Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 15

APUNTES FILOSOFIA 2º TRIMESTRE

DESCARTES: O PROBLEMA DO MÉTODO E A EVIDENCIA DO COGITO.

 Biografía:

Descartes é un francés do século XVII, formaba parte da baixa nobreza polo que tiña vantaxes
económicas e de formación dende o punto de vista educativo, estudou nun colexio xesuíta de
prestixio; a súa formación foi moi ampla e moderna. Gustábanlle as matemáticas e contribuíu
ao sector da álxebra (eixos cartesianos). Tamén a física lle resultaba atractiva.

A súa vida é variada con múltiples vivencias ata que decidiu ir ao norte (Ámsterdam Holanda)
onde predominaban os protestantes, existía un clima aberto ao contacto de ideas; Descartes
entra en contacto con outros filósofos e publica as súas obras. Grazas a isto, faise famoso e
crea a filosofía racional. Este é o seu punto álxido e tamén o final debido á súa morte por unha
pulmonía.

 Obras:

• Discurso de método.
• Meditacións metafísicas.

• Regras para a dirección do espírito.

A Revolución Científica cambia a maneira de facer filosofía polo predominio da razón e o


incremento do uso da ciencia; para isto, seguíase unha metodoloxía.
Descartes intenta plasmar o método da ciencia no discurso filosófico xa que pensaba que a
base da ciencia era a filosofía. Vía o saber humano como algo unitario (identificándoo cun
árbore dicía que as raíces do saber humano son a metafísica, o tronco é a física, e as ramas son
a medicina, ética.... etc.
Parte da convicción de que un coñecemento baséase nunha estrutura igual para todos. As
MATHESIS UNIVERSAIS, é o saber global baseado nas matemáticas porque permite que o
coñecemento sexa fiábel.

Descartes é o 'pai' do racionalismo, este defínese como a concesión dun papel prioritario á
razón na obtención do coñecemento. Sen embargo, o empirismo defende que o papel
determinante é a experiencia.
Para obter coñecemento hai que seguir un método desenvolvido en pasos seguros e fiábeis;
está inspirado na ciencia de Galileo, serve para que a metafísica sexa un saber estable e
seguro, importante para que a estrutura da ciencia sexa rigorosa.

O método de Descartes chámase método intuitivo - deductivo, basease en dúas funcións do


ser humano, intuír e deducir. O seu obxectivo é atopar algún tipo de verdade tan absoluta e
clara que non se poida dubidar dela; e a partir dela construír todo o saber filosófico.
-Na intuición, o primeiro paso é a evidencia (captación de algo absolutamente certo) que sirva
de fundamento; o segundo paso é a análise (pasar do todo, ás partes xa que para entender
algo complexo hai que simplificalo, mediante a división).
-Na dedución, o terceiro paso é a síntese (xuntar as partes para darlle comprensión); o cuarto
e último paso é a revisión de todo o proceso para asegurarse de que está feito correctamente.
Descartes busca unha evidencia racional para darlle base ao saber filosófico. Algo evidente é
algo do que non se dubida, polo que dubida de todo até que atope algo do que non dubide.

Trátase dunha dúbida metódica porque o método utilízase para buscar unha evidencia, non é
unha dúbida escéptica. Estas dúbidas son tres:

1.Sentidos: os sentidos enganan, polo que non poden aportar coñecemento seguro, así que
Descartes recházanos. Segundo Descartes, as ciencias empíricas non son fiábeis debido a que
se basan na experiencia; as matemáticas son de carácter ideal, aplicámolas á experiencia pero
non se derivan desta.

2. O estado de vixilia e do soño: é a dúbida de que o que se ve, quizais non sexa a realidade; é
dicir, que o tempo que estamos despertos sexa parte dun soño. Para Descartes, as
matemáticas son reais sempre, tanto en estado de vixilia como en estado de soño.

3.Xenio Maligno: Descartes pregúntase dubidar das matemáticas se existise un ser superior e
malo que nos enganase e nos fixese crer que son certas.

