Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 12

6

Unidade

Contidos
Lectura. “O primeiro e-reader naceu en Ferrol”
Expresión escrita. Microrrelato
Léxico. Tempo atmosférico
Gramática. Pronome (II): pronome persoal átono; artigo
Expresión oral. Que tempo vai?
Ortografía. Puntuación (I): punto, vírgula e punto e vírgula
Literatura. Xénero lírico (II): rima e estrofa
Lingua e sociedade. Linguas da Península Ibérica
Expresión escrita
6
Microrrelato
O microrrelato ou microconto defí- Na despensa, repostos con
Convivencia certa frecuencia, un grupo de
nese como un texto narrativo breve de humanos protesta.
Nun céntrico piso da avenida
tema variábel. Os seus principais tra- Fernando Díaz–Castroverde:
da Liberdade, no corazón de
zos característicos son estes: Lisboa, viven perfectamente Microbios e outros
distribuídos unha babelia de paquidermos.
n Redacción sintética, sen moitos animais. Os espazos delimi-
detalles. tados: no dormitorio princi- O bicho bóla
pal, os leóns e o séquito de
n Acción única. Logo de dar moitas voltas, o bi-
felinos; o cuarto dos invita-
cho bóla saíu do bombo da lota-
dos para os ofidios ambu-
n Escaso número de personaxes. ría, rodou até as mans do neno
lantes; paquidermos, rino-
de San Ildefonso e murmuroulle
n Desenlace por veces inesperado. cerontes e outros animais
ao ouvido: “Son o seis”.
ocupan o salón-comedor; o
baño, propiedade de hipo- Beatriz Osés e
pótamos, crocodilos e de- Miguel Ángel Díez:
mais naturezas húmidas. Contos como pulgas.

Actividades

1. Tece unha historia sobre este personaxe que 2. Escolle unha opción de cada cadro para escribi-
non sobrepase as cincuenta palabras. res un microrrelato.

Acción Personaxe Localización


secuestro papagaio deserto
celebración culler illa
viaxe xardineiro cidade
terremoto vento barco

3. Elabora un microconto tomando como punto de partida a lenda “A doniña cerva”.


No castelo de Doiras, no concello de Cervantes, moraba un cabaleiro de nome Froiaz, que tiña dous fillos:
Egas e Aldara.
Aras, o fillo do señor do castelo veciño, namorouse de Aldara. O seu amor foi correspondido e, parecén-
dolle ben aos pais de ambos os rapaces, anunciouse o casamento.
Unha tarde Aldara desapareceu do castelo. O pai e o irmán, os criados e os escudeiros, e mesmo Aras,
acompañado das súas xentes, foron na procura da moza.
Depois dalgúns días de busca infrutuosa, deuse por definitiva a desaparición de Aldara, pois críase que
algún porco bravo, oso ou lobo tería acabado coa vida da rapariga.
Un día, Egas, estando de caza, albiscou unha fermosa cerva branca. Dun disparo único e certeiro acabou
coa vida do animal. Porén, non se decatara de que era imposíbel levar a cerva até o castelo polo seu
excesivo peso. Por tanto, cortou a pata dianteira da cerva para demostrar que o animal lle pertencía e,
así, facer ver a súa fazaña.
Cando Egas chegou ao castelo contoulle a seu pai o sucedido e, no momento en que sacou a pata do far-
del, viu como esta se transformara nunha man fina e branca de doncela. Nun dos dedos da man relucía
un fermoso anel de ouro cunha pedra avermellada, que pertencera a Aldara.
Co ánimo dorido, Egas e o seu pai partiron para o lugar en que a cerva fora derrubada. Alí encontraron,
morta, a Aldara, a quen lle faltaba unha man. A moza fora, sen dúbida, encantada por algún mouro e só
coa morte recobrou o seu corpo de doncela.

