Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

a estantiga

A Estantiga é unha procesión de almas en penas que percorre os


camiños á noite. A Estantiga conta con moitísimos outros nomes:
dependendo da zona de Galicia na que estamos, chámaselle Rolda,
Estadea, Hoste, Antaruxada... aínda que a denominación que máis
che soará seguramente sexa Santa Compaña.

Á fronte da Estantiga vai unha persoa viva, portando unha cruz. Esa
persoa (se non é capaz de pasarlle a cruz a outro pobre incauto) irá
debilitándose e perdendo a saúde día tras día, ata finalmente falecer.
Por ese motivo, é mellor non andar de noite polos camiños (xa o di o
refrán: "A partir das dez, deixa a noite para quen é"). De todos os
xeitos, se mesmo así te encontras coa Estantiga, existen xeitos de
evitar que te leve con ela: por exemplo, trazando no chan un círculo
cunha póla de oliveira (e meténdote dentro del), abrazándote con
forza a un cruceiro ou simplemente tirándote ao chan para que a
Estantiga pase voando por riba de ti. Agora ben, pase o que pase e
aconteza o que aconteza, se a Estantiga che ofrece algo de comer,
nunca o aceptes! Se o fas, vaite despedindo...

Fonte: Dicionario dos Seres Míticos Galegos

You might also like