U2 Pobos Prerromanos

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Tema 2.

Os pobos prerromanos da Península Ibérica (pobos do sur e do levante,


meseteños e do occidente peninsular)

A Península Ibérica estivo poboada por diversas culturas dende a chegada da idade do
ferro (ano 1.000 aC) ata a dominación romana iniciada no século -III.

No Levante e no surleste peninsular localizamos a cultura íbera formada por pobos


independentes (Ilergetes, edetanos, turdetanos, oretanos...) que comparten unha lingua e
unhas características culturais, influenciadas polo contacto cos encraves comerciais dos
fenicios, gregos e cartaxineses. Os poboados presentan casas de planta cadrada ou
rectangular situadas en promontorios cun amplo dominio visual. Estamos ante unha
sociedade xerarquizada dominada por unha aristocracia agrogandeira que practica o troco
con outros pobos e ten un dominio da metalurxia. Como restos desta cultura atopamos
figuras de evidente evocación oriental como pode ser a Dama de Elche. Posuían unha
escritura da que non temos unha tradución.

Dende o final da Idade do Bronce arredor do 1200 a.C., onde se producen movementos de
pobos indoeuropeos cara a Península Ibérica, ata o comezo da ocupación romana a finais
do s. III a.C. (-218, inicio da 2º G. Púnica) ten lugar un período protohistórico (os escritos
que falan deles son de outros pobos, eles non teñen cultura escrita).

Os celtas foron un pobo indoeuropeo procedente de Centroeuropa (culturas de Hallstat e


La Tene) que chegará en diversas invasións dende o ano 1000 aC. Chegaron á Península en
dúas vagas integrándose cos pobos indíxenas conformando o denominado mundo céltico.
Froito dese contacto nace a fabricación de instrumentos de ferro, cultos relixiosos,
incineración e formas artísticas. Unha mostra da súa pegada son os Toros de Guisando
(verracos de culto gandeiro) na provincia de Ávila.

No noroeste atopamos a cultura castrexa, unha cultura indíxena influenciada polos celtas
(proceso de aculturación, os celtas non chegaron, pero sí a súa forma de facer as cousas),
que habita os castros, asentamentos fortificados nos curutos ou en lugares estratéxicos e
formados por casas de tipo circular ou elípticas. Aparecen cara o século VIII a.c., continúan
existindo baixo a dominación romana, chegando ata o século II d.C., momento no que
comezan a ser abandonados. A cultura castrexa comerciará co arco atlántico e terá unha
forte presencia da arte metalúrxica (tesouro de Caldas).

No centro, na meseta española, e no oeste peninsular atopamos unha serie de tribos


(Vaceos, vetones, carpetanos, lusitanos...) que van verse influenciados pola cultura ibera,
pero tamén pola presenza dos pobos indoeuropeos, os celtas, na submeseta norte. A
denominada cultura celtíbera sitúa os seus poboados en promontorios doados de
defender (un caso ben coñecido é o de Numancia), practican unha economía agro-
gandeira, presentan unha sociedade xerarquizada, agrupada en clans e tribos, e manteñen
contactos comerciais cos pobos do arredor. Presentan un elevado coñecemento da
metalurxia do ferro e pezas de ourivería.

Chegan tamén á Península pobos colnizadores dende o Mediterráneo Oriental (fenicios,


gregos e cartaxinenses) que veñen buscando materias primas como o estaño. Estes pobos
que fundarían encraves comerciais costeiros (colonias), entrarían en contacto cos
indíxenas que entón ocuparían o espazo peninsular e deixarían testemuñas escritas sobre
eles. Dando lugar á protohistoria da península (outras culturas escriben sobre os
hispánicos). Estes pobos traerán moitos avances na agricultura e na artesanía.

Existe unha cultura avanzada e propia do territorio no suroeste peninsular, no espazo


correspondente ao treito final do Guadalquivir ata Extremadura, na primeira metade do
primeiro milenio (900 a. C- 550 a. C.), destaca a cultura tartésica. Probablemente esta
cultura mantería un rico contacto comercial con fenicios e gregos. Aparece a figura mítica
dun rei, Argantonio (significa home de prata), aliado dos gregos de Focia e que aparece
recollido polos textos dos gregos Anacreonte (poeta) e Herodoto (historiador). A mediados
do primeiro milenio Tartesos sucumbiu. As causas da súa desaparición seguen a ser
descoñecidas pero recentes achádegos suxiren motivos violentos.

Destaca tamén a pervivencia dos vascóns coma pre-indoeuropeos na zona norte do país.
Seica pese a recibir influencia celta, mantivéronse illados e cunha cultura propia.

Que hai que saber?

1) Cronoloxía da que falamos (-1000 chegada dos celtas ó -218 chegada dos romanos) e o
concepto de protohistoria.

2) Os íberos: características

3) Os celtas: características

4) Os castrexos

5) Celtíberos

6) Os colonizadores: Gregos, fenicios, cartaxineses

7) Tartessos: Argantonio, final violento

8) Os vascones

You might also like