103
6 Léxico
Tempo atmosférico

Actividades

1. Localiza estes elementos nos deseños ante- 3. Con estas sílabas forma sinónimos dos vocábu-
riores. Que estación representa cada unha das los embaixo.
imaxes?
po vis fa chu ei po bré lo ma rra
arco da vella ceo chuvia neve
a ne pa bo ca te ro fa lla
nube sol vento

2. Completa os enunciados cos seguintes adxecti- orballo néboa folerpa


vos.

despexado estrelado tépedo


glacial húmido
n Pasearon durante horas baixo o ceo ...........
n A pesar de ter chovido toda a noite, amenceu 4. Une as frases feitas cos seus significados.
o día moi .....................
Chover miudiño. Caer pouca auga.
n O clima ........... é prexudicial para a saúde.
Estar como un pito. Estar tolo/a.
n Aproxímase un vento .................. proceden-
Chover a cachón. Estar moi mollado/a.
te de Siberia.
n Non vai frío nen calor; ficou un día bastante .... Chover na cabeza. Chover intensamente.

104
Léxico
6

5. Agrupa estes termos na seguinte tabela. 7. En grupo, redactade unha previsión meteoro-
refacho trono viruxe
lóxica para esta fin de semana e colocade os
símbolos correspondentes nun mapa.
friaxe ar salpedrar
barruzo xeo asollado Para realizardes esta actividade podedes con-
sultar a páxina web de Meteogalicia (www.me-
bochorno calmizo chaparrada
teogalicia.es).
arrefriar escampar trebón
carambelo raio fresco

calor frío xeada

chuvia treboada vento

6. Explica o que significan estes refráns.


n Nunca choveu que non escampase.
n Marzo marzola, trebón e raiola.
Despexado Nubes altas Nubes e claros Nubrado Moi nubrado Néboa Tormentas Orballo
n En abril, augas mil. Vento

n Até o corenta de maio aínda a vella queima Chuvasco débil Chuvasco Chuvia Treboada Neve Fraco Moderado Forte

o tallo.

105
6 Gramática
Pronome (II): pronome persoal átono; artigo
1. Pronome persoal átono
O pronome persoal átono pode desempeñar dúas funcións sintácticas: complemento
directo (cd) e complemento indirecto (ci) sen preposición.

El pinta o valado. g El píntao.


CD CD

Subiron o prezo aos clientes. g Subíronlles o prezo.


CI CI

As formas do pronome persoal átono, tamén denominadas clíticos, son estas:

Número Persoa Pronomes persoais átonos Número Persoa Pronomes persoais átonos
1.ª me 1.ª nos
Singular 2.ª te, che Plural 2.ª vos
3.ª o/a, lo/la, no/na; lle 3.ª os/as, los/las, nos/nas; lles

1.1. Uso de o/a, os/as e das súas variantes Para sabermos cando usar te ou che podemos substi-
tuír estes pronomes polos de 3.ª persoa de singular.
O/a, os/as, o pronome persoal átono de 3.ª persoa de
Se nesta transformación empregamos o/a ou algún
singular en función de cd, emprégase cando o verbo
dos seus alomorfos (lo/la, no/na), o pronome correc-
acaba en vogal ou en -n.
to é te. Porén, se utilizamos lle, o pronome que debe-
A cantante interpreta unha aria. g A cantante mos usar é che.
interprétaa.
Agardámoste durante unha hora. g
Trocaron a saia por un pantalón. g Trocárona. CD

Este pronome presenta variantes (tamén chamadas Agardámola durante unha hora.
CD
alomorfos); escollemos unha ou outra segundo a
terminación do verbo que precede o pronome. Tróuxoche un presente. g
CI
n Lo/la, los/las, se o verbo termina en -r ou -s.
Tróuxolle un presente.
Temos que arranxar as bicicletas. g Temos que CI

arranxalas. / Témolas que arranxar.


Nalgunhas zonas existe teísmo (só se emprega o
n No/na, nos/nas, se o verbo finaliza en ditongo. pronome te) e noutras hai cheísmo (utilízase unica-
Partiu un brazo. g Partiuno. mente a forma che).

1.2. Uso de te e che 1.3. Uso de lle e lles


Existen dous pronomes persoais átonos de 2.ª per- As formas lle e lles son pronomes persoais átonos de
soa de singular: te, de cd, e che, de ci. 2.ª persoa e desempeñan a función de ci.
Coñecinte rapidamente. Empresteille (a Irene) un álbum de banda deseñada.
Collímosche a radio da sala. Empresteilles (a Irene e a André) un álbum de banda
deseñada.

