Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

Bioloxía e Xeoloxía 4ºESO IES de Soutomaior

TRANSXÉNICOS: A PROL OU EN CONTRA?

Le as noticias que aparecen a continuación e realiza un informe no que defendas, de forma


argumentada, a túa postura a prol ou en contra dos transxénicos empregando datos que atopes
nas noticias para apoiar os teus argumentos.

Os alimentos transxénicos son aqueles que inclúen na súa composición algún ingrediente
procedente dun organismo ao que se lle incorporou, mediante técnicas xenéticas, un xene
doutra especie. Grazas á biotecnoloxía pódese transferir un xene dun organismo a outro para
dotalo dalgunha calidade especial da que carece. Deste xeito, as plantas transxénicas poden
resistir pragas, aguantar mellor as secas ou resistir mellor algúns herbicidas. En Europa non todas
as modalidades de transxénicos están autorizadas, só algunhas poden ser cultivadas e
posteriormente comercializadas.
Os transxénicos, desde o seu nacemento, suscitaron moita polémica. Existen seguidores fanáticos
e detractores acérrimos. Por exemplo, Juan Felipe Carrasco, enxeñeiro agrónomo e responsable
da campaña contra os transxénicos de Greenpeace en España, cre que “a agricultura industrial, a
que actualmente se nos vende como aquela que produce alimentos para toda a humanidade,
desgraciadamente, está a producir tamén moitísimos danos irreversibles”. Para Carrasco, “non é
certo que a ciencia estea a favor dos transxénicos”, e apunta ademais que “os que estamos en
contra dos transxénicos non estamos en contra da ciencia do futuro, estamos en contra da
liberación de transxénicos no medio ambiente”. Para Greenpeace, os transxénicos incrementan o
uso de tóxicos na agricultura, a perda de biodiversidade, os riscos sanitarios non están avaliados,
etc.
Con todo, Francisco García Olmedo, catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da
Universidade Politécnica de Madrid, pensa todo o contrario. “Os transxénicos son a maior
innovación en produción de alimentos que se fixo nos últimos 25 anos e non houbo un só
incidente adverso nin para a saúde humana nin para o medio ambiente”, explicaba durante a
última edición de Madrid Fusión 2010.

Noticia 1

EL PAÍS Sandro Pozzi Nova York 23 MAI 2016


Así é Monsanto, a compañía máis controvertida do mundo

A empresa pola que Bayer ofrece 55 000 millóns é o principal produtor de


organismos xeneticamente modificados e dun popular herbicida
[…] O material xenético das sementes que produce Monsanto foi alterado con
técnicas de enxeñaría xenética para facelos máis resistentes ás pragas e ás secas.
Conséguese así, coa tecnoloxía, facer algo que á natureza lle levaría miles de anos
completar. O temor é que o consumo destes produtos provoque desde reaccións
alérxicas, problemas gastrointestinais ata cancro. […]
Monsanto deféndese, ademais, destacando os beneficios destas sementes para os
agricultores porque con elas poden elevar o rendemento das súas plantacións, fanas máis
resistentes ante as pragas e protéxenas de enfermidades, ademais das secas e a calor
máis intensa. Pero a dependencia dos agricultores cara aos produtos que desenvolven
estas compañías tamén crece, porque están obrigados a comprar novas partidas en cada
colleita. […]
Bioloxía e Xeoloxía 4ºESO IES de Soutomaior

TRANSXÉNICOS: A PROL OU EN CONTRA?

