Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 4

A ARTE ROMÁNICA

O estilo románico xorde no século XI nun periodo de relativa prosperidade económica,


froito da consolidación do cristianismo en Europa Occidental, que conleva a difusión das
diferentes técnicas artísticas mediante a peregrinación, así como a expansión das ordes
monacais, dende Francia cara ao resto de territorios. Deste xeito, o románico adquire unhas
características propias que se difunden por toda Europa, consolidándose como o primeiro
estilo unificado en toda Europa. Como é lóxico supoñer, a arte románica difunde os valores
propios da sociedade feudal e cristiá europea, sendo as construcións máis importantes as
igrexas e os mosteiros, e estando o resto das artes subordinadas á decoración destas.
Na arte románica, pódense distinguir tres etapas:
a) Primeiro románico (finais do século X e século XI).
b) Románico pleno (finais do século XI ata mediados do século XII).
c) Tardorrománico (mediados do século XII ata inicios do século XIII).
A arquitectura románica desenvólvese en continuidade coas tradicións prerrománicas
adaptadas á nova influencia bizantina. O arco de medio punto, así como as cubertas
abovedadas son elementos principais, feitos en pedra, que como innovación incorporan o uso
de arcos fajones que descargan o peso das construcións nos contrafortes. Ademais, xorde
certo interese polas cúpulas.
Por outra banda, as artes plásticas son subordinadas á arquitectura, e adáptanse ao
marco arquitectónico no que se atopan. Deste modo, a funcionalidad é reafirmar o carácter
teoxéntrico dos edificios con esceas relixiosas que cumprían unha funcionalidade decorativa e
didáctica, por tanto estaban exentas de calquer tipo de naturalismo ou beleza: a expresividade
e o simbolismo son capitais en transmitir unha mensaxe relixiosa aos fieis, mediante a
deformación das figuras (perspectiva xerárquica, antinaturalidade das posturas, feísmo ao
representar pecados… etc.). O mundo simbólico está ben definido, sendo repetidas as
mesmas convencións en moitas das obras (iconografía dos santos, Maiestas Domini,
estereotipación… etc).
Por último a escultura románica estivo intimamente ligada á arquitectura. Coa intención
non só de decorar, senón tamén de acompañar as lecturas da Biblia, o recinto eclesiástico e
monacal transformouse nunha especie de libro de imaxes, no que portadas e capiteis se
converteron en excelentes soportes escultóricos. Aínda que os temas adoitaban ser de
carácter relixioso, tamén se esculpiron obras de temática profana, animais fantásticos ou
escenas da vida cotiá, ademais de motivos florais, vexetais e xeométricos de carácter
puramente decorativo.
Formalmente, neste tipo de escultura poden distinguirse as seguintes características:
figuras hieráticas, ríxidas e inexpresivas; falta de perspectiva e ausencia de fondos
arquitectónicos ou paisaxísticos; adaptación dos personaxes representados ao marco
arquitectónico; tendencia a encher todo o espazo compositivo, efecto coñecido co nome de
horror vacui; uso da perspectiva xerárquica; tendencia á xeometrización e á simetría das
formas; uso da policromía.
PORTICO DA GLORIA – MESTRE MATEO
Ficha técnica:
Título: Pórtico da Gloria.
Autor: Mestre Mateo e o seu obradoiro (documentado entre 1161-1217).
Cronoloxía: 1168-1188.
Tipoloxía: relevo e figuras exentas adxacentes.
Material: granito e mármore.
Estilo: románico tardío.
Tema: bíblico.
Localización: pórtico occidental da catedral de Santiago de Compostela.

Temática:
O Pórtico da Gloria representa a segunda chegada de Xesucristo á terra para xulgar aos homes,
baseado na Apocalipse (Ap. 22:12).

Seguindo a lectura iconográfica do Pórtico, de abaixo a arriba, áchase a árbore xenealóxica de


Xesucristo na base do parteluz, seguido pola figura do apóstolo Santiago que ocupa a zona central
do parteluz -no reverso distínguese a efixie do MESTRE MATEO, autor do conxunto- e o tímpano
presidido por Cristo resucitado. A representación de Xesucristo pretende mostrar un Deus máis
próximo, que as visións apocalípticas da época.

Desde a base do parteluz cara ao tímpano, o espectador vai pasando da representación do ámbito
terreal ao celestial.

Descrición formal:
O Pórtico divídese en tres arcos. O arco central é o máis grande e está dividido por un parteluz coa
figura do apóstolo. A nivel horizontal, distinguense tres rexistros:

- O inferior corresponde ás bases das columnas e está decorado con animais fantásticos.

- O rexistro medio está formado polas columnas coas estatuas adxacentes dos apóstolos.

- No superior sitúanse os tímpanos e arcos, que coroan as portas.

