Professional Documents
Culture Documents
Textos Prácticas
Textos Prácticas
PETER PAN
Cada vez que hai lúa chea eu pecho as xanelas de casa, porque o pai de Mendoza é o home
lobo e non quero que se meta no meu cuarto. En verdade non debería asustarme porque o pai
de Salazar é Batman e a esas horas debería estar a vixiar as rúas, pero mellor pecho a xanela
porque Merino di que o seu pai é Joker, e Joker tenlla xurada ao pai de Salazar.
Todos os pais dos meus amigos son superheroes ou viláns famosos, menos o meu pai, que
insiste en que el só vende seguros e que non me crea esas bobadas. Aínda que non son
bobadas porque o outro día Gómez díxome que o seu pai era Tarzán e ensinoume o seu
coitelo, todo manchado de sangue de leopardo.
A min gustaríame que o meu pai fose alguén, pero non hai ningún heroe que use gravata e
chaqueta de cadriños. Se eu fose fillo de Conan, Skywalker ou Spiderman, entón ninguén
volvería pegarme no recreo. Por iso púxenme a pensar quen podería ser o meu pai.
Un día quedou frito lendo o xornal e vino todo fraco e longo sobre o sofá, cos seus bigotes de
mosqueteiro e as súas mans pálidas, brancas brancas como o mármore da mesa. Entón corrín
á cociña e saquei unha machada de cortar a carne. Pola xanela entraban a luz da lúa e os
ouveos do pai de Mendoza, pero o meu pai xa grita máis forte e parece un pirata de verdade.
Que se coiden Merino, Salazar e Gómez, porque agora son o fillo do Capitán Garfio.
xénero: Narrativo