Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 27

TEMA 8 : A nutricion

A obtención de nutrientes orgánicos


Os procesos que deben levar a cabo os animais para obter nutrientes orgánicos son a captura e inxestión do alimento e a
dixestión do alimento.

1. A captura e inxestión do alimento

Inxestión : proceso polo cal os animais toman alimentos procedentes doutros seres vivos e substancias inorgánicas do medio.

Segundo a complexidade anatómica e fisiolóxica dos diferentes filos de animais, a inxestión pode ser:

DIRECTA OU PASIVA (ACUATICOS)


 animais moi sinxelos
 non tenen estruturas especializadas para tomar o alimento de xeito activo, senón que este chega aos seus corpos ou aos
seus orificios bucais se os tenen.

Hai dúas modalidades principais de inxestión pasiva:

o A absorción directa dos nutrientes : Dase en animais que literalmente viven no seu alimento e que o absorben pola sua
superficie corporal.
o A filtración : invertebrados acuáticos sésiles ( poríferos, os moluscos bivalvos ou algúns anélidos, que simplemente
toman auga do medio e reteñen as partículas de alimento que contén.)

ACTIVA
 Realizase grazas a estruturas e organos especializados para capturar e tomar porcions de alimento, e introducilas no
sistema dixestivo a través da boca
 . A evolución fixo que as diferentes especies de animais conten con numerosas estruturas moi especializadas na inxestión
dun determinado tipo de alimento

. Destaca dous tipos principaIs:

 Os TENTÁCULOS :
 Apendices longos e musculosos, a miúdo provistos de aguilions, substancias pegañentas,ganchos ou ventosas-
 Animais : invertebrados como os cnidarios ou os moluscos.
 Serven : para atrapar presas ou porcións de alimento e levalas ata a boca.
 AS ESTRUTURAS BUCAIS.:
 partes musculosas ou duras, aguzadas e afiadas que se encontra dentro ou arredor da boca dos animais
 serven : atrapar.,absorber, reter, cortar, raspar ou triturar o alimento.
 mais diversas ca os tentaculos.
 Destacan :
o os apéndices mastigadores, picadores, chupadores ou lambedores dos artropodos
o a radula raspadora ou enforma de bico dos moluscos
o a lanterna de Aristóteles mastigadora dos ourizos de mar ou dos labios
o trompas, linguas, dentes e bicos dos vertebrados.

2. A dixestion e os seus tipos

DEF: proceso polo que os animais transforman os alimentos que inxiren en nutrientes que distribuen a todas as suas células.

Coa excepción dos animais máis simples, este proceso lévao a cabo un sistema dixestivo de maior ou menor complexidade.

Este sistema realiza a digestión do alimento para extraer os nutrientes e que os nutrientes chegue a todas as células.

OS TIPOS DE DIXESTION:

A DIXESTION INTRACELULAR ( DENTRO DA CELULA)


Realizana organismos sen sistema dixestivo ( poriferos.)

As particulas de alimento son capturadas por celulas especializadas que tapizan o interior dos numerosos poros que atravesan o
seu corpo e son procesadas por fagocitose no interior celular.

A DIXESTIÓN EXTRACELULAR (NOS ):


Lévase a cabo mediante un sistema dixestivo ( complexidade maior ou menor. )

Realizase a dixestion en varias etapas;

 Trituración mecánica do alimento para reducilo a pequenos fragmentos.


Lévana a cabo as estruturas bucais e os movementos da musculatura do aparato dixestivo.

 Dixestión química mediante enzimas dixestivos, que son proteinas segregadas por glandulas. Estes enzimas
adoitan ser vertidos dentro do aparato dixestivo, pero hai animais, (aranas,) que os inxectan nas suas presas para
predixerir os seus corpos e, despois, absorber o contido, pois carece de bocas mastigadoras

 Absorción dos nutrientes a traves das paredes do aparato dixestivo.


Estes poden chegar ao resto das células do corpo por difusión, ou ser transferidos ao aparato circulatorio para que as
distribua.

 Defecación ou expulsión dos restos do alimento que non se poden dixerir


A DIXESTION MIXTA :
Comenza dentro da celula e remata no interior .

3. Animais sen sistema dixestivo


 Os poríferos carecen de sistema dixestivo.
 Para captar o alimento, unhas células (coanocitos) tapizan as canles do interior do seu corpo
 Axitan os seus flaxelos e fan que entre auga a través de poros que se abren ao exterior.
 As partículas de alimento son capturadas polos coanocitos e fagocitadas por outras células ( amebocitos), que realizan a
dixestión intracelular e pasan os nutrientes a outras células.
 A auga devolvese ao exterior por un orificio central ( ósculo.)

4. Animais con sistemas dixestivos simples


tres tipos de aparatos dixestivos simples.:

CAVIDADE GASTROVASCULAR
DEF : saco cun só orificio que serve de entrada do alimento e saida dos restos da dixestión.
 Tipico : Animais moi sinxelos : cnidarios ou dos platelmintos.
 Teñen unha dixestión mixta:
Verten encimas dixestivos á cavidade e realizan a dixestión extracelular, pero, despois, as particulas de alimento son
fagocitadas polos amebocitos da parede gástrica (mesoglea), que as someten a unha dixestión intracelular.