En conclusión, nada é fiábel pero Descartes considera que non se pode dubidar nunca do que
está pensando; asegura que 'penso, logo existo' ('Cogito, ergo sum'), pode que todo o que nos
rodea sexa mentira pero hai algo evidente, non podes dubidar de que estás dubidando. Existo
como pensamento xa que o corpo pode ser unha imaxinación. Esta primeira evidencia é veraz
porque é algo claro e distinto; estas dúas características conforman o criterio de certeza.
O pensamento está formado por ideas, existen tres tipos:

 -Ideas adventicias: son aquelas ideas presentes no pensamento que se derivan do


mundo que nos rodea (pode ser froito da nosa imaxinación).
 -Ideas facticias: son aquelas que resultan da suma de dúas ou máis ideas adventicias, o
resultado é unha ficción elaborada pola mente humana (unicornio).
 -Ideas innatas: son aquelas ideas presentes na mente e que non proceden do mundo
exterior (nin adventicias nin facticias).

Segundo Descartes, só existen tres ideas innatas:

 Pensamento: a propia actividade pensante existe alí desde sempre; Descartes


chámallo Res - cogitans (coisa pensante). É unha substancia que se atopa no proceso
de dúbida a partir do que se constrúe o pensamento. Todo aquilo que existe por si
mesmo sen necesidade de ningunha outra cousa para existir; Deus é a única
substancia xa que é a causa do pensamento e do mundo físico.

 Infinitude e eternidade: O mundo exterior reflexa a finitude e a temporalidade, polo


que estas ideas foron colocadas na nosa mente por alguén superior, isto é, Deus. A res
infinita. Deus garante que existe o mundo físico.
 Extensión (materia): se Deus existe, non engana, é o pilar fundamental sobre o que se
garante o mundo físico; polo tanto, o mundo físico é real, está formado de todo o que
pode ser cuantificado. A res extensa. Para Descartes, esta materia ten certos trazos
como o mecanicismo e o determinismo, isto é, funciona sempre da mesma maneira,
polo que se pode coñecer.

Espinosa e Leibniz apoian as realidades substanciais pero, Espinosa afirma que só existe unha
substancia, é dicir, Deus que se manifesta na natureza. Mientras que Leibniz afirma que
existen infinitas substancias chamadas mónadas, é dicir, a realidade está formada por
pequenas partículas de enerxía e Deus establece a orde, dando lugar á materia.

O ser humano é o único ser no que se xuntan dúas substancias: a alma caracterizada pola
liberdade, e o corpo. A relación entre ambas será moito máis harmónica porque non
pertencen a mundos distintos, son unha unidade substancial; necístanse un ao outro, e a alma
debe gobernar as paixóns do corpo.

Descartes cría que había un lugar onde interactúa na nosa mente co corpo, na chamada
glándula pineal;se ubica no bulbo raquídeo.
HUME: CRÍTICA DAS IDEAS DE SUBSTANCIA E CAUSALIDADE.

David Hume é o pensador moderno escocés, converteuse no empirista máis radical inglés que
se basea nas teorías de Locke.

Hume nace no século XVIII e en Inglaterra prodúcese un movemento moi importante, a


Ilustración, un movemento intelectual, político... en Europa. A súa temática fundamental é o
ser humano con cuestións como ideais de progreso. Pídese o poder para a burguesía, é dicir, a
soberanía emanada do Parlamento. Este movemento creou a enciclopedia para que o pobo
ampliara o coñecemento. O máximo representante da Ilustración en Inglaterra é David Hume,
e o máximo representante do espírito ilustrado é Kant.

Hume é claramente ilustrado, nace no seo dunha familia acomodada, é fillo da burguesía; tiña
unha situación económica boa, polo que puido formarse e estudar na universidade, unha
carreira de dereito; aínda que non lle gustou. Vaise de viaxes de estudos a Francia e entra en
contacto con intelectuais franceses. Comeza a escribir algunhas das obras máis importantes do
empirismo:

 Tratado sobre a natureza humana.

 Diálogos sobre a relixión natural.

 Sobre a moral.

Estas obras teñen moitos éxitos en Europa e grazas a estas, faise famoso. Cando regresa a
Escocia solicitou un posto na universidade pero denégaos múltiples ocasións, a pesar dos seus
méritos. Isto foi porque era agnóstico e rexeitaba a Deus publicamente, polo que non tivo
éxito en Inglaterra debido ao seu enfoque acerca da teoloxía. Hume dirá que todo o que
recibimos do exterior chámase PERCEPCIÓN, é dicir, captación de maneira consciente. Existen
dous tipos de percepcións:

1. IMPRESIÓNS: son todos os datos que recibimos a través dos nosos cinco sentidos.
Poden ser:

 De sensación: todas aquelas que conteñen un dato proveniente do exterior.