106
Gramática
6
2. Contraccións do pronome persoal 4. Artigo
átono O artigo, que funciona como determinante, acom-
Cando coinciden dous pronomes persoais átonos (un de paña un substantivo (ao cal actualiza) e infórmanos
cd e outro de ci) xéranse as seguintes contraccións: do seu xénero e número. Tamén é habitual que apa-
reza antes do posesivo.
me che lle nos vos lles
O dicionario sempre resolve as miñas dúbidas.
o mo cho llo nolo volo llelo
a ma cha lla nola vola llela Segundo indiquen unha referencia precisa ou impre-
os mos chos llos nolos volos llelos cisa, diferénciase entre:
as mas chas llas nolas volas llelas
n Artigo definido, que presenta un ser coñecido
O aniversario celebráronllo antonte, mais non mo polo/a emisor/a e o/a destinatario/a e identifica
dixeron a tempo. seres da mesma especie.
A elas non llelo contaron; xa volo dixen mil veces. Cómprame a saia vermella que vimos onte.
O esquío é un animal vertebrado.
3. Colocación do pronome persoal Artigo definido Masculino Feminino
átono Singular o a
O pronome persoal átono pode colocarse antes do Plural os as
verbo (colocación proclítica) ou despois del (colo-
n Artigo indefinido, que se refire a un ser indeter-
cación enclítica). A posición máis habitual é a en-
minado ou descoñecido para o/a emisor/a e o/a
clítica, en que o pronome vai ligado á forma verbal.
destinatario/a.
Comentáronche o suceso? Cómprame unha saia vermella.
Carlos recolleunos á porta da tenda.
Onte vimos un esquío.
Os casos en que o pronome persoal átono se coloca Artigo indefinido Masculino Feminino
antes do verbo son os seguintes: Singular un unha
Plural uns unhas
Non vos quero ver aquí.
Nos enunciados negativos
Ninguén o coñece.
Nos enunciados Oxalá nos toque ese premio! Por outra parte, os artigos definidos e indefinidos
desiderativos Mal raio me parta! poden formar contraccións con algunhas preposi-
Nos enunciados introducidos cións.
por un pronome ou un Cando as avisou?
adverbio interrogativo ou Canto me alegro de verte!
exclamativo Artigo definido Artigo indefinido
Prep.
Nos enunciados iniciados Talvez llelo contamos sen o a os as un unha uns unhas
por algúns adverbios e querer. a ao á aos ás — — — —
pronomes Todo o mundo vos coñece.
con co coa cos coas cun cunha cuns cunhas
Martiño contounos que a
de do da dos das dun dunha duns dunhas
recoñeceu axiña.
Nas cláusulas subordinadas en no na nos nas nun nunha nuns nunhas
Non respondeu porque nolo
dixera antes. por polo pola polos polas — — — —

un de favor
Me dás quilo patacas, por
Cómpre ter en
conta que un pro-
nome persoal áto-
no nunca comeza
un enunciado.
Me un de
dás por favor
quilo patacas, 107
6 Gramática
Actividades

1. Encontra os pronomes persoais neste texto e in- n Os mecánicos gardáronvos as motos no ga-
dica se son tónicos ou átonos. raxe.
n Deixoume os cadernos onde lle mandei.
O que máis che agradecería agora –comezou a
falar o Fornadas– era que me botases as mans n Xa nos trouxeron os mobles do cuarto do
á gorxa e me esganases aquí mesmo. Xa sei meu padriño.
que ti dirás que non teño máis que matarme n Facilitáronche moito o traballo.
e conto resolto, mais non che é tan doado, xa
6. Pon o pronome persoal átono onde conveña e
verás. Ti sabes, coma todos, que eu matei a
explica a súa colocación.
vella e que a fomos queimar no forno da Esca-
vanada. E sei que fun eu o que a matou porque, n Sempre ........ viamos ........ acompañada do
aínda que todos lle demos golpes e pancadas, seu can.
ela si que sabe quen a matou e aínda hoxe mo n ........ gustou ........ a noticia sobre a invasión
segue a facer pagar a min. extraterrestre.
Xabier P. Docampo: n Non ...... axudou ...... cando o necesitastes.
Cando petan na porta pola noite. n ...... mandou..... un aviso á nosa propia casa.
2. Troca as expresións entre parénteses por prono- n O demo ........ coma ........, meu fillo!
mes persoais átonos.
n Sabe (a ti) ben así ou boto (á comida) máis
azúcar?
n O helicóptero deixou (a eles) no cumio da
montaña.
n Xa marcharon, mais deixaron (a vós) unha
nota.
n Viches (a Catarina) hoxe?
n A profesora utilizou (un bolígrafo vermello)
para corrixir (os problemas).

