Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Actividade resolta

Le o seguinte texto e resolve as actividades que aparecen a continuación:

Xa no século da Ilustración dicía o vello e sabio Voltaire que todo o mundo coñecido,
agás as nacións salvaxes, era gobernado polos libros. Iso demostra a importancia que
teñen como portadores da sabedoría e o coñecemento da nosa especie.

Un libro encerra en si mundos enteiros, coñecidos e descoñecidos, vividos ou soñados,


pero mundos, á fin, sólidos, que deixarán pouso infindo no lector. Quizais sexan tamén as
únicas riquezas que herdamos do pasado que a nosa posteridade non poderá malgastar,
porque un libro é a única cousa inmortal, tal e como deixou escrito precisamente unha
persoa que grazas a un libro é tamén inmorredoiro: o xenio das letras castelás Miguel de
Cervantes.

Edward Gibbon, un dos máis grandes historiadores europeos do século XX, dixo que non
cambiaría tódalas riquezas da India polo seu temperán e invencible amor pola lectura.
Podemos ter a certeza de que alguén que le desde cativo ten moitas probabilidades de ser,
co paso dos anos, un home valioso para a comunidade na que desenvolva a súa vida. E
ten moitos máis valores a lectura. Un libro constitúe unha mensaxe directa para nós de
persoas que nunca antes viramos, pero a pesar de todo érguennos, abráiannos, ensínannos,
confórtannos e abren os seus corazóns coma se fósemos seus irmáns.

O libro é todo un tratado da mellor amizade que un home poida ter nunca. Un libro é unha
boa compañía, e, en fin, ata dun autor romano coma Plinio aprendemos que non hai libro
tan malo do que non se poida aprender algo bo. O destino de moitos homes dependeu de
haber ou non unha biblioteca na casa paterna.

Por todo iso sabemos que a mellor forma de medrar é sempre cun libro nas mans, e tamén
somos conscientes, sobre todo, de que o cativo que medra cos libros nunca deixará de
medrar, nin sequera cando chegue a adulto, porque como ben sabía Jeremy Collier, para
que o home sexa forte debe comer regularmente, e para que sexa sabio, debe ler sempre.
Medremos pois, cos libros, que nos farán medrar sempre.

Medrar cos libros é produtivo, pero non só iso: tamén é ameno, divertido e permite
coñecer mundos sen saírmos da habitación, falar con antepasados cos que doutro xeito
non poderiamos falar, admirar a seres imaxinarios que teñen a súa propia vida en mundos
alternativos e, por se iso fose pouco, axuda a conquerir a andamiaxe cultural que nos vai
servir para camiñar polos sendeiros da nosa vida futura. [...]
Francisco Rozados «Rochi», Ler ou non ler, esa é a cuestión

1. Cal é a tese defendida polo autor?


2. Procura e sintetiza os argumentos que apoian a súa tese.

1. Cal é a tese defendida polo autor?


A tese defendida polo autor é que o acceso aos libros resulta beneficioso para o ser
humano.

2. Procura e sintetiza os argumentos que apoian a súa tese.

Argumento 1 (2.º parágrafo): Os libros son importantes porque recollen toda a nosa
historia e fan que esta non se esqueza.

Argumento 2 (3.º parágrafo): Os libros, sobre todo se nos acompañan desde


pequenos/as, enriquécennos como persoas (fannos medrar, entretéñennos,
reconfórtannos…).

Argumento 3 (4.º parágrafo): Calquera libro pode transmitir algún tipo de ensinanza.

Estes tres argumentos poden resumirse en que é ler é útil e tamén divertido.

You might also like