Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 31

Ascenso e caída de Pedro Pardo de

Cela*

Carlos Barros
Universidade de Santiago de Compostela

Se hai un feito histórico onde o mito e a realidade


coñecida se distancian tanto na historiografía nacionalista
é o caso do Mariscal Pedro Pardo de Cela, cuxa morte
violenta creou as condicións para a invención no século
XIX dunha biografía que o converteu no mártir por
excelencia da literatura galeguista, como máximo
representante desa nobreza galega que “tiña que ter sido” e
non foi. O estudo do proceso de mitificación de Pardo de
Cela, pode ser paradigmático para comprendermos os
mecanismos ideolóxicos que transmutan un feito histórico
nunha lenda culta e politicamente interesada, partindo
dunha tradición de principio popular. Comecemos polos
datos sabidos a través das fontes escritas.
Cando Vicetto recoñece que non ten fundamentos
documentais que xustifiquen a súa versión imaxinaria de
Pardo de Cela, bota as culpas a Aponte, Molina e Gándara
que case non falan do mariscal, non entende como estes
ilustres cronistas dos séculos XVI e XVII non o situaron

**
Publicada unha primeira versión bastante máis reducida en “Ascenso e caída de Pardo
de Cela”, Antón Losada Diéguez. 10 anos dun premio, Poio, Concello de Carballiño,
1995, pp. 85-89.
entre os grandes nobres galegos do século XV1. O caso é
que Pardo de Cela non foi máis que un nobre mediano,
estrela dun ascenso fulgurante que lle granxeou grandes
oposicións populares, eclesiásticas e reais a causa da
violencia empregada, procedemento habitual na Galicia
trastamarista, como vimos no apartado “A guerra dos
cabaleiros”, no contexto violento de toda a Idade Media 2.
Non chamaría a atención se non fora porque a principios
dos anos 80 do século XV as circunstancias fixeron del un
“chibo expiatorio” da acción antinobiliaria do Estado
moderno. Nin con esas os xenealoxistas do Reino de
Galicia lle deron nos séculos XVI-XVIII importancia á súa
morte, que pasou a historia por causa dun romance que lle
dedicaron os seus criados ò pouco de ser degolado.
Cabaleiro malfeitor
Antes do “martirio”, Pedro Pardo de Cela era xa que
logo un cabaleiro malfeitor3, parecido a Pedro Álvarez de
Soutomaior, chamado Pedro Madruga, que si aparece
destacado, e moito, no nobiliario de Aponte.
Diferenciábaos a pertenza de Madruga a unha liñaxe de
maior soleira e patrimonio, por tanto unha maior
1
Benito VICETTO, Historia de Galicia, 1872, VI, pp. 188-189.
2
Exemplos de violencia contra clérigos para quedarse cos seus cartos en José GARCÍA
ORO, Galicia en la Baja Edad Media, Santiago, 1977, p. 158; tamén contra fidalgos
adversarios en Vasco de APONTE, Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia
[c. 1530], Santiago, 1986, p. 133.
3
Practicaba persoalmente o secuestro (rescate), como cando prendeu ó clérigo de
Bundián, Gonzalo García, que deixou libre previo pago de 4.000 marabedís, que
“estuvo fuydo por miedo del [Mariscal]tres años fuera del Reyno de Galizia, fasta que el
dicho Pero Pardo murió”; en 1483, no seu testamento pediu perdón e devolveulle 2.000
marabedís, José GARCÍA ORO, op. cit., p. 158; nas copias do testamento recentemente
recuperadas aparece como Gonçalo Garçía, “bachiller de la gramatyca”, pediulle perdón
e a devolución dos 2.000 marabedís, pero nada di do secuestro, El testamento del
Mariscal Pardo de Cela, p. 200.
capacidade de intervención política. En xeral os señores
laicos galegos do século XV, eran vistos como malfeitores
tanto na maior parte de Galicia (agás entre os seus criados
e seguidores) coma na Corte de Castela. De aí a
representatividade do Mariscal asasinado polo novo
Estado para escarmentar a outros4.
Aponte conta como Pedro Pardo de Cela era un
simple cabaleiro a soldo dos Andrade “asta que fue gran
señor”, poido entón reunir -coa axuda do seu xenro Pedro
Bolaño- ata 100 escudeiros e 5.000 peóns, grazas a que
“comía todo el obispado de Mondoñedo”5. Despois da
revolta irmandiña, aparece, en 1477, entre os grandes
señores confederados -o derradeiro da lista- para resistir ó
intento real de resucitar as irmandades 6, o ano seguinte
podemos considerar que comezan os enfrontamentos que
cinco anos despois causarán a súa ruína.
Para García Oro, Pedro Pardo de Cela non fora máis
que “un infortunado caballero del siglo XV”, e cre que as
causas do seu infortunio estaban no enfraquecemento do
seu señorío, en que non soubo rodearse de aliados e na
determinación do gobernador Fernando Acuña (“cavallero
mancebo muy noble e mucho esforçado” 7) por facer valer
a autoridade real8. Habería que engadir a conxuntura
4
“cortaron la cabeça a Pedro Pardo o mariscal. Y todos los señores se reçelaban”, Vasco
de APONTE, Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, Santiago, 1986, p.
253.
5
ídem, pp. 132, 142, 167, 170.
6
José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 255-258.
7
Diego de VALERA, Crónica de los Reyes Católicos, Juan Carriazo edit., Madrid,
1927, p. 103.
8
José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 170-171.
política de 1483, cando os Reis Católicos ordenan, por
medio de cartas asinadas en León o 31 de marzo, a Acuña
e Chinchilla a volver de novo a Galicia con poderes
plenos, e obter resultados inmediatos, para restablecer a
paz e a orde, forzando ós cabaleiros a ir á Corte e
devolvendo os señoríos eclesiásticos á Igrexa9.
Da súa familia herda Pardo de Cela algúns castelos e
case máis nada10. Chegará a ser un gran señor de
fortalezas, o que lle confire gran poder coercitivo mais
poucos medios económicos directos. Unha astuta política
matrimonial emparéntao con importantes familias nobres:
casa con Isabel de Castro, filla do Conde de Lemos e
sobriña do bispo de Mondoñedo. Tamén casa ás súas fillas
con cabaleiros das casas señoriais de Saavedra (que vén na
listaxe do nobiliario de Aponte) e de Ribadeneira (á súa
vez emparentado coas casas de Miranda, Bolaño e Ron) 11.
En 1461 é xa encomendeiro do bispado de Mondoñedo (xa
fora seu pai Xoán Núñez Pardo). En 1465 será
confirmado por Henrique IV alcalde de Viveiro polo Rei ó
pasar a vila á Coroa12. Os seus ingresos compleméntanse
9
“no les consistáis entrar ni estar en el dicho reino sin mi liçencia y especial mandado”,
Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, III, A Coruña, 1982, pp.
12-17.
10
Eduardo PARDO DE GUEVARA, El Mariscal Pardo de Cela y la Galicia de fines
del siglo XV, Lugo, 1981, p. 111.
11
Vasco de APONTE, op. cit., p. 142; Eduardo PARDO DE GUEVARA, op. cit., pp.
110-111; José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 157-158.
12
Amparo RUBIO, “Los primeros vizcondes de Altamira en la villa de Viveiro:
adquisición y pérdida de un señorío en el Reino de Galicia”, Cuadernos de Estudios
Gallegos, nº 125, 2012, p. 99; Viveiro foi vila de reguengo dende 1346, logo varios
nobres trastamaristas a ocuparon, ou tentaron ocupala: Fernán Pérez de Andrade,
Gómez Pérez das Mariñas, Alonso Pérez de Viveiro e Pedro Pardo de Cela, José
GARCÍA ORO, Historia de las diócesis españolas. Lugo-Mondoñedo-Ferrol-Orense,
Madrid, 2002, p. 234.
coas alcabalas de gran parte do bispado de Mondoñedo 13,
ben porque lle correspondía ben por simple usurpación14.
Esta dependencia dos ingresos alleos (xerados pola
Igrexa de Mondoñedo, os veciños de Viveiro e as rendas
do Rei) para manter o anelado status de gran señor foi o
“talón de Aquiles” do Mariscal Pardo de Cela 15, sendo
nisto tamén representativo da nobreza galega do século
XV que refeudaliza o país institucionalizando o agravio
como parte cuantiosa da renda feudal16. Polas fontes orais
sabemos que foron as rendas do bispado de Mondoñedo as
que desencadearon o conflito que o levará ó cadafalso. E
polas fontes xudiciais posteriores que co roubo das rendas
reais xustificouse a confiscación post-mortem dos seus
bens.
A falla de sentido económico desta nobreza cobizosa
e violenta de orixe trastámara, que ben encarna Pardo de
Cela, vese naquilo tan sonado que declara unha testemuña
13
Eduardo PARDO DE GUEVARA, El Mariscal Pardo de Cela y la Galicia de fines
del siglo XV, pp. 110-111.
14
A usurpación do bispado polo Mariscal, faise completa despois da revolta irmandiña,
coa complicidade forzada, ou interesada do bispo e dun novo cabido; vese claramente
nun documento do 15 de maio de 1473 en que o Mariscal xulga e sentencia en favor da
Igrexa, sobre a posesión de varios termos, contra o alfaiate Pedro Martínez, publica José
GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, pp. 252-253; Enrique CAL PARDO,
Catálogo de los documentos medievales, escritos en pergamino, del Archivo de la
Catedral de Mondoñedo, Lugo, 1990, p. 601.
15
Pegerto SAAVEDRA, Economía, Política y Sociedad en Galicia: la provincia de
Mondoñedo, 1480-1830, Madrid, 1985, p. 34; "Da Idade Media a Idade Moderna: As
bases do Antigo Réxime Galego", III Xornadas de Historia Galega, Ourense, 1986, p.
26.
16
Carlos BARROS, "Vivir sin señores. La conciencia antiseñorial en la Baja Edad
Media gallega", Señorío y feudalismo en la Península Ibérica (siglos XII-XIX),
Zaragoza, 11-14 de decembro de 1989, pp. 628-630; Mentalidad justiciera de los
irmandiños, siglo XV, Madrid, 1990, p. 242; ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, Vigo,
1996, pp. 236-237.
do Preito Tabera-Fonseca: “Pedro Pardo, Mariscal dixera
al dicho Conde [de Lemos] que ynchiese los carballos de
los dichos basallos e quel dicho Conde [dixo] que no
queria que no se abia de mantener de los carballos” 17. Este
diálogo tivo lugar no 1469, cando o mariscal volta do
exilio (probablemente leonés), baixo as ordes do Conde de
Lemos, seu sogro, para recuperar as súas posesións e
encomendas tomadas polos irmandiños. Os vasalos
rebeldes da Santa Irmandade derrocaran a fortaleza A
Frouxeira18, deixándoo con vida malia a súa fama de
bandoleiro, cousa que dezaseis anos despois non farán os
oficiais da Raíña Isabel. Pardo de Cela non foi, por
conseguinte, o dirixente dos irmandiños que maxinou o
novelista Vicetto19, senón un dos seus inimigos máis
recalcitrantes.
Cobizoso
Pedro Pardo quixo emular ós grandes señores
aproveitando as oportunidades que ofrecía o turbulento
século XV. Non obstante, Alonso de Lanzós que serviu
como el a Fernán Pérez de Andrade (o Mozo), seguiu o
camiño contrario: elixiu o bando dos vasalos, onde chegou

