Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 15

[Escriba aquí]

ERGONOMÍA E MECANOGRAFÍA
OFIMÁTICA E PROCESO DA IN-
FORMACIÓN

Carmen López
IES AS FONTIÑAS Santiago de Compostela
Ofimática e proceso da información


Contido

1.- Principios de ergonomía.

2.- Ergonomía do traballo co ordenador.

3.- O teclado e a mecanografía.

Obxectivos

a) Coñecer e adoptar os principios e normas básicas de ergonomía no tra-

ballo de oficina, particularmente no que se realiza co ordenador.

b) Coñecer a disposición das teclas nun teclado español estándar, sabendo

distinguir os diversos grupos de teclas e coñecendo a función de cada

unha delas.

c) Colocar correctamente os dedos no teclado e aprender a pulsar cada

tecla co dedo que corresponde, co obxecto de adquirir unha axeitada

práctica mecanográfica.

d) Coñecer algunhas aplicacións informáticas que nos permitan practicar

os conceptos básicos da mecanografía.

Páxina 1
Ergonomía e mecanografía

ERGONOMÍA E MECANOGRAFÍA

Na actualidade, calquera traballo de oficina, no sentido máis amplo da palabra

–traballo administrativo, directivo ou de execución en ámbitos como o deseño

ou a programación informática–, é inseparable do uso do ordenador.

Antes de tratar os fundamentos da informática e os ordenadores e os progra-

mas ou aplicacións de uso máis habitual na ofimática, imos abordar dúas cues-

tións de método.

1ª.- En primeiro lugar, aborda- 2ª.- En segundo lugar, veremos

remos os principios e nor- como escribir correcta-

mas que deben seguirse mente co teclado, adqui-

para que o noso traballo rindo destreza e rapidez

fronte ao ordenador sexa o mecanográficas e minimi-

máis ergonómico posible, zando o número de erros

para evitar cansazo e lesións cometidos.

musculares.

1.- PRINCIPIOS DE ERGONOMÍA

A ergonomía é unha disciplina que estuda e deseña

o espazo e as ferramentas de traballo para que re-

sulten axeitados para o/a traballador/a, evitán-

dolle posturas e movementos que poidan resultar

en lesións na actualidade ou no futuro, e velando polo rendemento e bo fun-

cionamento do sistema no seu conxunto.

Páxina 2
Ofimática e proceso da información

1.1.- Historia da disciplina

Aínda que existe constancia de que dende a antigüidade se aplicaban algúns

principios propios da ergonomía no deseño dos posto e útiles de traballo, o de-

senvolvemento da ergonomía está ligado á denominada Administración Cientí-

fica, impulsada, entre outros, por Frederick W. Taylor (1856–1915), e os seus

seguidores posteriores efectuaron completos estudos de tempos e movemen-

tos para mellorar a eficiencia do traballo e evitar movementos inútiles.

Posteriormente, outros enfoques como o


Recorda:
protagonizado por Elton Mayo, na súa obra A ergonomía deseña o posto
Los problemas humanos de una civilización in- de traballo e as ferramentas
tratando de evitar lesións ás
dustrial (1933), insistiron na importancia non traballadoras e aos traballa-
só do estrito estudo dos movementos do tra- dores e velando polo rende-
mento do sistema no seu
ballador e os tempos empregados en realizar conxunto.
a súa tarefa, senón tamén noutros factores

ambientais –a iluminación do espazo de traballo, por exemplo– y psicolóxicos –

a importancia dos grupos informais que se crean no traballo, a consideración

non só dos incentivos económicos senón de aspectos sociais que rodean a vida

dos traballadores, etc. –. A escola de relacións humanas iniciada por Mayo tivo

unha influencia decisiva na teoría da organización contemporánea.

1.2.- Principais campos de aplicación da ergonomía

Xeralmente, cando se fala de “ergonomía”, referímonos á denominada ergo-

nomía física, a ergonomía do posto de traballo: o deseño dos elementos –asen-

tos, ferramentas, mesas de traballo, etc. – que reduzan ao mínimo as lesións

Páxina 3
Ergonomía e mecanografía

laborais das/os traballadoras/es. Neste campo distínguese entre a ergonomía

preventiva e o ergonomía correctiva.

