4 Composición

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

CONTIDOS PARA A COMPOSICIÓN 4.

A construción do estado liberal (principios do liberalismo


e diferenzas entre as diferentes familias políticas)

Durante o reinado de Isabel II (1833-1868), instaurouse en España o Estado liberal. O


liberalismo é unha ideoloxía de orixe burguesa que pretende abolir as estruturas do Antigo
Réxime e defende principios políticos fundamentais como a igualdade ante a lei, a liberdade
individual, a soberanía nacional e a división de poderes. Non obstante, a posta en práctica
destes principios dividiu o liberalismo en dúas correntes principais: o liberalismo doutrinario e o
liberalismo democrático.

O liberalismo doutrinario foi a corrente predominante en España e Europa ata mediados do


século XIX. Surgiu como reacción aos excesos revolucionarios e ao medo dos grupos
económicos poderosos de perderen a súa posición hexemónica na sociedade. Os trazos que o
definen son: monarquía constitucional, soberanía compartida entre o rei e as Cortes, restrición
da participación política polo sufraxio censatario, limitación dos dereitos individuais e
catolicismo de Estado. Os defensores deste liberalismo dividíronse en dúas familias políticas: os
moderados, partidarios de limitar a participación política á alta burguesía, e os progresistas,
máis ambiciosos na aplicación de medidas liberais. Tanto a rexente María Cristina como Isabel II
foron especialmente partidarias dos moderados.

A crecente moderación dos progresistas provocou unha disidencia nos anos corenta do século
XIX, os demócratas. O liberalismo democrático defendía a soberanía popular como principio
básico para todas as institucións políticas, a participación popular mediante sufraxio universal
masculino, ríxida separación de poderes, unha ampla carta de dereitos e liberdades, liberdade
de cultos e separación da Igrexa e Estado. Non obstante, os demócratas quedaron totalmente
excluídos do xogo político durante o reinado de Isabel II.

En 1830, Fernando VII promulga a Pragmática Sanción, derrogando a Lei Sálica, e proclama a
súa filla Isabel herdeira da súa coroa. Á morte de Fernando, o seu irmán, o infante Carlos María
Isidro, reclama a coroa ao mesmo tempo que a raíña María Cristina o fai para a súa filla Isabel.
Este choque de intereses propicia o estoupido da Primeira Guerra Carlista (1833-1839/40),
onde carlistas e isabelinos se enfrontaron, co apoio dos sectores sociais e rexionais diversos.

Paralelamente á guerra, María Cristina actúa como raíña rexente (1833-1840) durante o
período de minoría de idade da súa filla. Para asegurar os dereitos no trono desta última, e a
pesar das súas inclinacións persoais, vese obrigada a formar goberno apoiándose nos liberais,
escollendo iso si, os sectores máis moderados. Mediante pequenas reformas, redáctase o
Estatuto Real en 1834, unha Carta Outorgada que establece a soberanía do monarca, unhas
Cortes bicamerais e unha escasa participación cidadá, provocando a división definitiva entre
moderados e progresistas.
Os moderados, que gobernaron durante a maior parte do reinado de Isabel II, caracterizábanse
por asumir plenamente a defensa do liberalismo doutrinario. Os progresistas, en cambio,
buscaban a primacía das Cortes sobre o rei, unha interpretación máis ampla das liberdades e
medidas económicas radicais. As limitacións do Estatuto Real deron lugar a un ambiente
constante de protestas populares e levantamentos progresistas, influenciados tamén polas
vagas revolucionarias de 1830 en Europa.

Os progresistas demandaban a primacía das Cortes sobre o rei, maior liberdade de prensa e
culto, sufraxio ampliado, elección popular de concellos e defensa da Milicia Nacional. No eido
económico, abogaban por reducir o proteccionismo e implementaron desamortizacións
radicais, lideradas por figuras destacadas como Mendizábal, o xeneral Espartero e o xeneral
Prim.

Para apaciguar as tensións, María Cristina cedeu o goberno a Mendizábal en 1835, quen
implementou medidas como a desamortización de bens do clero e a redención de quintas.
Estes esforzos por debilitar ao clero e gañar o apoio da burguesía levaron á raíña a nomear a un
moderado de novo. Sen embargo, isto provocou unha nova insurrección progresista, o "Motín
dos sargentos na Granxa", obrigando a María Cristina a entregar o poder aos progresistas e
restablecer a Constitución de 1812.

En 1837, promulgouse unha nova Constitución inspirada no liberalismo progresista, con


soberanía nacional, ampla declaración de dereitos, elección popular de concellos e a
instauración da Milicia Nacional. O sufraxio regulouse posteriormente, mantendo o censatario
masculino pero sendo máis amplo que o Estatuto Real. No referente á relación Igrexa-Estado,
comprometíase o Estado co mantemento do culto católico. Aínda que outorgaba poderes
significativos ao monarca, compartindo o lexislativo coas Cortes, establecíase un sistema
bicameral cun Congreso elixido por sufraxio censatario e un Senado de designación real a partir
dunha lista tripla.

