Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

18/04/2022

Protocolo para a tramitación das solicitudes de modificación de datos de meno-


res de idade no Sistema de Información Poboacional de Galicia (SIPGA)_Tarxe-
ta Sanitaria

No proceso de solicitude de modificación dos datos de menores de idade (excluíndo os/as me -


nores tutelados/as pola Administración que dispoñen dun protocolo especifico) débese seguir
o seguinte protocolo:

Para realizar a solicitude de modificación dos datos cumprimentarase o formulario dispoñible


nos Centros de Saúde ou na paxina web do Servicio Galego de Saúde
https://www.sergas.es/Tarxeta-sanitaria. Dito formulario xunto co resto da documentación co-
rrespondente poderá ser tramitada por un dos seguintes medios.

• Presencialmemte, en calquera dos centros tramitadores do Servizo Galego de Saúde.

• A través do Sistema Único de Rexistro, integrado pola rede de oficinas de atención á


cidadanía e de rexistro, polo Rexistro Electrónico Xeneral e polos rexistros electrónicos
das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

• Demais rexistros regulados polas disposicións vixentes.

Este protocolo é de aplicación no caso de modificación dos datos de menores de idade ata
que cumpran os 18 anos, excepto os/ás menores de idade emancipados/as cando cumpran
16 anos (por concesión xudicial ou por concesión das persoas que ostentan sobre el /ela a pa-
tria potestade) e que vivan de forma independente.

Quen pode presentar a solicitude de modificación de datos dun/unha menor de idade


en SIPGA

1. As nais, pais ou titores titulares do dereito da asistencia sanitaria que teñan incluído/a ao/á
menor de idade como beneficiario.

2. As nais, pais ou titores que non teñan incluído/a ao/á menor de idade como beneficiario/a,
nos seguintes casos:

2.1 Se presenta o consentimento da persoa titular do dereito da asistencia sanitaria


que teña incluído/a ao/á menor de idade como beneficiario.

2.2 Se non presenta o consentimento da persoa titular do dereito que teña incluído/a
ao/á menor de idade como beneficiario por algunha razón xustificada documentalmen-
te (ausencia, enfermidade ...), neste caso informaráselle da posibilidade de incluír ao/á
menor como beneficiario/a doutro/a titular no Instituto Nacional da Seguridade Social
(INSS).

2.3. Se non presenta o consentimento da persoa titular do dereito da asistencia sanita-


ria que teña incluído/a ao/á menor de idade como beneficiario, pero presenta docu-
mento xustificativo que acredita a súa atribución da garda e custodia. Neste caso toda
a documentación deberá ser presentada polos medios establecidos á Consellería de
Sanidade. IMPORTANTE: no centro de saúde non se fará ningunha modificación.

3. O/A menor de idade emancipado/a.

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA


Complexo Administrativo de San Lázaro
15781 Santiago de Compostela
www.sergas.gal
18/04/2022

Documentación a presentar, segundo corresponda:

1. Cando a nai, pai ou titor é titular do dereito da asistencia sanitaria e ten incluído/a ao/á me -
nor de idade como beneficiario/a:

• Solicitude modificación dos datos dun/unha menor de idade debidamente asinada

• Documento identificativo da persoa solicitante

• Documento identificativo do/a menor de idade ou Libro de familia

• Nomeamento ou poder notarial da titoría ou representación legal do/a menor

2. Cando a nai, pai ou titor non teña incluído/a ao/á menor de idade como beneficiario/a, ade-
mais da documentación anterior deberá presentar, segundo o caso, a documentación xustifi-
cativa correspondente:

• Consentimento da persoa titular do dereito da asistencia sanitaria

• Convenio regulador das medidas paterno/filiais

• Sentenza xudicial coa garda e custodia

• Certificado de defunción do/da titular do dereito da asistencia sanitaria

• Baixa médica por enfermidade grave do/da titular do dereito da asistencia sanitaria

• Documento que acredite a emancipación do/a menor

• Outra documentación de interese

De acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento Xeral de Protección de Datos Perso-
ais) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmaselle de que os seus datos persoais
serán tratados pola Consellería de Sanidade, coa finalidade de coñecer a identidade das persoas protexidas pola Administración Sanitaria Galega e dos pro -
fesionais relacionados co catálogo de prestacións sanitarias. Este tratamento realízase en base aos artigos 6.1 c) e 6.1 e) do Regulamento RGPD. A persoa
interesada ten dereito a solicitar o acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad e limitación do tratamento ante a Consellería de Sanidade, como
responsable do tratamento, mediante o envío dun correo á Consellería de Sanidade, Edif. Administrativo San lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela ou
ao correo electrónico delegado.proteccion.datos@sergas.gal. Máis información:https://www.sergas.gal/protecciondatos

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA


Complexo Administrativo de San Lázaro
15781 Santiago de Compostela
www.sergas.gal

You might also like