Comentario o Gato Da Tasca Mariñeira

You might also like

Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 1

Bernardino Graña é o autor da composición que debemos comentar, incluída na súa obra poética

Profecía do mar, publicada en 1966. O autor pertence á chamada Xeración das Festas Minervais,
chamada así porque os seus escritores presentaron obras ao certame literario do mesmo nome que
organizaba a Universidade de Santiago de Compostela. A esta xeración tamén se lle adoita chamar
Xeración dos 50 ou Escola da Tebra e a ela pertencen outros poetas como Méndez Ferrín, Uxío
Novoneyra ou Xohana Torres. Estamos no tempo da posguerra, en que conviviron grupos de autores
de diferentes idades e traxectorias que coincidiron nesta época de ditadura e represión publicando as
súas obras. Trátase de xeracións coma a do 36, con Celso Emilio Ferreiro como principal
representante, ou a Promoción de Enlace, composta por autores/as coma Luz Pozo Graza ou Antón
Tovar.
No caso do poema que nos concerne e que leva por título “O gato da tasca mariñeira” podemos
observar un marcado carácter descritivo, onde se reflicte unha escena popular como é a da reunión
de varios mariñeiros reunidos nunha taberna, descansando despois dunha longa xeira de traballo. O
protagonista, neste caso, é un gato que se despraza entre as pernas dos pescadores e que lle serve ao
eu lírico como eixo a través do que xira toda a composición “e pasa un suave gato que é da casa”/
“o gato pasa indemne comprendendo tal costume”. A linguaxe é sinxela e non abondan os recursos
retóricos requintados, dándolle o autor máis importancia ao contido ca a forma, como ocorría
noutros autores coma Celso Emilio Ferreiro, aínda que no seu caso era máis frecuente este aspecto
nos poemas de temática socialrealista.
Os autores da Xeración das Festas Minervais souberon darlle pulo á nosa poesía a pesar das
circunstancias adversas para as letras galegas nun momento en que a censura e a represión impedían
a publicación de moitas das súas obras. Pese a iso, autores coma Méndez Ferrín con obras tan
representativas coma Con pólvora e magnolias ou o propio Bernardino Graña foron quen de deixar
a súa pegada nunhas creacións que aínda hoxe seguen estudándose pola súa calidade literaria.

You might also like