17
Testemuño oral de Pedro Paxariño, veciño de Monforte, Ángel RODRÍGUEZ
GONZÁLEZ, Las fortalezas de la Mitra compostelana y los "irmandiños", I,
Pontevedra, 1984, p. 162.
18
Licenciado MOLINA, Descripción del Reyno de Galicia [1550, Mondoñedo],
Madrid, 1675, p. 107; logo foi reedificada polo Mariscal e derribada de novo por
Fernando de Acuña en 1482, Las fortalezas de la Mitra, pp. 137, 148, 245; Bartolomé
MOLINA, Descripción del Reyno de Galicia [Mondoñedo, 1550], 3ª edición, Madrid,
1675, p. 107; "asimismo le derrocaron los irmandiños las restantes fortalezas de su
propiedad", Memorial de la Casa de Saavedra, Granada, 1674, p. 139.
Carlos BARROS, "Cómo construye su objeto la historiografía: los irmandiños de
19

Galicia", Hispania, nº 175, 1990, pp. 861-862.


ser un dos capitáns (tamén no bispado de Lugo20) máis
coñecidos dos irmandiños, despois de sufrir persoalmente
os agravios e asaltos de Andrade, Pardo de Cela e outros
señores21. Á súa vez Alonso de Lanzós é culpable da morte
do irmán de Pedro Pardo de Cela22. Vidas diverxentes. É
coñecida así mesmo a inimizade do mariscal co fidalgo
Fernando Díaz Teixeiro, dirixente militar irmandiño en
Mondoñedo23.
Tampouco é certo que Pardo de Cela militara no
bando da Beltraneja e de Portugal contra Isabel a Católica
na guerra de sucesión 1476-147924. Todo o contrario,
aliñouse co bando isabelino que encabezaba o arcebispo
Fonseca e que comprendía a case que toda a nobreza
galega (aínda que o entusiasmo despregado foi moi
desigual), de tradición integracionista logo da separación
20
“Irmandiños, guerra e paz”, conferencia de Carlos Barros no curso "Guerra e paz en
Galicia", organizado pola Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018 (https://youtu.be/9UrklqDaNDw).
21
Carlos BARROS, Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, Madrid, 1990, p.
229; a data de referencia desta agresión de Fernán Pérez de Andrade, Gómez Pérez das
Mariñas, Pedro Pardo de Cela e outros cabaleiros que derribaron os castelos herdados
por Alonso de Lanzós (Serantes, hoxe no concello de Ferrol; As Mestas, hoxe no
concello das Somozas na comarca de Ferrol; e Ortigueira) é circa 1446: cando Xoán II
ordena a Pedro Álvarez Osorio, futuro Conde de Lemos, que faga o posible que lle sexa
devoltos a Alonso de Lanzós, “mi vasallo... ciertos bienes muebles e rayses e casas
fuertes e posesiones e otras heredades”, pois sendo “menor de hedat, algunas personas
poderosas... se apoderaron de los bienes e posesiones que el dicho su padre dexó e
pertenescen a él e que ge lo tienen tomado e ocupado por fuerça e contra su voluntad”,
Eduardo PARDO DE GUEVARA, Los señores de Galicia. Tenentes y Condes de
Lemos en la Edad Media, A Coruña, 2000, tomo II, pp. 88-89.
22
Eduardo PARDO DE GUEVARA, op. cit., p. 111, n. 43.
Francisco MAYÁN FERNÁNDEZ, El Mariscal Pardo de Cela y la Iglesia de
23

Mondoñedo a la luz de nueva documentación histórica, Viveiro, 1962, p. 38.


