Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 8

A RESTAURACIÓN

- Período comprendido dende a derrota de Napoleón


en 1815 e o inicio da oleada revolucionaria de 1830.

- Na maior parte de Europa os reis absolutistas,


intentaron recuperar as ideas do Antigo Réxime.

- Basaronse nos acordos establecidos no Congreso


de Viena (1815):

 a vida social e política debía descansar sobre os


monarcas, a Igrexa, e a aristocracia.
 Exaltábase a orden, a autoridade e a obediencia
fronte ás ideas revolucionarias.

A pesar deses intentos, so obtiveron un éxito parcial,


xa que era imposible retornar sen más á situación
anterior á Revolución.

Finalmente, as oleadas revolucionarias 1830 e 1848


deron ao traste con esa forma de facer política.
LIBERALISMO

Definición: corrente que exalta e defende os valores do


individuo e os seus dereitos fronte ao Estado.

Características:

1. A defensa das liberdades e os dereitos individuais


de pensamento, conciencia e asociación.
2. A igualdade xurídica de todos os cidadáns ante a
lei.
3. A soberanía nacional: o poder reside no pobo e non
no monarca
4. A división de poderes: o poder lexislativo estará
representado no parlamento, o poder executivo en
mans do rei o do presidente da República e o poder
xudicial estará en mans dos tribunais e os xuíces.
5.A ordenación do réxime político mediante unha Lei
Fundamental ou Constitución que estivese por
encima do rei e encarnase a soberanía nacional.
NACIONALISMO

Definición: ideoloxía que ten como obxectivo a creación


dunha comunidade diferenciada, asentada sobre un
territorio propio e con dereito a formar un Estado.

Corrente que impulsou a creación de novos estados


nacionais, ao tempo que reforzaba os xa existentes.

Nacionalismo e liberalismo xogaron un importante papel


ao longo do século XIX, especialmente durante a
primeira metade.
AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS E NACIONAIS

A plasmación destas ideoloxías conseguiuse tras as


sucesivas ondas revolucionarias na primeira metade do
século XIX: 1820, 1830 e 1848.

- As revolucións de 1820:

Afectou fundamentalmente a área mediterránea, máis


concretamente a España, Nápoles e Grecia.

En España con Fernando VII, en 1820 dáse un golpe de


Estado, e o rei asustado xura a Constitución de 1812 e
España convertese nun país liberal. Pero remata cando
tres años más tardes restablecen a Fernando VII como
rei absoluto.
En Grecia a dominación turca non acabou coa lingua
grega e a relixión cristiá ortodoxa.Toda Europa
volcouse coa causa e tras unha longa guerra que durou
case unha década conseguiu a súa independencia en
1829.

- As revolucións de 1830:

Foi en Francia onde o pobo de París precipitouse as


rúas e, atrincherados en barricadas, conseguiu
derrotar ao exército real. O monarca Carlos X tivo que
exiliarse e os deputados nomearon rei a Luís Filipe de
Orleáns quen instaurou un réxime político liberal con
sufraxio censatario e aprobou unha Constitución máis
liberal.

Carlos X de Borbón Luís Filipe de Orleáns


A liberdade guiando o pobo, Delacroix 1830

En Bélxica, iniciouse en Bruxelas unha revolta contra o


dominio de Holanda e rapidamente puideron declarar a
súa independencia.

- A oleada revolucionaria de 1848.

Iniciase, al igual que la de 1830, en Francia e


extendeuse a gran parte de Europa. É coñecida co nome
de “primaveira dos pobos”.
As causas foron:

- A crise económica como consecuencia de malas


colleitas, en especial a de patacas, alimento básico
para as clases populares. A crise agraria influíu nos
sectores industrial e financeiro, levando ao paro a
moitos obreiros.

- A monarquía de Luís Filipe de Orleáns so satisfacía


aos intereses da alta burguesía, en tanto que a
pequena burguesía como o proletariado quedaban
política e economicamente desatendidos.

A revolución triunfou en Francia, que deixou de ser


unha monarquía e converteuse nunha república social;
recoñeceron os dereitos dos traballadores e impusoxe
o sufraxio universal.

You might also like