TUBO DIXESTIVO SEN GLÁNDULAS


Tubo sinxelo,

 típico : nematodos e dos anélidos


 Conduto cun orificio de entrada (boca) e cun orificio de saída (ano).
 Nalgunhas especies, o tubo ten tramos especializados en cada proceso da dixestión:
 boca que captura o alimento
 boche que o almacena,
 moega que o tritura
 intestino no que se absorben os nutrientes.
 A dixestión é extracelular: mediante encimas que producen e verten ao tubo dixestivo as células situadas na parede do
devandito tubo.

TUBO DIXESTIVO CON GLÁNDULAS


 Tipico : invertebrados máis complexos, ( moluscos, os artrópodos e os equinodermos )
 tenen un tubo dixestivo con tramos especializados, : un boche, unha moega ou ramas cegas (sen saida) no estomago ou
no intestino.
 Xunto a tubo teñen glandulas anexas que segregan zumes dixestivos con enzimas. Destacan :
 glándulas salivares: que segregan substancias lubricantes
 Hepatopáncreas: un órgano complexo que metaboliza substancias e que segrega zumes dixestivos.
 A dixestión, é extracelular.

5. Animais con tubo dixestivo complexoo


 Os vertebrados tenen un tubo dixestivo con varias glándulas anexas
 moito mais complexo ca o dos invertebrdos.
 Está adaptado a cada tipo de alimentación con tramos e compartimentos especializados e levar a cabo procesos
dixestivos moi específicos:

A BOCA ( orificio de entrada )


 Estruturas bucais :
 especializadas na captura, fragmentación e inxestión do alimento( os dentes ou os bicos.)
 Uns e outros teñen formas e disposicións adaptadas ao tipo de alimentación de cada especie
 Unha lingua
 musculosa, branda e mobil (mamiferos) , pegañenta e retractil (anfibios e reptiles,) córnea (aves ) ou dura e
provista de denticulos ( peixes.)
 Interven na captura de alimento, no seu manexo e na percepción de substancias quimicas.
 Glandulas salivares.
 A saliva que segregan lubrica o alimento para tragalo, e comeza a sua dixestion qui-mica.
 Nalgunhas especies de réptiles e de mamíferos é velenosa e interven na captura das presas.

A FARINXE
 tramo que comunica a boca co resto do tubo dixestivo, pero tamén co aparato respiratorio.
 Para separar ambas as duas aberturas e impedir que entre alimento no sistema respiratorio , epiglote , que pecha as vías
respiratorias durante a degluticion.

O ESÓFAGO
 tramo do tubo dixestivo que comunica a farinxe e o estomago.
 Pode ser amplo e dilatable ( serpes) , ou pode ter un ensanchamento ou boche (aves) , para almacenar e macerar o
alimento.
 As paredes do esófago son musculares e contraense de forma ritmica para producir os movementos peristalticos, : que
dirixen o alimento cara ao estómago
 ten glandulas na súa parede mucosa, que segregan un mucus lubricante.
O ESTÓMAGO
 compartimento, dividido ou non en cavidades
 situado entre o esofago e o intestino, dos que está separado por dous esfinteres ou aneis musculares,:
 o cardia, que regula a entrada ao estomago do alimento
 píloro, que regula a sua saída ao intestino.
 ten unha parede muscular que realiza contraccions para a dixestión mecánica, e unha capa mucosa para a dixestión
quimica con glandulas que segregan zumes gástricos compostos por:
o Mucus : protexe a capa mucosa gástrica.
o Acido clorhídrico : xera o pH óptimo para os enzimas.
o Enzimas : principais son:
 Pepsinóxeno : se transforma e pepsina no medio acido

Corta as proteínas en péptidos de menor tamano.

 Quimosina ou rennina, que desnaturaliza (calla) as proteínas do leite para facilitar a súa
dixestión.
Prodúcese no estomago das crias de mamífero e no calar dos ruminantes.

INTESTINO MEDIO OU DELGADO


 Ten diferente lonxitude e grosor en función da alimentación.
 En xeral é mais longo nos herbívoros ca nos carnívoros.
 Nos mamiferos dividese en tres seccións: duodeno, xexun e ileo.
 A súa parede interna mostra numerosas dobras, peluxes e micropeluxes que serven para aumentar a superficie de
absorción.

 No intestino delgado continua a dixestión do alimento que se do estómago, grazas ás secrecións destas glándulas anexas:

o As glándulas intestinais. Segregan os zumes intestinais


o O páncreas: segrega o zume pancreatico, que contén bicarbonato para neutralizar a acidez e enzimas ( tripsina, a
quimotripsina e a carboxipeptidasa, e a lipasa pancreática.)

o O figado : segrega a bile

substancia que emulsiona as graxas en forma de gotiñas, para favorecer a acción sobre ela da lipasa pancreática e
lipasa intestinal.
almacenase na vesicula biliar, desde onde se verte ao intestino.