24
“Es completamente falso [que] haya militado jamás entre los secuaces de La
Beltraneja”, Francisco MAYÁN FERNÁNDEZ, op. cit., pp. 43-45, 78; Eduardo
PARDO DE GUEVARA, op. cit., pp. 133-138.
de Portugal como sabemos, coa notoria excepción de
Pedro Álvarez de Soutomaior que defendeu a opción
portuguesa. En 1476, estivo o mariscal “con todos los
otros Pardos y Rivadeneyras” no gran cerco a Pedro
Madruga en Pontevedra25. En 1477 -segundo xa dixemos-
participa nunha confederación señorial que sendo
isabelina, “guardando servicio del rey e reina nuestros
señores”, está pensada para resistir a orde real de recrear a
Santa Hermandad26: os intereses de clase por riba de
calquera fidelidade política. A partir de aí sucédense unha
serie de problemas puntuais do Mariscal cos oficiais dos
Reis Católicos sen que iso supoña, claramente, un cambio
de bando.
Nobres contra Reis
Os teimosos enfrontamentos de Pardo de Cela cos
oficiais reais (sucesivamente) Ladrón de Guevara,
Fernando Cerón e Fernando de Acuña, serían marxinais
para a historia da Galicia, no tránsito da Idade Media á
Idade Moderna, senón fora polo desenlace mortal deste
conflito enquistado. Polo regular, os señores feudais de
Galicia gobernaban os seus estados proclamando lealdade
cara un afastado Rei de Castela, ó tempo que se
apropiaban das súas rendas. Cando a Raíña Isabel quere
facer efectiva a autoridade real no Reino de Galicia,
resucitando irmandades27 e procurando o sostén das
25
Vasco de APONTE, op. cit., p. 232.
26
José GARCÍA ORO, op. cit, p. 258.
27
O decreto de formación das novas irmandades é do 18 de febreiro de 1480, sendo
encomendada a súa organización a Antonio de Paz, arcediago de Camaces (Salamanca),
e ó licenciado Fernando Gómez de Tordehumos: o longo dese ano participan xa na
guerra contra Pedro Madruga e toman fortalezas de Sueiro Gómez de Soutomaior e
Fernán Pérez Parragués, Galicia en la Baja Edad Media, pp. 139-140, 154; a partir da
cidades, xorden grandes conflitos de poder e xurisdición
entre os representantes directos dos Reis e cada un dos
grandes señores de fortalezas, incluíndo os que foran
partidarios de Isabel entre 1476 e 1479.
O arcebispo Fonseca foi o primeiro que se encastelou,
en 1480, na catedral de Santiago para resistir ó
Gobernador Acuña que pretendía o control das fortalezas
arcebispais que quedaran. O contencioso resolveuse
levando os Reis ó fiel Fonseca á Corte como Presidente do
Consello Real, e deixando claro está que Acuña e
Chinchilla continuaran en Galicia coa súa “campaña
depuradora”28. Polo mesmo motivo, isto é, o control das
fortalezas episcopais sobreviventes ou reconstruídas, o
tamén isabelino Conde de Lemos “el mayor señor de aquel
Reyno de Galicia”, asedia, en 1483, o castelo de Lugo, que
fora tomado por Acuña, considerando o Conde que dita
intromisión constituía un agravio cara o seu irmán Alonso
Enríquez de Lemos o bispo de Lugo 29. Don Pedro non
obedece as ordes directas dos Reis Católicos para que
alzase o sitio, polo que o propio Rei Fernando “partió para
el Reyno de Galicia á punir al Conde por aquella osadía
que cometió”, de nada valeu que o Conde de Lemos
levantara entón o cerco, o exército real continuou cara a
Lugo coa intención de poñer no seu sitio ó maior señor de

chegada de Acuña e Chinchilla constitúen o canle principal para articular o apoio


popular á súas accións militares contra Pardo de Cela, o Conde de Lemos e outros
nobres galegos, inimigos históricos dos populares e rebeldes ós Reis Católicos; entre
1486 e 1496, resolto o problema dos nobres malfeitores, se suceden in crescendo os
conflitos entres os pobos e a nova Hermandad polos seus tributos, ídem, pp. 142-143.
28
José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 145-149.
29
A posesión da Mitra lucense simbolizara a vitoria de Pedro Álvarez Osorio, en 1469,
sobre o cabido e a Santa Irmandade da cidade e diocese de Lugo.
Galicia. En Astorga decatouse o Rei consorte que o vello
Conde -tiña xa 80 anos de idade- morrera (febreiro de
1483) e suspendeu a operación militar. En 1486, o conflito
renovouse co novo Conde de Lemos, Rodrigo Álvarez
Osorio30.
Neste contexto de loita xeneralizada polo poder entre
a alta nobreza, derrotada trece anos antes polos irmandiños
co apoio do Rei Henrique, e a monarquía unificada
castelo-aragonesa de signo renacentista, teñen lugar os
incidentes que learon ó oportunista Pardo de Cela ó
patíbulo como cabeza de turco. Salvo no caso do
portuguesista Pedro Madruga, ningún dos nobres que
tiveron problemas cos homes do Rei presentaron
problemas de disidencia político-ideolóxica co novo
Estado, máis ben ó contrario: o que estaba en cuestión era
o poder social no Reino de Galicia.
Para a implantación da autoridade real en Galicia foi
necesaria pero non suficiente a superación dos desacordos
con Fonseca, dono do maior señorío feudal de Galicia, e
co Conde Pedro Álvarez Osorio, decano da nobreza galega
do século XV. Ata Pedro Madruga, reconvertido ó
isabelismo triunfante, buscou abrigo co Conde de Lemos
fronte Acuña, porque “aunque este disimulaba de allá
[Lemos] les venía el consejo a todos porque lo tenían por
padre”31. A cuestión para todos é que Pedro Álvarez
Osorio morre de xeito natural en febreiro32 de 1483 e s seu

30
Fernando PULGAR, Crónica de los Reyes Católicos, BAE nº 70, pp. 380-381, 432.
31
Vasco de APONTE, op. cit., p. 253.
32
José GARCÍA ORO, La nobleza gallega en la Baja Edad Media, Santiago de
Compostela, 1981, p. 304
xenro Pardo de Cela morre meses despois por Acuña, e os
seus, a modo de escarmento.
A orfandade nobiliaria que entraña a perda do Conde
vello de Lemos é percibida polo resto da nobreza como un
golpe tanto ou máis importante que a posterior
decapitación exemplar de Mondoñedo: “Ansi que, viendo
los señores falleçido al conde de Lemos y muerto a Pedro
Pardo, acordaron todos de ser a una”. A nova
confederación nobiliaria está formada por Ulloa, Andrade,
Moscoso, Suero Gómez e Pedro Madruga, ten como fin
obedecer ó Rei -pola boca pequena- pero “no consentir a
los governadores todo lo que quisiesen façer”33. Os
enviados dos Reis fixéranse case que tan perigosos que as
pasadas irmandades revolucionarias dos vasalos.
Neutralizado o rebelde Fonseca, cabeza do partido
isabelino e xefe da Igrexa galega; desaparecido o rebelde
Conde de Lemos, xefe natural dos señores laicos galegos,
o golpe de efecto de Acuña degolando a un cabaleiro de
segunda orde como Pardo de Cela, axudou non pouco a
meter en cintura ós señores feudais galegos -quedaba claro
que esta vez ía en serio- que, en 1486, visitando os Reis
Católicos Santiago de Compostela son compelidos de
novo a marchar cara a Corte, deixando Galicia en mans da
anovada autoridade real, en alianza coas cidades e o pobo
irmandiño, que obtén así “dende arriba” a paz, a
seguridade e a xustiza que, “dende abaixo” conquistara
polas armas en 1467 con sostén político -non exento de
contradicións- do anterior Rei irmán de Dona Isabel.

