365 Unidad 3sol

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

3

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN MULTICULTURALIDADE

Amigos e compañeiros II. Sempre con amigos

1  Escoita, le e subliña. Edson está a lles contar aos compañeiros curiosidades do seu
país de orixe, o Brasil, e a súa adaptación a Galicia. Subliña no seguinte texto as palabras
que aparecen seleccionadas.

clima país tropical selva pulmón adaptarme traballar amigos idioma

Profesor: Aproveitando que hoxe estudamos o clima


Edson vainos contar tropical, Edson vainos contar algo sobre Brasil, o seu
algo sobre Brasil… país de orixe.
Edson: Brasil é un país moi grande, ocupa case a
metade de América do Sur. De onde veño eu, Recife,
temos un clima tropical cunhas temperaturas que
varían pouco ao longo do ano.
Antía (compañeira de clase): Eu, de Brasil, teño visto
reportaxes da selva Amazónica, os Garimpeiros, os
clubs de fútbol e sei que se van celebrar as
Olimpiadas do 2016.
Edson: Pois xa sabes algo… Sabías que Brasil é o
pulmón verde do mundo? Que a selva Amazónica é
cen veces meirande ca Galicia?
Profesor: Moi ben, Edson. Agora cóntanos por que
viñeches a Galicia e como te vas adaptando nela.
Edson: Meus pais precisaban traballar porque no Brasil non lles ían moi ben as cousas. Ao
principio custoume moito adaptarme; sobre todo polo clima e mais pola falta de amigos. En
Brasil tiña unha morea deles e aquí non coñecía a ninguén.
Antía: Pero agora tes moitos…
Edson: Abofé que si. Axudoume moito a facelos o idioma. Porque galego e portugués son moi
parecidos e desde o primeiro día non tiven problema para comunicarme.
2 Responde oralmente as preguntas e, deseguido, escribe as respostas embaixo.

쮿 Que lles está a contar Edson aos compañeiros?

쮿 Que é o que máis bota de menos do Brasil?

쮿 Que foi o que máis lle axudou a Edson á hora de facer amigos?
3 Pregúntalle a algún compañeiro ou compañeira por que veu a Galicia e escribe o
diálogo embaixo.

Pregunta §

Resposta §
4 E ti, de que país es? Por que viñeches a Galicia?

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO
3
LÉXICO MULTICULTURALIDADE

Amigos e compañeiros II. Sempre con amigos

5 Edson está a falar dos seus amigos galegos. Fíxate ben e trata de aprender as palabras
que forman a parte das relacións entre amigos e amigas.

Os meus amigos sonche


En Galicia, atopei amigos simpáticos, solidarios, Cos meus amigos xogo ao fútbol,
doutros países como Shankar, ocorrentes e festexeiros quedamos para saír,
Xu Xing… e amigos galegos pero algúns tamén che son disfrazámonos polo Entroido
como Antía, Xurxo, Uxía… lareteiros e recachados. e imos aos concertos de música.

6 Pregúntalle a un compañeiro ou compañeira como se chaman algúns dos seus amigos


ou amigas e, deseguido, escribe a conversa embaixo.

Pregunta §

Resposta §
7 Escribe como se chama ese amigo ou amiga «de meu» que botes de menos porque vive
no teu país.

O mellor amigo/a de meu chámase


8 A forma de ser dos teus amigos galegos coincide coas características dos amigos que
deixaches no teu país? Escribe as que coinciden e outras novas que non teñan os amigos de
Edson.

9 Como vos divertides e pasades o tempo no teu país de orixe?

10 Relaciona as palabras das seguintes 11 Completa o encrucillado con 3 palabras


listaxes. tiradas das listaxes da actividade anterior.

Amizade Solidario O A
Ocorrer Festexeiro
Festexar Acolledor
Acoller Ocorrente L R O
Simpatizar Lareteiro
Laretar Amigo
Solidarizar Simpático E

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO
3
GRAMÁTICA MULTICULTURALIDADE

Amigos e compañeiros II. Sempre con amigos

A oración
Compara o que se di nos dous globos e tira unha conclusión.

