1ºBACComentariocantigas

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

Lingua Galega e Literatura 1ºBAC

COMENTARIO DE TEXTOS (Cantigas medievais)


Comentar un texto é estudalo e analizalo para extraer del toda a información que contén a mensaxe
que o autor (emisor) envía ao lector (receptor).
Non todos os textos poden ser analizados da mesma forma porque cada texto ten elementos propios,
pero en calquera texto cómpre analizar o contexto, o contido e a forma. Finalmente deberiamos extraer
algunha(s) conclusión(s) da lectura dese texto. A estrutura final do comentario será un texto
expositivo coa estrutura correspondente: introdución, desenvolvemento e conclusión.

Elaborar un bo comentario de textos implica seguir ordenadamente, sen mesturar, as seguintes


etapas: 1- Lectura comprensiva do texto: buscar vocabulario descoñecido; subliñar ideas, expresións
ou palabras importantes; solucionar dúbidas sobre datos, nomes…
2- Lectura analítica: características particulares do texto, recursos que se empregan, organización do
tema(s), intencionalidade… Esta análise é fundamental, xa que o comentario estará condicionado por
estes factores.
3- Redacción do texto expositivo (comentario)
INTRODUCIÓN
3.1 Plano contextual
Debemos identificar o xénero literario (e o subxénero, se é o caso), o autor e a etapa
histórico-literaria á que pertence o texto. Podemos aproveitar para introducir datos teóricos
que coñezamos: definición do xénero e orixe, características da época, datos do autor...
Lembra que pode ser un texto PROFANO ou RELIXIOSO.
DESENVOLVEMENTO
3.2 Plano do contido
Redactaremos un texto no que expoñamos coas nosas propias palabras as ideas das distintas
cobras/estrofas (quen fala, a quen se dirixe, que estado de ánimo presenta, que ideas expresa,
en que espazo, cando...) Poderemos aludir a unha posible estrutura do texto (diálogo e partes
diferentes segundo do que fale cada cobra, monólogo, texto narrado…)
A continuación, dentro deste mesmo apartado, trataremos de extraer o tema, isto é, a idea
principal do texto. As cantigas adoitan ser repetitivas e a partir dunha idea inicial apenas
presentan variacións. O refrán adoita recoller a idea principal. Debería ser breve, basta cunha
frase. Poderiamos engadir aclaracións sobre ese tema segundo o tipo de cantiga que sexa:
tópicos literarios (morte por amor, loucura de amor...), coita de amor, se hai un significado literal
ou simbólico, sátira contra quen…
3.3 Plano da expresión
3.3.1 Nivel gráfico
Está relacionado coa impresión visual do texto. Temos que analizar aspectos
como: o número de cobras/estrofas, número de versos (palavras) cantigas
de mestría ou refrán (recurso memorístico e de interpretación), fiinda...
3.3.2 Nivel fónico
Observando a rima podemos establecer o esquema métrico, tendo sempre en
conta que o refrán vai en maiúscula. Distinguiremos entre rima femia ou macho
e consonante e asonante. Os versos que non riman son palavras perdudas.
Definiremos así mesmo o tipo de cobras: singulares, unisonantes, dobras ou
alternas.

3.3.3 Nivel morfosintáctico


Analizamos: dobre, mordobre, cantiga encabalgada ata a fiinda,
paralelismo (recurso repetitivo para axudar na memorización e declamación)
ou leixaprén.
CONCLUSIÓN
3.4 Conclusión
Debemos concluír o comentario cunha pequena reflexión na que expoñamos a nosa opinión
sobre a cantiga, tendo en conta os aspectos analizados.
OBSERVACIÓNS
Cada paso do comentario de texto indícase cun parágrafo novo, non se enumeran as partes. O
comentario final será un texto de varios parágrafos, pero sen ningún tipo de epígrafe ou numeración.
Debemos buscar SEMPRE exemplos no texto do que expoñemos no comentario; os exemplos deben
aparecer entre comiñas.
Lingua Galega e Literatura 1ºBAC

Modelo de comentario

Amigos, nom poss'eu negar


a gram coita que d'amor hei,
ca me vejo sandeu andar,
e com sandece o direi:
5 os olhos verdes que eu vi
me fazem ora andar assi.

Pero quem quer x'entenderá


aquestes olhos quaes som,
e dest'alguém se queixará;
10 mais eu, já quer moira quer nom:
os olhos verdes que eu vi
me fazem ora andar assi.

Pero nom devia a perder


home que já o sem nom há
15 de com sandece rem dizer,
e com sandece dig'eu já:
os olhos verdes que eu vi
me fazem ora andar assi.

Trátase dunha cantiga composta polo trobador Joao García de Guilhade. Estamos diante dunha
cantiga medieval da lírica galego-portuguesa que pertence ao xénero de amor, o máis influído pola
canço provenzal. A voz lírica é a dun home (“home”) que expresa os seus sentimentos amorosos por
unha dama. Nestes textos a relación réxese por un sistema semellante ao feudalismo medieval; o
trobador convértese en vasalo da súa dama (senhor). É o que se coñece como teoría do amor cortés,
código que constitúe unha idealización do amor. Curiosamente nesta cantiga non aparece o termo
senhor.

O trobador diríxese aos seus amigos (“Amigos”) para contarlles que sofre de amor (“gran coita que
d'amor hei”), que se sente louco e que a causa son uns ollos verdes (“os ollos verdes que eu vi/me
fazen ora andar assí”). A mención aos ollos verdes verdes (único elemento da imaxe da dama)
provocará a queixa da dama (“se queixará”) porque é unha característica que pode axudar a
identificala. Rómpese así o secretismo que impera nesta concepción neoplatónica do amor. É
consciente de que a pode perder, pero a actitude do trobador é consecuencia de non ter sentido, de
estar tolo de amor (“pero non devia a perder home, que ja o sen non ha”).
Esta cantiga presenta dous elementos innovadores. Por un lado, aparece un elemento concreto do
corpo da dama (“ollos verdes”), cando xeralmente só se din vaguidades (bon parecer, bon semelhar...)
Por outro lado, descóbrese a identidade da dama (a xustificación é a loucura do namorado), xa que
pode saberse a quen pertencen eses ollos; non segue pois o código da doutrina do amor cortés.
O tema do texto é a coita de amor. Un amor que pode levar á morte: “quer moira, quer non”. Que o
amor provoque loucura é un tópico habitual dos trobadores (e na literatura en xeral). É unha
demostración da intensidade do sentimento amoroso.

O poema presenta tres cobras de seis versos cada unha, sendo os dous últimos o refrán: “os ollos
verdes que eu vi/me fazen ora andar assí”. Estamos polo tanto diante dunha cantiga de refrán. O
esquema de rima sería: ababCC. A rima das cobras é diferente en cada unha delas, polo que podemos
clasificalas como cobras singulars:-ar,-ei,-ar, -ei// -rá, -on, -ra, -on// -er, -a, -er, -a. Obsérvanse
mordobre na 1ª cobra (“sandeu/sandece”) e 3ª (“dizer/digu'eu”). Na 3ª cobra o dobre
“sandece/sandece”.
Podemos concluír que se trata dunha cantiga de amor trobadoresca con certa orixinalidade, pois nin
menciona a palabra senhor, nin mostra a mesura que implican as ríxidas regras da doutrina do amor
cortés.

You might also like