Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 8

1

A BELEZA

Laura Pampín Sanabria


Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
2º Interpretación B

Noelia Blanco Pérez


Expresión Corporal II
Febreiro 2024
2

Táboa de contidos

1. Introdución……………………………………………………………….3

2. Inspiración e referentes…………………………………………………..4

3. Proceso de creación………………………………………………………5

4. Ferramentas………………………………………………………………6

5. Conclusión………………………………………………………………..7
3

Introdución

A beleza é unha experiencia subxectiva que varía dependendo dun individuo a outro e

que percibimos a través dos sentidos. Normalmente, o que nos parece belo provócanos un

sentimento de pracer e esta beleza vése moi asociada coa arte.

A beleza está presente en todos os ámbitos da vida e podemos relacionala con

calquera cousa. Por iso eu quixen centrarme na batalla que temos os seres humanos coa

beleza en nós mesmos e, como vai cambiando durante o paso do tempo a nosa visión da

beleza en un e como batallamos coa beleza física e esquecemos a que de verdade importa, a

beleza que nos define como persoas, a que se centra no noso carácter e pensamento, a que é

case constante e a que imos recordar sempre en cada persoa, porque nós non imos recordar

como era alguén fisicamente hai mais de dez anos, mais si como era a súa forma de ser.

Ademais, tamén quixen focalizarme na propia beleza da vida, no increíble que é estar vivo e

ter esa oportunidade de sentir e de experimentar todo o posible.

Como seres pensantes que somos, pasamos por etapas nas que precisamos ser

perfectos e odiámonos por non ter un tipo de corpo, ou un nariz perfecto, por non vernos

como desexariamos e facemos que iso impida ás veces relacionarnos ben co que nos rodea,

evadíndonos do resto e distanciándonos dos que nos queren axudar. Chegamos a darlle tanta

importancia ao noso aspecto que esquecemos as demais cousas que hai na vida, ata que

atopamos o equilibrio e miramos máis aló de nós mesmos, miramos ao exterior e

encontramos cousas bonitas nel, hai unha reconciliación con nós e co noso espazo, hai unha

nova visión.

A beleza atopámola en cada rincón do noso ser, en cada lugar, en cada persoa, en cada

mínimo detalle que rodea este mundo. A beleza non é mais que unha percepción que habita
4

nas sensacións de cada un de nós e que sen o coñecemento e a alma humana, non existiría

como concepto pero seguiría presente.

Inspiración e referentes

Para construir este traballo, decidín dividilo en varias etapas e buscar unha canción,

vídeo, historia ou imaxe que me axudara a crear o relato que quería contar.

A infancia é o noso primeiro contacto coa vida e co noso entorno, para traballar con

ela pensei nas miñas primas pequenas, no seu proceso de crecemento e en como a máis maior

vai cambiando e percibindo a súa imaxe e a do resto de persoas. A súa relación coa moda,

coas persoas e o ambente que lle rodean. Tamén recordei como vivín eu a miña infancia e vin

algunhas fotos, gustábame vestir “bonita” e era coqueta, mais non me fixaba en como era a

miña cara, se era bela ou non, ou no meu corpo, simplemente para min era perfecta e feliz, e

único que importaba era poder xogar.

Na etapa que comprende á adolescencia e parte da xuventude axudoume moito unha

canción que se chama No scars to your beautiful de Alessia Cara. Nela tenta axudar a aqueles

que sofren pola súa apariencia e animar a que se amen, acepten e sean eles mesmos.

Para a xuventude, a adultez e a terceira idade tiven como referentes aos meus pais

para a adultez, ao meu irmán para a xuventude, e para a terceira idade recordei a miña avoa.

Sobre a etapa final da vida, no momento en que estamos máis preto da morte, pensei

nunha canción que me remove por dentro que é Hoxe, mañá e sempre de Tanxugueiras e

Valeria Castro. Trata sobre as persoas que xa non están pero que quedan nos nosos recordos.

Ten ese significado de que cando marchamos da vida, o que quedan son os recordos dos que

nos acompañaron e que todo o que fixemos foi suficiente, que hai que estar relaxados porque
5

xa todo está feito e desfrutamos dunha vida chea de momentos e de xente, dunha vida chea de

beleza.

Proceso de creación

A idea principal do traballo foi fácil de concretar, simplemente apareceu na miña

cabeza, non tiven que pensar demasiado en que facer.

Á hora de organizalo e para levar unha orde, decidín dividilo en varias fases ou etapas

que coinciden con certas idades e momentos da vida nas persoas, aínda que non sexa para

todos igual, tentei facelo dunha maneira que puidera coincidir máis ou menos con todos. Á

súa vez, distribuín os tipos de movemento e as calidades coas diferentes etapas como pensei

que se poderían expresar mellor e tamén pensei na transición dunha a outra.

A segmentación que fixen foi a seguinte:

Primeira: primeira infancia de 0 a 4, onde a nosa percepción do exterior e de nós

mesmo é case inconscientemente, onde sabemos que somos individuos e nos percibimos pero

non pensamos no noso aspecto ou cousas máis complexas. Mais somos seres bonitos e

inocentes, seres delicados e torpes.

