Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

Páx. 105 Ex.

1
a) Localiza os posesivos e indica a persoa gramatical a que fan referencia. Indica os
casos en que se podería prescindir do artigo co posesivo e explica o motivo.
o seu acordeón: 3.ª sg.
o seu pai: 3.ª sg.
na súa vida: 3.ª sg.
a súa particular árbore: 3.ª sg.
as súas raíces: 3.ª sg. (Lembrade que o posesivo concorda co obxecto posuído, non
co posuidor. O obxecto posuído está en plural, por iso o posesivo vai en plural, pero
a persoa gramatical á que fai referencia o posesivo é unha terceira de singular (as
súas–dela).
as súas tías avoas: 3.ª sg.
coas nosas raíces: 1.ª pl.
os seus estudos de piano: 3.ª sg.
o seu pai: 3.ª sg.

Podería prescindirse do artigo nos casos en que se emprega un substantivo de


parentesco:
que tamén tocara o seu pai/ que tamén tocara seu pai
no que as súas tías avoas/ no que súas tías avoas
o intrumento que si tocara o seu pai/ o instrumento que si tocara seu pai

b) Liña 1: isto
Liña 15: naquel (en + aquel)

d) En “asegurarse o seu xornal”, en “o seu pai” e en “as súas tías avoas” atopamos
os artigos “o” e “as” con valor posesivo.

You might also like