Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

COMPOSICIÓN 7 (S. XIX).

A RESTAURACIÓN (RETORNO DA MONARQUÍA E CONSTITUCIÓN


DE 1876)

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado explicará as bases do
sistema da Restauración ou sistema canovista (a súa xénese conservadora, monarquía constitucional
doutrinaria, o “turnismo” ou quenda pacífica de partidos) e a Constitución de 1876 nos seus trazos
fundamentais (soberanía compartida Coroa/Cortes, papel esencial da monarquía no nomeamento dos
gobernos...). Tamén deberá facer referencia á consolidación do sistema canovista a través da configuración da
“quenda pacífica” e ao funcionamento dun modelo político marcadamente oligárquico e fraudulento.

En 1874, co Sexenio Democrático a punto de rematar, España vive un momento difícil:


• as tensións entre os propios republicanos (cantonalistas, federalistas, unionistas)
• a terceira guerra carlista e a guerra de independencia en Cuba
• o aumento das reivindicacións obreiras,
• o golpe de Pavía e a disolución das Cortes republicanas o posterior goberno dictatorial de
Serrano que carecía de definición política e de lexitimidade institucional,
provocaron caos e unha gran inestabilidade política (con gobernos que non duran) e un medo crecente
tanto no exército (que teme a desintegración de España) como nas clases propietarias (que temen
unha revolución social dos de abaixo).

Este caos e estes medos animaron a Cánovas del Castillo (liberal conservador, monárquico) a intentar
restaurar a monarquía na persoa de Alfonso de Borbón (fillo de Isabel II). E para logralo redacta o Manifesto
de Sandhurst* (1/12/1874), para que o asine o propio Alfonso como se fora seu, amosándonse disposto a
volver como Rei e a acatar unha constitución liberal e conservadora. Días despois, o xeneral Martínez
Campos fai un pronunciamento* militar en Sagunto (Valencia) proclamando como Rey de España a
“Alfonso XII”, sen oposición alguna.

Remataba así a ditadura ou República Unitaria do xeneral Serrano, comezando o período histórico coñecido
como Restauración borbónica.

https://www.youtube.com/embed/lnJJJn03Xjk

BASES DO SISTEMA CANOVISTA e QUENDA

Cánovas deseñou un sistema para que esta Restauración durase no tempo (sistema canovista), en torno
a 3 bases ou características sólidas e inamovibles:

1ª) Unha monarquía constitucional e conservadora (volvendo ao liberalismo doutrinario).

2ª) Cun poder repartido entre Coroa (que nomea ao Goberno) e as Cortes (nas que o partido do
Goberno debía ter a maioría de deputados).

3ª) E un sistema bipartidista: é dicir, con só 2 grandes partidos políticos monárquicos, que debían
turnarse no poder mediante un sistema de quenda* pacífica.

Estes partidos (partidos dinásticos) que lograron agrupar a case todos os anteriores, eran:
• O Partido Conservador (liberais moderados e Unión Liberal*), de Cánovas
• O Partido Liberal (progresistas e demócratas), de Sagasta.

Estes partidos, un no Goberno e o outro na oposición, que se alternarían no exercicio do poder.


Aplicouse o modelo inglés en España. Ademais, consideraba indispensable unha alternancia
pacífica de Goberno baseada na quenda de mutuo acordo entre os partidos para evitar o
recurso ao pronunciamento. Cando un Goberno tiña dificultades ou sufrira un forte desgaste, a
Coroa nomeaba como presidente ao xefe do partido da oposición e a continuación disolvía as
Cortes convocando unhas eleccións que necesariamente tiña que gañar o partido do novo
Goberno. Utilizábanse redes de influencia do rural co caciquismo* para conseguir os votos
necesarios no rural o que levou ao sistema a un proceso contínuo de fraude electoral e
falseamento dos procesos electorais.

Con este sistema de quenda ou turnista lográbase:


• a estabilidade que faltara na etapa anterior, e tamén
• servía para evitar pronunciamentos militares, afastando a estes da política (para telos sometidos,
Cánovas puxo tamén ao Rei como Xefe das Forzas Armadas). Aínda que o afastamento non sucede
do todo. Como sinala o historiador Raymond Carr é un proceso de “desmilitarización” aparente. En principio
os militares aceptan esa subordinación a cambio de poder integrarse nos partidos políticos como
dirixentes (o ministro da guerra sempre é un xeneral), ocupar postos de importancia (os xenerais son
senadores) e dispor dun gran orzamento que non sería controlado. Ademais, irán adoptando posicións,
cada vez, máis conservadoras e serán causa das distintas crises da Restauración: desastre do 98, as
derrotas en África e a defensa da lei de xurisdicións de 1906 son un exemplo.

• Outro piar do seu pensamento político en aras da estabilidade era o de devolverlle á Igrexa o seu prestixio
perdido durante o sexenio democrático, principalmente no campo educativo.

• Por último, era esencial que en materia de dereitos á cidadanía, os partidos do sistema realizaran os avances
a partir dun pacto, o que se denominou transaccionismo (acción de negociar, dialogar).

Pero este sistema deixaba fóra a todo aquel que non se sentía representado por esas 2 opcións:
votantes de partidos obreiros (PSOE, mayo de 1879), republicanos, nacionalistas ou carlistas, o
que á longa acabaría desgastando este sistema de democracia fraudulenta.

CONSTITUCIÓN DE 1876

Á chegada de Alfonso XII (xaneiro 1875), este nomea a Cánovas Presidente de Goberno (Pte. Do Consello
de Ministros), e este convoca eleccións a Cortes constituíntes (por sufraxio universal masculino), que gaña
precisamente o seu partido, o Partido Conservador.