 De reflexión: son aquelas captacións do noso interior (conciencia), que


proceden da nosa mente.

2. IDEAS: son todos aqueles contidos mentais que ten un individuo; son copias que se
mantenen na nosa mente despois de ter tido unha impresión sensible. Unha idea ten
menos vida que unha impresión. Hai dous tipos de ideas:

 Ideas simples: son derivadas dunha única impresión sensible.

 Ideas compostas: son a suma de ideas simples para dar lugar a un único
concepto.

O proceso das ideas simples e compostas ocorre porque na memoria se gardan as ideas
sensibles; despois, na imaxinación unense estas para dar lugar ás ideas compostas. A
imaxinación é capaz de realizar isto a través de tres mecanismos de asociación:
1. Semellanza: a nosa mente tende a asociar dúas ideas simples cando teñen algo
semellante.

2. Contixuidade espazo-temporal: a nosa imaxinación asocia dúas ideas simples cando


están moi preto no espazo ou no tempo.

3. Causa-efecto: tendemos a pensar que se unha impresión sucede noutra, a nosa mente
establece un nexo entre elas; isto organiza as ideas.

A base do coñecemento é a causalidade, é dicir, a relación necesaria entre un acontecemento


e outro, de tal maneira que sempre que se produza unha, produza o outro. O criterio de Hume
para saber se unha idea é verdadeira é que debemos fixarnos de que impresión sensorial
deriva. A idea da causa non é verdadeira xa que non existe ningunha impresión da que derive
esta.

Para Hume, a causalidade non é un fenómeno do mundo empírico; é unha idea derivada da
nosa mente, de gran utilidade xa que a utilizamos para explicar a realidade. Hume dirá que
establecemos esta relación por hábito ou costume de ver que sempre se produce un
fenómeno, e a continuación outro.

Hume distingue entre dúas modalidades de coñecemento:

1. Cuestións de feito: son todos aqueles saberes que temos sobre o mundo empírico (o
mundo físico é a única fonte de coñecemento). Estas chámanse verdades sintéticas, é
dicir, son aquelas que se refiren ao mundo empírico que percibimos cos nosos cinco
sentidos, xa que nos aportan nova información do suxeito; o suxeito non está contido
no predicado.

2. Relacións entre ideas: son todas aquelas elaboiracións mentais do ser humano que
non falan de feitos e non se derivan da experiencia; as relacións que establece Hume
son necesarias; estas non se refiren ao mundo empírico, só deben cumprir o requisito
da coherencia. Estas chámanse verdades analíticas, é dicir, son aquelas que analizan o
suxeito e o explican xa que é evidente e incuestionable; pero non nos aportan nova
información xa que o suxeito está contido no predicado. A súa única necesidade é non
entrar en contradición.

Todos os coñecementos que hai sobre o mundo son explicacións que din que as cousas son así
por algo, é dicir, recurrimos ao principio da causalidade. Sen embargo, este coñecemento da
realidade é un coñecemento probable (non é fiábel). Para os empiristas, Hume, defende que a
idea de substancia non existe (criticando a súa vez toda a tradición anterior). Hume dirá que a
substancia é unha creación da nosa mente mediante os mecanismos de asociación, que
funciona como a base ou o fundamento de calidades primarias (as podemos percibir da
realidade a través dos nosos sentidos).

Tendemos a concederlle unha estrutura xa que nos resulta máis fácil xuntar todas esas
impresións.

Segundo Hume, o 'EU' (suxeito pensante) non existe xa que non temos impresións sensibles
deste, inclúe todos os rasgos físicos e mentais dos individuos. O mundo (conxunto de todos os
fenómenos da realidade) non existe xa que non temos impresións deste.