As esculturas do Pórtico da Gloria seguen as características da arte románica, como é a adaptación


ao marco arquitectónico, o horror vacui, a fidelidade á narración bíblica, o uso da policromía, o
hieratismo, a xerarquización dos personaxes e a solemnidade.
A DUBIDA DE SAN TOMÉ – PRIMEIRO MESTRE DE SILOS
Ficha técnica:
Título: A dúbida de San Tomé.
Autor: Primeiro Mestre de Silos.
Cronoloxía: segunda metade do século XI.
Tipoloxía: relevo.
Material: pedra.
Medidas: 100 x 180cm
Estilo: románico.
Tema: bíblico.
Localización: Mosteiro de Santo Domingo de Silos (Burgos).

Temática
Este claustro mostra a doutrina evangélica en diferentes conxuntos escultóricos. O máis importante é o que
trata sobre a resurrección formado por dous episodes do descendemento, Ascensión, a pentecoste e a
dúbida de San Tomé.
Na primeira aparición de Xesús resucitado ante os seus apóstolos Tomé non estaba con eles; ao contarlle
que viran ao Señor, el respondeu que se non introducía súa man na ferida do costado non a creria. Oito días
despois estaban todos os discípulos reunidos e presentouse Xesús quen dixo a Tomé: "Trae a túa man e mé
tea no meu costado; e non sexas incrédulo senón crente".
Descrición formal:
Forma parte do conxunto de capiteis que decoran os machóns das esquinas do claustro inferior con escenas
da Paixón e Resurrección de Cristo. A dúbida de San Tomé mostra unha orixinal presentación compositiva: a
escena desenvólvese baixo un arco de medio punto con columnas de capitel corintio sobre o que figura unha
fortaleza románica con torres e ameas, pero Cristo non ocupa o centro da composición como é habitual,
senón que aparece desprazado cara á esquerda.
Con todo, establécense unha serie de liñas diagonais que conducen a mirada cara á escena principal con
Xesús e San Tomé, reforzadas pola inclinación das cabezas dos apóstolos. A disposición das figuras
adaptase ao marco, creado polo arco de medio punto, e estruturada en tres rexistros cos discípulos
distribuídos en fileiras. Rompe esta simétrica disposición a figura de Xesús, tocado co nimbo crucífero, que
alza o brazo para ensinar as chagas e Tomé, cunha postura oposta aos demais, introduce a súa man na
chaga do costado.
A factura é pouco naturalista, caracterizada polo fondo plano, sen profundidade, a adopción da perspectiva
xerárquica e a isocefalia. As figuras, de canon estilizado, aparecen representadas cos pés colocados en
forma de v, hierátícas e con pouco modelado. Aínda que o tratamento dos trazos é esquemático, apréciase
unha certa individualización no traballo das barbas, dos cabelos e nas roupaxes, con finas incisións que
lembran as obras talladas en marfil.
Ponse de manifesto, por conseguinte, que nesta obra prima fundamentalmente o simbolismo e a función
didáctica, característica da arte románica, sobre a cuestión estética para lembrar ao observar a importancia
da Fe.
ANUNCIACIÓN AOS PASTORES
Ficha técnica:
Título: Anunciación aos pastores.
Autor: descoñecido.
Cronoloxía: primeiro terzo do século XII (1124-1170).
Técnica: fresco á témpera sobre estuco branco.
Estilo: románico.
Tema: bíblico.
Localización: Panteón dos Reis, Real Colexiata Basílica de San Isidoro (León).

Temática:
O gran conxunto historiado de San Isidoro, ao que se bautizou como "Capela Sixtina do
Románico", desenvolve os tres ciclos litúrxicos do rito mozárabe do Nadal, a Paixón e a
Resurrección.
A Anunciación aos pastores forma parte do primeiro ciclo, formado por escenas relativas ao
nacemento de Xesús, como a Anunciación á Virxe ou a Visitación. Nesta escena únense o
cotián e o sobrenatural; os pastores atenden a chamada do anxo mentres tocan instrumentos
musicais ou alimentan ao can que os acompaña.

Descrición formal:
Ocupa as bóvedas do Panteón dos Reis unha magnífica serie de murais historiados pintados
ao fresco sobre estuco branco. A escena ornamenta a bóveda e adáptase á forma da mesma,
nun espazo complexo, compartimentado con cenefas a xeito de orlas decorativas.
A composición é esquemática, aínda que se albisca unha vontade narrativa na mesma,
colocando os personaxes illados en posicións que rompen a frontalidade. Mostra a factura
característica do románico, de formas e volumes simplificados, rostros pouco expresivos e a
ausencia de perspectiva, representadas as figuras nun plano único. Predomina o debuxo e a
liña: para definir os contornos perfilase cun trazo negro e utilízase unha gama cromática
cálida de ocres, castaños, azuis e carmíns.
Hai un intento de situar a escena nun ambiente e non nun fondo neutro: a imaxe figurada da
paisaxe resólvese mediante unhas liñas onduladas que suxiren unha lomba. A escena
recréase nos pormenores paisaxísticos, con árbores e ramas en flor, e un detallismo
anecdótico: dous pastores, ataviados con roupas máis rudas tocan instrumentos, o terceiro dá
de beber ao seu mastín leonés nunha cunca, rabaños de cabras e vacas pacendo.

You might also like