Segunda: infancia entre 5 e 11 anos, decidín que durante esta etapa, a relación co

entorno e con nós mesmos é de entretemento e aprendizaxe. Nesta época somos moi

manipulables igual que na seguinte, e comezamos a ser conscientes do aspecto social e

emocional, formándose os nosos primeiros vínculos.

Terceira: adolescencia entre 12 e 18 anos, comezan os cambios físicos. É unha das

etapas máis complicadas onde queremos vernos perfectos e nos comparamos co resto.

Tentamos coñecernos a nós mesmos e nos pelexamos con nós e con todo o noso arredor.

Cuarta: Xuventude entre 18 e 26 anos, segue esa necesidade de verse ben e belo, de

gustar aos demais aínda que comezan as primeiras interaccións adultas con outros tipos de
6

intereses. Poderiamos dicir que comeza a reconciliación cun mesmo e a aceptación de quen

somos.

Quinta: Adultez entre 27 e 60 anos, e a etapa de desenvolvemento máis longa, no que

hai cambios físicos, emocionais e psicolóxicos. Hai subidas e baixadas coa nosa relación

persoal, con momentos nos que se queda a un lado o noso aspecto e non adquire unha gran

importancia para un mesmo, gusta verse ben pero importan máis outros aspectos da vida, e

momentos nos que a beleza adquire unha gran importancia e un quere verse perfecto e novo.

Sexta: Persoa maior entre 60 en adiante, é a última etapa do desenvolvemento humano

no que existe un deterioro progresivo das capacidades físicas e cognitivas. Paréceme que

durante esta etapa, a beleza vai máis aló do aspecto físico, ten que ver coa alma das persoas,

co que unha vez foron e co que son nese momento. Ese medo de ver como cambias pero á

vez esa visión do mundo como algo fermoso e indescriptible.

Quixen facer unha última etapa que comprende o final da nosa vida, os últimos

momentos no que xa vivimos todo o que tiñamos que vivir e o que nos rodea parécenos

precioso e distinto dunha maneira especial e bela, a despedida da vida.

Busquei cancións e videos que me puideran inspirar, tentei fixarme nas persoas que

me rodean, como pensan delas e do marco no que viven, xuntei diferentes testemuños de

xente que fai vídeos e podcasts sobre a súa adolescencia e infancia, sobre os cambios físicos e

como os levaron, e pensei na miña propia experencia comigo mesma e o que puiden ver

grazas aos meus familiares e as historias que me contan.

Ferramentas

Para levalo a cabo empreguei as ferramentas aprendidas en clase que comprenden: o

movemento con percorrido, o movemento ondulatorio, o movemento articulado, o

movemento segmentado, a calidade forte-lixeiro, a calidade forte-pesado, a calidade


7

suave-lixeiro, a calidade suave-pesado, a kinesfera, o espazo intracorporal e a relación do

meu corpo co espazo total.

Na etapa da primeira infancia emprego o espazo intracorporal, como recoñecemento

do meu corpo e esa aprendizaxe a utilizalo, máis a calidade suave-lixeiro para representar esa

delizadeza e beleza dos nenos pequenos.

Na etapa da infancia emprego o movemento articulado para mostrar a facilidade de

control ou manipulación e a calidade forte-lixeiro como principio de entender que hai cousas

belas e que nós nos podemos ver máis ou menos bonitos, e a kinesfera.

Na adolescencia emprego o movemento segmentado para amosar o descontrol e os

cambios, dar a percepción de que nos chegamos a perder un pouco e non nos recoñecemos. E

a calidade suave-pesado, que amosan esa batalla, o cansancio.

Para a xuventude e adultez, vai variando entre o movemento ondulatorio e con

percorrido como recoñecemento dese novo corpo e descubrimento da beleza do espazo

exterior e do noso ser.

Para a etapa de ancianidade e a final, emprego a calidade forte-pesado no que xa o

corpo comeza a pesar, onde menos predomina a preocupación pola nosa propia beleza e si a

do noso arredor, e hai unha volta ao espazo intracorporal.

Intento empregar cada un dos tipos de movemento e calidades mais hai veces que o

meu propio corpo non me pide empregar unhas ou outras e intento sentir o que quero

expresar a través delas. Sentir esa guerra coa nosa cabeza por conseguir a beleza e a

realización de que a beleza atópase en cada mínimo detalle da vida.

Conclusión

É un traballo cunha capacidade de interpretación moi extensa que se pode levar por

moitos sitios. A beleza é algo que buscamos desesperadamente como individuos e que

cambia a medida que crecemos para atopala en moitos lugares, ás veces inesperados. Os
8

propios movementos según as percepcións poden representar os momentos de maior beleza

xeral, tanto interna como externa, ao igual que os momentos de dudas e confusión, ou de

insatisfacción, e a pesar diso vai seguir amosando beleza.

You might also like