Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA

MODULO 3: BUSCAR INFORMACIÓN

3.1 FONTES DE INFORMACIÓN

3.1.1 Que é unha fonte de información

3.1.2 Tipos de fontes de información

3.2 O PROCESO DE BUSCA DE INFORMACION

3.3 BUSCAR NA WEB DA BUSC

3.4 BUSCAR EN INTERNET

3.1. FONTES DE INFORMACIÓN

3.1.1 Que é unha fonte de información

Chamamos fontes de información a todos aqueles recursos dos que dispoñemos para
buscar, localizar e identificar información independentemente do soporte no que se atopen.

3.1.2 Tipos de fontes de información

As fontes de información poden conter información orixinal sobre un tema (fontes


primarias) ou ben información sobre outros documentos, datos, etc (fontes secundarias).

Segundo este criterio podemos diferenciar en canto a fontes de información:

Fontes que conteñen información orixinal sobre un tema: Libros ou monografías,


revistas, periódicos, publicacións oficiais, teses, actas de congresos, ...

A monografía é unha publicación que contén un texto completo e homoxéneo nun


volume ou nun número limitado deles e presenta un estudo completo dunha materia
determinada. Xeralmente identifícase monografía co libro. Dentro das monografías os

1
MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN

manuais son publicacións que recollen os coñecementos esenciais dunha ciencia,


técnica ou arte.

Unha publicación periódica é unha publicación colectiva (nela interveñen moitos


autores con distintas contribucións) que aparece, -cun tipo de periodicidade
determinada (mensual, trimestral, anual...)-, en volumes ou fascículos sucesivos,
relacionados entre si por orde numérica e cronolóxica durante un tempo non limitado
de antemán. Xeralmente identificámolas coas revistas. Pero tamén son consideradas
publicacións periódicas os xornais (de periodicidade diaria) e os anuarios (de aparición
anual).

As revistas proporcionan a información máis actualizada. A meirande parte da


información científica, especialmente nas áreas científico-técnicas e da saúde,
transmítese a través dos artigos que aparecen nelas. A tendencia actual é facelo en
formato electrónico e, dentro deste, vaise abrindo camiño a publicación en acceso
aberto (gratuíto) a texto completo.

Unha tipoloxía de publicación periódica que pode resultar de especial interese son os
boletíns como o DOGA ( Diario oficial de Galicia), ou o BOE (Boletín Oficial del Estado)
que recompilas disposicións e normas emitidas por diferentes organismos. Moitas
entidades do campo da Economía e da Empresa editan os seus propios boletíns, que
adoitan ofrecer na súa páxina web en acceso aberto. Algúns exemplos son o do Banco
de España ou o do Fondo Monetario Internacional.

2
MODULO 3.1. FONTES DE INFORMACIÓN

Obras de referencia ou consulta: Están realizadas para conter moita información e a súa
estrutura serve de guía para chegar a eses datos ou informacións puntuais. Algunhas
pretenden recompilar o saber, outras están máis enfocadas a proporcionar datos
específicos. Algúns exemplos:

o Dicionarios e enciclopedias: Oxford Reference, accesible na rede da USC, desde


a páxina inicial da web da BUSC (clicando no enlace Recursos electrónicos, ou
desde a icona reBUSCa, Diccionarios-Enciclopedias) ofrece acceso a obras de
referencia especializadas en todas as áreas do saber. Para Economía e Empresa
ofrece 11 dicionarios, 8 baixo a materia Social Sciences – Economics, e 3 baixo a
materia Business and Management. Outros recursos destacados son o Palgrave
Dictionary of Economics , elaborado e revisado continuamente polos mellores
especialistas da área; ou The Concise Encyclopedia of Economics, que recolle
artigos e biografías de famosos economistas.
o Atlas: World Atlas & Map Library; The Atlas of Economic Complexity.
o Directorios: The Global Resource Directory, ofrece unha colección de milleiros
de recursos relacionados co comercio internacional, seleccionados pola
Universidade de Michigan pola calidade dos seus contidos e organizados en
categorías temáticas coa finalidade de axudar a estudantes e investigadores.
A nivel galego cómpre coñecer o directorio Ardán, que recolle datos de máis de
10000 empresas galegas, ofrecendo listaxes por facturación, localidade e sector,
así como informes de competitividade, diagnóstico I+D+I, etc (pódese consultar
na Biblioteca).

