Act - Etapas Histora Solucionario

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

T.6. A PREHISTORIA.

ACTIVIDADES: As etapas da Historia

Organiza os datos:

1. Busca nos teus apuntamentos sobre a Prehistoria (T.6. A Prehistoria, E-Dixgal) as etapas nas que se
divide a Prehistoria e a Historia da humanidade.

2. Anota as etapas e as datas que marcan o seu comezo e remate.

Etapas Cronoloxía
Paleolítico Paleolítico Inferior
Paleolítico Medio 2,5 Ma – 8000 a.C.
Paleolítico Superior
Neolítico 8000 a.C. – 4000 a.C.
Idade dos Metais 4000 a.C. – 3500 a.C.
Idade Antiga 3500 a.C. – 476 d.C.
Idade Media 476 d.C. – 1492 d.C.
Idade Moderna 1492 d.C. – 1789 d.C.
Idade Contemporánea 1789 d.C. - actualidade

3. Elabora unha liña do tempo na que debes incluir estas etapas cos seus respectivos anos. Lembra que
debe corresponderse a duración das etapas e a súa lonxitude na liña do tempo (p.exem.: Prehistoria
2,5 millóns anos a 3500 a.C., debe ter unha lonxitude maior que a Idade Moderna 1492-1789).
4. Responde ás seguintes cuestións:

A. Cal é a etapa máis longa? Canto durou?

A Prehistoria.
Durou 2.496.500 anos (aprox. 2,5 millóns de anos)

B. Cal é a etapa máis curta? Cal foi a súa duración?

A Idade Moderna (1492 – 1789 d.C).


Durou 297 anos.

C. Cal é o feito destacado que marca o fin da Prehistoria?

A aparición da escritura aproximadamente no 3500 a.C.

D. Cales son os feitos que marcan o comezo e o remate da Idade Antiga?

A aparación da escritura e a caída do Imperio romano de Occidente.

E. Cales son os feitos que marcan o comezo e o remate da Idade Media?

A caída do Imperio romano de Occidente e o descubrimento de América.

F. Cales son os feitos que marcan o comezo e o remate da Idade Moderna?

O descubrimento de América e a Revolución Francesa.

G. Cales son os feitos que marcan o comezo e da Idade Contemporánea?

A Revolución Francesa
5. Sitúa estes feitos na liña do tempo que elaboraches.

You might also like