33
Vasco de APONTE, op. cit., p. 254.
Certamente, co tempo a integración plena de Galicia
no novo Estado moderno leva consigo a centralización, a
dependencia e a marxinación paseniña do idioma galego,
mais este problema nacional, exposto no século XIX polo
Rexurdimento, nin existía nin formaba parte das
reivindicacións sociais dos galegos do século XV 34, e
menos aínda ós nobres feudais. Cando os feudais galegos -
comezando por Pardo de Cela- defendían nos anos 70 e 80
do século XV as súas parcelas de poder, fronte ós
corrixidores e gobernadores dos Reis de Castela e Aragón,
non quer dicir que sustentaran un proxecto político para o
Reino de Galicia distinto do secular integracionismo na
Coroa de Castela e Aragón. Nin sequera no caso de Pedro
Madruga. Pedro Álvarez de Soutomaior, nobre fronteirizo
que servía a dous Reis, á vez Vizconde de Tui e Conde de
Camiña, casado cunha nobre portuguesa e con moitos
intereses e amigos en Portugal (de alí trouxo, en 1469, as
súas tropas para combater ós irmandiños), non quería máis
que gañaran a Coroa de Castela, Juana la Beltraneja e o
seu home Afonso V, Rei de Portugal para, deste xeito,
chegaren á unificación de Castela e Portugal (fronte á
alternativa axiña triunfadora da confederación de Castela e
Aragón).
A dinámica histórica pedía, no limiar da Idade
Moderna, avanzar cara grandes Estados. Cumpría superar
na Península Ibérica a fragmentación política medieval de
34
As cidades mesmas, teoricamente interesadas en conseguir representación directa (a
tiñan a través de Zamora) nas Cortes de Castela, non a reivindicaban porque o
aproveitaban para negaren o pago dos pedidos reais: cara 1465 o Concello de Ourense
dille a Henrique IV que non está obrigado a pagar os tributos do Rei xa non tiveron
ocasión de decidilo por non estar o Reino de Galicia representado directamente nas
Cortes, publica José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media. Iglesia, Señorío y
Nobleza, Santiago de Compostela, 1977, p. 247.
Reinos e Coroas. Así e todo, obxectivamente, a unión de
Castela e Portugal implicaría o reencontro, no cadro dunha
entidade política peninsular máis ampla, da Galicia
bracarense e da Galicia lucense, nada máis e nada menos
O que sería unha alternativa moito máis beneficiosa para a
nacionalidade plenomedieval galego-portuguesa. Daquela
a lingua galega (galego-portuguesa, en rigor) sería
hexemónica tanto na sociedade e a cultura como na
administración do novo Estado portugués-castelán, pola
vía (im) positiva de non confrontación con Castela.
A guerra de Cela
Digamos máis agora sobre a guerra particular de
Pardo de Cela cos oficiais reais, á que fixemos referencia.
En 1476, Ladrón de Guevara, cunha carta dos Reis
Católicos para pedir axuda contra o bando portugués,
chega a Viveiro, en mans de Pardo de Cela, que
resistíuselle: “halló a Pardo Pardo con todo su vando muy
poderoso... le hizo dejar la villa”35. Non obstante, o
Mariscal estará ese mesmo ano, igual que Ladrón de
Guevara, no gran cerco organizado por Fonseca en
Pontevedra a Pedro Madruga36. Este primeiro conflito de
Pardo de Cela cun oficial dos Reis Católicos, non afectou -
como nos demais casos xa citados: Fonseca e Conde de
Lemos- á súa fidelidade á Raíña Isabel. A verdade é que
transformar estes enfrontamentos locais nun problema
político global viría agravar a situación dos cabaleiros
implicados. Un luxo que non se podían permitir, cando os
novos Reis estaban consolidando a ollos vistas o seu
35
Vasco de APONTE, op. cit., p. 148.
36
ídem, pp. 230, 232.
poder, por iso buscaban unha e outra vez o sostén dos Reis
Católicos contra as decisións que consideraban inxustas
dos seus representantes en Galicia. A única posibilidade
que tiñan era crear contradicións entre estes e os Reis,
afeitos polo demais a actuar como árbitros... Pardo de Cela
demandou e obtivo mesmo reparación dos Reis polo
comportamento agraviante de Ladrón de Guevara en
Viveiro37. O que estaba enriba da mesa en todas estas
confrontacións entre os señores e a monarquía unificada é
que poder ía predominar sobre tal fortaleza, cidade ou
xurisdición: ¿os oficiais do Rei ou o señor local? A
maiores os homes do Rei defendían a xurisdición
eclesiástica fronte ás xeneralizadas usurpacións nobiliarias
laicas. A política de aliados da monarquía en Galicia illou
a unha nobreza montaraz que xa fora derrotada
estrepitosamente polo pobo en 1467.
A particularidade da guerra de Pardo de Cela, respecto
doutros señores, é que non pugnaba cos outros cabaleiros
polas terras e as rendas38, se non contra a Igrexa (bispado
de Mondoñedo) e o Estado (impostos e cidades de
reguengo). Entidades máis vulnerables, e polo tanto menos
riscos que enfrontarse a exércitos privados das grandes
casas, sobre todo en Lugo onde mandaba o seu sogro.
Os problemas de Pardo de Cela cos homes do Rei
estaban dende, o punto de vista económico e de poder, na
cidade de Viveiro, na Igrexa episcopal de Mondoñedo e

Documento que nos ofrece unha versión dos feitos distinta ó que di Aponte, Francisco
37

MAYÁN, op. cit., p. 44.


38
O que non é óbice para intenten, sen éxito, os seus descendentes argumentar que o
Mariscal perdera o favor dos Reis pola “envidia” dos outros cabaleiros.
nas rendas reais recadadas no bispado 39; socialmente, os
campesiños do bispado e os cidadáns das vilas, que
levaban sempre a peor parte. Dende o punto de vista
militar a clave estaba en quen controlaba as fortalezas do
bispado que foran máis ou menos reedificadas despois da
revolta irmandiña. Varios documentos do Registro General
del Sello -empregados xa por Francisco Mayán a
principios dos anos 60- de 1477 a 1480 permítenos
coñecer os puntos de desacordo entre os Reis Católicos e
Pardo de Cela, parte do proceso de desmitificación da
figura do Mariscal, que buscaba exclusivamente
beneficios persoais. Dúas cartas de 1477 ilustran a vontade
dos Reis de manter a Viveiro como seu, en situación de
reguengo40, e defender á Igrexa de Mondoñedo fronte a
cabaleiros malfeitores41. Pronunciamentos xenéricos que
se concretan, en 147842, en varias requisitorias do Rei
Fernando contra Pardo de Cela, encomendándose o seu
cumprimento ó corrixidor de Viveiro, Francisco Cerón:
que desocupe lugares, coutos e freguesías en Viveiro; que
devolva as alcabalas e outras rendas reais usurpadas; que
39
O 10 de xuño de 1478 os Reis esixen a Pardo de Cela que pague, sen excusas nin
pretextos, o que debía o fisco real en “pedidos, monedas, alcabalas, diesmos e alfolís”,
José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media. Iglesia, señorío y nobleza,
Santiago de Compostela,1977, p. 161.
40
Sobre o interese directo dos Reis no axustizamento de Pardo de Cela, insiste Bernardo
Herbella na importancia da Viveiro, vila real: “el Processso, i Sentencia contra el
Mariscal Pedro Pardo, que havia preocupado al Rei [por] la villa de Vivero,
condenándole a la muerte de Garrote [ó fin o degolaron como cabaleiro], que sufrió; i
penando extraordinariamente a otros cómplices, para que, sirviendoles de ejemplo el
espectáculo, se consiguiesee el fin de la Justicia”, Derecho práctico i estilos de la Real
Audiencia de Galicia, Santiago de Compostela, 1768, cap. I, nº 8, p. 8.
41
José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, p. 160.
42
José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 161-163; Francisco MAYÁN FERNÁNDEZ, op.
cit., p. 49-51.
cese de edificar fortalezas en Viveiro e a súa terra; que non
constrúa portos propios en competencia con Viveiro, etc. A
mediados de ano, o Rei Católico desterra a Pardo de Cela
de Viveiro e convoca a todo o bispado a pechar filas en
torno ó corrixidor Cerón. Todo isto cinco anos antes da
decapitación do Mariscal: chovía sobre mollado.
A través de influencias na secretaría real, Pardo de
Cela fai valer a súa fidelidade política e consigue
paradoxalmente cartas de seguro dos Reis nas seguintes
datas: 27 de agosto de 1478 (contra cabaleiros e outras
persoas)43, 11 de setembro de 1480 (contra o propio
Francisco Cerón)44, 4 de novembro de 1480 (contra
cabaleiros e outras persoas)45. Cartas de amparo que se
entrelazan e alternan coas de abandono e represión, e son
xa incapaces de frear (neste e nos demais casos de nobres
galegos en corentena) o enfrontamento creado pola
incompatibilidade de fondo entre o poder do Mariscal e o
novo poder real nas terras de Mondoñedo. Demóstranse
con todo dúas cousas: que os oficiais reais de cada
xurisdición ou Reino actúan con certa autonomía respecto
da Corte, e que os Reis daban con frecuencia unha de cal e
outra de area, sobre todo á hora de expedir cartas (obxecto
incluso de corrupción), non tanto cando estaba en xogo en
verdade a autoridade real.
No verán de 1480, o corrixidor Cerón desenvolve
unha violenta campaña contra Pardo de Cela que leva a
43
Cédula do 27 de agosto de 1478, Archivo General de Simancas, Registro General del
Sello, fol. 67.
44
Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, II, A Coruña, 1982, p.
249, nº 2.
45
Publica Francisco MAYÁN, op. cit., pp. 54-55.
este a se laiar perante os Reis, porque Cerón “le ha
husurpado e husurpa la juridición del obispado de
Mondoñedo”46, o que dá lugar á xa mencionada carta de
seguro de setembro de 1480, a pesar da cal a
confrontación vai in crescendo por unha simple razón:
Pardo de Cela non cedía diante o poder real e as cartas
conseguidas na Corte pouco valían, ademais contradicirse
entre si. A contenda pasa pronto ó terreo militar porque
nesta ocasión os homes do Rei están dispostos -tiñan as
ordes para iso- a se quedar en Galicia ata establecer a nova
orde.
O 3 de agosto de 1480 os Reis Católicos mandan a
Galicia con poderes de excepción ó cabaleiro Fernando de
Acuña e ó xurista López de Chinchilla. A carta de seguro
do 4 de novembro coa sinatura da Raíña Isabel vai
dirixida precisamente ó gobernador Acuña a fin de que
protexa a Pardo de Cela dos seus inimigos, pero quen
protexe a Pardo de Cela do novo e expeditivo gobernador?
Un ano e medio despois da súa chegada a Galicia,
temos a Fernando de Acuña, e ó seu capitán Mudarra,
cercando Pena Frouxeira47, coa axuda dos ex-irmandiños.
O asedio é sanguento48 -segundo Diego Valera, cronista
dos Reis Católicos- dura oito meses e remata coa
rendición da fortaleza baixo “çiertas condiçiones”. O

