Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 18

A Terra

A Terra

A Terra no sistema solar


O sistema solar forma parte dunha galaxia chamada Vía Láctea. Está formado por
unha estrela, o Sol, e outros corpos celestes: planetas, planetas ananos, satélites,
cometas e asteroides.

A Terra é o terceiro planeta máis próximo ao Sol do sistema solar. Pertence ao grupo
dos planetas rochosos, xunto con Mercurio, Venus e Marte. Estes planetas son
pequenos e densos.

Na zona máis externa sitúanse os xigantes gasosos: Xúpiter, Saturno, Urano e


Neptuno, moito máis grandes e menos densos.

4
Os ingredientes da vida
A Terra é un planeta único, en continuo cambio dende a súa formación hai uns 4.450
millóns de anos.

A distancia que separa a Terra do Sol determina a cantidade de enerxía que o Sol lle
subministra ao noso planeta, en forma de luz e calor.

A Terra posúe ademais unha atmosfera, unha envoltura gasosa que rodea o planeta e
que o protexe da radiación solar grazas á presenza dunha capa de ozono. Por outra
banda, os gases do efecto invernadoiro que hai na atmosfera axudan a regular a
temperatura do planeta.

Estas dúas características fan que a temperatura media do noso planeta sexa duns 15
ºC. Precisamente esta é unha das claves da vida, xa que fai posible que exista auga en
estado líquido, imprescindible para que a vida, tal e como a coñecemos, se poida
desenvolver.

Por iso, a NASA, a Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo dos Estados


Unidos, busca auga noutros lugares como na Lúa ou en Marte. Busca se hai vida máis
alá da Terra.

Ademais, a Terra posúe un campo magnético que desvía o vento solar, un fluxo de
partículas que proveñen do Sol e que destruirían a capa de ozono.

En definitiva, a Terra ten unhas características especiais que fan que se poida
desenvolver a vida nela:

Unha distancia do Sol axeitada.

Unha atmosfera.

Auga nos tres estados.

Un campo magnético.

5
As capas da Terra
A Terra pódese dividir en catro capas:

Xeosfera: é a parte sólida do planeta. Está formada por un núcleo, o manto e a


codia.

Atmosfera: é unha capa de gases que rodea a Terra. Dentro da atmosfera


sitúase a capa de ozono, que impide o paso da radiación ultravioleta emitida
polo Sol, moi prexudicial para a vida.

Hidrosfera. Está formada por auga nos seus tres estados: sólido, líquido ou
gasoso. Dentro da hidrosfera podemos incluír o vapor de auga ou a auga
líquida da atmosfera, os ríos e lagos, os océanos e mares e as augas
subterráneas.

Biosfera: é o conxunto dos seres vivos que habitan o noso planeta. Estes seres
poden vivir na hidrosfera, na superficie da codia ou na zona inferior da
atmosfera. A biosfera inclúe tamén as relacións que se dan entres estes seres

6
vivos e o medio no que habitan. Trátase pois do ecosistema global. Algúns
estudosos empregan a palabra "ecosfera" como sinónimo de biosfera.

Estas catro capas non son independentes, senón que se relacionan entre si: as
características de cada unha delas afecta ás demais. Por exemplo, unha erupción
volcánica (litosfera) emite gases á atmosfera que poden afectar á hidrosfera a nivel
local ou global e á biosfera.

A biosfera tamén ten a capacidade de cambiar as propiedades da Terra (superficie da


xeosfera, atmosfera e hidrosfera).

Erupción do volcán do monte Santa Helena, Washington


(EUA).

7
Niveis d
Niveis de organización
dos
seres vivos nos
ecosistemas

A biosfera está formada polo conxunto de todos os seres vivos. Como xa sabes, pode
considerarse o ecosistema global.

Un ecosistema é o conxunto formado polos seres vivos que habitan un lugar


determinado e as relacións que se establecen entre eles.

Os ecosistemas teñen tres compoñentes principais:

O medio físico ou biotopo, formado polos factores abióticos; é dicir, sen vida,
como o solo, a luz, a auga...
O hábitat é o lugar do ecosistema no que viven os individuos dunha especie
determinada. É, pois, o lugar que reúne as condicións físicas e químicas que a
especie require para vivir.

Os seres vivos ou biocenose.

As relacións que se establecen entre eles. Unha das relacións máis


importantes é a alimentaria. Nun ecosistema encontramos grupos de seres
vivos que se alimentan do mesmo xeito, denominados elos. Podemos
distinguir os seguintes elos:

Produtores: seres vivos capaces de elaborar o seu propio alimento, como


plantas ou algas.

Consumidores primarios: son animais herbívoros que se alimentan dos

8
produtores.

son animais carnívoros ou


Consumidores secundarios:
omnívoros que se alimentan dos consumidores
primarios.
Descompoñedores: son seres vivos, como fungos e bacterias, que se
alimentan de restos doutros seres vivos.