Dios (entidade non material) non existe xa que é unha creación da mente humana, non se
deriva de ningunha impresión. A crítica máis densa faise sobre Dios.
Hume rexeita as ideas defendidas polo Racionalismo. Polo tanto, o que existe en lugar dos
anteriores, son impresións de fenómenos (o que podes percibir), é dicir, o fenomenismo. A
partir disto, os fenómenos convértense en ideas a través dos mecanismos de asociación.
O LIBERALISMO POLÍTICO DE LOCKE

John Locke viviu durante o primeiro terzo do século XVII, era un inglés pertencente a unha
familia da pequena burguesía, pero accedeu a unha formación privilexiada (Oxford) grazas ao
seu pai que traballaba para un noble inglés adinerado; este tiña moito aprecio a Locke, polo
que o apadriñou para que puidera formarse nun lugar de prestixio. Locke estudou Dereito,
Filosofía..., pero titulouse como médico, permitíndolle entrar en contacto con xente moi
importante do momento (como Newton). Pasa a formar parte da Royal Society xa que sempre
tivo unha tendencia política a favor da burguesía. Locke tivo que fuxir de Inglaterra cara a
Francia, pasando por Holanda, onde coñeceu a moita xente. Uns anos máis tarde volve a
Inglaterra e comeza a traballar para Lord Shaftesbury; regresa convertido nun heroe nacional
xa que loitou a favor da burguesía e do Estado liberal fronte ao absolutismo. Locke era un
ideólogo deste novo modelo de Estado que se estaba a construír.

OBRAS:

 Ensaio sobre o entendemento humano: trata sobre como se produce o coñecemento.

 Carta sobre a tolerancia.

 Tratado sobre o Goberno Civil I e II: trata sobre o pensamento de Locke cos
fundamentos da nova ideoloxía, é dicir, o liberalismo.

Os contractualistas parten dun mesmo punto, unha hipótese para xustificar a xénese do poder
político. Hai un momento previo ao poder político.

ESTADO DE NATURALEZA: no que o ser humano vive sen Estado; libre, sen leis, é dicir, fóra do
poder político, pero este acaba converténdose en inviable.

PACTO/CONTRATO SOCIAL: no que hai unha vontade por parte dos individuos que deciden
crear un Estado que dará lugar ao Estado Civil.

ESTADO CIVIL: no que os individuos xa non viven fóra do poder político.

Os autores contractualistas que comparten estes rasgos son:

1. HOBBES: Hobbes dicía que o home vivía nun Estado de natureza, onde cada un facía o
que quería libremente; o individuo vive en conflito cos demais, caracterizándose pola
súa agresividade. Para Hobbes, o ser humano é malo e egoísta, que vive de maneira
miserable porque ten medo a que atenten contra el. 'Homo Homini Lupus est': o home
é como un lobo; existe un pesimismo antropolóxico, polo que non hai garantías de
supervivencia.

Hay que xuntar aos (malos a través do (poder político pero para iso hai que renunciar a toda a
nosa capacidade de decisión ao soberano absoluto. Existindo unha relación de sumisión
(súbditos).

2. ROUSSEAU:

As súas obras son:

 Contrato Social.

 Discurso sobre a orixe da desigualdade entre homes.


 O Emilio: trata sobre a educación dun neno que se cría no mundo natural.

Rousseau afirma que o ser humano en algún momento viviu nun Estado de Natureza; segundo
este, o ser humano é bo por natureza, colaborador e educado, vive de maneira harmoniosa
coa natureza e cos demais. Rousseau dirá que é necesario establecer un pacto/contrato social
porque se pode mellorar e servir de apoio para manter ese Estado de vontade posible grazas
ao Estado. Pero tamén afirma que o Estado converte ao ser humano nun ser 'malo xa que o
perturba. Polo que, a solución é volver á situación do principio, onde o ser humano está fóra
do ámbito político. Isto baséase no optimismo antropolóxico.

LOCKE:

Locke defende o contractualismo ao igual que os anteriores; no Estado de Natureza, o ser


humano vive sometido ao único poder: A RAZÓN. Locke é defensor do IUS NATURALISMO, é
dicir, unha corrente filosófica que afirma que hai un dereito natural sobre calquera dereito
escrito; non só existe senón que calquera lei posterior do Estado deberá respectalo. Polo que
defende a idea de razón humana xa que grazas a esta, foron descubertos os dereitos. Estes
dereitos son:

 VIDA: é un ben intocable xa que ninguén é dono da vida dos demais, é dicir, liberdade
individual.

 LIBERDADE: só se pode dar se estás vivo.