Noticia 2

EL PAÍS Nuño Domínguez 17 MAI 2016


A ciencia confirma que os transxénicos son igual de sans que o resto de alimentos
Despois de 30 anos de uso, unha gran revisión científica dos organismos
modificados xeneticamente feita en EE.UU. conclúe que son inocuos e desacredita
os mitos que os rodean

A maior revisión sobre o impacto dos organismos modificados xeneticamente


(OMX) que fixo a Academia Nacional de Ciencias de EE.UU. acaba de concluír que estas
plantas son indiferenciables do resto e que non hai ningunha proba de que teñan un
impacto negativo na saúde das persoas. A Academia Nacional de Ciencias, Enxeñaría e
Medicina, principal organismo asesor do país en temas científicos, tampouco atopou
probas “concluíntes” de que este tipo de variantes agrícolas causen problemas
ambientais. Si recoñece que a resistencia dos transxénicos a certos herbicidas está a
causar “un problema agrícola de primeira orde”, xa que outras plantas e insectos están a
desenvolver inmunidade aos herbicidas que se usan nos campos de OMX. […]

Noticia 3

EL PAÍS Manuel Ansede 20 NOV 2015


Aprobado o primeiro animal transxénico para consumo humano
EE.UU. dá luz verde a un salmón modificado xeneticamente para crecer ao dobre de
velocidade
[…] A empresa biotecnolóxica estadounidense AquaBounty, creadora
do salmón, aplaudiu nun comunicado a decisión do organismo
regulador de EE.UU. O seu peixe, bautizado AquAdvantage, é un
salmón atlántico ao que se engadiu ADN do salmón real, unha
especie xigante do océano Pacífico. Grazas a esta modificación, os
peixes producen máis hormona do crecemento e poden alcanzar en
ano e medio o talle típico dos tres anos, o tamaño que demanda o
mercado. A empresa xa anunciou en 2010 a aprobación inminente do
seu produto, que ao final se atrasou cinco anos no medio de protestas
de organizacións antitransxénicos. […]

Noticia 4

RTVE Crónicas 17.06.2010


“Sementes escravas”. Os transxénicos a debate
O noso é o único país da Unión Europea que os cultiva a grande escala
Case o 100% dos pensos compostos son transxénicos
Os cultivos transxénicos son un grande experimento biolóxico. Cando introducimos xenes
de medusa, insectos ou bacterias nunha semente, estamos a crear seres que nunca
produciría a natureza.
As sementes transxénicas adquiren características novas para resistir determinadas
pragas ou agroquímicos. Algunhas poderán crecer case sen auga e outras axudarannos a
combater enfermidades.
Bioloxía e Xeoloxía 4ºESO IES de Soutomaior

TRANSXÉNICOS: A PROL OU EN CONTRA?

O problema é que esas sementes non son de todos, xa non están en mans dos
agricultores. Agora están patentadas e pertencen ás multinacionais. […]
Son seguros os transxénicos?
Esta é a pregunta do millón. Para o Goberno español, un grupo moi importante de
científicos, e as multinacionais biotecnolóxicas, por suposto que son seguros. Todos os
seus estudos garanten que non prexudican a saúde nin o medio ambiente.
Os grupos ecoloxistas, con todo, pediron que se retire o MON 810 dos nosos campos. (É
un millo insecticida: o MON 810, unha patente da multinacional Monsanto. España é o
único país da Unión Europea que o cultiva a grande escala). Porque, segundo os seus
informes, tamén científicos, pode afectar á biodiversidade e, a longo prazo, á saúde.
Piden que en España se aplique o principio de precaución seguindo o exemplo de
Francia, Alemaña ou Italia. […]