 A medida que se dixiren os alimentos no intestino, nos enterocitos absórbense os nutrientes organicos ( péptidos ou glícidos
simples) grazas a un mecanismo de transporte activo que os leva aos capilares.
 A auga,pasa por difusión simple.
 Os acidos graxos e a glicerina son rodeados por sales biliares, de modo que crea unha f orma hidrosoluble que se difunde
ata os capilareslinfáticos das micropeluxes.
O INTESTINO TERMINAL OU GROSO
 conduto de lonxituce variable
 mais curto ca o in-restino delgado, pero que está moi desenvolvido nos animais herbívoros.
 Dividese en tres seccións:
o O cego
 forma de saco.
 No ser humano remata nunha pequena prolongación de función defensiva ( apéndice vermiforme).
o O colon:
 presenta distintas partes.
 No ser humano dividese en colon ascendente, transversal e descendente.
o O recto remata no ano.
 Nalgúns animais, o orificio de saída ( cloaca ) e é común para o aparato dixestivo, excretor e reprodutor
 ( aves, dos réptiles, dos anfibios e dalgúns peixes.)
 non segrega enzimas dixestivos,
 Función: é continuar a absorción da auga e dos sales minerais.
 Só conta con células caliciformes secretoras de mucus.
 No recto
 formanse e acumulanse as feces fecais, que conteñen a parte non absorbible dos alimentos, restos de mucus, de bacterias e
dos seus refugallos metabólicos, de bile e de produtos da descomposición dos globulos vermellos que serán expulsados.
 A mucosidade do intestino e os movementos peristálticos facilitan o movemento das teces cara ao ano, que conta cun
esfinter muscular para regular a detecacion.

Ejercicio : proceso dixestivo

FISIOLOXÍA DO APARATO DIXESTIVO

1. ACCIÓN MECÁNICA

1. Na boca prodúcese a mastigación e a deglución. Cos dentes os alimentos son triturados e coa axuda da saliva e da lingua, o
bocado convertese no bolo alimenticio que coa axuda da lingua é empuxado cara a farinxe. Na farinxe péchanse as vías
respiratorias e o bolo diríxese ó esófago onde se produce a onda peristáltica, conducindo o folo ata o estómago (tarda uns 6
segundos).

2. No estómago continuan os procesos mecánicos da mestura e trituración, mediante contraccións rítmicas das paredes musculares
do estómago. A mestura dos alimentos cos xugos gástricos dan lugar ó quimo, que é empuxado cara ó intestino a través do píloro,
que regula o seu paso.

3. No intestino danse ondas peristálticas que facilitan a mestura das sustancias cos zumes vertidos. O resultado desta mestura
avanza cara o intestino groso. As sustancias que chegan ata aquí son líquidas, polo que reabsorbese a auga e fórmanse as feces
fecais, que serán expulsadas ó exterior mediante os movementos peristálticos.

2. ACCIÓN QUÍMICA

Son os procesos químicos producidos polos enzimas dos zumes dixestivos que actúan sobre os alimentos.
• Na boca (pH básico), a ptialina rompe os enlaces glicosídicos do amidón e o glicóxeno.

• No estómago (pH ácido) temos o pepsinóxeno que volvese activo polo HCl, obtendo a pepsina.

Esta enzima transforma as proteínas en polipéptidos.

• No intestino (pH básico) vértense diversos zumes:

o Zume pancreático:

 Amilase pancreática: transforma polisacáridos en disacáridos


 Lipase pancreática: converte as graxas en ácidos graxos e glicerol.
 Nuclease pancreática: rompe os ácidos nucléicos en nucleótidos Tripsinóxeno: a súa forma activa
(tripsina) transforma os polipéptidos en péptidos.

o Zume intestinal:

 Sacarosas - disacáridos → monosacáridos


 Lipase intestinal - lípidos → ácidos graxos + glicerol
 Peptidases - péptidos → aminoácidos

o Bile: non contén enzimas pero mediante as sales biliares favorece a acción da lipase e

neutraliza o quimo ácido, xa que a dixestión no intestino delgado acontece nun medio básico.

Unha vez transformados os produtos alimenticios, a absorción realízase nas vilosidades intestinais:

→ A auga, as sales minerais, os monosacáridos e os aminoácidos absorbense a través dos epitelios glandulares das
vilosidades e pasan ós capilares sanguíneos incorporándose ó sistema circulatorio

→ As graxas son conducidas ós vasos linfáticos.

→ As moléculas que non son degradadas, nin absorbidas forman os refugallos da dixestión, que no

intestino groso teñen unha última absorción de auga e sales minerais antes da defecación
2. O intercambio de gases
 Mediante o intercambio de gases (ou respiración externa), os animais toman do medio o osixeno necesario para a respiración
celular e expulsan o dióxido de carbono xerado nese proceso.
 funcións nos animais:
o Tomar o osíxeno que necesitan as células para realizar a respiración celular.
o Eliminar o dióxido de carbono que é un refugallo da respiración celular.

1. Como se produce o intercambio de gases


 prodúcese por difusión simple (os gases deben estar disoltos en auga)
 Nese estado, poden atravesar as membranas plasmáticas das células ( maior concentración do gas ata onde é menor.)

NOS ANIMAIS MÁIS SINXELOS:


 PORÍFEROS E ALGÚNS CNIDARIOS
 A maioria das células están en contacto co medio externo, que é auga con gases disoltos.
 O intercambio de gases producucese directamente entre as células e o medio, a través da membrana plasmática:
osixeno, máis concentrado no medio externo, entra nas células, mentres que o dióxido de carbono, máis concentrado nos
tecidos, é expulsado ao exterior.

NOS ANIMAIS COMPLEXOS:


 con maior desenvolvemento
 A maioria das células están illadas do medio externo.
 Este medio non sempre é auga.
 Por esa razón, estes animais deben ter unha superficie de intercambio respiratorio húmida para que se disolvan os gases, e
que estea en contacto co medio interno para que se produza o intercambio.
 Esas superficies son os sistemas respiratorios.