 PROPIEDADE PRIVADA: xurde do traballo; para Locke representa o que é oscuro. As


sumas económicas non son admisibles porque se a fonte da propiedade privada
provén do traballo, estes beneficios non poden ser enormes. Locke dirá que todos
somos capaces de ver esos dereitos e debemos respectalos, polo que se vive ben neste
Estado de Natureza; pero sempre vai haber alguén que non cumpra eses dereitos
(roubar ou asaltar). Polo tanto, iso leva a un acordo (pacto/contrato social para a
creación dun Estado, tendo así a alguén que garanta esa paz, desenvolva os (bens cos
individuos, e poida condenar a aquel que se salte as normas e as leis.
RAZÓN E PROGRESO NA ILUSTRACIÓN

A ilustración foi un movemento filosófico que xurdiu en Francia durante o século XVII, a súa
filosofía colocaba á razón sobre a visión teocéntrica reinante durante a Idade Media. Os
ilustrados dicían que a razón humana era o último xuíz; pero nunca será a fe, aínda que non
todos eran ateos xa que moitos tiñan creencias relixiosas, pero as entendían doutra maneira.

Esta razón organiza a vida dos individuos e serve para levar a cabo o progreso. Os ilustrados
dicían que a razón humana nos levaría a un mundo máis avanzado e cómodo. Todos estes
contan co progreso constante para construír unha sociedade ou civilización mellor; polo que,
viviremos máis felices. Tendo unha visión claramente optimista grazas á razón.

Así, a historia é o espazo onde se desenvolven os seres humanos cara á mellora. O paso dunha
vida dura a outra cómoda.

Segundo os ilustrados, todos confían na bondade do ser humano, o que fai posible o progreso;
a solidariedade é internacional.

Este proxecto co conxunto da sociedade, dase grazas á educación xa que o ser humano
necesita ser ilustrado. Para mellorar a vida das persoas, créase a enciclopedia por intelectuais,
filósofos,...

Así, isto fai que os monarcas, como Carlos III, apoiaran a cultura coa creación de museos,
teatros,... Tamén institucións de ensino, enchen de educación toda Europa.

A concepción da natureza é moi diferente ao mundo anterior, é no mundo natural onde


realizamos actividades; segundo os ilustrados o importante é o contacto con esta, onde se
desenvolve a actividade humana.

En canto ao ámbito científico, a concepción da natureza caracterízase polo mecanismo e o


determinismo.

O mecanismo lévanos ao Deísmo, é dicir, a afirmación de que existe un ser superior pero non é
persoal, polo que non é o Deus da tradición.

Os ilustrados que se sitúan nesta posición deísta, din que para que esta sexa aceptada polos
humanos, debe eliminarse as impurezas, sen divindade nin elementos irracionais.

Este é un mundo moi distinto que influirá en Occidente durante o século XIX; o ideal ilustrado
pensaba que o desenvolvemento humano. Sen embargo, os séculos XIX e, sobre todo, o XX,
caracterízanse polo progreso usado de modo erróneo, para matar.

A razón ilustrada caracterízase por ser unha razón universal xa que é válida para todo o
mundo, todos os seres humanos fan uso dela, e por iso, guiamos a nosa vida grazas a ela, que é
un elemento común.

Esta razón arrinca do mundo que nos rodea e baséase na experiencia, polo tanto, é finita e
limitada; dándose conta de que non o pode coñecer todo. Tamén é laica, non relixiosa, porque
se separa totalmente dos dogmas de carácter relixioso.

Ademais, é crítica analítica, é dicir, non da nada por válido ou verdadeiro sen antes examinalo
minuciosamente. Desta maneira, as crenzas e a relixión non son aceptadas, seguindo este
criterio.
• KANT:

Kant di que a Ilustración consiste en abandonar a menoría de idade; esta é cando os seres
humanos non fan uso da razón.

Kant di que a misión da Ilustración é facernos maiores de idade, é dicir, tomar decisións
razoables e cuestionar ideas que poden ser mellorables, utilizando a razón. Así, créase un
mundo caracterizado pola autonomía e a crítica, elaborando as nosas propias leis a partir das
nosas valoracións sensatas.

A través disto, a finalidade é chegar a un concepto denominado 'SAPERE AUDE!' (atrévete a


saber), é dicir, ter valoracións acerca das nosas accións e do que queremos facer, xa que
estamos no noso dereito.
Os límites do coñecemento en Kant
Immanuel Kant nace no primeiro terzo do século XIX en Königsberg, unha cidade de tamaño
medio. Nace nunha familia de clase media traballadora, pero a súa familia pertencía a unha
secta pietista protestante con un rigor moi estrito; debido a iso, a súa nai inculcoulle estes
principios que terán trascendencia nel.