Noticia 5

Greenpeace España
Agricultura e transxénicos
O 90% das plantas silvestres e un terzo dos nosos alimentos dependen da polinización,
pero un
20% das abellas desapareceu en Europa. O responsable? A agricultura industrial,
cuxos praguicidas están decimando a poboación de abellas.
Pero ese é só un dos problemas da agricultura industrial. Este
tipo de agricultura é un modelo:
 Destrutivo, que consome moitas cantidades de auga e
petróleo.
 Asociado á deforestación de ecosistemas.
 Que aplica produtos químicos (fertilizantes e praguicidas)
que provocan emisións de gases de efecto invernadoiro
como o N2O (óxido nitroso), o que supón a maior
contribución agraria ao cambio climático.
 Que prexudica os pequenos agricultores e produtores e
concentra o control da agricultura en poucas mans.
Os transxénicos forman parte deste modelo de agricultura industrial. Tamén son
coñecidos como organismos modificados xeneticamente (OMX), e son seres vivos
novos, que non existían antes na natureza, e que foron creados no laboratorio
manipulando os seus xenes. Cada vez máis datos científicos confirman os riscos que
supoñen para a saúde e o medio ambiente.
España é o único país da UE que aposta por estes cultivos e máis do 67% dos ensaios
experimentais realízanse nos nosos campos. A propia Administración móstrase opaca
nas cifras de cultivo transxénico: o Goberno e a industria din que hai 136 962 ha de millo
procedente da enxeñaría xenética en España, os datos de Gobernos autonómicos
reducen esa cifra a 70 000 ha.
Hai quen xustifica todo isto a prol de “acabar coa fame” no planeta, pero a realidade é que
os cultivos modificados xeneticamente non alimentan o mundo: o 99% dos agricultores
non os cultivan, e o 97% da superficie agrícola mundial segue libre deles. […]
Bioloxía e Xeoloxía 4ºESO IES de Soutomaior

TRANSXÉNICOS: A PROL OU EN CONTRA?

Noticia 6

GCiencia, José Manuel Martín, 07/05/2014

Transxénicos. A quen facer caso?


Dende hai algún tempo, nalgunhas cidades celébranse os chamados Mercados
Tradicionais, tamén denominados Mercados de Alimentos Labregos. Trátase dunha
versión urbana das feiras que se veñen celebrando, dende toda a vida, nas diferentes
vilas galegas. Podemos atopar patacas, verduras, mel, legumes, marmeladas, queixos e
outros produtos que son vendidos directamente polo seu produtor, sen intermediario
ningún. Amais disto, todos estes alimentos véndense baixo a etiqueta de orgánicos.
España é o país de Europa que máis transxénicos cultiva e, segundo a
organización ecoloxista Greenpace, máis do 67% dos ensaios experimentais
realízanse nos nosos campos. En Galicia viamos, hai pouco, como se denegaba o
permiso para as fumigacións aéreas de flufenoxurón contra o gurgullo do eucalipto. O uso
deste pesticida, catalogado como tóxico e prohibido pola Unión Europea dende o 1 de
xaneiro de 2013, podería ter causado a morte das abellas e animais acuáticos da zona,
ademais de contaminar os cursos de auga que regan os cultivos.
Os transxénicos, ou organismos xeneticamente modificados (OXM) están
relacionados, segundo especialistas coma o francés Gilles-Eric Séralini, co cancro e con
enfermidades hormonais, metabólicas, inmunitarias, nerviosas e reprodutivas. Como se
isto non fose dabondo, o pasado mes de abril fíxose público que o herbicida máis utilizado
do mundo fora atopado no leite materno das mulleres norteamericanas, dato relevante
tendo en conta que Estados Unidos é un dos maiores produtores de cultivos transxénicos.
Existen plataformas cidadás e movementos sociais moi activos que loitan contra a
elaboración e comercialización destes produtos e mesmo concellos, como o pontevedrés
de Lalín, declaráronse Zona Libre de Transxénicos.
Non falta quen pense que detrás de todo está o poder financeiro das grandes
multinacionais do sector, que co seu poder económico fan calar moitas voces primando os
resultados bolsistas sobre o ben común. Así, Greenpace afirma que “a pesar do gran
potencial que ten a bioloxía molecular para entender a natureza, isto non pode ser
utilizado como xustificación para converter o medio ambiente nun xigantesco experimento
con intereses comerciais”.
Pola contra, estas mesmas empresas deféndense tachando aos seus críticos de
involucionistas e de agochar feitos ao público. O argumento de que a mellora da especie
é inherente ao home desde as súas orixes é unha constante no seu discurso. Primeiro a
domesticación e logo o avance das especies animais así como a evolución nos cultivos e
nas especies tradicionais, sérvenlles para demostrar o acertado das súas accións. Argúen
que o que perseguen coas súas investigacións é incrementar a produtividade elaborando
cultivos resistentes ás pragas para, deste xeito, facilitar, por unha banda, o traballo dos
agricultores e, por outra, o sustento dunha poboación cada vez máis necesitada de
maiores recursos. Nesta liña, botan man das estatísticas para explicar que de aquí ao ano
2050 hai que aumentar a cantidade de alimentos producidos en máis dun cincuenta por
cento, xa que se estima que, para aquel entón, seremos máis de nove mil millóns de
persoas. Asemade, rexeitan a idea de que utilizan os países non desenvolvidos como
campo de ensaio para os seus tratamentos, expoñendo que nacións do primeiro mundo,
como Estados Unidos ou Canadá, son das maiores produtoras de cultivos transxénicos.
Tampouco faltan as voces expertas que avoguen polo uso dos transxénicos. Así, a
Pilar Carbonero, catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Escola Técnica
Bioloxía e Xeoloxía 4ºESO IES de Soutomaior

