Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

Raúl Piñeiro Martínez

PERMISOS EN GNU/LINUX
CONTIDOS

1. PERMISOS DE ARQUIVOS E CARPETAS


1.1 Usuario propietario e grupo propietario dun arquivo
1.2 Tipos de permisos
1.3 Permiso de lectura
1.4 Permiso de escritura
1.5 Permiso de execución
1.6 A quen se lle poden outorgar permisos?
1.7 Visualizar permisos dun arquivo ou carpeta
1.8 Cambiar permisos
1.8.1 Notación simbólica
1.8.2 Notación octal
1.8.3 Usando o explorador de arquivos
1.9 Cambiar usuario propietario e grupo propietario

1. PERMISOS DE ARQUIVOS E CARPETAS


1.1 Usuario propietario e grupo propietario dun arquivo

En Linux tódolos arquivos pertencen obrigatoriamente a un usuario e a un grupo.

Cando un usuario crea un novo arquivo, o propietario do arquivo será o usuario que o
creou e o grupo do arquivo será o grupo principal de dito usuario.

ADSO
UNIDAD 05: Administración
de servidores de impresión

1
Raúl Piñeiro Martínez

1.2 Tipos de permisos

Tipos de permisos

 Permiso de lectura
 Permiso de escritura
 Permiso de execución

O significado destes permisos difire se se teñen sobre arquivos ou sobre carpetas

1.3 Permiso de lectura

Arquivos

 Cando un usuario ten permiso de lectura dun arquivo significa que pode ver o seu
contido.

Carpetas

 Cando un usuario ten permiso de lectura dunha carpeta, significa que pode
visualizar o contido da carpeta, é dicir, pode ver os arquivos e carpetas que
contén, ben sexa co comando 'ls' ou cun explorador de arquivos.

O permiso de lectura simbolízase coa letra 'r' do inglés 'read'.

1.4 Permiso de escritura

Arquivos

 Cando un usuario ten permiso de escritura sobre un arquivo significa que pode
modificar o seu contido, e incluso borralo.

ADSO
UNIDAD 05: Administración
de servidores de impresión

2
Raúl Piñeiro Martínez

 Tamén lle dá dereito a cambiar os permisos do arquivo mediante o comando


chmod así como cambiar o seu propietario e o grupo propietario mediante o
comando chown.

Carpetas

 Cando un usuario ten permiso de escritura sobre unha carpeta, significa que pode
modificar o contido da carpeta, é dicir, pode crear e eliminar arquivos e outras
carpetas dentro dela.

O permiso de escritura simbolízase coa letra 'w' do inglés 'write'.

1.5 Permiso de execución

Arquivos

 Cando un usuario ten permiso de execución dun arquivo significa que pode
executalo.
 Os únicos arquivos executables son as aplicacións e os arquivos de comandos
(scripts).

Carpetas

Cando un usuario ten permiso de execución sobre unha carpeta, significa que pode entrar
nela, ben sexa co comando 'cd' ou cun explorador de arquivos.

O permiso de execución simbolízase coa letra 'x' do inglés 'eXecute'

ADSO
UNIDAD 05: Administración
de servidores de impresión

3
Raúl Piñeiro Martínez

1.6 A quen se lle poden outorgar permisos?

Os permisos soamente poden ser outorgados:

 Ao usuario (U) propietario do arquivo


 Ao grupo (G) propietario do arquivo
 Ao resto (O) de usuarios do sistema (todos menos o usuario propietario e os
usuarios que esteen no grupo propietario)

1.7 Visualizar permisos dun arquivo ou carpeta

Co comando ls -l podemos visualizar os permisos dos arquivos ou carpetas.

O bloque de 10 caracteres do principio simboliza o tipo de arquivo e os permisos.

 primeiro carácter indica de que tipo de arquivo se trata.


 Os 9 caracteres seguintes simbolizan, en grupos de tres, os permisos de lectura
(r), escritura (w) e execución(x) do usuario propietario, grupo propietario e outros
 Se en lugar de aparecer ditas letras aparecen guións significa que se carece de
dito permiso.

ADSO
UNIDAD 05: Administración
de servidores de impresión

4
Raúl Piñeiro Martínez

Desde o explorador de arquivos

1.8 Cambiar permisos

Para facelo, utilízase o comando chmod.