Kant estudou e matriculouse na universidade nas asignaturas de filosofía, matemáticas e


ciencias naturais, xa que pensaba que eran unha fonte de coñecemento fiábel. A ciencia
newtoniana continúa algo no seu interior que a convertía en marabillosa. Propuxéronlle
quedar na universidade e así fixo.

Kant tiña un ideal racionalista na súa mentalidade académica, ata que le unha obra de David
Hume. O racionalismo era optimista, sendo fiábel e ilimitado, mentres que Hume era contrario
a isto, e Kant apoia esta idea de que o coñecemento se basa na experiencia, no mundo dos
fenómenos. Grazas a isto, Kant elabora unha teoría que permite a síntese entre a razón e a
experiencia.

En 1770, Kant escribiu unha obra denominada "A Distorsión", que é unha reflexión sobre
cuestións de carácter epistemolóxico. A partir deste momento, abandona o racionalismo e
vólvese partidario da crítica de Hume, en certa medida. Este período no que Kant entra
denomínase período crítico, porque é a época na que escribe catro obras: "Crítica da razón
pura", que trata sobre o coñecemento e os seus límites; "Crítica da razón práctica", que contén
unha temática filosófica sobre a ética; "Crítica do xuízo", que trata sobre a noción da beleza; e
"A relixión dentro dos límites da mera razón", que di que a relixión debe xustificarse
publicamente cando hai argumentos razoables.

Outras obras inclúen "A fundamentación da física dos costumes", que ten un contido ético
sobre as pautas do comportamento do noso actuar, "A paz perpetua", entre outras.

As grandes ideas da filosofía kantiana constan de tres características: "Que debo facer?", "Que
debo coñecer?" e "Que me cabe agardar?". Kant dicía que se fósemos capaces de contestar a
estas preguntas, estaríamos respondendo á pregunta: "Que é o ser humano?".

O punto de partida é o debate do racionalismo e o empirismo. Kant di que temos que ter un
coñecemento universal e necesario, é dicir, seguro, estable e fiábel sobre a realidade; o seu
ámbito de aplicación é a experiencia, o mundo físico. Polo tanto, para Kant, os dous trazos
máis importantes son a razón do suxeito e o mundo dos fenómenos. Así, o racionalismo e o
empirismo poden unirse.

A obra máis importante de Kant é a "Crítica da Razón Pura" (C.R.P.), onde analiza as condicións
de posibilidade do coñecemento, é dicir, que é o que se pode coñecer, como, con que factores,
etc.

Segundo Kant, para que algo sexa unha ciencia ten que estar composta por xuízos, é dicir, a
afirmación que explica algún concepto; estes xuízos para converterse en científicos deben ser
universais e necesarios, e teñen que engadir información.

Hai tres tipos de xuízos: os analíticos, onde o predicado está incluído no suxeito, son
afirmacións nas que xa se sabe o suxeito, e sabe-se o predicado que lle corresponde. Isto
chámase xuízo analítico. Son universais e necesarios, e non engaden información. Kant
chamáballe a priori, é dicir, antes da experiencia.
Os xuízos sintéticos danse cando o predicado non está incluído no suxeito; non son universais
e necesarios porque para comprobar isto debe recorrerse á experiencia, e engádese nova
información. Polo tanto, son a posteriori, é dicir, despois da experiencia.

Outros xuízos son os verdadeiramente científicos porque engaden nova información e son
universais e necesarios, denominándose Sintéticos a priori.

As tres partes nas que se divide esta obra relacionan-se coas tres facultades humanas no
proceso cognitivo, que se situan na nosa psique:

1. A sensibilidade está estreitamente relacionada coas matemáticas; existen xuízos


sintéticos a priori nas matemáticas. Segundo Kant, o noso coñecemento arranca da
experiencia e para coñecer é necesaria a sensibilidade, é dicir, a capacidade humana
pasiva encargada de recibir datos do mundo exterior.

2. Os nosos sentidos reciben unha cantidade enorme de estímulos ou sensacións que


están de xeito desorganizado; recibimos fenómenos, os cales dividimos en materia e
forma (estrutura ou elemento a priori). Esta estrutura non provén do mundo exterior
nin da experiencia, senón que provén da psique do individuo. O primeiro paso para
organizar estes estímulos recibidos é ubicarlos nun momento e nun lugar
determinado.