2. Os sistemas respiratorios
Nos animais complexos existen catro tipos de respiración externa en función das características e do tipo dos sistemas
respiratorios.

A RESPIRACIÓN CUTÁNEA:_
Tipica : animais que viven en (medios acuáticos ou ambientes moi húmidos,

ANELIDOS OS VERMES OLIGOQUETOS, LOS ANFIBIOS E ALGÚNS EQUINODERMOS.

Os gases disoltos na auga do medio entran no organismo mediante difusión, a través das membranas das células da sua epiderme
ou superficie externa.

Requiere :

 medio acuático ou, unha superficie corporal sempre humida (no caso de ánimais terrestres)
 Importante vascularización baixo a superficie do corpo. ( baixo a epiderme, unha epiderme con multitude de
capilares sanguíneos que transportan os gases que se difunden.
 é o menos eficiente e realiza
 só suficiente para animais moi sinxelos.
 Os animais de maior complexidade que utilizan ni este tipo de respiración( OS ANFIBIOS, )

necesitan da axuda doutro sistema de intercambio más eficiente; neste caso, da presenza de branquias en estado larvario e
pulmóns en estado adulto.

A respiración traqueal
Tipica : ARTROPODOS TERRESTRES ( INSECTOS )

O aire entra no organismo destes animais a través duns arificios e circula por unha rede de tubos moi ramificados ata chegar
directamente ao medio interno que rodea as células nos tecidos,

Non intervén ningún fluido circulatorio

Requiere :

 Traqueas : invaxinacións da epiderme rodeadas pola cuticula impermeable que posten estes animais sobre a pel.
o Forman unha rede de condutos que diminuen progresivamente o seu diámetro, ata desembocar en condutos más
estreitos. de apenas uns microns de diámetros (traqueolas) .
o Estas penetran nos tecidos ata zonas nas que o medio interno liquido baña as células.
o Ali é onde se produce a difusión dos gases a través das membranas celulares
 Espiráculos: orificios que se abren na epiderme do animal
o Permiten a entrada do aire ás traqueas,
o Nalgunhas especies permanecen sempre abertos, e noutras existen un músculos que regulan a súa apertura.
 Un mecanismo continuo de circulación do aire a través das traqueas ; que se produce grazas á
contracción e á relaxación dunha serie de músculos situados no abdome do animal.

respiración branquial
Típica: ANIMAIS ACUÁTICOS COMPLEXOS ( PEIXES, ALGÚNS ANFIBIOS, OS CRUSTÁCOOS, ALGÚNS
ANÉLIDOS, OS MOLUSCOS ACUÁTICOS E OS VERMES POLIQUETOS , LARVAS DOS ANFIBIOS E NAS
DALGUNS INSECTOS)

 sistema especializado en obter o osixeno da auga (o medio externo) e transferilo a un sistema de transporte un fluido
circulatorio que o leve ás células.
 Este sistema recolle o CO; do sistema circulatorio e devolveo ao medio.

Require:

 Branquias ; (superficies respiratorias ) constuidas por unhas estruturas derivadas da epiderme, que están moi
repregadas e ramificadas formando infinidade de finos filamentos ou láminas moi irrigadas por abundantes capilares do
sistema circulatorio.

Hai nas internas e externas.

 Unha circulación continua de auga polas branquias que favoreza.o intercambio gasoso.
Os animais conseguen esta circulación situándose en zonas con correntes de auga, movéndose a través do medio acuático
ou aspirando auga cara ás branquias

AS BRANQUIAS EXTERNAS
 Más primitivas
 Non teñen protección.
 Son típicas : INVERTEBRADOS CON BRANQUIAS. NALGUNS ANFIBIOS E PEIXES E DOS ESTADIOS
LARVARIOS DE MOITOS ANFIBIOS, PEIXES E INSECTOS
 Formadas por una serie de apéndices moi ramificados e irrigados, a través dos que circula a auga cando o animal se despraza
ou se sitúa nunha corrente.

As branquias internas
 más evolucionadas ca as anteriores
 Encóntranse protexidas no interior dunha cavidade.
 típicas : MOLUSCOS ACUÁTICOS, DALGÚNS CRUSTÁCEOS E DOS PEIXES.
 Formadas : un gran número de filamentos ou de láminas dispostas en paralelo.
 A circulación de auga a través destas branquias prodúcese grazas aos movementos ou á succión que realiza o animal e que
crean unha corrente de auga continua a través da cavidade interna na que se encontran localizadas nas branquias.
 Nos PEIXES, a auga entra pola boca e sae a través das fendas branquiais.
Os peixes óseos teñen unha estrutura, o opérculo, que cobre e protexe as devanditas estruturas branquiais,

Para respirar, o peixe alterna a succión a través da boca e do movemento de apertura e peche das fendas branquiais e do
opérculo para provocar a circulación da agua

respiración pulmonar
 mais tipica de animais que respiran aire,
 Tipica : ALGUNS ARÁCNIDOS, MOLUSCOS GASTERÓPODOS E PEIXES, CASE TODOS OS ANFIBIOS E
TODOS OS RÉPTILES, AVES E MAMIFEROS.
 Consiste : o osixeno do aire entra no organismo a traves de orificios e vias respiratorias ata uns pulmóns más ou menos
complexos nos que se produce a difusión dos gases cara aos vasos sanguíneos.
 Require dos seguintes elementos:
o Pulmóns : cavidades internas máis ou menos ramificadas ou subdivididas.
As súas paredes, moi finas, sempre húmidas e moi vascularizadas .
É a superficie respiratoria na que se produce o intercambio de gases entre o aire e o fluido circulatorio.

o Un mecanismo de ventilación pulmonar que garanta a entrada e a saida continua do aire nos pulmóns.