46
José GARCÍA ORO, op. cit., p. 163.
47
APONTE, op. cit., p. 123; José VILLAMIL y CASTRO, “El Mariscal Pardo de
Cela”, Galicia Histórica, 1901, nº 2-3, p. 155; cando o “conde viejo de Lemos, ... aun
era vivo [morre en febreiro de 1483]... Don Fernando de Acuña arto tenía que haçer,
porque tenía çercado a Pedro Pardo en Peña Frouxeira”, APONTE, op. cit., p. 253.
48
A Acuña “le mataron muchos hombres e fueron asaz muertos de los que en ella
estavan”, Diego VALERA, op. cit., p. 103.
Mariscal non estaba presente49; os seus fican libres, pese o
sangue perdido, grazas á entrega da fortaleza. De seguido
Acuña derrócaa de todo50. Os problemas económico-
sociais que enfrontan ó gobernador real con Pardo de Cela
en 1480-1483 non son distintos dos que aparecen nos
citados documentos de 1477-1480, só que agora, en canto
a adversarios locais, a cidade de Viveiro cede o seu
protagonismo ó bispo de Mondoñedo51, centrándose a loita
no control das fortalezas do bispado. O carácter netamente
militar desta fase, encetada en 1481, contribúe a entender
o xuízo sumarísimo e posterior axustizamento.
Despois da caída de A Frouxeira vén a revolta en
Lugo contra Acuña do sogro do mariscal, o Conde de
Lemos, “lumbre y luz de los caballeros de Galicia”
segundo Aponte, que pon en evidencia un estado latexante
de rebelión dos señores galegos, cada un pola súa banda
defendendo as súas fortalezas. Semella complicada unha
49
José VILLAMIL Y CASTRO, op. cit., p. 156; Pedro Pardo tiña moitos frontes que
atender como para ficar oito meses varado na Frouxeira, ademais da mala experiencia
pasada, en 1467, cando os irmandiños toman a Frouxeira e o prenden.
50
Diego VALERA, op. cit., p. 103; a derruba tamén está confirmada na versión C
(1752) do romance do Mariscal: “El castillo de la Frouseira fue del todo derrivado pues
ahora nibestixios deel seencuentran en el rreferido monte”, pub. Eduardo PARDO DE
GUEVARA, op. cit., p. 193; nas coplas da versión B xa se dicía que fora derribada a
Frouxeira, o novo agora é o testemuño de vista do século XVIII.
51
Fernando Saavedra explica, tirando da tradición oral, o brutal e persoal
enfrontamento entre a xente do bispo e Pardo de Cela entre o fin da revolta irmandiña e
a chegada de Acuña a Galicia: escribe (falsamente) que un descoñecido bispo de
Mondoñedo “doulle en dote [a Isabel de Castro, filla do Conde de Lemos] a renta do seo
Obispado por días da sua vida”, a fin de casar con Pedro Pardo de Cela: “co esso
andaban à mal facer… donde se encontravan as suas gentes avan as maos”, os do bispo
e os do Mariscal, de xeito que éste “por defender à dote, pegava nos cregos, è segrares,
è os matava, è podia mais co Bispo, è outros Cavaleyros”, avisaron ós Reis que o
chamaron á Corte, desobedecendo Pedro Pardo e refuxiandose na Frouseira co
argumento que tiña “pavor o queyrian matar, ou desterar dos Reinos de Spana”,
Memorial de Saavedra, fol. 138.
confederación señorial en toda regra contraria ós
representantes dos Reis Católicos podería contradicir a
lealdade unha e outra vez proclamada de todos e cada un
deles cara Isabel. Alianza que será realidade despois da
decapitación de Mondoñedo. Incluso Pedro Madruga, que
cando a xente de Acuña asedia A Frouxeira no norte de
Galicia está tomando el no sur o castelo de Fornelos 52,
manda á súa muller á Corte para gañar a simpatía da Raíña
Isabel53.
Axustizamento
Ós seis meses de morrer o Conde de Lemos, comenta
Aponte: “cortaron a cabeça a Pedro Pardo o mariscal. Y
todos los señores reçelaban”54. O sentido da oportunidade
de Acuña impúlsao a marchar de presa55, dende Sarria,
contra o castelo de Castro Douro onde se refuxia Pedro
Pardo de Cela, moito despois de que botaran ós seus da
Frouxeira. Os motivos xerais son as súas violencias contra
a Igrexa de Mondoñedo, máis a urxencia de Acuña en
rematar, despois da súa segunda vinda a Galicia en abril de
1483, co problema enquistado do Mariscal. Detido en
Castro Douro e levado preso a Mondoñedo, e xulgado e
condenado, fai testamento e é axustizado xunto con varios
dos seus. O cronista Pulgar engade (dato tamén
probablemente de orixe oral) que os presos pretenderon
52
O Gobernador non pode estar en todas partes, vai tomando as fortalezas rebeldes unha
tras outra coa axuda das milicias populares, encadradas nas novas irmandades que
ordenaron facer os Reis Católicos, convocadas por eles para prestar “favor e ayuda” ós
seus enviados contra os cabaleiros e as fortalezas “dañosas”, Laura FERNÁNDEZ
VEGA, La Real Audiencia de Galicia, III, pp. 8 (1480), 15 (1483).
53
Vasco APONTE, op. cit., pp. 253-254.
54
Vasco de APONTE, op. cit., p. 253.
55
Diego VALERA, Crónica de los Reyes Católicos, p. 103.
comprar as súas vidas, e que os oficiais reais non
aceptaron as “grandes sumas de oro para la guerra de los
moros” ofrecidas polo Mariscal56, quen temía pola súa
vida logo da violencia cruzada e as xenreiras amonteadas.
Diego Valera da os nomes dos que foron degolados
co Mariscal: Pero de Miranda, casado cunha neta de Pardo
de Cela57, García Rodríguez de Bordel, Bartolomé de
Bahamonde e “un fijo del mariscal, e a otro hijo de Pedro
de Miranda, los quales todos por su mandado58 fueron
degollados, los quales eran hombres de estado e linaje”, é
dicir, cabaleiros59. De seguido veñen as louvanzas a
Fernando, que “fizo restituyr a los obispos en sus cibdades
e iglesias e fortalezas”60, así como os premios: “En
galardón de lo qual fué ordenado que en las dichas iglesias
se ficiese perpetua comemoración por don Fernando de
Acuña, por aver dél recebido tan gran benefiçio” 61. Cousa
que cando menos o arcebispo Fonseca non debeu facer,
56
Fernando PULGAR, Crónica de los Reyes Católicos, BAE, nº 70, p. 357.
57
Vasco de APONTE, op. cit., p. 123.
58
Insiste Valera, igual que fará despois Aponte, en que a decisión de axustizar a Cela, e
os seus, é exclusivamente cousa do Xustiza Maior e Gobernador Fernando de Acuña,
moi felicitado por iso na Corte real.
59
Na versión C, falando da detención de Pardo de Cela en Castrodouro, dise:
“yjuntamente prendieron muchos hidalgos y Labradores onrados quesehallaban allí sin
sersavedores delatraizión” (pub. Eduardo PARDO op. cit., p. 188); en referencia á
condición social do grupo de cabaleiros, escudeiros e peóns que acompañaban ó
Mariscal na defensa do Castro Douro, entre eles puido ben saír a parte máis primitiva do
romance; iso de que non sabían da traizón da Frouxeira abunda na presenza simultánea
na tradición oral dos dous feitos militares separados no tempo, 1482 (caída da
Frouxeira) e 1483 (caída de Castro Douro).
60
Diego de VALERA, op. cit., p. 104; no se refire só a Mondoñedo, senón a toda
Galicia, onde os bispos poucas fortalezas lles quedaban en pé despois da revolución
irmandiña primeiro e das 46 que foron feitas novamente e tirou abaixo o propio Acuña.
61
Ibidem; en 1493 témolo de Virrei en Sicilia por orde dos Reis Católicos.
polos enfrontamentos que tivo con Acuña e outros oficiais
reais enviados a Galicia por Isabel e Fernando para
impoñer a nova autoridade real.
Neste contexto a execución de Pardo de Cela e os
seus homes necesita de máis explicacións que a simples
negativa a aceptar a autoridade do gobernador real, e
renunciar por tanto ás fontes extraordinarias de ingresos
baseadas na coacción, porque o resto da alta nobreza
galega estaba nunha parecida actitude. Hai que pensar
nunha resposta ó sangue derramado por Pardo de Cela
(Pedro Madruga, sen dúbida o superaba, pero tiña máis
respaldo) e, sobre todo, nun escarmento politicamente
consciente para a recalcitrante nobreza galega (pensemos,
ademais, na resistencia á organización das novas
irmandades62), atacándoa por un flanco feble e nunha
conxuntura axeitada: desaparecido en xuño o vello Conde
de Lemos e compelidos Acuña e Chinchilla polos Reis,
mediante as cartas que logo veremos do 31 de marzo de
1483, a conseguir como fose a pacificación do Reino.
A tradición oral favorable a Pardo de Cela, cativa
pero bulideira, infórmanos do conflito violento (négao
primeiro e acéptao despois) do Mariscal coa Igrexa de
Mondoñedo (paralelo ó que tiña Pedro Madruga co bispo
de Tui) como explicación directa das intervencións
armadas de Acuña contra el e indirectamente da propia
62
Non debería pasar desapercibida a presenza de Camaces, o organizador das novas
irmandades, xunto con Acuña e Chinchilla, nas loita contra á nobreza recalcitrante e as