3. Kant di que o espazo e o tempo están na psique, polo que se non existisen os
individuos, non existiría o espazo e o tempo. Estes chámanselle intuicións puras
(baleiras de contido empírico) ou formas a priori da sensibilidade, porque lles
conceden orde e son independentes da experiencia. Esta primeira parte da obra de
Kant que fala sobre a sensibilidade denomínase estética trascendental; a estética
refírese a todo o que se percibe polos sentidos.

Kant sabía que as matemáticas eran unha ciencia (estaban constituídas por xuízos sintéticos 'a
priori); estas teñen dúas partes básicas que son: a aritmética referida á sucesión numérica, e a
xeometría referida ao espazo e aos corpos. Polo tanto, as matemáticas baséanse en contar e
ubicar, é dicir, son formas a priori da sensibilidade.

Así, os xuízos matemáticos sempre utilizan as nocións do espazo e do tempo para explicar
diversas cuestións.

A segunda parte desta obra é a que fala do entendemento, é dicir, a facultade activa da
espontaneidade dos conceptos, e denomínase analítica trascendental.

Segundo Kant, para coñecer un fenómeno debemos sentilo e aplicar conceptos ao mundo
empírico. Tamén afirma que só se recibe coñecemento cando o noso entendemento realiza
unha serie de procesos mentais, polos que reducimos os diversos ítems en conceptos.

Os conceptos poden ser empíricos ou puros:

-Os conceptos empíricos son aqueles que surxen do contacto coas experiencias.

-Os conceptos puros relacionánse coa nosa capacidade de explicar e entender a experiencia,
son maneiras que temos de organizar o conxunto de datos nun espazo e tempo.

Para elaborar un concepto empírico temos algo no noso entendemento que nos permite
esquematizar o conxunto de datos e unificalos baixo un concepto. Isto lévase a cabo grazas aos
conceptos puros, xa que son os encargados de unificalos, é dicir, maneiras de explicar e xulgar
os datos empíricos.

Existen 12 maneiras de xulgar a realidade, algunhas delas son:

 Categorías de cantidade.

 Categorías de calidade.

 Categorías de relación: dentro desta inclúese a categoría de causalidade, na que Kant


di que a causalidade non ten unha impresión sensible, sen embargo, é un concepto
puro porque son maneiras que o noso entendemento ten de esquematizar a realidade.
Tamén se inclúe a categoría de substancia, que é unha maneira de unificar os datos
dos sentidos.

Unha das frases de Kant é: "As intuicións sen conceptos son cegas, e os conceptos sen
intuicións están baleiros", é dicir, sen conceptos que organicen os datos non teñen utilidade;
da mesma maneira, se datos sensibles, os conceptos non serven para nada.

Polo tanto, a física é unha ciencia xa que está composta de xuízos sintéticos 'a priori; por unha
banda, aplícase a experiencia ao falar de elementos do mundo empírico e, por outra banda, é
universal e necesario porque temos categorías no noso entendemento. Especialmente, a física
utiliza, dentro da categoría de relación, o principio de causalidade.

Segundo Kant, o coñecemento non se atribúe ao que recibimos de fóra nin ao proceso
realizado polo suxeito; así, existe unha clara síntese entre o racionalismo e o empirismo.

O límite do coñecemento de Kant remata na experiencia.

 A última parte desta obra é a que fala da razón, isto é, a capacidade de facer sínteses
cada vez máis grandes do coñecemento; e denomínase dialéctica trascendental.

Segundo Kant, o ser humano é un ser intelixente que pretende ir máis aló da fronteira da
experiencia. Por unha banda é positivo porque permite aumentar o noso coñecemento; por
outra banda, ao non estar baseado en datos empíricos, non hai seguridade sobre este
coñecemento.

"NOÚMENO", aquilo que pode ser pensado; así, a razón encárgase do que pode ser pensado
pero non coñecido. A disciplina que se encarga desta capacidade é a metafísica; esta non é
unha ciencia porque non arrinca da experiencia. As grandes ideas da metafísica son Deus
(suma de todo o anterior), alma (suma de toda a parte psíquica), e mundo (suma de todos os
fenómenos).
A LEI MORAL EN KANT
Kant é un innovador total neste terreo; as éticas anteriores a Kant defínense como materiais,
mentres que a súa ética é formal (material: particular e formal: universal). As éticas materiais
non serven porque non son universais e necesarias, só serven para algo determinado.