3. Coloca te ou che.
n Aseguro........ que foi así!
n Non ........ vía desde había bastante tempo.
n Penso que xa ...... comuniquei o resultado. 7. Coloca artigos definidos, artigos indefinidos e
n Quen ........ dera! contraccións no seguinte texto.
n Quéro........ moito, miña rula. ...... arreguizo percorreulle ...... espiña e
deixouno paralizado. Varréuselle ...... vista,
4. Substitúe as secuencias destacadas polos pro- afrouxáronselle ...... pernas e sentiu que afo-
nomes llo/lla ou llelo/llela e os seus plurais. gaba. ...... familia de Caldas e outros especta-
Ex.: Compraches un monopatín novo ao pe- dores puxéronse a darlle voces de ánimo e a
queno? g Compráchesllo? berrar que aquilo era ...... inxustiza. Pero ......
n Solucionei o problema ás rapazas. altofalantes e ...... aplausos de ...... que alí se
congregaban onda ...... estrado de ...... entre-
n Comín as filloas a teu pai.
ga de premios acalaban aqueles berros.
n Subimos as mangas a esas blusas.
Entrou en ...... súa camareta sen parar de
n Entregaron a medalla de ouro á campioa.
saloucar. ...... desesperación non lle collía en
n Xa dei o recado a Manuel. ...... peito. Gustaríalle que o tragase ...... terra.
5. Substitúe as expresións subliñadas e repara nas Agarrou ...... cinto de ...... albornoz, compro-
contraccións resultantes. bou ...... súa resistencia e saíu con el cara a
...... duchas. Por ...... intre pensou en escribir
Ex.: Concedéronme unha bolsa de estudos. > ...... nota denunciando ...... inxustiza, mais
Concedéronma. logo desbotou ...... idea.
n Non che quero as túas desculpas. Gonzalo Navaza: Erros e Tánatos.

108
6 Ortografía
Puntuación (I): punto, vírgula e punto e vírgula
A puntuación é o conxunto de signos gráficos utilizados para organizar as partes dun texto.

Punto .
O punto sinala unha pausa longa e indica o final dun enunciado. Despois de punto, a primeira letra da palabra
seguinte escríbese con maiúscula.

Existen tres clases de puntos:

n O punto e seguido, que separa os enunciados dun parágrafo.

n O punto e á parte, que serve para fechar un parágrafo.

n O punto e final, que marca a fin do texto.


[punto e seguido]

Xapón está formado por catro grandes illas e máis de tres mil de menor tamaño. Unha décima parte dos
volcáns activos do planeta encóntranse no Xapón. [punto e á parte]

Pola súa parte, China é un dos países máis antigos do planeta e é o primeiro en poboación, con máis de mil
millóns de habitantes. [punto e final]

Vírgula Punto e vírgula


A vírgula indica unha pausa breve e utilízase para O punto e vírgula marca unha pausa maior que a da
delimitar enunciados ou partes de enunciados. vírgula e menor que a do punto.

Acostuma empregarse nos seguintes casos: Despois de punto e vírgula a primeira letra da pala-
n Para separarmos elementos breves dunha enume- bra seguinte escríbese con minúscula.
ración. Adoita utilizarse para separar:
Merquei unhas tesoiras, un estoxo, dous cadernos e n Enunciados relacionados tematicamente.
catro lapis.
Teño unha dor de cabeza moi forte; vou tentar durmir
n Para illarmos o vocativo do resto do enunciado. un pouco.
Xoán, pon a mesa! n Elementos longos dunha enumeración, sobre todo
n Para subliñarmos o inicio e o final dun inciso. cando conteñen vírgulas.

