Tema 7 Poboamento e Despoboamento-Preguntas Resoltas

You might also like

Download as odp, pdf, or txt
Download as odp, pdf, or txt
You are on page 1of 25

Tema 7 poboamento e despoboamento

Preguntas resoltas.
1-Que estuda a demografía española?

Estuda estatisticamente a estrutura e a dinámica


da poboación residente en España, así como os
procesos que a determinan: fecundidade,
mortalidade e migracións.
2-Cal é o número total da poboación española en
cifras aproximadas?

O total da poboación española supera os 47


millóns de habitantes, dos que 5 millóns e medio
son estranxeiros.
3-En que consistíu a transición demográfica?

Iniciada a fins do XVIII significou o paso dun


réxime antigo con alta natalidade e alta
mortalidade cun crecemento nulo, a unha etapa
de transición cunha natalidade alta e unha
mortalidade que ía a baixa grazas os avances na
hixiene e na mediciana, na que a poboación
medraba, para pasar a finais do XX ao descenso
da natalidade, que se iguala coa mortalidade, e a
unha estabilización da poboación que deixa de
medrar.
4-Que temas tratan os actuais estudos
demográficos?

Os temas que se plantean os actuais estudos


demográficos son o envellecemento, analizado a
partir do aumento da esperanza de vida e o
descenso da natalidade, As diferenzas entre
campo e cidade. A falta de reemplazo
xeneracional, tendo en conta que as correntes
migratorias ponde subsanar este déficit.
5-Que características deben ter os censos de
poboación, dende cando se fan en España?

Todo censo debe ser universal, e dicir debe


abarcar a todos os habitantes do país, non pode
haber omisión nin duplicación. O primeiro censo
moderno realizouse en España en 1857.
6-Que cuestións aborda o censo?

Características xeográficas: lugar de nacemento e


de residencia. Características persoais e
familiares: sexo, estado civil (casado ou solteiro),
data de nacemento e nacionalidade, composición
das familias. Características culturais: nivel de
instrucción. Características económicas:
poboación activa, poboación ocupada e en paro.
7-Que é o padrón de poboación?

É un rexistro de competencia local, na que se


contén a relación dos habitantes do municipio.
8-Que información contén o Rexistro Civil?

No Rexistro anótanse os nacementos, defuncións


e matrimonios
9-Que é a Enquisa de Poboación Activa (EPA)?

E unha enquisa que conten información sobre a


poboación disposta a traballar (poboación activa)
poboación ocupada e poboación en paro.
10-Por que actualmente non medra a poboación
en España?

Porque o índice de fecundidade é dende a


década de 1990 de 1’3 fillos por muller, o que fai
difícil o crecemento vexetativo. Para asegurar o
relevo xeneracional o número de fillos por muller
debería ser 2’1 de media. En 2016, por segundo
ano consecutivo, o número de mortes superou o
de nacementos, o que certifica a crise
demográfica na que se atopa sumida España.
11-Dende cando é importante o número de
inmigrantes que chegan a España?

Dende o ingreso de España na Comunidade


Económica Europea (actual Unión Europea) en
1986, o número de inmigrantes que chegaron ao
noso país comezou a medrar notablemente.
12-Por que é positiva a chegada de inmigrantes a
España?

A idade media da poboación residente en España


é de 43 anos. Ameazada a sociedade española
por un envellecemento irreversible, a chegada de
inmigrantes dende os anos 1990 frenou este
proceso. A idade media da poboación estranxeira
en España é de 36 anos. Tamén o número de
fillos das estranxeiras e superior ao das mulleres
nacionais.
13-Cales son as comunidades autónomas cunha
poboación máis envellecida?

Asturias, Castela e León, Galicia e País Vasco.

14-Cal é a esperanza de vida en España


actualmente?

É das máis altas do mundo, esta nos 82 anos de


media, 79 para os homes e 85 para as mulleres.
15-Cales son as taxas de mortalidade?

A taxa de mortalidade está no 8’76 por mil. A taxa


de mortalidade infantil está no 2’9 por mil nacidos
vivos.

16-Cales son as causas máis comúns de


mortalidade?

O cancro, as enfermedades do corazón e as


enfermidades respiratorias.
17-Cales son as áreas máis poboadas de
España?

A costa e o centro en torno a cidade de Madrid, a


máis poboada das cidades españolas.

18-Cales son as áreas máis despoboadas de


España?
As rexións do interior coa excepción de Madrid.
19-Que dúas provincias con costa están
escasamente poboadas?

Lugo e Huelva

20-Que tres provinicias sen acceso o mar están


densamente poboadas?

Madrid, Sevilla e Zaragoza.


21-Que áreas urbanas están máis densamente
poboadas?

A de Madrid que concentra 6 millóns de persoas e


a de Barcelona que concentra a 5 millóns.
21-Que áreas urbanas están máis densamente
poboadas?

A de Madrid que concentra 6 millóns de persoas e


a de Barcelona que concentra a 5 millóns.

22-De onde chegan a maioría dos inmigrantes a


España?

De Iberoamérica, Europa Occidental, Europa do


Leste e do Magreb.
23-Que significa o concepto de España
baleirada?

O termo España baleirada ou as veces España


baleira fai referencia as zonas de España que
sufriron migracións masivas durante o
denominado éxodo rural dos anos 1950 e 1960,
que a comezos do século XIX abarcan ao 90 %
do territorio español. Forman parte da España
baleirada todas aquelas provincias que elixen 5
ou menos deputados as eleccións do Congreso
dos Deputados.
24-Cales son as provincias máis despoboadas de
España?

Son Soria e Teruel, onde hai zonas onde a


densidade de poboación é inferior a 10 habitantes
por quilómetro cadrado.
25-Cando comeza a historia da España
baleirada?
Na ditadura de Franco, coas penurias da
posguerra, moitas persoas tiveron que abandonar
o campo o pasar fame. A emigración á cidade
incrementouse nos anos 50 e 60 co
desenvolvemento rápido da industria nas
contornas urbanas, que ofrecían traballo mellor
pagado que o que había no campo.
26-Cando os habitantes das cidades redescubren
o campo?
Nos anos 80, cunhas cidades superpoboadas,
moitas persoas deciden redescubrir os valores
naturais do mundo rural e comezan a investir en
negocios de ocio e turismo na natureza.
27-Que problemas ten o campo da España
baleirada?
Unha Política Agraria Común (PAC) inaxeitada,
que pon toda a súa atención na produtividade,
sen ter en conta a sostenibilidade do medio
natural, uns empregos no campo mal pagados
nunhas condicións duras que non atraen a
poboación nacional.
28-Que demostrou a crise do Covid-19 e o
confinamento?

A necesidade de producir no noso territorio


alimentos, con man de obra local para
aprovisionar as nosas cidades.

29-Que problemas ten o centralismo para a


España baleirada.

Que todas as liñas de comunicación partan de


Madrid, deixan un amplo espazo do noso territorio
marxinado, sen accesos aos servizos máis
esenciais.

You might also like