Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

1.

Segundo a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, o galego é…

Unha lingua por distancia Unha lingua por Unha lingua por
ou lingua Abstand elaboración ou lingua evolución ou lingua
Ausbau Austrand

2. Define o termo diasistema.


Conxunto de variedades lingüísticas moi próximas (dialectos) que partillan un bo
número de estruturas e que conforman un gran sistema unitario.
3. Cita dúas características morfosintácticas comúns do galego e o portugués.
a. Existencia do infinitivo flexionado.
b. Diferenzación entre o pretérito de subxuntivo e o antepretérito de indicativo.
4. Como se deben pronunciar no padrón galego Feijóo, Rajoy e Sanjurjo escritos
con grafía histórica?

Con [χ] Con [ʒ] Con [ʃ]

5. Cal destes fonemas existe en galego mais non en portugués?

[ʃ] [θ] [ʒ]

6. Que dúas vías de resolución poden darse para unha situación de conflicto
lingüístico?
a. Substitución da lingua B pola lingua A: morte do idioma propio.
b. Normalización da lingua B a través de medidas espontáneas e planificación
lingüística.
7. Que nome recibe o desenvolvemento dunha competencia comunicativa no
individuo como resultado dos seus coñecementos e das experiencias lingüísticas?

Multilingüismo Plurilingüismo Colingüismo

8. Cal destas características singulariza a tolerancia no status dunha lingua


minorizada?

Inexistencia de tentativas Asimilacionismo do Procura de protección


eficaces de promoción da idioma minorizado en legal e igualdade coa
lingua minorizada. relación ao hexemónico. lingua hexemónica.

9. Indica tres dos seis grandes tipos de preconceptos sinalados por Freixeiro Mato.
a. Asociar ao galego coa pobreza e o atraso.

1
b. Pretensa imposición do galego.
c. O galego como marca ideolóxica ou profesional.
10. En cal destes grupos os tres termos teñen a vogal tónica aberta?

Mes, Compostela, póla Lector, aquecer, be Pedra, morte, veñen

11. Marca o grupo de palabras en que todos os <x> se pronuncian [ks].

Poexo, xenon, taxa Interfixo, paradoxo, Taxi, exaxerar, xilófono


complexa

12. En que enunciado todos os <n> marcados en negra admiten dupla pronuncia,
velar e alveolar?

Ninguén ousa falar con el Tamén o vin, mais non o Quen as coñece ben as
sen avisar antes. coñecín. quere. Alguén o dubida?

13. Como se denomina o fenómeno morfosintáctico presente en enunciados como


Eran tan boas que se non queixaban​ ou ​Iso é o que desde alí ve​?
Interpolación.
14. Cal destes enunciados é correcto e contén un verbo en futuro de subxuntivo?

Se non aparecer a tempo Se non aparecer a tempo Por non aparecer a tempo
marcharemos sen ela. marchariamos sen ela. marcharemos sen ela.

15. Indica o nome de cada un destes desvíos:

Esceario Pseudogaleguismo Froles Vulgarismo por


metátese

Mamoria Vulgarismo por Sanjurjo Arcaísmo


disimilación

A ialma Dialectalismo por Agua Dialectalismo


epéntese
(popularismo)

16. Cada un destes vocábulos contén dous desvíos, cales son?

Nemigo Españolismo / Decire Españolismo /


Vulgarismo por Popularismo por
aférese paragoxe

2
17. Define brevemente o concepto enxebrismo e achega un exemplo​.
Palabra ou expresión exclusivamente galega que se usa en detrimento doutra
coincidente cun termo castelán que se evita por diferencialismo.
18. Cal é a función que realizan os textos administrativos?
Función performativa.
19. Indica a estrutura que presentan estes textos.

Mensaxe de Obrigativo - Anuncio de Persuasivo -


atendedor instrucional internet argumentativa
telefónico

Prosopopea Descritiva Palestra Expositivo -


explicativa

20. Identifica o subxénero dos seguintes documentos administrativos.

Certificado de constancia Requirimento de transmisión

Recurso da cidadanía Resolución de decisión

21. Reescribe os enunciados corrixindo os erros que detectares.


a. Se fosen menos ruíns no manexo da arma, Luís e mais o seu irmán poderían
adestrar o noso exército coa túa axuda.
b. Para abrires a nosa empresa ao extranxeiro, cómpre analizares o mercado con
grande atención; ademais, temos que ampliar a carteira de clientes, mellorar o
packaging ​dos produtos etc.
c. Cando eramos cativos sempre caïamos entre estas rochas; no entanto, os nosos
fillos soben ao monte sen dificultades e logo se lanzan a rolos costa abaixo a
toda velocidade; todo o mundo se afasta cando os ve!
d. Canto a este tema -no cal sodes verdadeiros especialistas-, non me vou
manifestar porque me fixestes crer que sempre vos incomoda a miña
intervención; calquera persoa do noso departamento o sabe.
22. Mellora a calidade dos enunciados realizando as modificacións pertinentes.
a. En Galiza, todas as vilas mariñeiras desde Fisterra até Ribadeo se encontran
nunha situación económica moi inestábel, mais a Consellaría do Mar olla para
outro lado e insiste en que son momentos difíciles para todos/as.
b. Ao coñeceren as más noticias, o estudantado abandoou as salas de aulas para
mostraren o seu descontentamento, fecháronse na aula magna e non quixeron
escoitar as explicacións da decana. Hai que pór remedio a isto xa!

You might also like