A BUSC ofrece unha selección de obras de consulta en formato


electrónico, tanto gratuítas como de subscrición.
Lembra que os recursos electrónicos de pago son accesibles
dentro da rede da USC e, ademais, algúns permiten o acceso
en remoto desde fóra da universidade utilizando o sistema SIR,
tal como vimos no módulo anterior.

3
MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN

Catálogos e bases de datos documentais: son o resultado da análise e organización das


fontes que conteñen información orixinal para facelas máis accesibles:

o Catálogo de biblioteca: relación ordenada de rexistros bibliográficos que identifican


todos os recursos existentes na Biblioteca. Dous exemplos son o Catálogo da BUSC1
(ao que dedicaremos o apartado 3.3) e o catálogo de Rebiun (Red de Bibliotecas
Universitarias). Neste último podes localizar os recursos existentes nas bibliotecas
que conforman a rede, xa que todas colaboran activamente na súa alimentación
(incluída a BUSC), cada una coa achega dos rexistros da súa propia colección. É un
exemplo do que se coñece como “catálogo colectivo”. Outro exemplo sería o
Worldcat, formado por coleccións de bibliotecas de todo o mundo.
o Base de datos: conxunto de información estruturada en rexistros e almacenada nun
soporte electrónico, lexible desde un dispositivo con conexión a internet.
Cada documento correspóndese cun rexistro bibliográfico. A súa finalidade é
organizar ditos rexistros para, posteriormente, poder realizar buscas e recuperar a
información. Como exemplo de bases de datos documentais especializadas na área
de Economía e Empresa podes consultar: Business Source Premier, base de datos a
texto completo sobre xestión, economía, finanzas, contabilidade e negocios; ou
SABI, que ofrece información sobre empresas e grupos de empresas españolas.
Como base de datos multidisciplinar caben destacar a Web of Science ou Scopus,
que recollen información científica e académica a nivel mundial nas areas das
ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades, e inclúen actas de congresos,
informes, workshops, etc. Estes catro recursos son accesibles a través de reBUSCa.
Tamén as veremos máis polo miúdo no apartado 3.3.

Portais de información: sitio web que ofrece ao usuario, de xeito integrado e fácil,
acceso a recursos e servizos relacionados cun tema. Inclúe documentos, enlaces, foros,
buscadores, etc. A meirande parte dos sitios web institucionais configúranse na
actualidade como portais de información no seu ámbito.

1
A Biblioteca de Económicas elaborou un tríptico sobre o catálogo e as súas principais prestacións. Podes
descárgalo aquí.

4
MODULO 3.1. FONTES DE INFORMACIÓN

A TER EN CONTA...
 Coloquialmente chamamos páxina web
indistintamente a un sitio web ou a un
portal mais, en realidade, un sitio web
inclúe varias páxinas web.
 Internet ofrece unha grande cantidade de
información procedente de diversas
fontes, con datos fiables e non fiables.

Exemplos:

Buscador de Economía e Empresa: plataforma educativa creada por un equipo de


profesores da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña que
conta coa colaboración do equipo técnico da Biblioteca. Pretende facilitar a calquera
usuario interesado a procura de información sobre Economía e Empresa.

5
MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN

Unidade Galicia Emprende (IGAPE): Anteriormente coñecida como BIC Galicia, ten
entre as súas funcións fomentar o espírito emprendedor, apoiar a creación de
empresas, dotar os futuros empresarios dos coñecementos e habilidades necesarias
para xestionar a súa empresa e apoiar a consolidación e innovación no tecido
empresarial galego.

EconPapers: portal de acceso a información especializada en Economía que recolle


referencias de documentos impresos ou en formato electrónico, códigos económicos,
recursos en Internet... nutríndose da base de datos RePEC, a máis ampla colección en
liña de documentos de traballo e artigos científicos sobre Economía. A meirande
parte dos textos son libremente accesibles, mais algúns requiren de subscrición e /ou
rexistro.

Para saber máis...


Anexo 3.1.1 Recursos de información que non te podes perder

You might also like