Sintaxe:

#chmod [opcións] permiso nome_arquivo

Os permisos pódense establecer mediante notación simbólica ou notación octal

1.8.1 Notación simbólica

Indicamos:

 A quen lle establecemos o permiso mediante u,g,o


o usuario=u, grupo=g, resto=o (other)
 seguido dun signo + se se quere engadir permiso ou un signo - se quere quitar
 seguido do tipo de permiso rwx a establecer
o (lectura=r, escritura=w, execución=x)

Exemplo

// Dar permiso de escritura ao usuario propietario sobre o arquivo 'exame.txt'

# chmod u+w exame.txt

// Quitar permiso de escritura ao resto de usuarios sobre o arquivo 'exame.txt'


ADSO
UNIDAD 05: Administración
de servidores de impresión

5
Raúl Piñeiro Martínez

# chmod o-w exame.txt

// Dar permiso de execución ao grupo propietario sobre o arquivo '/usr/bin/games/tetris'

# chmod g+x /usr/bin/games/tetris

// Dar permiso de lectura ao grupo propietario sobre o arquivo 'exame.txt'

# chmod g+r exame.txt

// Pódense poñer varios permisos xuntos separados por comas

# chmod u+w,g-r,o-r exame.txt

//Pódense poñer varios usuarios e permisos xuntos

# chmod ug+w exame.txt

# chmod u+rw-x, go+r-wx exame.txt

# chmod ugo+rwx exame.txt

1.8.2 Notación octal

Os permisos represéntanse mediante un código numérico octal cuxa transformación ao


binario representaría a activación ou desactivación dos permisos.

Os permisos de lectura, escritura e execución codifícanse en binario de forma que

 0 → sen permiso
 1 → con permiso

Os bits agrúpanse de tres en tres (lectura, escritura, execución) para o usuario, grupo e
resto

Pásase o valor binario de cada grupo a decimal

Exemplo:

ADSO
UNIDAD 05: Administración
de servidores de impresión

6
Raúl Piñeiro Martínez

// Dar tódolos permisos ao usuario e ningún nin ao grupo nin ao resto

# chmod 700 exame.txt

// Dar ao usuario e ao grupo permisos de lectura e execución e ningún ao resto

# chmod 550 exame.txt

// Dar tódolos permisos ao usuario e lectura e execución ao grupo e ao resto

# chmod 755 /usr/bin/games/tetris

// Dar tódolos permisos ao usuario e de lectura ao resto, sobre tódolos arquivos

# chmod 744 *

// Cambiar permisos a tódolos arquivos de forma recursiva, incluíndo subcarpetas

# chmod -R 744 *

1.8.3 Usando o explorador de arquivos

Seleccionar os arquivos ou carpetas > Botón dereito do rato > Propiedades

ADSO
UNIDAD 05: Administración
de servidores de impresión

7
Raúl Piñeiro Martínez

1.9 Cambiar usuario propietario e grupo propietario

O comando chown utilízase para cambiar o usuario propietario e o grupo propietario dun
ficheiro.

Existe tamén o comando chgrp que se emprega de forma similar pero para cambiar o
grupo soamente.

O usuario propietario dun ficheiro soamente o pode cambiar o root

O grupo propietario, ademais do root, pódeo cambiar o propio dono, sempre que tamén
pertenza ao novo grupo.

Sintaxe:

#chown [opcións] <dono>[.grupo] <ficheiros>

#chown [opcións] <grupo> <ficheiros>

Opción: -R nos directorios cambia o dono e/ou o grupo recursivamente.

Exemplos:

//outorga ao usuario pepe e ao grupo pepe a propiedade do directorio tesis

ADSO
UNIDAD 05: Administración
de servidores de impresión

8
Raúl Piñeiro Martínez

# chown pepe.pepe tesis

//outorga ao usuario mar e ao grupo users a propiedade de /tmp/oculto.

# chown -R mar.users /tmp/oculto

//outorga ao grupo ftp a propiedade de /usr/ftp

# chgrp ftp /usr/ftp

ADSO
UNIDAD 05: Administración
de servidores de impresión

You might also like