Existen diferentes tipos de pulmón, de diferente estrutura e complexidade:

Os pulmóns laminares
 Típicos : ALGÚNS ARÁCNIDOS.
 Son numerosas cavidades aplanadas e paralelas,( pulmóns en libro)
 A entrada de aire producese a través dunha fenda na cavidade abdominal.

OS PULMÓNS SACULARES
 Típicos : DOS GASTERÓPODOS, DOS PEIXES PULMONADOS, DOS ANFIBIOS, DOS RÉPTILES E DOS
MAMÍFEROS.
 Son cavidades coas paredes máis ou menos repregadas para aumentar a superficie respiratoria.

OS PULMÓNS TUBULARES
 Típicos : AVES.
 Formados por un sistema de tubos que se prolonga e comunican cunhas cavidades chamadas sacos aéreos, situados en
diferentes partes do corpo do animal.
 ?O seu sisterna de ventilación é unha bomba de succión asistida polos SacOS aéreos, de modo que se consegue un Fluxo
unidireccional e consino de are polos pulmóns tanto durante a inspiración coma durante a expiración. E un sistema moi
eticaz que garante a achega de osixeno aue require o voo.?

3. A respiración pulmonar nos mamíferOS


máis complexos do reino animal
Formado :

AS VÍAS RESPIRATORIAS.
 Son condutos polos que o aire da atmosfera entra no organismo.
 Estas vias ramificanse diminuíndo o seu diámetro pero aumentando a superficie respiratoria a medida que se aproximan
aos pulmóns.
 Son as fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea, os bronquios e os bronquiolos.
 Os bronquiolos ramificanse en condutos cada vez más estreitos que comunican cunhas pequenas cavidades rodeadas de
capilares sanguineos, os alvéolos pulmonares.

OS PULMÓNS.
 Son de tipo sacular.
 Dous órganos formados polo conxunto dos bronquiolos, dos alvéolos pulmonares e dos capilares sanguineos.
 Neles ten lugar o intercambio gasoso entre o sangue e o aire, a través das finas paredes dos alvéolos pulmonares e as
tamén finas paredes dos capilares sanguíneos.

OS MÚSCULOS QUE PRODUCEN A VENTILACIÓN PULMONAR, que son o diafragma (EXCLUSIVO


DOS MAMIFEROS), OS MÚSCULOS INTERCOSTAIS E OS MÚSCULOS ABDOMINAIS.

 Durante a inspiración, contráense e fan que aumente o volume da caixa torácica e dos pulmóns.
Este aumento de volume era unha succión de aire, que entra cara aos alvéolos.
 Na expiración, os músculos reláxanse, a caixa torácica diminue de tamaño.

Isto fai que o aire dos pulmóns sexa expulsado a exterior.

3 A circulación
proceso de transporte que leva os nutrientes e o osixeno captados do medio ata as células dos animais, e que recolle os refugallos
que as devanditas células eran para levalos ata as estruturas que os expulsa ao exterior.

Funciónes

 Transportan e distribúen as hormonas (mensaxeiros químicos)


 Interveñen na defensa do organismo fronte ás infeccións,
 Axudan a manter o equilibrio interno do organismo,
 Contribúen a manter constante a temperatura corporal

1. Os sistemas de transporte ou circulación


función da complexidade destes seres.
O TRANSPORTE POR DIFUSIÓN
 Tipico : ANIMAIS MÁIS SINXELOS, COMO OS PORÍFEROS OU OS CNIDARIOS.
( todas as células destes animais están en contacto máis ou menos directoco medio externo)
 Consiste ; A auga que circula polo atrio das esponxas ou a que hai na cavidade gastrovascular dos cnidarios contén os
nutrientes e o osíxeno, que se incorporan directamente ás células pasando a través das súas membranas. As substancias de
refugallo eliminanse do mesmo xeito ao medio externo.

O transporte especializado
 Típico : máis complexos, cuxas células non están en contacto co medio externo
 transporte de substancias entre as superficies de intercambio e o medio interno un sistema circulatorio máis ou menos
desenvolvido nos diferentes filos de animais.
 Os compoñentes deste sistema son:

O FLUIDO CIRCULANTE
 fluido acuoso capaz de levar en disolución nutrientes, gases e outras substancias.
 Para transportar os gases, este fluido adoita levar un composto químico (pigmento respiratorio), que ten átomos dun
metal que é moi eficaz uníndose ao osixeno e CO,.
 En ocasións, hai células especializadas tanto no transporte de substancias coma na defensa do organismo.
 Os principais fluidos circulatorios :

Os condutos
estruturas polas que viaxa o liquido circulante cara a todas as zonas do corpo do animal. E

tipos:

Seos e lagoas:

 Tipico : MAIOR PARTE DOS INVERTEBRADOS.


 Son cámaras que non están pechadas, senón que permiten que o fluído circulante bañe os tecidos.