Mediante as cadeas alimentarias podemos representar as relacións alimentarias


entre diferentes seres vivos.

As relacións alimentarias son as máis importantes nun


ecosistema. Na imaxe vemos un exemplo: o coello
(consumidor) aliméntase dun produtor (plantas) e a aguia
(depredador) aliméntase do coello.

Nos ecosistemas tamén se dan outros tipos de relacións. Diferéncianse:

9
Relacións intraespecíficas: danse entre individuos da mesma especie. Pode
que sexa unha da relación beneficiosa para os individuos implicados; como
exemplo unha familia que colabora na crianza das súas crías, unha bandada de
aves que se unen para migrar, unha sociedade de insectos… Ou, pola contra,
pode ser unha relación prexudicial, como individuos da mesma especie que
compiten por territorio, alimento…

Relación interespecíficas: danse entre individuos de diferentes


especies. Poden darse varias situacións como:
Que un individuo se beneficie e outro saia prexudicado, como un
depredador e unha presa nas relacións alimentarias.

Que un individuo se beneficie e no outro a relación non teña impacto,


como un ave (beneficiada) que fai un niño no alto dunha árbore (que
non obtén beneficio nin prexuicio).

Que ambas especies saian beneficiadas: as abellas obteñen alimento


de flores (benefícianse) e na planta facilítase a polinización (beneficio).

Neste apartado prestaremos especial atención á organización dos seres vivos.

Podemos identificar varios grupos de diferente complexidade nos que incluír os seres
vivos. Estes grupos son os niveis de organización dos seres vivos no ecosistema:
individuo, especie, poboación, comunidade.

Especie
Unha especie é un conxunto de seres vivos moi semellantes entre si que poden
reproducirse e ter descendentes coas súas mesmas características.

Por exemplo, a especie coello está formada por todos os coellos do mesmo tipo que
habitan na Terra.

Autoría: JJ Harrison

10
Poboación
Unha poboación agrupa todos os seres vivos dun ecosistema pertencentes á mesma
especie.

Por exemplo, unha poboación de coellos está formada por un grupo de coellos que
viven nun ecosistema concreto, como un bosque caducifolio.

Autoría: Mike Pennington

11
Comunidade
Unha comunidade é o conxunto das poboacións dun ecosistema.

Por exemplo, nun bosque caducifolio, a comunidade sería a poboación de coellos


xunto á de raposos e á de carballos ou outras árbores.

Ecosistema = comunidade + medio físico

Autoría: Leonora Enking

12
Distintas comunidades dun ecosistema.

13
Materia
Materia e enerxía nos
ecosistemas

Todos os seres vivos necesitamos incorporar materia e enerxía do medio para


repoñermos o consumo que facemos delas ao realizar as funcións vitais (nutrición,
relación e reprodución).

Entre os seres vivos dos ecosistemas establécense relacións. Unha das máis
importantes é a alimentaria. As relacións alimentarias son un mecanismo de
transferencia de materia e enerxía, en forma de alimento, duns organismos a outros.

Como se incorpora a materia aos


ecosistemas?
A materia é todo aquilo que ten masa e ocupa un lugar no espazo. Por exemplo, unha
rocha, unha lousa, os gases ou a auga. Tamén os seres vivos estamos formados por
materia, coñecida co nome de biomasa.

Pero, de onde obtemos a materia da que estamos formados? A resposta temos que
buscala nas cadeas alimentarias, ou cadea trófica.

Todo comeza grazas aos produtores. Eles son os únicos organismos capaces de
fabricar o seu propio alimento. Para facelo transforman materia inorgánica, que
toman do medio, en materia orgánica, grazas á fotosíntese. Deste modo, a materia
que había no medio físico pasa a formar parte dos corpos dos produtores.

Por exemplo, as plantas son organismos produtores que grazas á fotosíntese


transforman o CO2 e o zume bruto (formado por auga e sales minerais), que son

16
materia inorgánica, en zume elaborado, que é materia orgánica.

A continuación os produtores serven de alimento aos consumidores e así a materia


orgánica que os forma pasa a outro elo das cadeas alimentarias.

Finalmente, os descompoñedores son os encargados de desfacer os organismos


mortos. Coa descomposición, a materia orgánica, que formaba parte dos restos dos
seres vivos, transfórmase de novo en materia inorgánica que se libera ao medio e
queda dispoñible de novo para ser usada polos produtores.

Con este proceso os descompoñedores pechan un ciclo no que a materia se recicla e


se usa unha e outra vez dentro dos ecosistemas.

Como flúe a enerxía polos


ecosistemas?
Unha característica propia dos seres vivos é que necesitan grandes cantidades de
enerxía para realizaren as súas funcións vitais. Todos os seres vivos, desde o principio
da nosa existencia, consumimos enerxía: para movérmonos, para medrar, para comer,
para reproducírmonos...