Edson seus vive pais Edson vive cos seus


cos Galicia en pais en Galicia

Como ben comprobaches, no globo da dereita está a mensaxe ordenada.

Un xeito de comunicármonos consiste en utilizar oracións. Se a mensaxe que


transmitimos está ordenada, a comunicación é posible. Ao escribirmos, a letra inicial da
nosa mensaxe será maiúscula e marcaremos o fin desa oración cun punto [.].

12 Ordena o rebumbio de letras e constrúe oracións.

cos disfrázase seus coa goza Tatiana Xurxo un de amigo


Edson amigos música Edson é galego

Oración 1 §

Oración 2 §

Oración 3 §
13 Relaciona a columna da esquerda coa columna da dereita para construíres oracións.
Escribe as oracións completas no dorso da páxina.

Shankar é o filme preferido de Tatiana.


Ágora fala hindi, inglés, galego e castelán.
Laura é máis grande que moitos países.
A Amazonia di que, en Colombia, as praias son preciosas.

14 Constrúe, con cada grupo de palabras, unha oración con sentido.

a) Os lapis

b) Aquel xogador

c) As praias galegas
15 Do seguinte texto breve selecciona só as mensaxes que sexan oracións e escríbeas no
dorso desta páxina. Non esquezas poñer a primeira letra con maiúsculas e punto ao final.

Praias meu preciosas país hai no. A Xu Xing encántanlle os fogos artificiais. Galicia ten catro
provincias. Estoxo un precioso colexio perdín no eu. Os nosos amigos galegos son moi feste-
xeiros. O raposo é un animal moi pillabán.

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO
3
PANORAMA MULTICULTURALIDADE

Amigos e compañeiros II. Sempre con amigos

Unha Galicia de lenda


Galicia conta cunha rica cultura popular que desde
tempos remotos se foi transmitindo de xeración en
xeración até chegar a nós. As xentes da Galicia
tradicional tenden a imaxinar e a afrontar coa
maxia e a fantasía unha realidade hostil ou
descoñecida. A identidade do pobo galego abrolla
desta conxunción de tradición e modernidade.
Moitas lendas son unha boa mostra disto.
16 Que función pensas que cumpría a maxia e a fantasía nas sociedades tradicionais?

A lenda de Pepa, a Loba


Contan que, no século XIX, a máis famosa de todas era a banda de Pepa, a Loba. Así era coñecida a
muller amazona, capitá dun grupo de homes rudos e perigosos que actuaba desde Ortegal ata o Miño, de
Os Ancares a Verín. A lendaria bandoleira chegou a converterse nun pesadelo para a metade dos galegos.
Actuaba sempre vestida de home, e din que nunha ocasión roubou na casa dun cura vestida de garda
civil, con bigotes incluídos. Pepa, a Loba, tivera unha infancia difícil, xa que era filla dunha viúva mendiga
chamada A Falucha. O alcume de Loba puxéranllelo moitos anos antes de dedicarse a delinquir. Un día
en que Pepiña tiña doce anos e estaba servindo na casa da súa tía Dorinda, foi pacer un rabaño ao monte.
Un lobo matoulle unha ovella e intentou arrebatarlle outra, momento no que a rapaza enfrontouse
coa axuda do seu can. Chegou ferida a casa e a súa tía ideou mostrala nas feiras para sacar cartos. A partir
dese momento comezaron a chamala Pepa, a Loba. Anos despois foi inxustamente condenada a cadea
perpetua. Conseguiu fuxir e trocouse na xefa dunha grea de delincuentes.
De lenda en lenda, camiños máxicos polo noroeste de Galicia
Edita Xunta de Galicia, 1999, Ferrol

17 Por que se chama á protagonista desta historia Pepa, a Loba? Que é o que a impulsa a
dedicarse ao bandoleirismo? Cales serían os seus atributos?

18 Coñeces algún personaxe literario ou cinematográfico semellante a Pepa, a Loba? Elixe


un e comenta os seus poderes.

