Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

LITERATURA GALEGA :

(S. XVI-XVII PLENAMENTE ESCUROS) (S. XVIII: ILUSTRADOS)


(S.XIX :RECUPERACIÓN DO NOSO IDIOMA)

-O GALEGO MEDIO

Os séculos XVI,XVII e XVIII constitúen o período do galego medio.


Nesta etapa comeza un período de decadencia para a lingua galega, que queda
fóra dos ámbitos de poder e cultura.

O inicio da penetración do idioma castelán produciuse porque nesta época


Galicia estaba subordinada política e culturalmente a Castela, que substituiu a
nobreza galega por outra foránea, e tamén chegaron ás nosas terras cregos e
funcionarios de orixe castelá. O castelán converteuse na lingua escrita e culta,
no idioma da Administración e das clases privilexiadas. O galego quedou
relegado aos usos orais e coloquiais das clases populares. A Escola, que
dependía da Igrexa, empregaba o latín e o castelán para educar o pobo
galegofalante.

Iniciouse deste modo o desprestixio do galego, practicamente desapareceu a


literatura galega e comezou un período de silencio: Os séculos escuros.

+S.XVIII: Os ilustrados

Coa chegada da Ilustración, a situación comeza a cambiar grazas a algúns


ilustrados, que denuncian o atraso e a marxinación da Nosa Terra e procuran a
súa dignificación. Recuperan o cultivo literario e preparan o camiño para o
Rexurdimento do século seguinte (XIX).

Destacan sobre todo dous ilustrados:

Frei Feixoo: demostra que o galego procede do latín, polo tanto que non é un
dialecto do castelán e que forma unha unidade co portugués.
Frei Sarmiento: estuda e recompila léxico e fraseoloxía, denuncia a
marxinación do galego e defende o seu uso escrito. Tamén propón a súa
introdución na Escola e na Igrexa.

(Tamén podemos destacar a Cernadas e Castro, que escribiu 24 poemas nos que fai unha loanza a nosa
terra)
- LITERATURA DOS SÉCULOS ESCUROS

As manifestacións literarias deste tempo son fundamentalmente de carácter


oral, anónimo e popular; pero tamén conservamos algunhas mostras:

Poesía
- Romances populares
- Poesía de circunstancias: composicións anónimas sobre feitos históricos e
sociais que causaron un grande impacto na sociedade do momento. Exemplos:
“Pranto da Frouseira” ; “Coplas do saqueo de Cangas polos Turcos”.
- Textos renacentistas e barrocos (XVI,XVII)
“Soneto de Monterrei”, “Décimas ao apóstolo Santiago”, de Martín Torrado.
- Panxoliñas e cantigas de Nadal.

Teatro
Neste período existiu unha forte tradición teatral, xa que era un dos elementos
de ocio daquel tempo con máis importancia.
Obra máis importante: “Entremés famoso sobre a pesca no río Miño”, de
Gabriel Feixoo. Trata sobre os conflictos entre galegos e portugueses pola
pesca no río.

-O GALEGO NO SÉCULO XIX

Os séculos XVII e XIX caracterízanse polo inicio do proceso de dignificación


social e recuperación do noso idioma, o que vai ter como consecuencia principal
a súa recuperación como lingua escrita. No século XIX ten lugar o nacemento
dunha ideoloxía galeguista.

O galego segue sendo neste período a lingua falada pola maioría da poboación,
pero o castelán continúa a súa expansión, xa que as clases medias urbanas se
van castelanizando. (Factores que propician a expansión do castelán: os xornais,
aumento do número de escolas, presenza de empresarios foráneos).

O noso idioma reaparece como lingua escrita e retoma o seu cultivo literario,
que se consolidará no período que chamamos Rexurdimento, protagonizado por
Rosalía, Curros e Pondal.
Ten lugar a aparición da prensa en galego. O primeiro xornal escrito
integramente en galego foi “O tío Marcos da portela”(1876),autor: Valetín
Lamas Carvajal.
Aparecen os primeiros diccionarios, gramáticas e editoriais. (en galego).
- LITERATURA DO SÉCULO XIX
Precursores do Rexurdimento:
Cara a metade de século, xorde a xeración dos Precursores do Rexurdimento.
Inclúense todos os escritores que teñen obra publicada antes dos Cantares
Gallegos de Rosalía (1886).
No ano 1861, celébranse na Coruña os primeiros Xogos Florais de Galicia
(certame literario). Ao ano seguinte, publicouse o “Álbum de la Caridad”, que
era unha recopilación das composicións premiadas e tamén outras de autores da
época como por exemplo, Pondal.

Os principais escritores deste período son:


Xose Manuel Pintos: autor d´A gaita gallega (1853), primeiro libro de
literatura galega contemporánea.
Francisco Añón: publicou un bo número de composicións de temática costumista
e reivindicativas en galego, castelán e portugués.

O Rexurdimento (1863-1916)
Neste período prodúcese a consolidación da literatura galega.
Iníciase no ano 1863 coa publicación de cantares gallegos de Rosalía de Castro.
Finaliza aproximadamente coa creación das Irmandades da fala, no ano 1916.
Confírmase a recuperación do cultivo literario en galego da man de autores
como Rosalía, Curros e Pondal. Xunto a eles destacan tamén autores como por
exemplo Valentin Lamas Carvajal, director d´O tio Marcos da Portela (primeiro
xornal en galego) 1876.