súas fortalezas reedificadas: “bio despues de pasadas las dichas hermandades [revolta
irmandiña] venir a este dicho Reino de Galizia al dicho arçediano de Camazes e
Liçençiado de Chinchilla e don Fernando de Acuña por Gobernador y los otros justiçias
del Rey y que despues de benidos dize dicho testigo aquellos derrocaran a Castro Doiro
que hera de Pedro Pardo e le cortaran la cabeça en Mondoñedo”, Las fortalezas de la
Mitra compostelana y los "irmandiños", p. 417.
sentencia de morte. Habería que engadir a resistencia
pertinaz á autoridade dos oficiais do Reis e a negativa a
acudir á Corte a renderlles contas.
Acabamento da nobreza medieval
Non cabe subestimar a intencionalidade preventiva
das degolacións dos cabaleiros Pedro Pardo de Cela e
algún dos seus próximos, nin os seus efectos positivos
para impoñer a xustiza pública en Galicia 63, mais hai que
dicir que non se trata de feitos illados, segundo vimos no
apartado da morte do señor no primeiro capítulo deste
libro. En 1452 Juan II de Castela executara a Álvaro de
Luna, no mesmo ano de 1453, o 20 de xuño, Joaô II de
Portugal decapita ó Duque de Braganza. A traizón e a
desobediencia xustificaban plenamente dende o punto de
vista do dereito en vigor, e da mentalidade da época, as
sumarias execucións reais.
Aínda seguiron un tempo as rebeldías particulares dos
Condes de Camiña, Altamira e Monterrei, Diego de
Andrade e Suero Gómez de Soutomaior, tamén dos
familiares de Pedro Pardo. Mais en outubro de 1483
producírase en Mondoñedo un punto de inflexión, sen
retorno, nas relacións entre a nobreza galega e a
monarquía castelán-aragonesa. Os Reis Católicos, en
1486, teñen aínda que brandir ante o Conde de Altamira a
ameaza de morte para obrigalo a marchar á Corte 64. En
xaneiro de 1486 Pedro Madruga fai testamento e despois,
non moito despois de dita data, morre en Alba de Tormes
63
Pola que tanto loitaron os irmandiños, que non axustizaron a ningún señor, como xa
vimos.
64
Fernando PULGAR, op. cit., p. 134.
cando por medio do Duque de Alba pretendía, sen éxito,
obter o favor dos Reis Católicos na vergoñosa pelexa que
tiña co seu fillo pola fortaleza e o señorío de Soutomaior 65.
Entre o ano 1483 e o ano 1486, por medio da morte,
provocada ou non provocada (Pedro Pardo de Cela, Pedro
Álvarez Osorio, Pedro Álvarez de Soutomaior), mailo
exilio cortesán, decídese a desaparición da nobreza
medieval como clase dirixente en Galicia. Os vasalos non
choraron polo regular a “perda” dos seus señores, a
diferencia da primeira historiografía galeguista, máis ben
aledáronse, principalmente porque veu precedida ou
acompañada da derruba -seguindo o método irmandiño- da
maioría das fortalezas reedificadas na década reaccionaria
que seguiu á Santa Irmandade revolucionaria. Todo un
cambio de réxime social.
Denantes de penetrar nos limbos tan reais da lenda e
do mito, deixemos claro o que sentían os contemporáneos,
aproveitando de testemuños posteriores a 1483, sobre a
morte da nobreza feudal galega, simbolizada na
decapitación de Mondoñedo. Daquela se falaba pouco ou
nada da esencia económica -describilo é tarefa de
historiador- da loita polo poder que enfrontou inevitable a
Pardo de Cela cos oficiais dos Reis Católicos. As fontes
insisten maiormente en explicacións moralistas,
xustificativas, que relacionan a mentalidade xusticeira da
época coa morte violenta do nobre de Mondoñedo. Tamén
evitan vencellar de xeito directo a decapitación de Pardo
de Cela cos Reis Católicos, facendo responsables ós seus
enviados Acuña e Chinchilla. Sobre o Gobernador e o
Xustiza Maior de Galicia recaen -en parte, con razón-
65
Vasco de APONTE, op. cit., p. 260.
tanto o mérito como a culpa pola execución, segundo a
actitude sexa contraria ou favorable cara o Mariscal e os
seus. En calquera caso, nun documento de 1487, catro
anos despois, os Reis Católicos proban que asumen a
xusteza da execución e subseguinte incautación de
propiedades: “sepades que al tiempo que fue hecha justicia
del Mariscal Pedro Pardo de Cela fueron confiscados y
aplicados todos sus bienes...”66.
A verdade é que os Reis estiveran urxindo ós seus
representantes unha solución inmediata á insubordinación
da nobreza galega, impacientes porque en tres anos non se
resolvera moito67. O 28 de xuño de 1482, escriben a Acuña
para que “proçedades contra los delinquientes e contra sus
bienes, faziendo para ello los ayuntamientos e
llamamientos de gentes” (antigos irmandiños na meirande
parte), citando concretamente os bispados de Lugo e
Mondoñedo68. O 31 de marzo de 1483, comunican a
Acuña e Chinchilla (que volveran á Corte) que “agora
nuebamente an suçedido algunos escándalos e
ynvonvenientes” no Reino de Galicia, ordenándolles que
“tornedes a él con los mismos cargos e con los poderes...
que de nos llebastes”69. Noutras dúas cartas do mesmo día
31 de marzo70, mándanlles que quiten as encomendas de
bispados e mosteiros ós nobres laicos, e que desterren de
Galicia ó Conde de Monterrei, ó Conde de Altamira, a
66
José GARCÍA ORO, op. cit., p. 167.
67
Non é certo, derrubaran ducias de fortalezas reedificadas logo da gran revolta de
1467-1469.
68
Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, III, pp. 10-11.
69
ídem, p. 14.
70
ídem, pp. 12-13, 16-17.
Diego de Andrade, a Fernando de Castro e a Pedro
Bolaño. Significativamente non se nomea nin a Pardo de
Cela nin a Pedro Madruga (nin ó falecido Conde de
Lemos): non os consideraban xa recuperables como
cortesáns. Tal é o contexto oficial no que ten lugar o
enfrontamento que leva á execución e o nacemento das
tradicións contraria e favorable sobre Pardo de Cela,
“chibo expiatorio” dos pecados da nobreza galega.
O cronista Pulgar -home clave de apoio de Henrique
IV ós irmandiños en 1467- reflexa ben a tradición culta,
próxima á monarquía, cando avalía como xustiza exemplar
a que exerceron Acuña e Chinchilla ó facer pagar caro os
seus crimes ós cabaleiros Pedro Miranda e Pedro Pardo,
que pola súa condición social “no creían que podía venir
tiempo en que la justicia los osase prender” 71. Por contra
Vasco de Aponte, admirador dos violentos nobres galegos
do século XV, non pode admitir que os axustizados foran
malfeitores, deixando sen explicación as razóns de Acuña
para mandalos matar, cousa que non fai a tradición oral.
A tradición popular representada polos testemuños do
Preito Tabera-Fonseca di de Pedro Pardo, á vez que
recorda como aconsellou en 1469 ó vello Conde de Lemos
colgar ós vasalos irmandiños dos carballos, que foi
degolado polo gobernador Acuña porque desde A
Frouxeira “robaba e hazia males”72. Dos doce testemuñas
que falan sobre do tema, once reiteran o argumento
xusticeiro e antifortaleza, calquera que foran os seus
oficios, veciñanzas (3 de Lugo, 3 de Betanzos, 1 de
71
Fernando PULGAR, op. cit., p. 357.
72
Acusación que estendían a toda a nobreza galega daquel entón, todo hai que dicilo,
¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, pp. 224-225.
Monforte, 1 de Padrón e 4 de aldeas do arcebispado) ou
posicións ideolóxicas73. Só unha das testemuñas de
posicións contrarias ós irmandiños (próxima á nobreza),
cala o axustizamento do mariscal, soamente fai referencia
ó derrocamento da Frouxeira74, afirmando que iso fora
porque “se llebantaran contra el rey”75. Antes admitían a
súa rebeldía fronte a monarquía que as súas malfeitorías
cara á xente. Á maioría das testemuñas que consideran
relevante o caso, non lles parecía a desobediencia ós Reis
tan importante para explicar a punición do Mariscal como
o seu comportamento delituoso como cabaleiro
malfeitor76. Nisto a tradición galeguista orixinaria se
afastará logo da antiga tradición popular contraria a Pardo
de Cela77.
En fin, podemos dicir sen temor a nos trabucar que
para a opinión pública galega de fins do século XV e de
comezos do século XVI, o Mariscal Pardo de Cela non
fora máis que un malfeitor feudal con quen, felizmente, a
xustiza publica e real arranxou contas. Tamén que non hai
fonte algunha que relacione claramente ó Mariscal, e
menos a súa morte legal, co bando da Beltraneja,
73
Ángel RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Las fortalezas de la Mitra compostelana y los
"irmandiños", 2 vol., Pontevedra, 1984, pp. 134, 137, 176, 188, 245, 417, 420, 425, 428,
489, 565.
Sobre o peso da Frouxeira nos acontecementos que levan á morto do Maríscal hai
74