 A ergonomía preventiva trata de deseñar o posto de antemán, de

acordo aos principios xerais.

 A ergonomía correctiva encárgase de solucionar os problemas unha

vez que as súas consecuencias –lesións, baixas laborais, etc. – se ma-

nifestaron.

Xunto con este enfoque clásico, dende a década de 1980 desenvolveuse outro

paralelo, o da denominada macroergonomía.

A macroergonomía trata de adoptar un enfoque sistémico, tomando como

punto de partida a análise do sistema no seu conxunto, incluíndo o entorno

organizativo e a cultura, obxectivos e aspiracións das/os traballadoras/es. O

obxectivo deste enfoque é lograr un sistema eficiente nos niveis micro –o

posto de traballo, as ferramentas– e macro –os aspectos sociais, organizativos,

institucionais, ... –, mellorando a produtividade e, ao mesmo tempo, a satis-

facción e o compromiso das/os empregadas/os.

2.- ERGONOMÍA DO TRABALLO CO ORDENADOR

Cando se organiza o espazo de traballo da persoa que debe sentarse moitas

horas ante o ordenador, hai que ter en conta diversos factores: en primeiro

lugar, a postura que se adopta ante o equipo: serán determinantes neste as-

pecto a altura da mesa e da cadeira de traballo, a posición e inclinación da pan-

talla, o tipo de teclado e a súa situación na mesa, o tipo de rato. Tamén debe-

mos ter en conta aspectos como a luz –cantidade e calidade da luz que ilumina

Páxina 4
Ofimática e proceso da información

o espazo, a dirección dos raios, etc. –, así como as características do entorno

de traballo: o illamento ao ruído, por exemplo.

Existen moitas lesións que poden deberse a unha

mala postura no posto de traballo: dores lumba-

res, cervicais, tensións nerviosas, molestias na

vista. Para previr todas estas lesións deben se-

guirse unha serie de principios fundamentais

para a organización ergonómica do espazo de

traballo.

2.1.- A cadeira e a mesa

Con respecto á cadeira que se emprega no posto de

traballo, debería usarse un asento anatómico, a ser

posible con tapicería transpirable. Deben usarse ca-

deiras que permitan regular a altura, para que os pes

estean permanentemente apoiados no chan, de

modo que os xeonllos forme aproximadamente un ángulo

recto; as pernas nunca deben estar cruzadas. O feito de que os pes estean

apoiados no chan evitará a presión do lombo sobre coxas e xeonllos. O respaldo

da cadeira debe regularse para que a columna vertebral estea recta; na medida

do posible, deberían empregarse cadeiras cuxo respaldo sexa regulable, tanto

en altura e inclinación como en profundidade ou distancia horizontal ao res-

paldo. Debe procurarse tamén que os cóbados formen un ángulo recto, situando

os brazos en posición vertical e os antebrazos en posición horizontal. Por úl-

timo, as mans deben estar relaxadas, en liña co antebrazo.

Páxina 5
Ergonomía e mecanografía

En canto á mesa de traballo, debe tratar de empregarse unha mesa suficiente-

mente grande, sobre cuxa superficie poidamos colocar o material de traballo

sen necesidade de amontoalo nin vernos constrinxidos por el. A mesa de tra-

ballo debe estar limpa, ordenada e cos papeis e elementos o máis organizados

posible, para poder concentrar a atención no traballo que se está efectuando

en cada momento. Ademais, as mesas deben ser estables e de altura regulable,

e o espazo situado debaixo da mesa debe permitir que as pernas poidan mo-

verse con facilidade sen que queden aprisionadas. Se o traballo

co ordenador supón a lectura, copia ou consulta de papeis ou

libros, convén que estes estean situados sobre un atril, para po-

der manter o lombo e a cabeza rectos e apoiados no respaldo da

cadeira mentres se traballa. Os obxectos cos que traballemos habitualmente

deben estar ao alcance da man, sen que sexa necesario estirar o brazo nin xi-

rarnos en exceso para collelos.