Vasos
estruturas en forma de tubo,

típicas DALGÚNS INVERTEBRADOS E DE TODOS OS VERTEBRADOS

. Os que levan o sangue son vasos sanguíneos (arterias, veas e capilares), e os que levan a linfa son vasos linfáticos.

 CAPILARES :
 Ampla rede
 Diametro pequeño
 1 capa de celulas endoteliais
 Intercambio de nutrientes e gases
 Conceta arteriolas e vénulas
 ARTERIAS :
 Levan a sangue dende o corazon aos tecidos
 Parede grosa ;
o Tecido conxuntivo : ( grazas) duras e elásticas
o Tecido muscular : musculatura lisa
 Diametro menor ( veas)
 Anteriolas ( diametro moi pequeño para conectar capilares ? )

 VEAS :
 Levan a sangue dende os tecidos ao corazon
 Paredes :
o +Delgadas
o -Elasticas
 Maior diametro
 Valvulas que impiden o refluxo
 Venulás

A BOMBA IMPULSORA
sistema que produce contraccións musculares ritmicas e que impulsa o líquido circulante por todo o sistema; varios tipos:

 Un corazón tubular.

o Adoita ser un vaso ou cámara que se contrae ritmicamente para impulsar o fluído.
o Tipico : NALGÚNS GRUPOS DE INVERTEBRADOS.

 Un corazón con cámaras.

o órgano oco, dividido en seccións e con válvulas, que impulsa o sangue con maior eficacia ca o anterior.
o Típico : nALGÚNS INVERTEBRADOS E EN TODOS OS VERTEBRADOS.

2. Tipos de sistemas circulatorios


SISTEMA CIRCULATORIO ABERTO OU LAGUNAR
 PRESENTE : MOLUSCOS E ARTRÓPODOS
 fluido circula, grazas ao impulso dun corazon simple, por vasos abertos, dos que sae para encher as lagoas e os espazos
intercelulares e poñerse en contacto directo coas celulas.
 Dese modo realizase o intercambio de substancias
 Tras o deverdito intercambio, o fluído é recollido de nova nos vasos

Os moluscos gasterópodos , ( CARACOL)


 un corazón con cámaras moi sinxelas (un ventrículo e unha ou dúas aurículas), situado en posición dorsal e dentro da
cavidade pericárdica.
 Así, a hemolinfa sae do ventrículo aos vasos, que a verten nas lagoas e baña os tecidos.
 Alí é recollida por outros vasos que a levan ás branquias ou aos pulmóns, onde unha vez osixenada regresa á aurícula
do corazón.

Os artrópodos
 un corazón tubular e en posición dorsal, que bombea a hemolinfa cara ás arterias, que á súa vez a verten ás lagoas que
bañan os tecidos.
 O retorno a corazón faise mediante un mecanismo de succión e a través duns orificios dos lateras do vaso dorsal: os
ostíolos.
 Nos insectos, o sistema circulatorio só transporta nutrientes.

SISTEMAS CIRCULATORIOS PECHADOS


 fluído circula sempre polo interior dos vasos, que se ramifican ata formar capilares de paredes moi finas
 . O intercambio de substancias cos tecidos realízase a través das devanditas paredes.
 Deste xeito asegúrase un transporte más rápido e unha mellor e máis precisa distribución das substancias
 TÍPICO: INVERTEBRADOS E EN TODOS OS VERTEBRADOS.

Os sistemas circulatorios pechados simples


 único circuíto
 polo que o sangue pasa unha soa vez polo corazón para completar o seu percorrido por todo o corpo, tanto polas
superficies respiratorias coma polo resto dos órganos.
 típico dos PEIXES e é menos eficaz no transporte ya que se produce una mestura entre o sangue rico CO2, que procede
dos tecidos e o osixenado que procede do sistema respiratorio.

Sistemas circuito pechados dobres


 Teñen dous circuitos
 polos que o sangue pasa dúas veces polo corazón para completar o seu percorrido polo corpo:
 polo circuíto respiratorio, o sangue circula desde o corazón ata as superficies respiratorias, onde realiza o
intercambio de gases
 polo circuíto xeral ou sistémico, o sangue circula desde o corazón ata o resto do organismo.
 pode ser de dous tipos:
o Incompleta, se ambos os dous circuítos están en parte conectados e mesturen o sangue osixenado e o sangue
pobre en osixeno.
o Completa, se ambos os dous circuitos son totalmente independentes e non se produce a mestura de sangue.

3 a circulación nos mamíferos paso a paso


 circulación dobre e completa dos mamiferos, que é a que temos os seres humanos.
 proceso con etapas que suceden continua e simultaneamente
O CIRCUITO PULMONAR
1. O sangue pobre en osíxeno procedente do corpo entra no corazón pola auricula dereita.

2. Atravesa a válvula tricúspide pasa ao ventrículo dereito.

3. Del sae polas arterias pulmonares, chega aos pulmóns e al osixénas e despréndese do CO, polo intercambio de gases.

4. Xa osixenado, retorna a corazón polas veas pulmonares, que entran á aurícula esquerda.

O CIRCUITO XERAL OU SISTÉMICO


5. O sangue procedente do circuíto pulmonar entra á aurícula esquerda.

6. Atravesa a válvula mitral e pasa ao ventrículo esquerdo, que se encargará de impulsala ao corpo a través da arteria aorta.

