Boletínpara Oexameab - 3ºESO - UIII - 23 - 24

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

Colexio Plurilingüe Franciscanos

Praza Maior, 26
27001 Lugo

UNIDADE III:
A produción de alimentos: clave na Axenda 2030
1. O sector primario no mundo

1. Que actividades abrangue o sector primario?

2. Explica a evolución do sector primario no mundo apoiándote na seguinte gráfica.


Evolución do sector primario
respecto ao PIB e ao emprego.

3. Reflexiona sobre esta afirmación: máis poboación ocupada no sector significa


maior produción. Logo explica con claridade as túas conclusións.

2. O medio físico limita hoxe a agricultura?

4. Enumera os factores físicos que condicionan o cultivo da terra. Explica dous deles.

5. Por que en cada rexión climática se dan mellor uns cultivos ca outros?

6. Cal foi a gran aportación do científico noruegués Kristian Morten Olesen á


agricultura?

3. As distintas formas de agricultura

7. Define: explotación agraria, parcela, openfield e bocage.

8. Explica con claridade a diferenza entre agricultura intensiva e agricultura


extensiva.

9. Os sistemas artificiais de rega: por inundación, aspersión, goteo…, con que tipo de
agricultura os relacionarías? Por que?

cpr.padres.franciscanos.lugo@edu.xunta.es 1
Colexio Plurilingüe Franciscanos
Praza Maior, 26
27001 Lugo

4. A agricultura de mercado nos países desenvolvidos

10. Sinala, e explica brevemente, as principais características da agricultura de


mercado.

11. Pon dous exemplos de como as novas tecnoloxías poden facilitar o traballo no
campo e mellorar a produtividade agrícola.

12. Dende o teu punto de vista, cal é a principal vantaxe da agricultura de mercado?
Que son os produtos eco e bio?

5. A agricultura tradicional nos países en desenvolvemento

13. Nos países de ingreso baixo a maioría da poboación é campesiña. Cales son as
principais dificultades coas que se atopan e que en moitos casos os obrigan a
abandonar o campo?

14. Enumera catro rasgos xerais da agricultura tradicional.

15. Completa os seguintes textos sobre os tipos de agricultura tradicional.

A ____________ de corta e queima ou __________ practícase nas selvas e nos _________


tropicais. Consiste en ir ____________ árbores que despois se ____________. As cinsas serven
como _____________ do terreo. Pasados uns anos, e despois de cultivar nesta terra, déixase en
________ para que recupere os seus nutrientes de forma natural e búscase outro terreo onde
cultivar.

A _________ de cultivos de secaño consiste en sementar de forma ________ e ____________


distintos produtos nun mesmo terreo. Así divídese o terreo en tres follas ou partes, cultivando en
dúas delas e deixando sempre unha en ______________.

No ______ de China, no ________ asiático e na costa da ________, onde os ventos _________


provocan extensas _______________, cultívase ____________, unha planta de alto
______________. Require o traballo de moitas _____________, que o realizan de forma
____________.

6. As plantacións dos países en desenvolvemento

16. Cal é a orixe das actuais plantacións dos países en desenvolvemento?

17. Explica dous efectos positivos e dous efectos negativos que tería para a poboación
e a economía locais dunha rexión en desenvolvemento de América Central, o
establecemento dunha empresa multinacional agrícola europea.

cpr.padres.franciscanos.lugo@edu.xunta.es 2
Colexio Plurilingüe Franciscanos
Praza Maior, 26
27001 Lugo

7. A gandaría, unha actividade en alza

18. Cales son na actualidade os maiores produtores cárnicos do mundo?

19. Explica as catro principais diferenzas que existen entre a gandaría extensiva e a
gandaría intensiva ou industrial.

8. A pesca e a acuicultura

20. Cales son os países con maior produción pesqueira no mundo?

21. Cales son para ti as tres claves que nos permiten diferenciar a pesca de litoral, da
pesca de baixura e da pesca de altura?

22. Como se chama a actividade consistente na cría de organismos animais e vexetais


acuáticos en catividade? Por que se considera que é unha solución sostible?

9. Así é o sector primario na UE

23. No seguinte mapa de Europa, localiza os Estados non membros da UE; e colorea,
dunha mesma cor, os 27 que si forman parte dela.

24. Que significa a sigla PAC? Enumera catro dos seus principais obxectivos.

cpr.padres.franciscanos.lugo@edu.xunta.es 3
Colexio Plurilingüe Franciscanos
Praza Maior, 26
27001 Lugo

25. Que instrumentos emprega a PPC (Política Pesqueira Común) para lograr os seus
obxectivos?

10. O sector primario na economía de España

26. Escolle dous datos obxectivos que demostren que o sector primario é decisivo para
a economía española.

27. Expón datos que confirmen a importancia que a agricultura, a gandaría e a pesca
teñen para a economía dos españois. Será suficiente con sinalar dous por actividade, é
dicir, seis en total.

Exemplo:

Agricultura:

1º España destaca entre os 3 maiores exportadores mundiais de froitas e hortalizas, xunto con
EE.UU. e China.

2º (…)

28. Cales son as principais debilidades do sector primario español?

11. O sector primario en Galicia

29. Sinala catro rasgos esenciais da agricultura galega.

30. Cal é a principal actividade do sector primario galego? Por que?

31. Poderiamos afirmar que a explotación forestal en Galicia é importante? Elixe dous
argumentos para explicalo.

*Nota: lembrade que para este exame deberedes repasar os mapas políticos de España e Europa.

cpr.padres.franciscanos.lugo@edu.xunta.es 4

You might also like