, maiores de idade, son os encargados de elixir os
representantes de cada unha, nas eleccións que se levan a cabo cada catro
anos.
Cada catro anos en España celébranse eleccións para que poidamos elixir
os nosos representantes no congreso e no senado. Eliximos un total de
350 deputados e 259 senadores.

O Tribunal de Xustiza
Está formado polos xuíces e xuízas que son os que se encargan de facer
xustiza no país. Fan cumprir as leis e xulgan e impoñen sancións a aqueles
que a incumpren ou cometen delitos.

En España hai dous tribunais de referencia: o Tribunal Supremo e o


Tribunal Constitucional.

Os poderes políticos do Estado

• Poder lexislativo: está en mans das Cortes Xerais. Elabora as leis e


controla a acción do Goberno.
• Poder xudicial: en mans dos Tribunais de Xustiza. Fai que se
cumpran as leis e xulga o seu incumprimento.
• Poder executivo: en mans do Goberno. As leis aprobadas polas
Cortes Xerais son aplicadas mediante este poder. Dirixe a política
do país.

Sabías que...?

• O 23 de febreiro de 1981
• O tenente coronel da Guarda Civil, Antonio Tejero Molina, xunto
con outros militares entrou no congreso dos deputados para tentar
que o proceso democrático non continuase en España mediante un
golpe de estado. Coñecido popularmente como o 23F.
• O presidente do goberno Español era Adolfo Suárez (1932-2014)
que ía ser substituído por Leopoldo Calvo Sotelo (1926-2008), no
acto de investidura que interromperon os golpistas.
• Tras varias horas de encerro, os golpistas ceden no seu intento, e a
vida en España continuou con normalidade, facendo da democracia
a forma de goberno dos últimos anos na nosa historia.
• Organización territorial
de
Galicia •

As parroquias
A división en parroquias vén do pasado. Inicialmente a parroquia era una
extensión do territorio que estaba baixo a dirección espiritual do
párroco. Unha parroquia está composta por varias aldeas cun núcleo
central, onde se localiza a igrexa.

En Galicia e Asturias está división aínda permanece debido a dispersión


poboacional da mesma. As parroquias teñen un representante do concello
que se denomina alcalde pedáneo, que é o encargado de levar ao concello
as necesidades dos habitantes das parroquias.

Aquí en Galicia contamos con arredor de 3.000 parroquias.

Os concellos
Son coñecidos tamén co nome de municipios. Están formados por varias
parroquias xuntas e constitúen a unidade básica de organización
territorial galega.

En Galicia temos 314 concellos cuxos encargados son os alcaldes ou


alcaldesas e concelleiros ou concelleiras.

As comarcas
Un grupo de concellos forma unha comarca. Estes concellos teñen en
común unha serie de características físicas, económicas e/ou sociais.

Na comunidade autónoma de Galicia atopamos ao redor de 53 comarcas.


Organización política de
Galicia
Estatuto de Autonomía
Ao igual que vimos que a lei fundamental de España é a Constitución, cada
comunidade autónoma ten tamén a súa lei suprema: o Estatuto de
Autonomía.

Neste Estatuto veñen reflectidos datos da comunidade como o nome, o


territorio que ocupa, cal é a súa capital, os símbolos que a representan, a
lingua oficial da comunidade, as institucións do seu goberno e os dereitos
e deberes dos cidadáns que forman parte dela.

O Estatuto de Autonomía de Galicia foi aprobado o 21 de decembro de


1980, entrando en vigor en abril do seguinte ano.

Institucións autonómicas galegas


As principais institucións da Comunidade autónoma de Galicia son:

• O Parlamento de Galicia: é a institución que representa o pobo.


Está formado polos deputados, elixidos polos cidadáns nas
eleccións autonómicas que teñen lugar cada catro anos. Representa
o poder lexislativo, polo que leva a cabo e aproba as leis e é o
encargado de controlar a política do goberno: elixe o Presidente da
Xunta e mira que desempeñe correctamente o seu traballo.
• O Presidente da Xunta: é o máximo representante de Galicia.
Atópase ao mando da Xunta, informando das súas actividades ao
Parlamento Galego. É elixido polos deputados do Parlamento e
nomeado polo Rei.
• A Xunta de Galicia. Ten a súa sede en Santiago de Compostela. É o
órgano de goberno autonómico da comunidade. Está formada polo
presidente de Galicia e polo conxunto de conselleiros, que o
presidente escolle. Cada conselleiro é o responsable dunha área de
Goberno: sanidade, educación…
Sabías que...?

Os símbolos de Galicia son os seguintes:

• A bandeira: é un rectángulo branco, cunha banda azul en diagonal


dende o extremo superior esquerdo ata o extremo inferior dereito.
Ten o escudo da comunidade de Galicia no centro.
• O escudo: está formado por un cáliz de ouro, cunha hostia enriba e
sete cruces prateadas ao redor, sobre un fondo azul.
• O himno: a letra está constituída polo poema Os pinos, de Eduardo
Pondal e a música compúxoa Pascual Veiga. Nela, noméase a Galicia
como o fogar de Breogán, un rei celta que viviu en Galicia.

• Diversidade cultural e
lingüística

Diversidade cultural
Esta diversidade fai referencia a:

• Diversidade nas tradicións e costumes. É dicir, festas populares


características, comidas típicas, bailes tradicionais propios,
celebracións importantes (santos, días importantes, patróns…).
• Diversidade nos estilos e xeitos de vida. Non en todos os territorios
se cultiva e labra a terra da mesma forma, nin se plantan as
hortalizas e verduras na mesma época. Existen tamén diferenzas na
artesanía e hai lugares que resaltan pola súa actividade económica,
pola súa agricultura ou gandaría.
• Diversidade do patrimonio arquitectónico. Torres e faros
importantes, muros e murallas, catedrais, palacios, estilos
románico, gótico…

Diversidade lingüística
España ten catro linguas oficiais: castelán, galego, catalán e éuscaro.

A lingua oficial de todo o territorio é o castelán, pero o resto de linguas


conviven entre elas xa que son linguas oficiais propias da comunidade á
que pertencen e na que se falan.
Outras culturas, outros idiomas

Na actualidade na sociedade española podemos atopar multitude de


culturas do continente europeo, americano, asiático ou africano. Estas
culturas comezan a mixturarse con nos e o resultado é que un de cada
seis españois xa é fillo de algún pai ou nai extranxeiro.

A mixtura de culturas é algo moi enriquecedor para toda a sociedade xa


que nos permite acceder a outras linguas, outros valores e outras
maneiras de ver o mundo.

Participación cidadá

O Estado no que vivimos é un estado democrático, o que implica a


participación dos cidadáns que viven nel.

Por iso, o voto dos cidadáns é fundamental na vida política do país.

O voto serve para escoller o representante do goberno, do concello ou da


comunidade autónoma. Poden votar todas aquelas persoas que sexan
maiores de idade (18 anos ou máis).

No noso país, realízanse eleccións municipais, autonómicas e xerais cada


4 anos, respectivamente.

• Eleccións municipais: mediante as cales se elixen os


representantes do concello: alcalde/alcaldesa e
concelleiros/concelleiras.
• Eleccións autonómicas: elíxense os membros do Parlamento
autonómico.
• Eleccións xerais: aquí elíxese o presidente do Goberno e os
membros das Cortes Xerais: deputados/deputadas e
senadores/senadoras.

A participación cidadá por excelencia é o referendo ou plebiscito,


mecanismo mediante o cal os cidadáns votan directamente sobre un tema
que sexa de importancia directa para todos.

You might also like