19 Agora vas continuar a historia de Pepa, a Loba: imaxina a súa vida coa banda e
escríbeo no dorso da páxina. Podes procurar información en Internet e investigar se hai
algún filme ou libro sobre ela.
20 Seguro que no teu país tamén hai moitas lendas. Cóntallelas aos teus compañeiros
e compañeiras da clase.

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO
3
MULTICULTURALIDADE

Amigos e compañeiros II. Sempre con amigos

Solucións
 A continuación, aparecen subliñadas no texto as palabras  As palabras que aparecen no encrucillado son: Lareteiro.
do recadro: Ocorrente. Amigo.
Profesor: Aproveitando que hoxe estudamos o clima tropical,  As oracións correctas son as seguintes:
Edson vainos contar algo sobre Brasil, o seu país de orixe.
Oración 1  Edson disfrázase cos seus amigos.
Edson: Brasil é un país moi grande, ocupa case a metade de
Oración 2  Tatiana goza coa música.
América do Sur. De onde veño eu, Recife, temos un clima tro-
pical cunhas temperaturas que varían pouco ao longo do ano. Oración 3  Xurxo é un amigo galego de Edson.
Antía (compañeira de clase): Eu, de Brasil, teño visto reporta-  As oracions completas son:
xes da selva Amazónica, os Garimpeiros, os clubs de fútbol e Shankar fala hindi, inglés, galego e castelán.
sei que se van celebrar as Olimpiadas do 2016.
Ágora é o filme preferido de Tatiana.
Edson: Pois xa sabes algo… Sabías que Brasil é o pulmón ver-
Laura di que, en Colombia, as praias son preciosas.
de do mundo? Que a selva Amazónica é cen veces meirande
ca Galicia? A Amazonia é máis grande que moitos países.
Profesor: Moi ben, Edson. Agora cóntanos por que viñeches a  RESPOSTA LIBRE.
Galicia e como te vas adaptando nela.
 As oracións que aparecen no texto breve son:
Edson: Meus pais precisaban traballar porque no Brasil non
쮿 A Xu Xing encántanlle os fogos artificiais.
lles ían moi ben as cousas. Ao principio custoume moito
adaptarme; sobre todo polo clima e mais pola falta de amigos. 쮿 Galicia ten catro provincias.
En Brasil tiña unha morea deles e aquí non coñecía a ninguén. 쮿 Os nosos amigos galegos son moi festexeiros.
Antía: Pero agora tes moitos… 쮿 O raposo é un animal moi pillabán.
Edson: Abofé que si. Axudoume moito a facelos o idioma. Por-  A maxia e a fantasía permitía ás xentes da Galicia tradicio-
que galego e portugués son moi parecidos e desde o primeiro nal afrontar unha realidade hostil ou descoñecida.
día non tiven problema para comunicarme.
 A protagonista chámase Pepa, a Loba, porque de pequena
 As respostas son as seguintes: enfrontouse a un lobo cun pao e un can. Cando a acusan
쮿 Edson cóntalles curiosidades do seu país: Brasil. inxustamente dun delito non cometido xúntase cuns bando-
쮿 O que máis bota de menos son os seus amigos. leiros e dedícase a delinquir. Os seus atributos serían a astucia,
a coraxe, o valor, a firmeza…
쮿 O que máis lle axudou foi o idioma.
 Calquera dos súper heroes. Tamén coñecidos bandidos
 e  RESPOSTA LIBRE.
como O zorro ou Pancho Villa. Todos destacaban polo seu
 Trátase dun exercicio de vocabulario. Os alumnos terán valor, intelixencia, firmeza, coraxe…
que aprender as palabras novas relacionadas coa amizade.
 e  RESPOSTA LIBRE.
, ,  e  RESPOSTA LIBRE.
 As parellas de palabras que se demandan son:
Amizade  Amigo.
Ocorrer  Ocorrente.
Festexar  Festeiro.
Acoller  Acolledor.
Simpatizar  Simpático.
Laretar  Lareteiro.
Solidarizar  Solidario.

© Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO

You might also like