Kant busca teorías éticas universais que sirvan para todos e necesarias; non poden ter, por iso,
un obxectivo concreto (nin felicidade, nin pracer,...); a base dese comportamento ético é a
razón.

MATERIALES FORMALES
Empírico: bien “a priori”: universal y necesario, no forma
parte de la experiencia.
Particulares Universales
Contenido: qué hacer No contenido: cómo hacer
Heterónomas: viene de fuera Autónomas: de mí mismo
Teleológico(fin): material, bien y felicidad, Deontológico: ética del deber, no tiene que
que deriva de la experiencia conseguir ningún fin, sólo cumplir con su
deber
Imperativo hipotético Imperativo categórico: universal y sujeto
autónomo

 Particulares: segue os mandatos da ética.


 Contido: dinche constantemente o que tes que facer, isto é, normas ou
mandatos.
 Non contido: baleiro de contido, nunca che dirán o que tes que facer, pero
dirante como o tes que facer para facelo de maneira autónoma. Para Kant é
fundamental respectar a autonomía, fai o que fagas, faio porque o queres
facer, toma as túas propias decisións e ten criterio.
 Imperativo hipotético: se queres conseguir o fin tes que cumprir cos seus
respectivos mandatos; se non queres chegar a ese fin deixas de seguir esas
normas.
 Imperativo categórico: manda sempre universalmente sen excepcións, nunca
deixará de cumprir ese mandato, porque para Kant só hai unha norma que é
cumprir co deber. Para Kant, a ética ten que servir para todo o mundo, isto é,
universal; e ao mesmo tempo, respectar a capacidade de decisión, isto é,
autonomía.

DEBER
A Kant preocupáballe a intención, polo que a noción do deber é fundamental;
'necesidade dunha acción por respecto á lei'. Segundo Kant, esta é a definición do
deber, excluíndo intereses particulares. Hai tres tipos de accións con respecto ao
deber: Contrarias ao deber: saltarse o deber. Conformes ao deber: son accións
aparentemente boas pero no fondo son malas porque cando xa non che interesa a
finalidade, xa non segues as normas. Por deber: a pesar de que non hai consecuencias
positivas nin negativas cumpres co deber; para Kant o único bo que hai é a boa
vontade, é dicir, aquela que cumpre o deber, o resto son aparencias da boa vontade. O
imperativo categórico ten que ser universal e saír da autonomía do propio suxeito;
polo que, o mandato ten que ser elaborado polo propio individuo, pero hai unha cousa
que nos une a todos, é dicir, a razón. Así, é o único mandato de moralidade que manda
universalmente e é respetuoso coa autonomía do suxeito. A primeira formulación do
Imperativo Categórico defínese baixo a idea de obrar sempre de tal maneira que o
máximo da túa acción, é dicir, principio subxectivo do querer, poida converterse en lei
universal, é dicir, aquela que sirva para todo o mundo. A segunda formulación do
Imperativo Categórico defínese baixo a idea de obrar sempre que te relacionas coa
humanidade como un mero medio para conseguir un fin, en lugar dun fin en si mesmo,
é dicir, non utilizar ás persoas como ferramenta para os teus intereses; e tampouco
utilizarte a ti mesmo. Os seres humanos con dignidade, o que nos permite non ser
usados; sen embargo, os obxectos contan con valor ou prezo, polo que si se poden
utilizar.
 A terceira formulación do Imperativo Categórico defínese baixo a idea de que
se debe legislar sempre de maneira autónoma, pensando que se forma parte
dun hipotético reino dos fins. Para Kant a moralidade só pode existir se están
presentes os tres postulados da razón práctica, senón a moralidade carece de
base e cae:
 Liberdade: para Kant, a liberdade é unha suposición que hai que dar por válida;
así, admitimos a existencia da moralidade. Inmortalidade da alma: para Kant,
isto é necesario xa que di que debe haber un tempo no que se castigue ou se
premie a alma. Deus: sen existe Deus, non se garántiza o xuízo do alma. Un dos
argumentos máis importantes para xustificar o postulado destes tres
elementos é a distinción entre o querer e o deber, é dicir, intentar adecuar o
meu querer ao meu deber mediante estes tres elementos. Isto defínese no
ideal da Santidade.

You might also like