X Crisanto G - Ndara Rese - A Spitzer

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

SPITZER, MICHAEL. THE MUSICAL HUMAN.

A HISTORY OF LIFE

ON EARTH. LONDRES: BLOOMSBURY, 2021

Xosé Crisanto Gándara Eiroa

«Con Atenas y Jerusalén como padres, y Roma como partera, el nacimiento de la música

europea se produjo teniendo como testigos a una bruja buena y a una bruja mala. La bruja mala

llegó tarde y maldijo al bebé: “Nunca conocerá un hogar, y tampoco conocerá la verdadera

libertad. Envejecerá pero nunca morirá, y envuelta en la complejidad, deambulará

permanentemente sobre la faz de la tierra, siendo muy pocos aquellos que podrán oírla”. La bruja

buena se dirigió a los padres y les dijo: “Bendigo a vuestra hija con los dones de la perfección

formal, del fervor espiritual y de la vida eterna. Será amada en todo el mundo, y todo el mundo

conocerá su nombre”» [pp.178-179. TdA]

O texto de Michael Spitzer, profesor de Teoría e Análise da Música na Universidade

de Liverpool, reflicte varias tendencias actuáis no campo da [etno]Musicoloxía.

Afastándose das liñas de investigación habituais na disciplina [focalizada no estudo

de culturas, grupos e músicos individuais], prantexa unha visión holística que aborda

ao ser humano como ente musical en torno a tres eixos temporais: a música na vida

dunha persoa, a historia da música, e a evolución.

Tal e como sinala o autor, o cambio cara á escoita illada [da que temos o

exemplo máis recente durante o confinamento provocado pola pandemia] é só a última

etapa dunha transición que vai dende a participación activa na música ao seu

consumo pasivo, e que leva acontecendo durante miles de anos. Spitzer divide a súa

historia global da música en tres movementos, procedendo dende o afastamento da

1
natureza a través dunha única vida humana, á historia do mundo e á evolución dos

homínidos.

Comeza co individuo, rastrexando cómo a música empeza para nós en

intrincados dúos nos xeonllos das nosas nais [o noso primeiro dueto]. As cancións

infantís, os grupos de flautas doces, e os coros escolares, mantéñennos facendo

música durante os nosos anos de primaria, pero antes de chegar á idade adulta, a

maioría dos occidentais optan por afastarse dela, un desenvolvemento que o

autor atribúe ao culto ao xenio, á igrexa, e a Guido d'Arezzo [o monxe italiano que -

teóricamente- inventou a pauta musical no século XI]. A partir d’aí, a música pasa a

ser un obxeto de consumo, está abstraída de nós, e forma parte do acontecer diario.

A mesma narrativa repítese ao longo da historia mundial. Spitzer remóntase

40.000 anos a unha frauta de óso descuberta nunha cova do suroeste de Alemaña [o

primeiro instrumento musical fabricado polo homo sapiens], e baseándose na práctica

musical dos cazadores-recolectores contemporáneos, suxire que se usaba para tocar

«átomos de música», que se repetían xunto con outras voces, acompañamento de

palmas, e golpes no -e estertores do- corpo. Para Spitzer, a música sempre estivo

vinculada á relixión, por iso a atopa nos monolitos de Göbekli Tepe en Turquía [o lugar

de culto relixioso máis antigo do mundo descuberto atá hoxe, arredor do cal se

estableceron os primeiros asentamentos hai 12.000 anos], e na poesía da sacerdotisa

sumeria Enheduanna: «o primeiro nome rexistrado dunha compositora na historia do

mundo». A lira e a palleta chegan co Antigo Exipto, a idea de progreso e tradición co

Antigo Testamento, e a resolución da disonancia [a asunción da existencia de notas]

coas traxedias gregas, que segundo o autor estaban «máis próximas ás óperas que

ao que chamamos “teatro”».

2
O escenario está agora preparado para o voo da música occidental cara á

abstracción. Cando Guido insertou as notas do Canto Chan en catro liñas paralelas,

permitiu que a igrexa estandarizase a música en todo un continente, e posibilitou que

os “compositores” [individuos que anotan música sobre un soporte] preservasen o seu

traballo para as xeracións futuras. Armados coa capacidade de capturar música na

páxina, desenvolveron aínda máis a súa lóxica interna [de carácter progresivamente

máis abstracto e formalista], lanzando sucesivas ondas de revolución [rupturas coa

tradición: característica intrínseca da música europea] que nos levaron dende a

polifonía renacentista ata as estéticas vangardistas do s. XX. A consagración destes

sons nas partituras [a autoridade indiscutida da notación] rompeu a «gran cadea de

relacións mestre-aprendiz», levando á canonización de grandes compositores, á

profesionalización da interpretación, e ao progresivo descenso da audiencia.

Spitzer amplía o foco a 165 millóns de anos de evolución, para explorar cómo

compartimos o ritmo cos insectos, a melodía cos paxaros [65 millóns de anos ten o

fósil máis antigo coñecido dun syrinx: o órgano vocal das aves, similar á larinxe

humana], e o sentido da tradición musical coas baleas [presentes no planeta dende

hai 50 millóns de anos, cantan sempre as mesmas “cancións” nun mesmo tempo e

lugar, mudando cada ano para constituir un novo “repertorio”]. Combinando estas

habilidades coa intelixencia social dos simios, temos xa todos os ingredientes

necesarios para a existencia dun primate musical. O libro traza unha liña a partir do

ritmo que xurde de andar a dúas patas, dos impactos reiterados na fabricación de

ferramentas de pedra, e dos golpes de percusión que se empregan para espantar os

animais, para que a música cree un lugar no que vivir, un lugar que marca «o límite

entre a civilización e a natureza… entre a “cidade” e o bosque». En definitiva, un

3
refuxio habitable para unha especie débil, que explica por qué a música é profunda e

inexorablemente humana.

You might also like