Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

O 11/02/1873 iníciase a I República, apoiada polo Parlamento ca maioría de votos.

Porén, a súa
lexitimidade era custionada porque a forma na que se probou non estaba permitida na Constitución.
1. O inicio da República
A Asamblea Nacional Republicana asumiu todos os poderes e nomeo a Estanario Figueras como
presidente executivo, e era á vez xefe de Estado e Goberno. Con respecto ao novo réxime:
Os campesiños e traballadores urbanos esperaban reformas sociais.
A pequena burguesía quería a democracia e reformas sociais.
Os conservadores temían a alteración da orde social ou ataques contra a propiedade.
Figueras mantivo a Constitución de 1869, e únicamente anulou os artigos referentes á monarquía.
Ademais, suprimiu a escravitude en Puerto rico e as quintas, ao que se opuxeron a Igrexa e a alta
burgeusía. Con el, a unidade foi curta, e os republicanos dividíronse en:
● Unitarios: como Castelar, eran conservadores e contrarios ao federalismo.
● Federais: promoveron o Movemento Obreiro, que na Galiza tiña maior importancia en Vigo.
Estaban divididos en:
○ Gradualistas (federación dende arriba): Pi i Margall. As Cortes debían constiuír o reparto de
poderes entre o Estado federal e os Estados que formasen a Federación.
○ Intransixentes ou cantonalistas (federación dende abaixo): proclamación da soberanía das
unidades inferiores (Estados ou Cantóns) para crear a federación española.
Para resolver as súas diferencias convocáronse elecións constituíntes (sufraxio univeral masculino),
que deron a vitoria aos federais.
2. A República federal: Pi i Margall e Nicolás Salmerón
Figueras é substituído por Francesc Pi i Margall (Partido Demócrata Republicano Federal), que
intenta conciliar ás correntes republicanas, razón pola que propugna un sistema de pactos libremente
establecidos entre os pobos ou rexións históricas de España como forma de articular o Estado (o
goberno central renuncia a parte das súas atribucións). Porén, os probelmas que debe de afontar
(guerras carlista e de Cuba) provocan o seu fracaso. No período destacan os seguintes procesos:
● Elaboración dun Proxecto de Constitución Federal, presentado por Pi i Margall nas Cortes, pero
cando se inicia a súa discusión xa estaba Salmerón na presidencia. Trazos definitorios:
○ Define a República Federal como forma de estado e delimita os poderes do Estado Federal
(Estado Central) e os demais Estados que a compoñen.
○ Aos tres poderes do estado engade o poder relacional no presidente da República, pois nomea
ao goberno pero non pode intervir nel. A súa función e manter o equilibrio entre os diferentes
estados federais. O poder executivo reside no Goberno, e o lexistativo reace na Asamblea
Nacional Republicana, formada polo Congreso e o Senado.
○ A federación fórmana 17 Estados, incluídos Cuba e Puerto Rico.
○ Sufraxio universal masculino a maiores de 21 anos.
○ Cada Estado podería elaborar a súa Constitución.
○ Separación Igrexa-Estado (Estado laico).
● Axitación social pois, nalgunhas zonas, obrerios e campesiños, estimulados pola Federación Rural
Española da AIT, protagonizaron folgas (como a de Alcoi, que levou á queima de fábricas),
ocuparon terras, esixiron melloras das súas condicións…
● O cantonalismo, que xurdiu porque os intransixentes porclamaron a independencia dos cantóns en
Andalucía e Levante, no que participan estudantes, agricultores, obreiros… Destaca a de Cartaxena
(07/1873-01/1874), que foi seguida polas de Valencia ou Murcia, entre outras. Defenden a
democracia directa, a autonomía dos municipios e Deputacións, a supresión das quintas, o
anticlericalismo e a defensa das clases medidas e populares, entre outros.
O goberno federal empregou a represión, mais o cantonalismo fixo fracasar a República federal
desde arriba, e provocou a dimisión de Pi i Margall, que é substituído por Nicolás Salmerón. Para
facer fronte ao cantonalismo e aos carlistas, este tivo que apoiarse nos militares (xenerais Pavía e
Martínez Campos). Abdicou trala súa dimisión despois de negarse a asinar a sentencia de morte de
dous militares que pasaran ao bando carlista. Foi reemplazado por Emilio Castelar, quen firmou era
partidatio funha República centralista, a pesar de particiapar na readación da Constitución de 1873.
3. A República centralista: Emilio Castelar
Emilio Castelar obtivo papeles extraordinarios para reorganzar o exército, gobernar co Parlameto
pechado (até xaneiro de 1874) e facer fonte ao cantonalismo e ás guerras carlista e de Cuba.
O autoritarismo de Castelar levou a un acordo de moitos deputados para elixir un novo presidente.
O 02/02/1873 abríronse as Cortes, nas que o goberno de Castelar debía definir o seu goberno. No
debate, a cámara negoulle a confianza e, tras ser derrotado, dimtiu. Ao día seguinte, o xeneral Pavía
entrou co exército e a garda civil no Congreso e disolveu a Asemblea Nacional sen resistencia.
4. O goberno de Serrano
Tralo triunfo do golpe de Espado, Pavía tenta impoñer unha república con Serrano como presidente,
pois afirmaba que o seu golpe realizárase en contra do experimento federal. Así, pasouse a un réxime
coñecido como República Unitaria ou Ditadura do Xeneral Serrano, pois este foi o seu presidente.
Serrano suspendeu as garantías constitucionais e prometeu convocar Cortes Constituíntes (era
necesaria unha nova Constitución, pois a de 1869 estaba suspendida e a de 1873 non chegara a
aprovarse) cando o país estivese paficado. No manifesto do 8 de xaneiro dábase un poder importante
ao exército, considerada como a “unica institución vertebrada e asentada nunha nación dividida”.
As tensións políticas derivadas do enfrontamento entre republicanos, das guerra carlista e de Cuba,
das reivindicacións socias dos membros da AIT, así como do medo dos militares e das clases
propietarias a unha revolución social favorecerán o intento de Cánovas del Castillo de restaurar a
monarquía borbónica na figura de Afonso de Borbón (fillo de Isabel II).
Cánovas del Castillo, dirixente do partido borbónico (tamén chamado conservador ou alfonsino),
era partidario da restauración da monarquía pacificamente. Porén, o xeneral Martínez Campos, en
12/1874, nun pronunciamento en Sagunto (Valencia) liquida os a República e proclama a Alfonso XII
rei de España. Iníciase así un novo período na historia de España: a Restauración Borbónica.

You might also like