7. A aorta ramificase para alcanzar t odos os tecidos.

Ali, a través dos capilares, o sangue cede o osíxeno e cárgase de dióxido de carbono.

o sangue tamén recolle os nutrientes, que chegarán a todas as células e recolle os refugallos metabólicos, que se levan a os organos
excretores,

8. Para finalizar este circuito, o sangue retorna á aurícula dereita do corazón a través das veas cavas.

4 . O ciclo cardiaco e as súas etapas


 A circulación por un sistema dobre e completo como o dos MAMIFEROS requiere una bomba impulsora complexa
(un corazón con catro cámaras e válvulas) , fai que o sangue non se mesture nin retroceda.
 Para impulsar o sangue, o corazón realiza unha serie de contraccións e relaxacións ritmicas ( ciclo cardiaco ou latexado)
: a consiste en dúas contraccións (sistoles) e unha relaxación ( diástole).

A SÍSTOLE AURICULAR
 É a contracción simultánea das auriculas dereita e esquerda.
 Fai que o sangue se dirixa aos ventrículos a través das válvulas tricüspide e mitral, que se pechan a continuación para
evitar o refluxo.
 Isto produce o primeiro son do corazón.

A SÍSTOLE VENTRICULAR
 É a contracción simultánea dos ventrículos dereito e esquerdo.
 Fai que o sangue se dirixa cara ás arterias pulmonar e aorta a través das válvulas sigmoides.

A DIÁSTOLE XERAL
 È a dilatación das auriculas e dos ventrículos.
 Fai que o sangue entre novamente nas aurículas.
 As valvulas mitral e tricúspide ábrense e as válvulas sigmoides péchanse, o que produce o segundo son cardiaco.
5 A excrecion
DEF: conxunto de procesos mediante os que se eliminan do organismo os produtos de refugallo xerados durante o metabolismo
celular.

Excepción dos animais sinxelos, como os poríferos ou os cnidarios - eliminan os refugallos por difusión cara ao

medio externo

Lévase a cabo en organos e sistemas excretores que,

 Eliminan nesas substancias de refugallo


 Manteñen constante o nivel de líquidos.
 Regulan o equilibrio homeostático do animal ( mantemento da composición química e das condicións do medio interno
(concentración de substancias disoltas, pH, etc.).

1. Os produtos de refugallo
Os principais :

 A AUGA.
o Orixinado polo metanbolismo celular .
o Cuxo exceso hai que eliminar para manter a homeostase.
o Os animais expulsan auga polo aparato excretor e, en certos casos, a través da transpiración e do sistema
respiratorio.

 OS SALES MINERAIS.
o Eliminan do seu corpo o exceso de sales para manter o equilibrio homeostático, a través do aparato excretor e de
glándulas como as sudoríparas ou as salinas.

 O DIÓXIDO DE CARBONO.
o Xérase na respiración celular
o elimínase a través do aparato respiratorio.

 OS PIGMENTOS BILIARES.
o Proceden da degradación da hemoglobina durante a renovación das hemacias.
o Eliminanse coas feces no aparato dixestivo.

 OS PRODUTOS NITROXENADOS.
o Xéranse co metabolismo das proteínas
o .Os animais clasificanse en tres grandes grupos Dependendo da forma na que eliminan estes refugallos
nitroxenados:

 Os animais amoniotélicoss(os peixes)


 expulsan o nitróxeno como amoníaco (substancia moi tóxica que excretan a medio acuático)
 Os animais uricotélicos ( insectos, as aves ou moitos réptiles)
 producen ácido úrico, una substancia insoluble que se elimina en forma de cristais formando
unha pasta unto coas feces fecais (cloaca é a saída común do aparato dixestivo e do aparato
excretor).

 Os animais urotélicos, (anfibios. as tartarugas e os mamíferos)


 eliminan o nitróxeno en forma de urea, que se excreta diluída na urina.

.2. Tipos de sistemas excretores


OS PROTONEFRIDIOS:
 ANIMAIS : platelmintos e nematodos
o COMPONENTES :
 serie de túbulos ramificados que se estenden por todo o corpo do animal e que se abren a exterior
nuns diminutos poros.
 No extremo dos devanditos tubulos existen unas células especializadas:
o células flamixeras( provistas de cilios )
o os solenocitos(,provistas de flaxelos9
 COMO FUNCIONAN :
o As celulas flamixeras; captan os productos de refugallo do organismo-
o Os solenocitos : favorecen a circulación deses produtos de refugallo cara aos poros, polos que son
eliminados a exterior.

Os metanefridios
 ANIMAIS : anélidos e dos moluscos.

( numerosos )

 COMPONENTES :
o Nefrostoma ( extremo interno): forma de embude e está en contacto coa cavidade do celoma
o Nefridioporo: abertura do outro extremo do tubo.
 COMO FUNCIONA :
o Nefrostoma ,absorbe os produtos de refugallo grazas ao movemento dos cilios que o rodean.
Ao longo do túbulo reabsórbense as substancias útiles para o organismo e os refugallos expúlsanse polo
nefridioporo.
Os túbulos de Malpighi
 ANIMAIS : insectos.
 COMPONENTES :
o túbulos pechados polo seu extremo interno, que está en contacto coa cavidade corporal do animal.

o Cloaca

 COMO FUNCIONA :
o Cada un dos túbulos extrae os refugallos da hemolinfa, condúceos cara ao seu outro extremo, que está aberto e
verte ao intestino, de modo que esas substancias de refugalLo se eliminan xunto coas feces.

