Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

REPRODUCIÓN SEXUAL NAS PLANTAS.

ETAPAS.-

1.- FORMACIÓN DE GAMETOS. A FLOR.-


Os órganos reprodutores das plantas con sementes localízanse na flor. Neste tema imos a
estudar a reprodución sexual en plantas que teñen os órganos reprodutores masculinos e
femininos na mesma flor.

O ANDROCEO é o órgano reprodutor masculino. Está formado polos ESTAMES que


constan dun FILAMENTO e unha parte terminal chamada ANTERA onde se localizan os
grans de POLE que conteñen os gametos masculinos (células sexuais masculinas).

O XINECEO ou PISTILO é o órgano reprodutor feminino. Está formado de varias partes:


---OVARIO.- É a parte máis ancha do pistilo. Contén os gametos femininos (células
sexuais) chamadas ÓVULOS.
---ESTILO.- É a parte alongada do pistilo. Por él descenden os gametos masculinos
ata atoparse cos óvulos no ovario.
---ESTIGMA.- A parte final do pistilo. A él chega o gran de pole
2.- POLINIZACIÓN.-
É o transporte dos grans de pole desde a antera ata o estigma do pistilo. Diferéncianse
dous tipos:
AUTOPOLINIZACIÓN.- Aquela na cal o pole é transportado ata o estigma da
mesma flor.

POLINIZACIÓN CRUZADA.- Aquela na cal o pole é transportado ata o estigma


doutra flor. Esta pode ser:
ENTOMÓGAMA.- Os grans de pole son transportados por insectos.
ANEMÓGAMA.- Os grans de pole son transportados polo vento.

3.- FECUNDACIÓN.-
É a unión do gameto masculino e o gameto feminino.
Despois da polinización, cando o gran de pole chega ao estigma da flor, forma un tubo, o
TUBO POLÍNICO que medra polo estilo ata chegar ao ovario.
Os gametos masculinos descenden polo tubo polínico ata o ovario en cuxo interior está o
gameto feminino(óvulo).
Os gametos masculino e feminino fusiónanse, é dicir, prodúcese a fecundación e fórmase o
CIGOTO.

4.- FORMACIÓN DA SEMENTE E DO FROITO.-

O cigoto desenvólvese e fórmase a semente na cal se diferencian tres partes:


O EMBRIÓN
O ALBUME
AS CUBERTAS PROTECTORAS

O embrión orixínase a partir do cigoto e é un esbozo da futura planta


O albume contén substancias nutritivas que alimentan o embrion.
As cubertas protectoras ou testa rodean a semente e protéxena.

Nas plantas ANXIOSPERMAS ao redor da SEMENTE fórmase o FROITO; despois da


fecundación, a flor perde os sépalos, os pétalos, os estames, o estigma e o estilo; as
paredes do ovario engrosan e forman o froito que contén as sementes.
A función do froito é protexer e dispersar as sementes.
Poden ser de dous tipos: CARNOSOS que acumulan reservas e SECOS que teñen as
paredes endurecidas.

5.- DISPERSIÓN E XERMINACIÓN DAS SEMENTES.-

Pódese levar a cabo polo vento, polos animais...e permítelle á planta colonizar novos
lugares. Cando a semente cae ao solo, se as condicións ambientais son adecuadas
(temperatura, luz…) prodúcese a XERMINACIÓN, proceso no que a semente ao absorber
auga rompe as envolturas e o embrión empeza o seu desenvolvemento orixinando unha
nova planta.
Nas primeiras etapas a nova planta nútrese das reservas almacenadas no endospermo ou
albume ata que é capaz de realizar a fotosíntese e comeza a fabricar os seus propios
nutrientes.

You might also like