ROSALÍA DE CASTRO

A obra poética de Rosalía está formada por dous libros: Cantares Gallegos
(1863) e Follas Novas (1880).
DIFERENCIAS ENTRE CANTARES E FOLLAS NOVAS: A TEMÁTICA DE
CANTARES É MÁIS VARIADA, E NOS SEUS POEMAS HAI UN CANTAR
POPULAR E O POEMA DESARRÓLLASE A PARTIR DESE CANTAR.
CANTARES GALLEGOS
Publicouse o 17 de maio (data escollida posteriormente para celebrar o día das
letras galegas). O libro consta de 36 poemas e ten unha estrutura circular. No
primeiro, unha rapaza, que podemos identificar como Rosalía expón a súa
intencion de cantar (escribir) sobre a beleza de Galicia. No último, esta mesma
rapaza descúlpase polas posibles imperfeccións do seu canto. Os poemas son
glosas de cantares populares que se sitúan no inicio ou no remate da
composición.
Os obxectivos principais do libro son: exaltación e dignificación de Galicia,
denuncia das inxustizas e da marxinación que padece (pobreza, incomprensión,
emigración), e a defensa do noso idioma.
Clasificación temática de cantares gallegos:
- Temática costumista: describen paisaxes, crenzas, costumes, tradicións,
supersticións.
- Temática amorosa: poemas que reflicten, de forma dialogada ou monologada,
a maneira de vivir os sentimentos amorosos que teñen diferentes personaxes
do pobo en diferentes circunstancias e situacións.
- Temática intimista: só hai dous poemas “Campanas de Bastabales” e “Como
chove miudiño”, nos que a autora expresa os seus sentimentos.
- Temática social-patriótica: tratan a emigración, as razóns que levan aos
galegos a emigrar e as consecuencias desta migración.

FOLLAS NOVAS
Foi publicado en 1880, aínda que os poemas foron escritos 20 anos antes.
O ton optimista de Cantares dá paso agora a un ton máis grave e pesimista.
Podemos diferenciar dúas líneas temáticas:
- Temática intimista: Rosalía presenta as súas inquietudes persoais: o paso do
tempo, a dor, a morte, a saudade, os problemas da creación literaria.. O ton
amargo e o pesimismo traspasan todos estes poemas.
- Temática social: Afonda nas inxustizas que padece o noso país e os seus
habitantes e que son causa da emigración masiva dos mozos galegos. Nestes
poemas continúa a línea reivindicativa do libro anterior, solidarízase coa
xente traballadora do país, labregos e mariñeiros, pero sobretodo coas
mulleres, que son dobremente vítimas da situación pois teñen que sacar
adiante as súas familias en soidade.

EDUARDO PONDAL

Naceu eu Ponteceso, no seo dunha familia fidalga. A paisaxe da comarca de


Bergantiños será o marco espacial do seu mundo mítico.
Vive longas tempadas na Coruña e comparte amizade cos galeguistas Murguía e
Carré. Asiste ás tertulias da cova céltica, grupo de intelectuais interesados
pola cultura galega e defensores da orixe celta do noso pobo.

A primeira obra publicada de Pondal é o poema “A campana de Anllóns”, incluído


no Álbum de la Caridad (1862).
En 1886, queixumes dos pinos.
QUEIXUMES DOS PINOS

É a súa obra máis coñecida. Consta de 91 poemas; no primeiro, o bo bergantiñán,


de camiño para Ponteceso, escoita os queixumes dos piñeiros. A continuación
aparece a traducción destes queixumes en boca do bardo.
Podemos diferenciar dúas líneas temáticas:

- Poesía cívico-patriótica: Pondal pretendía a exaltación de Galicia. Concedíalle


grande importancia as raíces celtas de Galicia. Converteuse no poeta do
celtismo e recrea unha mitoloxía na que cobra especial importancia a figura
de Breogán. Nos seus versos opóñense dous períodos positivos (un pasado
glorioso, e un futuro de esperanza e triunfo) con un negativo (representado
polo presente : pérdida dos sinais de identidade, da lingua). Esta oposición
exprésase mediante unha adxectivación positiva (masculino, férreo,
esforzado), no caso do pasado e futuro, e unha negativa (feminino, doce,
suave, brando..) no caso do presente. Subtemas que poden aparecer:
celtismo, bardismo, helenismo (explicados na fotocopia).
- Poesía lírica:
Os temas principais son a natureza e a muller. A natureza aparece en estado
puro, é atemporal, sen presenza humana :gándaras e fragas nas que habitan
cervos, raposos, corvos..
A muller é vista dende dúas perspectivas. Unhas veces aparece de xeito
romántico, unha muller idealizada que inspira sentimentos platónicos. Outras,
dende unha perspectiva popular, como obxecto de pracer e presa do home.

A LINGUAXE DE PONDAL: Pondal seleccionaba coidadosamente o seu léxico,


basándose na sonoridade das palabras e incorporando numerosos cultismos
gregos. O seu estilo caracterízase polo uso de recursos como: símiles,
hipérbatos, antítesis, epítetos; e por empregar unha abondosa adxectivación e
unha rica simboloxía.

You might also like