As glándulas verdes
 ANIMAIS : crustaceos (localizanse na base das súas antenas)
 COMPONENTES :
o Glandulas verdes : órganos en forma de saco
o Túbulo
o Vexiga
 COMO FUNCIONA :
o As glandulas recollen os produtos de refugallo da hemolinfa e que as verten a un túbulo.
o Ali reabsórbense as substancias útiles para o animal.
o Despois, o túbulo verte os refugalios a unha zona ensanchada ou vexiga, onde se acumulan ata que son
expulsadas a través dun nefridioporo,

( Vertebrados )

Os riles
parella de órganos que constituen o sistema excretor dos vertebrados.

 Dous tipos de riles con diferente grao de desenvolvemento


MESONETROS
 ANIMAIS : peixes e dos anfibios.
 FORMADOs:
o numerosos túbulos.
o Cada un deles ten un ensanchamento parecido a una cápsula, onde hai un glomérulo ou conxunto de capilares
sanguíneos.
o Glomérulo
o Conducto colectores
 COMO FUNCIONA :
o A cápsula recolle os produtos de refugallo que se filtran desde os capilares do seu glomérulo.
o Estes refugallos recollidos seguen o seu camino a través dos túbulos, cuxos extremos confluen en condutos
colectores que desembocan a cloaca.

Metanefros
 ANIMAIS : riles dos réptiles, aves e mamíferos. S
 FORMADOS :
o serie de estruturas tubulares nefronas, CADA UNA consta das seguintes partes:
 A cápsula de Bowman :
 zona do túbulo ensanchada, que contén o glomérulo e que recolle o liquido filtrado desde os
seus capilares.
 O túbulo renal:
 tres partes
o o túbulo contornado proximal, a asa de Henle e o túbulo contornado distal.
 Ao longo do túbulo renal prodúcese a reabsorción dalgúns dos nutrientes que se filtraron pero
que son necesarios para o organismo, así como de gran parte da auga.
 Este proceso aumenta a concentración da urina.
 Os túbulos renais das nefronas únense en condutos colectores que desembocan noutro conduto
maior: o uréter.
o Nas aves e nos réptiles, os uréteres verten a urina directamente á cloaca
o Nos mamiferos, os uréteres desembocan nunha vexiga urinaria que
verte ao exterior por un conduto, a uretra, que non ten que ver co aparato dixestivo.

3. Outros órganos que contribúen á excreción


Os principais son os seguintes:
 Os órganos do sistema respiratorio (branquias e pulmóns) : eliminan o dióxido de carbono procedente da
respiración celular.

 Algunas glándulas da pel do animal ( as glándulas excretoras dos anfibios ou as glándulas sudoríparas dos
mamíferos) : eliminan sales e o exceso de auga.

 O figado : elimina gran cantidade de substancias tóxicas para o organismo, ademas dos pigmentos biliares procedentes
da degradaciónda hemoglobina.

 As glándulas salina ( sitúan unto aos ollos de vertebrados mariños como algunhas aves e réptiles.) Expulsan unha
solución moi concentrada de sal que axuda a eliminar a gran cantidade deste compostoque inxiren coa comida.
4 O SISTEMMA EXCRETOR DOS MAMIFEROS :

formados por millóns de nefronas agrupadas dun modo que lle proporciona ao rilnuha forma moi característica, parecida á dun
feixón, con

tres capas no seu interior:

 A codia renal ;
 parte máis externa do ril.
 Nela encón transe a maioria dos glomérulos e túbulos contornados proximais e distais das nefronas.
 A medula renal :

 zona intermedia
 Nela obsérvanse una serie de formacións cónicas( pirámides renais) - formada pola maioria das asas de Henle.

 A pelve renal

 zona máis interna de ril


 formada polos tubos colectores que recollen a urina de todas as nefronas, que chegará á vexiga a través dos uréteres.

A formación da urina en detalle


A urina fórmase nas nefronas nun proceso que consta das seguintes etapas:

FILTRACIÓN GLOMERULAR.
▫ Na codia renal, o sangue filtrase a través das paredes dos capilares do glomérulo.
▫ O filtrado glomerular é recollido pola cápsula de Bowman e circula polos túbulos renais.

REABSORCIÓN TUBULAR
▫ Ao longo dos túbulos renais, principalmente o túbulo contornado proximal e a asa deHenle,
▫ Podücese un proceso de reabsorción de nutrientes (glicosa, aminoácidos, sales minerais e auga)
▫ que ingresan de novo, nos capilares sanguíneos que rodean os túbulos.

SECRECIÓN.
▫ Prodúcese a secreción de determinados ións (potasio e o hidróxeno)
▫ desde os capilares sanguineos cara aos túbulos renais.
▫ Esta fase prodúcese fundamentalmente nos túbulos contornados distais.
▫ A urina resultante deste proceso chega á vexiga da urina, a través dos uréteres, desde onde é expulsada ao exterior.

RECUPERACION H20
▫ A recuperacion de H20 ten lugar por osmose
▫ As paredes da rama decendente da rama Henle son semipermeables e as ramas ascendentes impermeables
▫ Pero sacan activamente cloruro sodico , da urina en formación esto xera un grandiente ( + mas concentracion –
concentracion ) de concentracion salina da medula
▫ Que ten como consecuencia a saida de H20 da rama descendente por osmose

You might also like