Marca 1 Resposta Por Pregunta: A Que Creas Que É Correcta A, B Ou C. Seguro Que o Fas Moi Ben!

You might also like

Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 2

NOME: ______________________________________________________ DATA 17 / 10 / 2020

AVALIACIÓN. UNIDADE . CIENCIAS SOCIAIS:O TRABALLO PERIODÍSTICO E POBOACIÓN.

Marca 1 resposta por pregunta: a que creas que é correcta A, B ou C. Seguro que o fas moi ben!

1. Cantas persoas viven en Vigo? Cal é poboación de Vigo?

a) 5.271 habitantes.
b) 10.000 habitantes.
c) 296.692 habitantes.
2. Cantas persoas viven en Galicia?
a) 941.772 habitantes.
b) 2.700.629 habitantes.
c) 47.329.981 habitantes.
3. Que é unha pirámide de poboación.
a) Unha pirámide das que hai en Exipto: a tumba dun faraón.
b) Unha representación gráfica da poboación dun lugar por idades e sexo.
c) Un triángulo no que tes pos ti enriba de todo e abaixo está o chan.
4. Que factores cambian a poboación, é dicir, o número de persoas que viven nun lugar.?
a) A natalidade e a mortalidade.
b) A inmigración e a emigración.
c) A natalidade, a mortalidade, a inmigración e a emigración.
5. A emigración é:
a) As aves que migran en inverno a sitios calurosos, nun proceso chamado invernación.
b) As persoas que marchan de aquí para ir a traballar a outro lado.
c) As peroas que veñen a vivir aquí.
6. Marca cal destas afirmacións e a correcta.
a) O crecemento natural é positivo se nacen máis persoas das que morren.
b) O movemento migratorio son os inmigrantes que veñen menos a xente que vive aquí.
c) O crecemento real é únicamente o crecemento natural, non se ten en conta o saldo migratorio.
7. No ano 2020 en Vigo naceron 1.326 bebés e morreron 3.179 persoas. Cal é a resposta correcta?
a) O crecemento natural foi negativo: baixou a población natural en 1853
b) O crecemento natural foi positivo: subiu a población natural en 1853.
c) O saldo migratorio foi de 1853 persoas.
8. Poboación activa son:
a) As persoas ocupadas e desocupadas que están en idade de traballar (16 a 67 anos).
b) Os bebés, os nenos, as persoas que están estudando no colexio, no instituto, na universidade ou formación.
c) Os xubilados ou maiores de 67 anos que teñen todo o tempo do mundo para traballar.
9. Poboación inactiva son:
a) As persoas desocupadas que están en idade de traballar (16 a 67 anos).
b) Os bebés, os nenos, os mozos e estudantes, e os xubilados, que non teñen idade ou obriga de traballar.
c) Os traballadores e traballadoras que están en idade de traballar (16 a 67 anos).
10. Os sectores económicos de produción son:
a) Os tres tipos de traballo ou profesións: primario, secundario e terciario.
b) O sectores económicos son primeiro: “eco”, segundo “nome” e teceiro “icos”.
c) A produción de eco nas montañas cando gritas “eco, eco” e responde a montaña “nómicos, nómicos”.
11. Nos traballos do sector primario:
a) As persoas collen as materias primas da natureza que son de orixe animal, vexetal ou mineral.
b) As persoas en fábricas ou artesanalmente elaboran os produtos elaborados.
c) As persoas venden en tendas, comercios e centros comerciais os produtos ou ofrecen servizos.
12. Son profesións do sector primario:
a) Mariñeiro, agricultor, gandeira, labrego, mineiro, leñadora.
b) Operario/a de fábrica como por exemplo: Citröen, metalúrxica, astaleiro, materiais de construción...
c) Profesor, médico, dependente, caixeira, camareira, cociñeiro, artista, músico, presentador TV, piloto...
13. Nos traballos do sector secundario:
a) As persoas collen as materias primas da natureza que son de orixe animal, vexetal ou mineral.
b) As persoas, en fábricas ou artesanalmente, elaboran os produtos elaborados.
c) As persoas venden en tendas, comercios e centros comerciais os produtos ou ofrecen servizos.
14. Son profesións do sector secundario:
a) Mariñeiro, agricultor, gandeira, labrego, mineiro, leñadora.
b) Operario/a de fábrica como por exemplo: Citröen, metalúrxica, astaleiro, materiais de construción...
c) Profesor, médico, dependente, caixeira, camareira, cociñeiro, artista, músico, presentador TV, piloto...
15. Nos traballos do sector terciario:
a) As persoas collen as materias primas da natureza que son de orixe animal, vexetal ou mineral.
b) As persoas, en fábricas ou artesanalmente, elaboran os produtos elaborados.
c) As persoas venden en tendas, comercios e centros comerciais os produtos ou ofrecen servizos.
16. Son profesións do sector terciario:
a) Mariñeiro, agricultor, gandeira, labrego, mineiro, leñadora.
b) Operario/a de fábrica como por exemplo: Citröen, metalúrxica, astaleiro, materiais de construción...
c) Profesor, médico, dependente, caixeira, camareira, cociñeiro, artista, músico, presentador TV, piloto....
17. Para fabricar o coche “Bugatti Veyron”...
a) Necesitamos só traballadores do sector primario, pois necesitamos materiais de orixe mineral.
b) Necesitamos só traballadores do sector terciario, pois con que haxa que o venda xa gañas cartos.
c) Necesitamos traballadores dos tres sectores para obter materias primas, fabricar o coche e vendelo.
18. Os mariñeiros ou pescadores son traballadores do sector:
a) Primario porque collen animais mariños do mar para servir de alimento ás persoas.
b) Secundario porque meten o atún en latas de conserva.
c) Terciario porque investigan o océano mariño e a contaminación por plástico.
19. Os médicos, enfermeiros, auxiliares de clínica, son traballadores do sector:
a) Primario porque crian virus e bacterias para o consumo humano.
b) Secundario: porque fabrican bisturís e tesoiras para operar ás persoas.
c) Terciario porque ofrecen un servizo: dar medicinas, diagnosticar e curar enfermidades.
20. Os periodistas, os presentadores de televisión, son traballadores do sector:
a) Primario, porque o primeiro que fago na casa é acender a televisión.
b) Secundario porque fabrican televisores, radios, e imprimen periódicos.
c) Terciario: porque ofrecen un servizo: dan información e entretenemento ás persoas.

Escribe a túa profesión preferida e explica a que sector pertence.

_________________________________________________________________________________________

Escribe unha información interesante e curiosa sobre a poboación, o traballo ou a prensa.

_________________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________
MOITAS GRAZAS POLO TEU ESFORZO! SEGURO QUE O FIXECHES MOI BEN! UNHA APERTA!

You might also like