Dublín, a capital de Irlanda, ten un clima moi hú- No Neolítico iniciáronse costumes como a rapa das
mido. bestas ou a celebración das mudanzas de estación; a
chegada da primavera, hoxe o Entroido; a chegada
n Após os marcadores discursivos en primeiro lugar, do verán, hoxe o San Xoán; a chegada do inverno,
en realidade, en consecuencia, porén, non obstante, hoxe o Nadal.
por tanto…
O eucalipto absorbe moita auga e, por tanto, resulta [pausa longa]
prexudicial para a vexetación circundante. d
– pausa que +
+ pausa que
t

A vírgula non se utiliza antes da conxunción copula- [pausa breve]


tiva e nin para separar o suxeito do predicado.

110
Ortografía
6
Actividades

1. Que sinal de puntuación se esconde baixo cada punto de cor?


n A pita do monte e o oso pardo son especies en extinción
n Nas vacacións coñecemos rapaces chineses xaponeses tailandeses vietnamitas e algúns
mozos de Corea do norte
n Neste ano incrementáronse as precipitacións na nosa comarca en consecuencia houbo maior
número de inundacións
n Cando abrín o armario encontrei bastante roupa (xerseis pantalóns saias e camisas) de cando
era máis nova dúas maletas vellas que foron do meu avó algunhas mantas e toallas comestas
dos ratos…

2. Explica por que motivo se emprega cada sinal de puntuación nos seguintes enunciados.
n O cabalo de Atila, rei dos hunos, chamábase Othar.
n Hai tres semanas merquei unha novela inglesa de misterio; a semana pasada, unha antoloxía de
contos irlandeses; onte, un poemario dunha autora escocesa.
n Este ano inscribinme en fútbol sala, teatro e xadrez; daquela, vou ter pouco tempo libre.
n Desde a última vez que nos vimos, Laura, medraches moito. Vas camiño de seres tan alta como
a túa nai.
n Algúns avances científicos resultaron fundamentais para a evolución do ser humano; outros, polo
contrario, tiveron efectos nefastos.

3. Coloca os sinais de puntuación neste texto e usa maiúscula cando for necesario.
Eros é o deus do Amor a tradición máis xeralmente aceptada teno por fillo de Afrodita e Ares aparece
na mitoloxía grega como acompañante e servidor da deusa sendo representado pouco a pouco como
un neno alado cargado coa súa alxaba e cunhas frechas coas cales fere a divindades e persoas de aí o
carácter irracional do amor as ás indican que a paixón que inspira non é duradeira e as frechas que o
amor fere os ollos vendados que aparecen a partir da arte medieval simbolizan o amor voluptuoso
Matilde de Cal Cortina e José Manuel Bértolo Ballesteros:
Mitoloxía clásica en Galiza: os deuses do Olimpo.

4. Introduce estas expresións como incisos nos enunciados embaixo.


alén disto w Lucía w por tanto w antes de asinar w en primeiro lugar
n Tráeme un vaso de auga.
n É preciso que se aseguren de ler ben as condicións.
n Pícanse as verduras en tiras finas.
n Xulio ten tres fillas; ten familia numerosa.
n Gústame ler libros de terror; tamén me gusta facer deporte e saír á noite.

5. Colocando nun ou noutro lugar os sinais de puntuación podemos crear coas mesmas palabras enuncia-
dos diferentes (Non é falso / Non, é falso ). Puntúa estas secuencias tentando crear distintos sentidos.
n Ben sabes que non debemos perdoalo.
n Perdón nin pensar que o manden ao cárcere.
n Xa che dixen que quería porco.
n Henrique fala con Fuco.

6. Ditado.
Texto: O Tardo
Autor: Xaquín Lourenzo

111
6 Literatura
Xénero lírico (II): rima e estrofa
1. Rima
A rima consiste na repetición de sons no final de dous ou máis versos. Cando esta repetición afecta todos os sons
desde a última vogal tónica, estamos ante rima consonante; se afectar só os sons vocálicos, é rima asonante.
Rima consonante Rima asonante
–Esta torre hai mil anos Alí as meniñas,
que a fixeron os fenicios. as mozas, os nenos,
–Tamén hai algúns indicios as vellas, os mozos,
de que é obra dos romanos. os homes, os vellos,
–Sodes na historia profanos que veñan, que volten
e en sentenciar moi lixeiros á vila, ao eido,
almorzan, merendan
pois nin foron os primeiros
e failles proveito.
nin os segundos, aposto!
Frangullas de pan,
–Tíranos de dúbida, Agosto:
migallas de queixo,
Di, quen foron? castañas mamotas
–Os canteiros! ou froita do tempo.
Francisco Añón Frei Martín Sarmiento

