A Célula

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

A CÉLULA

A célula é a unidade básica da vida, a unidade máis pequena que forma un ser
vivo.
As células poden presentar tamaños moi diferentes. Algunhas poden verse a
simple vista ( ovo de galiña ou de avestruz); pero normalmente son tan pequenas
que non son visibles sen a axuda dun microscopio.
As células realizan as tres funcións vitais de :
● Nutrición.- A nutrición permite ás celulas obter a enerxía que necesitan
para poder vivir a través da asimilación de nutrientes. Poden obter esta enerxía con
diferentes procesos. Hai células que son capaces de fabricar o seu propio alimento,
como as células das plantas. Outras, aliméntanse se substancias producidas por
outras células. Ademais de nutrientes, as células tamén necesitan auga para manter
a súa estrutura. Durante a nutrición, as células, ademais de asimilar nutrientes e
transformalos en enerxía, tamén expulsan os refugallos que xeran.

● Reprodución.- É o proceso a partir do cal se orixinan novas células. Cada


célula nai divídese noutras semellantes a ela, chamadas células fillas.
● Relación.- É a función que permite á célula reaccionar ante os cambios do
ambiente que a rodea e reaccionar ante ela. É dicir, unha célula é capaz de recibir
estímulos e responder a eles.

As partes máis importantes da célula son :


 Membrana celular → Envoltura que
rodea a célula.
 Citoplasma → Líquido que rodea a
célula; contén diferentes. orgánulos
e órganos entre os que destaca o
núcleo.
 Núcleo → Órgano máis importante ;
contén o material xenético (ADN ) e
organiza o funcionamento celular.

célula animal
1
As células vexetais teñen ademais : A Parede celular e os Cloroplastos. A
parede celular é unha estrutura ríxida ao redor da membrana celular. Os
cloroplastos son os encargados de converter a enerxía luminosa en enerxía química,
como a clorofila. Permítenlle aos vexetais fabricar alimento e danlle a súa cor
verde característica.

célula vexetal

A FORMA DAS CÉLULAS ANIMAIS

As células animais teñen formas variadas dependendo da función que realizan:


→ As células da pel son planas.
→ As células da graxa son
esféricas.
→ As células do cerebro son
estreladas.

2
O NÚMERO DAS CÉLULAS
Segundo o número de células, os seres vivos clasifícanse en:

→ Unicelulares.- Unha única célula que funciona como un organismo e


realiza todas as funcións vitais.
→ Pluricelulares .- Moitas células agrupándose así:
As células que realizan unha mesma función se agrupan en tecidos ( tecido
óseo, muscular...)
Varios tecidos que realizan unha mesma función forman un órgano ( o tecido
óseo forma os ósos ).
Os órganos que realizan a mesma función forman un aparato ou sistema(os
ósos forman parte do aparato locomotor).
O conxunto de todas as células, tecidos, órganos, aparatos e sistemas forman
un organismo.

OS DOUS TIPOS DE CÉLULAS

3
As células procariotas teñen unha estrutura moi sinxela e carecen de núcleo
diferenciado. As bacterias son un exemplo.
As células eucariotas son as que teñen o núcleo ben diferenciado. As algas, os
protozoos, os mofos, os animais e as plantas teñen células eucariotas. Son máis
complexas que as procariotas.

OS VIRUS

Os virus non son seres vivos porque, aínda que realizan moitas funcións das
células, non teñen vida independente e carecen de capacidade de crecemento e
nutrición. A única función que realizan é a de reprodución, e para iso, teñen que
infectar as células dun ser vivo, o que, moitas veces provoca enfermidades. Para
previlas usamos as vacinas.

virus do Covid -19

4
O MICROSCOPIO

O microscopio é un instrumento de traballo imprescindible para o estudo da célula.

Nun microscopio óptico diferenciamos distintas


partes:

● O ocular, lente que aumenta a imaxe que


chega do obxectivo.

● O obxectivo, lente que forma unha imaxe


aumentada pola mostra.

● A fonte de luz, que ilumina a mostra.

● A platina, peza onde se coloca a mostra.

● O revólver, peza que sostén os obxectivos

● Os parafusos, que permiten enfocar a imaxe.

● O pé, que sostén o microscopio.

Para poder desenvolver unha boa observación co microscopio é necesario que


a luz atravese a mostra, porque se non, non poderiamos observar nada. Para iso, a
mostra ten que ser translúcida, ou ben estar cortada en láminas moi finas.

A mostra colócase sobre unha pequena placa de vidro chamada portaobxectos


e protéxese con outra placa de vidro máis pequena chamada cobreobxectos.

Finalmente, colócase todo iso sobre a platina e selecciónase o obxectivo


adecuado, mírase a través do ocular e enfócase ata ver a mostra claramente.

You might also like