2.2.- Monitores e teclados

Os monitores ou pantallas son un elemento de

suma importancia; no traballo co ordenador supón

manter a vista fixa neles durante moitas horas e,

polo tanto, as súas características teñen unha

grande incidencia no lombo, as cervicais e a vista. Debe tratar de colocarse a

pantalla perpendicular ás ventás, para evitar tanto o reflexos da luz –que se

producen cando a pantalla recibe directamente os raios do sol– como o cega-

mento da/o usuaria/o –que se produce cando a parte traseira da pantalla mira

cara a ventá e os ollos da persoa que está fronte a ela reciben directamente a

luz do sol–. Tamén debe procurarse que detrás da pantalla non haxa ningunha

Páxina 6
Ofimática e proceso da información

fonte luminosa directa. A pantalla debe estar situada, como mínimo, a 40 cen-

tímetros de distancia dos ollos, unha distancia que deberá ser máis grande

canto maior sexa a superficie do monitor.

A resolución do monitor e o tamaño dos caracteres e outros elementos gráficos

do entorno de traballo deben adaptarse ás necesidades visuais da/o usuaria/o:

as contornas gráficas permiten modificar o tamaño das iconas e algunhas delas

posúen ferramentas específicas para a mellora da accesibilidade. Tamén é re-

comendable que o texto teña un entreliñado suficiente, de modo que na lectura

en pantallas as liñas se distingan ben unhas doutras. En monitores pequenos, o

uso dos modos de traballo en pantalla completa permiten aproveitar ao máximo

o tamaño dispoñible na pantalla. O texto é máis lexible cando é de cor negra e

o fondo de cor branca. O brillo e o contraste da pantalla deben adaptarse á luz

dispoñible no espazo de traballo; algúns monitores de gama media e alta veñen

equipados un fotómetro e poden axustar automaticamente o seu brillo e o seu

contraste á luz ambiental.

A parte superior da pantalla debe atoparse ao mesmo nivel que os ollos ou li-

xeiramente por debaixo. Iso evita que teñamos que baixar a vista máis de 15 ou

20 graos para ver o centro da pantalla. A pantalla debe estar limpa; é preciso

pasarlle regularmente un pano lixeiramente humedecido con auga –evitando o

uso de alcol ou outros produtos químicos– para evitar que acumule partículas

de po. A iluminación xeral do local debe ser uniforme.

Os dispositivos de entrada máis comúns son o teclado e o rato. Do mesmo

xeito que os nosos ollos están fixos na pantalla durante moitas horas, tamén

as nosas mans pasarán moito tempo manipulando ambos dispositivos. Por elo,

Páxina 7
Ergonomía e mecanografía

débese procurar empregar modelos ergonómicos e

empregalos dunha forma que non resulte cansa o

daniña para as pulsos e as

mans; por exemplo, mediante o uso dunha almofada para pousar as pulsos. A

inclinación do teclado debe ser regulable, e este debería situarse xusto debaixo

do monitor, para evitar ter que xirar a cabeza para visualizar a pantalla. Polo

que respecta ao rato, algúns autores recomendan que as persoas zurdas usen

a configuración para zurdos, que intercambia as funcións dos botóns esquerdo

e dereito do rato, para que este poida usarse coa man esquerda.

2.3.- Exercicios corporais

Aínda que o espazo de traballo estea correctamente deseñado e a nosa postura

sexa axeitada, pasar moitas horas sen moverse fronte ao ordenador pode re-

sultar prexudicial para as nosas articulacións e o nosos músculos. Para previr

lesións, contracturas e entumecemento muscular convén realizar unha serie de

exercicios.

En primeiro lugar, convén tomarse breves descansos de un ou dous minutos

cada vinte ou trinta minutos de traballo. Cando se completa unha hora de tra-

ballo, convén tomar un descanso un pouco máis longo, de entre

cinco e dez minutos, ou cambiar de tarefa.

Relaxar a vista é de suma importancia para os nosos ollos. Periodi-

camente, levantaremos a vista da pantalla ou o papel e fixarémola nun punto a

certa distancia, para obrigar ao ollo e reenfocar. Cada certo tempo convén des-

cansar a vista tapándonos os ollos coas palmas das mans durante uns segundos.

Páxina 8
Ofimática e proceso da información

Algúns exercicios musculares, que poden levarse a cabo no propio posto de tra-

ballo en calquera momento de descanso, axudarannos a manter un ton muscular

axeitado e manter o corpo relaxado durante toda a xornada laboral.