Esas Cortes, saídas desas eleccións, serán as que elaboren a Constitución de 1876, que é liberal
doutrinaria/conservadora (como Cánovas), pero coas liberdades por desenvolver

A. establece unha Monarquía Constitucional, na que a Coroa ten amplas prerrogativas:


a) comparte soberanía coas Cortes (non só reina, tamén goberna)
b) nomea libremente ao Presidente do Consello de Ministros (actual Presidente de
Goberno)
c) pode suspender ou disolver as Cortes (dereito de veto)
d) exerce o mando do Exército (para manter a raia aos militares e evitar pronunciamentos) e
dirixe a política exterior.
e) establece Cortes bicamerais (Congreso cuxos membros serían elixidos polos cidadás de acordo
cunha lei electoral posterior e o Senado formado por membros vitalicios asignados polo propio
rei, por dereito propio ou elixidos polos maiores contribuíntes). As dúas cámaras compartían a
iniciativa legal co rei.
B. dá ao Goberno Central o control das deputacións provinciais e dos concellos.
C. os dereitos dos cidadáns apenas se redactan (nin sequera o sufraxio), quedando pendentes de
leis posteriores de rango inferior. De feito, no turno de Cánovas tenderon a limitalos; e no de Sagasta
a extendelos. Isto precisaba dun consenso entre o partido de goberno e oposición (transaccionismo).
D. Por último, establecía o Estado Católico (relixión oficial) pero tolerando outros cultos.

Esta sería a Constitución máis lonxeva da Historia de España (1876-1923), perdurando 47 longos
anos, ata o establecemento da Ditadura de Primo de Rivera. De feito, cando Alfonso XII morre
repentinamente de tuberculose, con 27 anos, Cánovas e Sagasta reúnense coa rexente María Cristina
para acordar continuar co turnismo, acordo que coñecemos como “Pacto de El Pardo”, asegurando
así a estabilidade do sistema.

MODELO OLIGÁRQUICO E FRAUDULENTO

Pero esta longuísima duración logrouse mediante a falsa democracia planeada por Cánovas, quen creou
(coa aprobación do Rei) un sistema de completo fraude electoral co fin de asegurar o chamado
“turnismo” ou quenda pacífica entre os dous partidos.

Como funcionaba este fraude?:

1) O Ministro de Gobernación creaba un encasillado ou encadramento* (“fabricaba” antes das


eleccións os resultados, asignando previamente os escaños, tal e como os pactasen os dous
partidos da quenda: o de Cánovas e o de Sagasta, dando sempre ampla maioría no Congreso
ao partido ao que lle tocaba gañar).

2) Para fabricar os resultados o Ministro da Gobernación comunicabase cos Gobernadores civils


de cada provincia
3) e este apoiábase nos caciques* (persoas que controlaban os votos da súa zona valéndose do seu
poder, status ou influenza, e que actuaban sobre todo no rural). No medio urbano era máis complicado
ese control do voto. Todo isto traducíase na existencia de distritos electorais enfeudados (dominados)
onde unhas poucas familias tiñan o dominio político da provincia.

4) incluso noutras formas de fraude electoral como o pucheirazo* (substitución da urna por outra con
votos favorables ao candidado que se pretende; ausencias inxustificadas nos censos electorais de
aqueles que non interesaba que votasen; colocación das urnas en lugares de difícil acceso, etc. ) ou
os lázaros (votos de mortos).

Tratábase de impedir que entrasen no Goberno os inimigos de ambos partidos (os republicanos e os
partidos favorables ao movemento obreiro).

Este sistema corrupto foi duramente criticado pola oposición política (fóra do sistema) e polos chamados
Rexeneracionistas* (movemento que xurdiu a partir do desastre do 98, protagonizado por partidarios
de rexenerar España acabando co caciquismo e a pobreza, e fomentando a educación, como Joaquín
Costa), e pola oposición ao sistema de quendas (republicanos, socialistas) a pesar do cal este sistema
continuará a inicios do XX, xa con Alfonso XIII no trono.

La permanencia do sistema mantívose funcionando mentres viviron as dúas figuras clave, Cánovas e Sagasta, xa
que:
• rematou co conflito carlista (1876) coa conseguinte anulación dos fueros do País Vasco e o
establecemento do cupo vasco (“Concerto vasco”);
• a paz de Zanjón, en 1878, que apagou momentaneamente o conflito cubano; e
• permitiu avances lexislativos, cando gobernaron os liberais, como:
o a Lei de asociacións que legalizaba aos partidos e sindicatos (1888),
o un novo Código Civil (1889),
o a lei que instaura definitivamente o sufraxio universal (1890).

A morte prematura do rei non impediu que o sistema seguira funcionando tras o Pacto do Pardo (1885) entre
conservadores e liberais. Porén, a finais do século:
− aumenta considerablemente a conflictividade social e política (atentados anarquistas que se cobran
a vida de Cánovas) que, ao sumarlle
− o desastre do 98, coa pérdida das últimas colonias
− o que provoca o inicio dunha grave crise na rexencia de María Cristina, minando a credibilidade do
sistema e
− sumando ao exército nunha crise que o converte de novo nun actor político, pero nunha versión
involucionista (moi conservadora).
− Deste modo, en 1902 o trono español pasa a mans de Alfonso XIII e o sistema da Restauración
borbónica comeza a desgastarse de forma notable nos dous primeiros decenios da nova centuria.

Conceptos do tema:

Manifesto de Sandhurst; Sistema de quenda; Encasillado ou Encadramento; Caciquismo e Pucheirazo

You might also like