Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

Traballo Poemas Rosalia Uriel Varela 1ºA

Contexto
Estes poemas encontrase no poemario Follas Novas, cuxa autora coñecida tamén
por outro poemario titulado Cantares Galegos, é Rosalia de Castro.

Rosalia era unha autora galega pertencente ao movemento rexurdimentista galego


(1880). A obra de Rosalia é caracterizada por un caracter intimista, moi subxectivo
pola aparicion de temas coma a angustia, a soidade entre moitos exemplos.

Ademais cabe destacar un tono reivindicativo e loitador nos seus poemas.


Follas novas se presenta dividido en 5 partes sendo á primeira na que entran estes
poemas.

Poema 1: Alguns din: ¡miña terra!

AIguns din, ¡miña terra!


Din outros, ¡meu cariño!
Y este, ¡miñas lembranzas!
Y aquel, ¡ou meus amigos!
Todos sospiran, todos,
Por algún ben perdido.
Eu sô non digo nada,
Eu sô nunca sospiro,
Qu'ó meu corpo de terra
Y ó meu cansado esprito,
A donde quer qu'eu vaya
Van conmigo.

Tema
O poema abrangue o tema da soidade.
Neste poema podese apreciar un contraste entre “o que din todos” e “eu non digo
nada” un rasgo de que o eu poetico encontrase nun estado de soidade, comparando
o seu corpo con terra, e albergando no ultimos versos un tono claramente agotado
da sua existencia.

Estructura externa
O poema polos seus versos entra no grupo dos romances, poemas formados por
grupos de 4 versos octosilabos (arte menor) de rima asonante.
O esquema de rima son un numero de tiradas indefinidas de 4 versos que riman en
(- a - a)
Estructura interna
A estructura interna pode ser dividida en duas partes:

-A primeira parte constitúea o que fan todos aqueles que non son o eu poético, o
que din, e a pena que sinten omitindo totalmente ao eu poético. Esta parte e
formada polos 6 primeiros versos.

-A segunda parte e constituida pola pena e a soidade que sinte o eu poérico que
non di nada, nin se quera suspira, o unico que fai e sentir a soidade perseguindoo.

Comentario estilistico
En canto aos recursos estilisticos no poema destaca un estilo anaforico no sentido
do uso de pro¡nomes para referirse aos demais ao longo da primeira parte do
poema. Destaca tamen o uso de exclamacions nos catro primeiros versos.
Destaca tamen unha grande cantidade de repeticions sobre todo nas formas de meu
ou miña. Tamen destaca un paralelismo na estrutura nos primeiros 8 versos con un
suxeito, e o que fan ou din.
Tamen destaca sobre todo nos ultimos 4 versos o significado simbolico do cansado
espirito e o corpo de terra representando a soidade.

Fin do poema 1

Poema 2: Mais vé qui o meu corazon

Mais vé qu'o meu corazon


É un-ha rosa de cen follas,
Y é cada folla un-ha pena
Que vive apegada n'outra.

Quitas un-ha, quitas duas,


Penas me quedan de sobra,
Oẍe dez, mañan corenta,
Desfolha que te desfolha...

¡O corazón m'arrincaras
Des qu'as arrincares todas!
Tema
O poema abrangue o tema da pena na vida
Neste poema podemos apreciar unha exhaltacion da cantidade de penas
representadas como cada un dos petalos dunha rosa de cen petalos, dicindo que
sempre que quitas unha pena,comeza outa pena.

Estructura externa
O poema esta formado por 10 versos eneasilabos (arte maior) divididos en 2 grupos
de 4 versos e un de 2 versos,
O poema pode tomarse como un poema de verso libre pois non posue unha
estructura recoñecible mais ala da similirude do numero das silabas, ainda que
aparece a rima asonante nalguns versos seguindo este esquema:
(- A B - ; - A B - ; - - )

Estructura interna
O poema poderiase dividir en 3 partes:
- A primeira parte forma unha introducion do condepto da “rosa das penas” un
simbolismo dado polo eu lírico da sua vision da vida.
- A segunda parte forma unha explicacion de como funcionaba o simbolismo dos
petalos indicando que independentemente de cantos arrincabas,sempre quedaban
mais, simbolizando os petalos,ás penas da vida.
-A ultima parte poderiase dicir que é un desenlace no que o eu lírico indica o como
seria o final unha vez arrincadas todas as penas quedando co seu corazon
arrincado.

Comentario estilístico
O que mais se destaca neste poema é o simbolismo da rosa das penas.
En canto os recursos estilisticos, o mais usado é a repetición,aparecendo casos nos
que para esaxerar os significados da palabra repetida, aparece dous veces no
mismo verso, como no primeiro e o ultimo verso da segunda estrofa ou nos ultimos
dous versos que, ainda que non existe unnha repeticion en cada un deles, ao ser
dous versos que se recitan moi pegados, a repeticion da palabra arrincaras esaxera
moito o seu significado.
Cabe destacar o uso de numerais na segunda estrofa facenfo parecer que
independientemente de cantas penas quites sempre habera mais polo uso de
numerais en forma creciente..

Fin do poema 2
Conclusión
Nestos 2 poemas podemos observas claramente unha vision pesimista e triste da
vida,caracteristica de Rosalia de Castro no momento no que escribiu Follas Novas.
No primeiro poema observamos o tema da soidade, moi propio de rosalia que
aparece noutros poemas deste poemario como por exemplo “tecin soia miña tea”,
que fala da soidade sentida por unha muller dun home desaparecido. deste primeiro
poema podemos extraer un gran sentimento de amargura moi ben expresado pola
autora.
No segundo poema podemos observar a maior parte do pesimismo da vida pois non
expresa un sentimento propio da vida,senon que directamente expresa que a vida
sempre tera mais penas que darte,entre elas unha delas poderia ser a soidade do
primeiro poema.
En resumo, Estos poemas expresan claros sentimentos de dor que tinguen a obra
dun caracter amargo pero a sua vez, sobre todo por como esta escrito, un caracter
amargo no que quizas ti mesmo poidas verte reflexo nel.

You might also like