máis unidade de criterio.


75
Las fortalezas de la Mitra compostelana, p. 215; o mesmo di APONTE, op. cit., p.
123.
76
Di unha testemuña: “lo degollaran porque dicho Pedro Pardo dezian que robaba y
hazia males”, Las fortalezas de la Mitra compostelana, p. 565.
77
Situación que non se debería corresponder coa realidade actual do nacionalismo
galego, reconstruído en democracia sobre unha base popular se cadra máis clara que o
nacionalismo histórico.
tampouco cunha estratexia de “defensa de Galicia” fronte
ó “centralismo” dos Reis Católicos, os nobres galegos non
estaban niso, outra cousa o que se poida interpretar hoxe
“obxectivamente”.
Francisco Mayán asevera que “durante el siglo XVI estaba
muy difundida la creencia en toda clase de atentados
cometidos por parte del Mariscal y sus seguidores”,
presentando como proba a carta executoria dun preito,
entre 1549 e 1554 (non remata ata 1624), onde o neto dun
criado de Pardo de Cela do infortunio do seu avó que
“andava en compañia e servicio cometiendo muchos
delitos e fuerzas como era publico e notorio en el dicho
nuestro Reyno de Galicia”78. Ratificando o carácter da
tradición oral contraria a Pardo de Cela no século XVI,
como xa vimos no Preito Tabera-Fonseca.
Agora ben, non todo o mundo miraban mal ó
Mariscal, no círculo dos seus familiares e criados fieis
desenvólvese unha conmovedora tradición no seu favor 79,
que catro séculos despois pasa á novela histórica e á
ideoloxía galeguista (no sentido marxista de falsa
conciencia), que presenta no Rexurdimento como
maioritaria unha tradición oral que foi marxinal no seu
tempo. A morte por decapitación do cabaleiro de
Mondoñedo préstase abondo ó romance romántico,
fagamos pois o camiño historiográfico, secular e
descontinuo, do mito da tradición oral e popular (entre

Francisco Mayán, El Mariscal Pardo de Cela y la iglesia de Mondoñedo a la luz de la