2. Estrofa
Os versos poden agruparse formando estrofas, que son conxuntos de versos cun esquema de rima e cunha
medida fixos. A seguir, relacionamos os tipos de estrofa máis frecuentes:

Pareado: dous versos de arte menor ou maior que Redondilla: catro versos de arte menor con rima
riman entre si. abba.
Cou/sas/, cou/sas/ fun/ len/do/, can/do as/ le/tras/ Dúr/me/te/, meu/ pe/que/ni/ño; 8a
a/ pren/dí/a. 15 A dúr/me/te/, meu/ pe/que/rre/cho; 8b
A/go/ra/ que/ sei/ ler/ non/ sei o/ que a/lí/ di/cí/a. 13 A pe/cha os/ o/llos/ co/mo un/ pe/cho, 8b
María Mariño que/ xa es/ca/pou/ o/ ra/ti/ño. 8a
Antón Zapata García
Terceto: tres versos de arte maior, que aparecen
a miúdo encadeando as súas rimas (ABA, BCB, Cuarteta: catro versos de arte menor con rima abab.
CDC…). A un /ba/ti/do, ou/tro/ ba/ti/do; 8a
Vi/vir/, vi/vir/. Can/tar/ sen/ pa/tria/. Du/ra 11 A a unh/a /dor, /ou/tro/ do/lor; 7+1 b
or/fan/da/de/ do/ cor/po. E/ ser/. E/ te/rra 11 B tras / dun / ol/vi/do, ou/tro /ol/vi/do; 8a
so/ñar/. Vi/vir/, vi/vir/. A/mar/ a/ vi/da. 11 C tras/ dun/ a/mor/, ou/tro a/mor. 7+1 b

Arcadio López Casanova Rosalía de Castro

Copla: catro versos octosílabos con rima asonante


Tercetiño: tres versos de arte menor con rima, polo -a-a.
xeral, consonante.
Es/te/ vai/se e/ a/quel/ vai/se, 8–
A/go/ra/ te/ño/ sau/da/de 8a
e/ to/dos/, to/dos/ se/ van; 7+1 a
do/ fu/tu/ro/ que hei/ de an/dar 7+1 b
Ga/li/cia/, sen/ ho/mes/ que/das 8–
lon/xe/ da/ mi/ña/ ci/da/de 8a
que/ te/ poi/dan/ tra/ba/llar. 7+1 a
Antón Avilés de Taramancos
Rosalía de Castro

112
Literatura
6
Cuarteto: catro versos de arte maior que riman se- Quinteto: cinco versos de arte maior e de rima con-
gundo o esquema ABBA. sonante, sen esquema de rima fixo.
Cho/ra/rí/a/ por/ ti/ se a/ín/da/ ti/ve/ra 12 A Se/rán/ fa/mo/sas/ vi/las as/ que/ ho/xe/ ves/ al/de/as… 14 A
du/ras/ bá/goas/ de/ luz/ pa/ra a/brir/ en/ pran/to; 12 B A/ Cru/ña/, Fe/rrol/, Mu/ros/ e /Vi/go e n/can/ta/dor, 13+1 B
mais/ er/mo o/ co/ra/zón/ es/tá /hai/ xa/ tan/to 12 B da/ o/re/la/ do/ teu/ man/to/ mag/ní/fi/cas/ pre/se/as, 14 A
que/ nin/ o a/ba/lo/ seu/ dó/e/me/ se/que/ra. 12 A se/rán/ máis/ vi/si/ta/dos/ de/ em/bar/ca/cións/ a/lle/as 14 A
do/ que/ ho/xe/ son/ Lis/boa/, Mar/se/lla e/ No/va/ York. 13+1 B
Arcadio López Casanova
Francisco Añón