Ollos. Moverémolos alternativamente cara a dereita e

cara a esquerda durante cinco veces sen mover o colo

ou a cabeza. A continuación moverémolos cara arriba

e cara abaixo outras cinco veces, procurando manter

a cabeza quieta. Finalmente, moveremos os ollos en posición circular primeiro

en sentido das agullas do reloxo e posteriormente en sentido contrario ás agu-

llas do reloxo, cinco veces en cada sentido.

Colo. En primeiro lugar realizaremos exercicios mo-

vendo a cabeza cara aos lados. Inspiramos, movemos o

colo cara a dereita e espiramos. A continuación,

repetimos a secuencia, pero xirando o colo cara a es-

querda. Efectuaremos cada movemento alternativa-

mente durante cinco veces.

De seguido, realizaremos movemento coa cabeza cara

arriba e cara abaixo. O exercicio é similar ao anterior:

inspiramos e movemos a cabeza cara arriba, de forma que alcancemos o teito

sen mover os nosos ollos; levamos a cabeza á posición orixinal e espiramos. A

continuación, volvemos a inspirar e baixamos ata que o queixo toque o peito;

volvemos á posición orixinal e espiramos. Realizamos alternativamente estes

movementos durante cinco veces.

Páxina 9
Ergonomía e mecanografía

Por último, moveremos o colo en círculo, primeiro no sentido das agullas do

reloxo e a continuación en sentido contrario, efectuando cinco xiros en cada un

dos sentidos.

Tamén podemos efectuar o movemento cara a un lado e cara o outro.

Mans. A posición das mans no teclado constitúe unha fonte de cansazo e ten-

sión para os pulsos, que pode dexenerar en diversas doenzas e chegar a inca-

pacitarnos para moitas tarefas. Exercitaremos os pulsos efectuando xiros cara

un lado e cara o outro alternativamente. Pola

súa parte, os dedos tamén requiren certos

exercicios, tales como tocar cada un dos de-

mais dedos da mans co polgar.

Ombros. Moveremos os ombros cara arriba mentres inspiramos e relaxarémo-

los mentres espiramos, durante cinco veces. Posteriormente xirarémolos en

círculos cara adiante e cara atrás e efectuaremos cinco xiros en cada un dos

sentidos.

Tórax. Efectuamos unha torsión cada á dereita e outra cara a esquerda, esti-

rándonos en dita posición. Podemos axudarnos suxeitándonos coa man ao res-

paldo da cadeiras; se efectuamos unha torsión cara a dereita, suxeitarémonos

co brazo dereito ao respaldo; e viceversa.

3.- O TECLADO E A MECANOGRAFÍA

A mecanografía é a “arte de escribir correctamente a máquina”. Máis especi-

ficamente, é a arte de escribir correctamente, a unha velocidade adecuada e

cunha cantidade ou porcentaxe de erros mínimo, sen necesidade de fixar a vista

Páxina 10
Ofimática e proceso da información

no teclado. Cunha formación e práctica relativamente breves, pode recordarse

a posición de cada tecla e saber sobre que tecla temos pousado cada dedo nun

momento dado sen necesidade de fixarse nela, recorrendo só a nosa memoria

do tacto. A velocidade mecanográfica habitualmente mídese en pulsacións por

minuto.

É importante ter en conta que a práctica correcta da mecanografía non só re-

quire de velocidade; tamén son de suma importancia aspectos como a correc-

ción do texto escrito –escribir rápido con moitos erros obrigaranos a perder

tempo premendo a tecla Retroceso para corrixilos– e a correcta posición das

mans, dedos, pulsos e brazos para que o traballo de mecanografía sexa relaxado

e non nos produza tensións nin lesións musculares.

3.1.- O teclado: instrucións de uso

Os teclados españois dos ordenadores de sobremesa soen contar cun número

de teclas entre 102 e 105. Estas teclas atópanse divididas en bloques, en cada

un dos cales se sitúan teclas de comportamento ou funcións similares. Nos or-

denadores portátiles, ou en certos modelos de sobremesa, o teclado ten unha

configuración máis compacta, na que algunhas teclas están ausentes e, ade-

mais, non están diferenciadas en bloques, senón que se dispoñen todas conti-

guas entre si.