78

nueva documentación histórica, Viveiro, 1952, pp. 75-76


79
Probablemente os primeiros redactores e difusores estaban entre os que acompañaban
ó Mariscal na defensa de Castro Douro, moitos deles aprehendidos logo -xunto co seu
señor- en outubro de 1483.
séculos XV-XVI) ó mito da tradición escrita, intelectual e
política (séculos XIX-XX). A súa importancia non se debe
minusvalorar (motiva este apartado), porque as
mentalidades e actitudes, crenzas e ideoloxías son feitos
salientables que repercuten na historia dun país, outrosí
cando se trata das tradicións orais próximas ós feitos
sanguentos tratados pola memoria histórica do século XX.
Os Reis Católicos retiran do Reino de Galicia ó
gobernador Acuña pero volven a envialo, ante as
dificultades existentes, con poderes se cabe máis
excepcionais, meses antes da execución de Mondoñedo 80.
Logo de cumprir a súa misión81 será substituído -aínda que
non deixa de botar unha man- por Diego López de Haro,
home ó parecer máis sutil82. Pese a todo ten que organizar
de inmediato o sitio da fortaleza de Vilaxoán onde se
atrincheirara, despois de morrer Pardo de Cela, Fernando
Arias de Saavedra (sogro do Pedro Miranda tamén
executado) que estaba casado coa súa filla menor Costanza
de Castro, que morre neste cerco por beber auga
contaminada83. O xenro do mariscal salva a vida porque o
novo gobernador traía novos aires e Diego de Andrade
intercede no seu favor84. O 12 de marzo de 1484, aínda
80
Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, I, p. 108.
Fernando de Acuña será despois ben recompensado polo seu papel pacificador en
81

Galicia: en 1493, témolo de Virrei en Sicilia en nome dos Reis Católicos, RAH,
Colección Salazar y Castro, tomo I, fol. 217-218.
82
Antonio LÓPEZ FERREIRO, Galicia en el último tercio del siglo XV, Vigo, 1968, p.
111.
83
Vasco de APONTE, op. cit., p. 123.
84
"... y el rey le aseguró la vida porque le sirvió en la de Málaga, mas nunca le quiso
ver", Vasco de APONTE, op. cit., pp. 123-124; a relación amigable de López de Haro e
Diego de Andrade evidencia os cambios ocorridos a partir da parcial substitución de
Acuña.
Acuña, que contribúe a difícil transición, transferira o
novo gobernador as fortalezas de Lugo e Mondoñedo85. O
16 de agosto de 1484, Diego López de Haro ten xa no seu
poder a fortaleza de Vilaxoán. O control das fortalezas foi
clave para o éxito do cometido pacificador da alianza
renovada entre o Estado e o pobo galego, que durou na súa
parte máis dura case tres anos. Segundo as crónicas
derrocáronse unhas corenta e seis fortalezas, reedificadas
despois da revolución irmandiña. En 1526-1527, as
testemuñas sentiron os feitos antinobiliarios 1480-1483,
incluso a morte de Cela86, como una segunda rolda da
revolta popular de 1467-147987.
A viúva de Pardo de Cela, Isabel de Castro, tenta
recuperar, no mesmo ano de 1484, os bens do Mariscal
confiscados polo Gobernador Acuña, sen resultados de
primeiras, pois os Reis Católicos avalaban a expropiación
ilegal porque “dicho mariscal en su vida tovo ocupados e
detenidos muchos bienes nuestros”88. Polo demais
testamenteiro, acredores e outros puxeran man tamén en
ditos bens, o cal complicou tremendamente o proceso
legal. En 1489, o Rei Fernando concede á filla e ós seus
criados carta de seguro contra algúns cabaleiros 89. En
85
José GARCÍA ORO, op. cit., p. 174.
86
Cumpre distinguir o pacifismo irmandiño entre 1467 e 1469 que respectaba a vida dos
cabaleiros derrotados -conforme vimos no primeiro capítulo- e o asañamento da nova
monarquía contra o nobre malfeitor Pardo de Cela no intre histórico da recuperación do
monopolio da violencia por parte do Estado moderno.
87
“Vencedores e vencidos na revolta irmandiña”, conferencia de Carlos Barros no
espazo cultural Portas Ártabras, organizada pola Asociaçom Cultural O Facho. A
Coruña, 24 de abril de 2018 (https://youtu.be/vKAhzBkJzIc).
88
AGS, RGS, V-1484, fol. 83.
89
Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, IX, pp. 33-34.
1494, esta filla maior de Pedro Pardo, Beatriz de Castro,
reclama o seu dereito como herdeira universal perante o
Consello Real e consegue a “devolución” de Carballo de
Galdo, fronte ás pretensións do testamentario Roi
Gonçalez de Ribadeneira, que “so color de complir el
dicho testamento del Mariscal... entro e tomo el logar de
Carballo de Galdo”90. Non se fixo tal. O de Ribadeneira
quedouse co lugar91, a pesar de ser un ben propio de Pedro
Pardo (“que conpre a Pedro de Pumarinno, vezino de
Santa Marta”92). A filla do Mariscal logrou sentencias
favorables sobre Galdo na Audiencia de Galicia, a
Chancelería de Valladolid e tamén no Consello Real. O
caso de Galdo é único e estará vivo durante un século,
entre recursos e cambios de instancia, dende 1494 ata
1598 (sentencia definitiva)93. É por iso que esta relativa
devolución tivo un grande certo impacto nos ambientes
fidalgos pro-Mariscal94, impulsando en xeral a tradición
popular favorable, pero non semella que houbera outras

90
José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 165-169; dez anos despois o padre Oro inclúe este
texto noutra obra borrando o parágrafo onde dicía, sen xustificación, que “Las hijas
del Mariscal parecen haber conseguido su intento reivindicador”, Galicia en los siglos
XIV y XV, tomo I, Pontevedra, 1987, p. 364.
91
O truco foi véndelo en pública poxa, co obxecto de cumprir coas mandas
testamentarias do Mariscal, e adquirilo el mesmo, José GARCÍA ORO, op. cit., p. 169;
dubidamos que Ribadeneira entregara ós beneficiados as cantidades que lles viñan
atribuídas no testamento.
92
El testamento del Mariscal Pedro Pardo de Cela, p. 201.
93
José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, p. 169; véxase tamén José
GARCÍA ORO, María José PORTELA SILVA, “Osorios, Bolaños, Pardos y
Ribadeneiras: Las casas nobles lucenses, camino de la Modernidad”, Anuario
brigantino, nº 25, 2002, p. 160
O interpretaban como unha demostración da súa inocencia: "se o mataran por cousa
94

má quel overa feyto, non lle bolveran seuos bes, ni as netas casaran tan nobremente ",
Memorial de Saavedra, fol. 137 v.
devolucións95. Pese a que, cara 1494, Dona Beatriz se
querelara ante os Reis contra a negativa de veciños de
Viveiro a devolverlle “muchos bienes muebles e rayzes,
que ella pertenescen” como filla de Pardo de Cela96.
Os escudeiros de Pardo de Cela, despois da súa
morte, capitaneados polo seu sobriño Pedro Pardo de
Cabarcos, van á guerra de Granada para se congraciar cos
Reis. Buscando manter legalmente a súa condición de
fidalgos, obtida de feito como todo o que facía o Mariscal,
fronte á opinión da nova irmandade popular organizada
polos Reis Católicos que non os consideraba como tales e
os empadroa. En 1515-1517 e 1528, os representantes
reais actúan contra as cartas e testemuños falsos fabricados
co fin facer fidalgos ós escudeiros do Mariscal97.

95
“No queda evidencia documental de que estos bienes significativos reclamados a
primera hora fuesen devueltos”, José GARCÍA ORO, María José PORTELA SILVA,
op. cit., p. 159; veremos ademais supra ó falar do testamento do Mariscal como, en
1542, outros descendentes perden outro preito contra a Igrexa de Mondoñedo, foi o
normal; na versión da Relazón reivindicando a Pardo de Cela dise claramente, falando
de Beatriz de Castro, filla e herdeira principal do Mariscal, e as súas fillas: “non lle
bolveran seuos bes, ni as netas casaran tan nobremente”, Memorial de Saavedra, fol.
137 v.
96
José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, p. 169.
97
Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, VII, pp. 77-79.

You might also like