Serventesio: catro versos de arte maior e rima con- Lira: cinco versos hendecasílabos e heptasílabos con
sonante ABAB. rima consonante e esquema de rima aBabB.
Ouh/ sol/! Ti/ que a/te/sou/ras 7a
Des/ta/ fon/ti/ña á/ bei/ra/ fro/le/a/da 11 A
A/ lus/ que e
 s/par/xe a
 / bré/te/ma/ som/brí/a; 11 B
sen/ta/do á/ som/bra/ dun/ cho/rón/ es/tou, 10+1 B
T/, qu’os/ ou/tei/ros/ dou/ras 7a
do/í/do o/ pei/to/, a al/ma es/con/so/la/da, 11 A
E i/nun/das/ de ar/mo/ní/a 7b
tris/te/ mo/rren/do/ pou/co a/ pou/co/ vou. 10+1 B O/ ce/o/, a/ te/rra/, o/ mar/, a/ tar/de/, o/ dí/a; 11 B
Alberto Camino Manuel Curros Enríquez

Actividades

1. Le este fragmento a e escribe dúas estrofas máis mantendo o tema e empregando o mesmo esquema
métrico e idéntico tipo de estrofa. Se quixeres, podes comezar tamén por Eu soño….
Eu soño ser corzo e sobe ao curuto
que vive nas gándaras, das altas montañas
que traza camiños. por ver no horizonte
que chouta nas matas as ondas salgadas.
Xoán Babarro: Do P ao Z con Pondal.
2. Identifica o tipo de estrofa destas composicións poéticas.
Camiño do tempo vello, Raiola de luar que bica o río,
camiño do tempo novo: flor mareliña que entre espiñas chora,
pedra dos tempos sen tempo, ou das redes da araña un tenue fío,
pedra dun ollar sen ollos. toda humilde beleza me namora.
Xesús Lorenzo Varela: Lonxe. Antonio Noriega Varela: Do ermo.

Está cativa a roseira, Ai, naiciña, non sei como lle chame
mais, despois de tanto inverno… ao martirio que sufro sendo cura
Galicia ha ter primavera. e ter que presenciar finxindo calma
como namentres uns morren de fame,
Ramón Cabanillas: No desterro.
viven outros nadando na fartura!
Valentín Lamas Carvajal: Saudades gallegas.

3. Coloca as palabras que faltan onde for necesario para manter o esquema de rima e o sentido das estrofas.
Cando vos oio ..........., Lugar máis fermoso
campaniñas, campaniñas, oio non houbo na ................. encantada
sin querer torno a ........... . chorar que aquel que eu miraba, dera
Cando de lonxe vos ..........., tocar que aquel que me .............. . achara
penso que por min chamades, Lugar máis fermoso
doio terra
e das entrañas me ........... . non mundo n’.................
que aquel de Galicia.
Rosalía de Castro: Cantares gallegos.
Galicia ................!
Rosalía de Castro: Cantares gallegos.

113
6 Lingua e sociedade
Linguas da Península Ibérica
Bonos díes. Egun on! Bon día. Buenos días.

Hola, quería un café Kaixo, kafesne bat Hola! Voldría un café ¡Hola! Quería un café
con lleche y un zusmiu eta laranja zuku bat, amb llet i un suc de con leche y un zumo de
de naranxa, por favor. mesedez. toronja, si us plau. naranja, por favor.

¿Daqué más? Besterik? Res més? ¿Algo más?

Sí, unes turraes, Bai, tostada Sí, unes Sí, unas


munches batzuk, eskerrik torrades. Moltes tostadas. Muchas
gracies. asko. gracies. gracias.

Asturiano Éuscaro Catalán Español


¡Buen diya! Bon dia! Bom dia.

Ola, quiero un café Òla, voleria un cafè Olá! Queria uma meia
con lei e un suco de en lèit e un chuc de leite e um sumo de
narancha, por fabor. d’iranja, se vos platz. laranja, por favor.

¿Bella cosa más? Quauquarren mès? É só?

Sí, unas turradas, Òc, ues Sim, umas


muitas torrades. Fòrça torradas. Muito
grazias. gràcies. obrigada.

Aragonés Aranés Portugués Galego


u Depois de leres o mesmo texto en sete linguas diferentes, poderías escribilo agora en galego?
u Que semellanzas e que diferenzas encontras entre galego e portugués?
u Que linguas se parecen máis entre si e cales son máis distantes?
u A seguir, reproducimos o refrán Pola fiestra do celeiro podemos ver a lúa de xaneiro en varias linguas; en cales?
Per la hièstra deu graèr que podem véser la lua de gèr.
Pela fresta do celeiro pode ver-se a lua de janeiro.
Per la finestra del graner podem veure la lluna de gener.

114

You might also like