Os caracteres dunha tecla. No teclado alfanumérico atopamos dous tipos de

teclas: as que corresponden a letras e as asociadas a número e símbolos. Nal-

gunhas delas veremos debuxados dous ou tres símbolos correspondentes a ca-

racteres distintos; para obter ditos caracteres en pantalla teremos que premer

diversas combinacións. Por exemplo, na tecla do número 2, no teclado

Páxina 11
Ergonomía e mecanografía

alfanumérico, vemos que ten debuxadas unha comiñas (“) e o símbolo arroba

(@). Para escribir as comiñas debemos premer a tecla Mayús + 2, e para escribir

a arroba debemos premer a tecla AltGr + 2. A combinación de teclas efectúase

do seguinte xeito: primeiro prémese a tecla Mayús, Alt, Ctrl, etc., e, mantén-

doa premida, prémese a tecla que desexamos combinar –no noso caso, a tecla

2–; a continuación sóltanse ambas teclas.

O uso dos acentos. Co teclado español estándar podemos usar non só a til que

usamos no galego, senón tamén outros acentos que se empregan noutras lin-

guas, como o grave –por exemplo: à, è, ... – e o circunflexo –por exemplo: â,

ê, ... –. Tamén dispoñemos da diérese (¨), para usar en palabras como “anti-

güidade”. A diérese e os diversos tipos de acentos teñen unha característica

común: non son caracteres propiamente ditos, senón elementos que se combi-

nan con outros para formar un carácter –a vogal acentuada, ou con diérese,

etc. –. Baixo os sistemas de Windows e Linux, o til e a diérese non aparece ao

premer a tecla, pero o sistema recorda a súa pulsación de modo que, ao premer

a tecla seguinte –se se trata dunha vogal– esta aparecerá acentuada. Nos sis-

temas operativos de Macintosh, sen embargo, a til móstrase en pantalla e pos-

teriormente combínase visualmente coa vogal que premamos.

3.2.- Práctica mecanográfica

Aprender a escribir correctamente cun teclado non require un gran estudo te-

órico; simplemente é preciso colocar os dedos correctamente no teclado e pul-

sar cada unha das teclas co dedo da man que lle corresponde. Pola contra, re-

quire moita práctica, primeiro con exercicios sinxelos –e quizais un tanto pe-

sados– nos que do que se trata é de memorizar as teclas das diversas filas e

Páxina 12
Ofimática e proceso da información

aprender con que dedo debemos premelas, e logo con exercicios “reais” de pa-

labras, frases ou texto de maior ou menor lonxitude. É moi posible que, coa

nosa práctica previa cos ordenadores, adquiriramos unha velocidade conside-

rable pero cunha posición dos dedos inadecuada. Na aprendizaxe mecanográfica

quizais atopemos que, ao principio, cos dedos colocados nas súas posicións co-

rrectas imos máis lentos. Non hai que inquietarse por elo: con algo de práctica

pronto veremos as vantaxes –maior velocidade e menor cansazo muscular– do

novo método.

Na figura represéntanse os grupos de teclas que deben ser premidos con cada

un dos nosos dez dedos. A correcta práctica da mecanografía baséase xeral-

mente en situar os oitos dedos das dúas mans –exceptuando os polgares– na

fila media do teclado –a fila formada polas teclas “A”, “S”, “D”, “F”,..., “J”,

“K”,“L”, “Ñ” –. Dende esta posición os dedos poden acadar o resto das teclas

do teclado cun movemento mínimo de pulsos, permitindo así unha velocidade

Páxina 13
Ergonomía e mecanografía

elevada e un cansazo mínimo. Os polgares de ambas mans quedan reservados

para premer a barra espazadora.

Polo que respecta ao teclado numérico, os dedos póusanse, cando non se están

a introducir díxitos, sobre a fila de teclas 4-5-6-+: o dedo índice sobre a tecla

“4”, o maior sobre a tecla “5”, o anular sobre a tecla “6” e o maimiño sobre a

tecla “+”. O polgar póusase sobre a tecla “0”. É frecuente que a tecla “5” dis-

poña dun pequeno resalto, para servir como axuda para identificala mediante o

tacto e poder levar a man á fila central sen necesidade de mirar o teclado.


Ofimática y proceso de la información – Ediciones Paraninfo, S.A.

Páxina 14

You might also like