No caso dos seres humanos tamén acontece o mesmo: gastamos enerxía ao


camiñarmos, pensarmos ou falarmos, por exemplo. Incluso gastamos enerxía ao
descansarmos porque o noso corazón, pulmóns, riles... seguen funcionando.

Pero de onde se obtén toda esta enerxía?

Os ecosistemas da Terra necesitan unha subministración de enerxía constante.


Dependen da enerxía do Sol. Os seres vivos que realizan a fotosíntese, isto é, os
produtores, usan esta enerxía para fabricaren o seu propio alimento. Son capaces de
transformala en enerxía química que queda almacenada na materia orgánica que os
forma.

Por exemplo, unha herba pode usar a enerxía do Sol para fabricar o seu alimento. Esta
enerxía almacénaa en forma de enerxía química dentro da materia que forma os seus
tecidos.

Os produtores gastarán parte desta enerxía en realizaren as súas funcións vitais, pero

17
a enerxía que non consomen queda almacenada, como enerxía química, na materia
que forma o organismo. Cando o elo dos consumidores se alimenta, pode usar esta
enerxía. Deste modo, mediante as relacións alimentarias, a enerxía flúe polo
ecosistema:

Os produtores usan a enerxía do Sol para fabricaren o seu propio alimento.

Os consumidores obtéñena alimentándose dos produtores.

Os descompoñedores actúan sobre seres vivos mortos para adquirila.

A materia e a enerxía nos ecosistemas

Os seres vivos necesitamos materia e enerxía para nos mantermos con vida, as cales
obtemos a través do alimento.

Ciclo da materia. Os produtores fabrican o seu alimento a partir da enerxía do


Sol e de materia inorgánica que obteñen do medio. Mediante as relacións de
alimentación esta materia vai pasando a outros elos ata que, finalmente, o elo
dos descompoñedores a transforma en materia inorgánica, que volve quedar
de novo dispoñible para os produtores. Fórmase así un ciclo.

Recorda que non toda a materia pasa ao seguinte elo; vaise perdendo en forma
de feces, alimento non inxerido... que serán empregados polos
descompoñedores.

Fluxo de enerxía. Os produtores empregan a enerxía do Sol para fabricaren o


18
seu propio alimento. Esta enerxía queda almacenada como enerxía química na
materia que os forma. Mediante as relacións de alimentación a enerxía vai
pasando a outros elos. Neste caso non se forma un ciclo.

Recorda que ao pasar dun elo a outro parte da enerxía se perde.

Sabías que...?
Hai lugares na Terra nos que a luz do Sol non chega, pero, aínda así, os ecosistemas que
albergan eses lugares dependen da fotosíntese. Un exemplo constitúeno algunhas zonas das
profundidades dos océanos.

Cando os organismos mariños morren, os seus restos poden pasar a formar parte da neve
mariña que cae cara ás profundidades. Aquí nada se desaproveita, xa que existen organismos
que usan esta neve para nutrírense. Esta neve mariña é a forma na que viaxan cara ás
profundidades a materia e a enerxía que se orixinaron en capas da superficie dos océanos,
grazas á fotosíntese.

19
Tipos d
Tipos de ecosistemas

Os ecosistemas poden ter tamaños moi diferentes.

O hábitat é unha área do ecosistema na que se dan as condicións necesarias para que
unha especie poida vivir.

O medio físico e a influencia do ser humano poden tomarse como criterios para
clasificalos.

20
Espazo
Espazos protexidos

Na actualidade, algunhas especies e


ecosistemas ven ameazadas a
súa subsistencia debido a grandes
problemas ambientais como a
contaminación, os gases de efecto
invernadoiro, o quecemento global, a
extinción de especies ou a deforestación.
Para protexer os ecosistemas poden
tomarse diferentes medidas; unha delas
é a creación de espazos protexidos.

Os espazos protexidos son áreas


terrestres do territorio especialmente
adicadas á conservación da natureza e á
protección da contorna. Constitúen Parque Nacional de
Doñana, Sevilla.
unha ferramenta esencial para a conservación dos ecosistemas e a protección das
especies, xa que se consideran exemplos de boas prácticas ambientais.

Parques
Son áreas naturais pouco transformadas pola explotación humana que posúen
ecosistemas representativos ou nos que se localiza fauna e flora singular. Os parques
nacionais son un exemplo.

Autoría: Oscar

21
As Illas Atlánticas son un parque nacional.

Reservas naturais
Son espazos que teñen como función principal a de protexer ecosistemas que se
consideran dunha especial importancia.

Áreas mariñas protexidas


Son espazos naturais que se crean para protexer ecosistemas mariños de especial
importancia.

22
Monumentos naturais
Son espazos ou elementos da natureza nos que se localizan formacións de especial
rareza ou beleza.

Autoría: Jose Luis Cernadas Iglesias

A praia das Catedrais é un monumento natural.

Paisaxes protexidas
Son partes do territorio que se consideran merecedoras dunha protección especial
polos seus valores naturais, estéticos ou culturais.

Sabías que...?
23

You might also like