TRANSXÉNICOS: A PROL OU EN CONTRA?

Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid, a oposición aos alimentos transxénicos


parécelle un tabú que hai que romper, xa que esta mesma tecnoloxía aplicada á
obtención de medicamentos se admite sen problema ningún. Un exemplo sería a insulina
que se inxectan os diabéticos e que é produto da enxeñería xenética en bacterias. Esta
mesma autora, que tacha á agricultura biolóxica de “capricho de nenos ricos” entende que
esta “é a que practican os pobres na África subsahariana porque non teñen cartos nin
para mercar boas sementes, nin para fertilizantes nin para auga”.
Outro dos defensores acérrimos dos transxénicos é o tamén catedrático de
Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Politécnica de Madrid, Francisco García
Olmedo. Afirma que é imposible solucionar problemas do futuro volvendo a técnicas do
pasado e que a agricultura foi contraria ao medio ambiente dende o mesmo momento no
se que inventou. “E é tanto máis contraria canto máis primitiva”, conclúe.
Os científicos pro transxénicos resaltan, no seu conxunto, que o perigo para a
saúde está estudado totalmente en todos e cada un destes produtos e que son os que
maior número de controles pasan, superando incluso aos considerados biolóxicos ou
orgánicos.
Ante tal disparidade de opinións, na súa meirande parte contrarias, sobre os
prexuízos ou beneficios dos alimentos transxénicos, decidímonos por buscar orientación
nas dúas institucións supranacionais que teñen por obxectivo controlar a calidade tanto da
alimentación coma da saúde: a FAO e a OMS.
A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, FAO,
asegura no seu documento “O Estado Mundial da Agricultura e a Alimentación” que ata o
de agora non houbo ningún informe verificable de que os transxénicos causen algún
perigo importante para a saúde ou o medio ambiente, pese ao cal tamén afirma que o
feito de que non se tivesen observado efectos negativos non significa que non podan
ocorrer xa que, “os sistemas regulamentarios e as persoas que os administran non son
perfectos”.
Ante a vaguidade desta explicación, que máis ben nos sume nunha confusión,
recorremos, na procura dunha resposta, á Organización Mundial da Saúde, a OMS. O
ditame é moi similar: non se teñen demostrado riscos para a saúde humana naqueles
países nos que están comercializados os transxénicos.

Así pois, podemos concluír que os transxénicos, polo de agora, mal non fan pero
non sabemos se o farán.
A quen facer caso?

https://www.gciencia.com/bitacora/o-cubo-de-rubik/transxenicos-quen-facer-caso/

Tamén podes empregar a información do libro dixital ou das diapositivas de clase e os


enlaces que contén para buscar información e preparar os teus argumentos.

You might also like