A predilección da raíña rexente polos moderados debilitou o goberno, levando os progresistas,


liderados por Espartero, a buscar unha co-rexencia. A raíña negouse a aceptar limitacións do
seu poder, vendo-se obrigada a renunciar á rexencia e exiliarse en Francia en 1840. A partir de
1840, Espartero converteuse en rexente, marcando unha etapa na que os militares comezaron
a liderar os partidos liberais. Entre as súas medidas destacaron a desamortización do clero
secular en 1841, a negociación do tema foral con territorios vascos e navarros, e medidas
económicas librecambistas. A súa política autoritaria, expresada no bombardeo de Barcelona
en 1842, provocou a unión de sectores moderados e progresistas, obrigando a Espartero a
renunciar e exiliarse en Londres.

O novo Goberno estivo dominado polo xeneral Narváez, líder moderado, quen adiantou a
maioría de idade de Isabel para que comezase o seu reinado persoal en novembro de 1843,
con trece anos. A monarca gobernou apoiándose en políticos moderados ou ultramoderados,
e os progresistas tiveron que utilizar os pronunciamentos para acceder ao poder.
Inícianse así dez anos de goberno moderado (A Década Moderada 1844-1854) A finais de dese
ano os moderados convocan novas Cortes que promulgarán a Constitución de 1845, fiel
reflexo do ideario moderado: soberanía compartida entre a Coroa e as Cortes, unha
declaración de dereitos que práctica quedaba moi restrinxida polas leis ordinarias, non había
separación de poderes xa que o poder lexislativo era compartido polas Cortes e o rei, a través
dun Senado elixido pola Coroa entre a elite da nobreza, a Igrexa, a administración e o exército,
e un Congreso elixido moi censatariamente. Suprimíronse os límites do poder executivo, que
na práctica permitiu á raíña a súa intervención continua na vida política. Destacable, tamén,
que alcaldes e presidentes das deputacións fosen nomeados directamente polo goberno,
exclusividade da relixión católica e a supresión da Milicia Nacional. A constitución de 1845
viuse reforzada por unha ampla lexislación ordinaria dirixida, fundamentalmente, a reafirmar
o carácter oligárquico e autoritario do novo réxime liberal. A restrición electoral (só cen mil
españois tiñan dereito a voto), o reforzo da censura, a creación da Garda civil (1844),
buscaban o obxectivo de manter a orde e o control da propiedade dunha burguesía moi
conservadora. As relacións coa Igrexa (deterioradas desde as desamortizacións) víronse
reforzadas co recoñecemento por Roma da raíña Isabel e o compromiso desta por financiala, e
cedendo o control do ensino e a censura, recollidos no Concordato de 1851.
A oposición aos moderados manifestouse en forma de pronunciamentos , algúns fracasados
como o de Miguel Solís en Galicia, pero en 1854, os progresistas e os moderados descontentos
protagonizan o pronunciamento da Vicalvarada, encabezado por O'Donnell e cun programa, o
Manifesto de Manzanares, co que pretendían reformar o sistema vixente. A raíña, atemorizada
polos motíns, nomeou a Espartero xefe do Goberno e a O'Donnell ministro de Guerra. Se inicia
así o chamado Bienio progresista (1854-1856). As novas Cortes elaboraron unha Constitución
progresista, que non se promulgou, a de 1856 ou “non nata”, na que se limitaban os poderes da
Coroa. Aprobouse a Lei de desamortización xeral de Madoz (1855), que foi a maior do século e
que consistía na expropiación e venda de bens relixiosos, estatais e comunais. Cos fondos
obtidos conseguíronse fondos para financiar a Lei do ferrocarril (1855) e modernizar España.

Pero a inestabilidade política fixo que no 1856 O'Donnell dese un golpe de estado e
desprazase a Espartero no poder. Comeza así outro período moderado, en ocasións chamado a
Década Moderado-Unionista (1856-1866), no que a Constitución de 1845 é restaurada e a
política da Unión Liberal, que unía moderados e parte dos progresistas, leva a cabo unha
campaña de exaltación patriótica e valores conservadores. A partir de 1866, as discrepancias
entre a raíña e O'Donnell rematan cunha profunda crise política e a súa expatriación a
Francia. Narváez asume a presidencia e goberna de forma ditatorial (Bienio Ultramoderado)
entre 1866 e 1868. Foi neste período cando comezaron a tomar forza dous partidos que
ocuparán o espectro do liberalismo democrático máis puro: o Partido Demócrata e o
Republicano.
No exilio os progresistas e os demócratas unen as súas forzas para derrocar a Isabel, a través
do pacto de Ostende, 1866, e pacto de Bruxelas, 1867. Tras a morte de O'Donnell e de
Narváez nun breve período de tempo e coa raíña desgastada e sen grandes apoios, en
setembro de 1868 ten lugar a revolución coñecida como Gloriosa, que expulsa a Isabel ll de
España.

You might also like