Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 1

A construcción do estado liberal.

O estado liberal da comezo no ano 1834 á morte de Fernando VII. Esta etapa estivo
marcada por unha serie de conflitos, principalmente a raíz da anulación da lei sálica
promulgando a pragmática sanción para que a súa filla puidera reinar. Esto enfrontou a Mª
Cristina que exercía de Rexenta e a Carlos Mª Isidro que era o principal herdeiro da coroa
ata que a lei entrou en vigor. Así, deuse a I Guerra Carlista entre 1834 e 1840, dividindo o
país entre os Carlistas e os partidarios de Isabel II.

Para derrocar os Carlistas, Mª Cristina buscou apoio entre os liberais, ao principio


conseguiu tan só o apoio dos liberais máis conservadores pero pouco a pouco foi
chamando a atención dos máis progresistas. Esto non sería suficiente así que o seguinte
que fixo foi establecer un Estatuto Real en 1834, do cal no documento 1 se recollen os
artigos deste estatuto promulgado “en nome da súa filla a raíña Isabel II”, no cal hai unha
notoria diferencia con outro tipo de constitucións que coñecemos xa que non hai unha
separación de poderes, pero foi unha maneira de manter apartados aos Carlistas. Foi un
período cambio constante no goberno, a maior parte dos gobernantes foron liberais
moderados. Deixando a un lado as diferenzas de pensamento crearon unha Constitución
no ano 1845, mais modificando a que os progresistas trataran de promulgar no 1837,
nesta nova Constitución o poder quedaba repartido en dous, entre o rei e as Cortes “a
intervención que as súas Cortes tiveron”, aínda que os progresistas non estiveran de
acordo con este tipo de organización era unha maneira de deixar atrás o absolutismo.

O documento tres recolle perfectamente as diferenzas que había entre os moderados e os


progresistas, pódese observar como os moderas tiñas unha mentalidade máis
conservadora “conservando as institucións do absolutismo”, consideraban que a
soberanía do pobo non era necesaria xa que para el o rei “ten o seu dereito a ser
soberano”. Os progresistas en cambio dicían que a soberanía nacional era necesaria e
consideraban que o rei estaba aí “porque a nación quere que o sexa”, a súa vez tiñan os
principios da liberdade individual, polo que eran mentalidades que se acercan a maneira
de pensar de hoxe en día.

En resumo, foi unha época que conseguiu deixar atrás por fin á Monarquía Absoluta.
Finalmente, en 1866 Isabel II foi expulsada e no 1868, co Pronunciamento da Gloriosa,
poñendo fin a esta etapa.

You might also like