Comentario Espazos Industriais

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

Actividade - Comentario Espazos Industriais - ABAU 2013

Dériman Arca Pose

a)
1- Burgos 2- Soria 3- A Rioxa 4- Guipúzcoa 5- Cantabria

b)
A Figura 1 é un mapa político no que aparece o norte de españa onde están situadas
algunhas provincias de Castela-león, a Rioxa, país vasco e cantabria ademais de unha
parte de Navarra. No mapa atopamos marcada en vermello a cidade de Bilbao.
As Figuras 2 e 3 representan unha imaxe dun lugar concreto, mostrandonos unha paisaxe
humanizada da mesma zona con varios anos de diferenza, o cal nos mostra o cambio da
paisaxe. A Figura 2 representa unha área urbana na que un río divide un territorio con
diferentes usos do solo. Na dereita hay diferentes residencias, a maioría edificios de
diferentes tipos e na esquerda observamos un uso industrial de almacéns, talleres e
depósitos. A Figura 3 representa a mesma área transformada ao eliminar este espazo
industrial tradicional e antigo por un máis moderno cunha elevada calidade ambiental. Na
imaxe observamos diferentes elementos naturais como o son o río e as montañas que
vemos. Na fotografía son maioritarios os elementos humanos, xa que os edificios, rúas e
vías de comunicación presentan una ampla densidade, mentres que as zonas verdes ou de
monte ocupan un espazo moi reducido.

A Figura 2 representa unha cidade rodeada dunha área industrial tradicional, degradada
ambientalmente. A ría que aparece no espazo da fotografía tivo un intenso uso nunha
actividade industrial probablemente a siderúrxica, deixando fora calquera outro tipo de
aprobeitamento do espazo, o que levaría á poboación a vivir as aforas da ría ao ser un área
complicada e contaminante para o ser humano, exclusivamente xeradora de recursos e
cunha escasa sostibilidade, o que empeoraría a calidade de vida dos habitantes. A figura
reflicte os factores de localización das industrias pesadas: proximidade ás materias primas e
fontes de enerxía e ademais dos portos.

A Figura 3 mostra unha transformación importante desa área, especialmente da súa


esquerda. A área industrial contaminante foi transformada, recuperando o río como eixe da
cidade ao convertela no principal corredor natural neste espazo urbano aumentando a súa
calidade ambiental. Trátase dun espazo peonil, comercial e de ocio e outros servizos.
Tamén podemos observar na fotografía a aposta por espazos humanizados, máis creativos
e innovadores, produto dunha planificación e ordenación do territorio por parte dos poderes
públicos. A construción de edificios emblemáticos realizados por arquitectos cunha
importante proxección internacional contribuíu a mellorar a imaxe e o atractivo da cidade.
Neste caso o edificio Guggenheim, coa súa singular xeometría, converteuse no símbolo e
edificio máis recoñecido e emblemático da transformación da cidade e a súa aposta por
unha cidade que reconcilie a cultura coa natureza e o ser humano co ecosistema do que
forma parte.

You might also like