Poesía Das Irmandades Da Fala

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

As Irmandades da Fala, poesía

Durante o inicio do século XX a literatura galega tivo un auxe de publicacións, sobre todo de
obras líricas, pero a calidade das mesmas era inferior ás do Rexurdimento. As liñas
temáticas continuaron o pautado na etapa anterior: costumismo ruralista, historicismo
profético e reivindicacións de tipo social, sobre todo no eido anticaciquil.
Neste período creáronse e reformuláronse diferentes entidades de carácter cultural e social.
Concretamente, no campo literario foron significativas a creación da Real Academia Galega
durante o ano 1906, o inicio do agrarismo da man de Basilio Álvarez co nacemento da Liga
Agraria da Acción Galega no ano 1912, o nacemento das Irmandades da Fala o 18 de maio
de 1916 na Coruña coa posterior ampliación en diferentes cidades e vilas de toda Galicia
(posteriormente houbo un xiro de convicións no ano 1918 e a división e dúas entidades con
cadansúa liña, política e cultural -revista Nós- no ano 1922) e a creación do Grupo Nós no
ano 1920.
A chegada das Irmandades da Fala dinamizou o panorama literario da época.
Concretamente, introduciron diferentes renovacións no eido estético, formal e temático;
intentaron a mellora do eido literario mediante concursos, publicacións en xornais e revistas
e propaganda do libro galego; ampliaron o público lector en lingua galega; conseguiron
traducións de obras da literatura universal para darlle o selo de validez á lingua;
diversificaron xénero, sobre todo o teatro coa creación de compañías de teatro e crearon
editoriais como Lar, Céltiga e Nós.
Os autores máis significativos da época son Ramón Cabanillas, Antonio Noriega Varela,
Vitoriano Taibo e Gonzalo López Abrente.
Ramón Cabanillas
Datos biográficos
Naceu en Cambados e exerceu de funcionario. Posteriormente, emigrou a Cuba onde tivo
contacto con núcleos galeguistas e agraristas. Cando regresou a Galicia xa o recoñeceron
como un poeta destacado da época, co alcume de Poeta da Raza. Foi unha das persoas
que participou de modo activo na creación das Irmandades da Fala, desde o punto de vista
galeguista. No ano 1920 ingresou na Real Academia Galega e no 1929 designárono
representante da literatura galega na Real Academia Española.
Obra literaria
Dentro das publicacións do autor é preciso sinalar diferentes etapas: formación ou
pregaleguista (1910-1915), galeguista (1916-1920), mítico-saudosista (1921-1930) e
posguerra (1939-1959).
Na etapa de formación pregaleguista creou dúas obras: No desterro e Vento mareiro. No
plano formal son publicacións sucesoras do Rexurdimento, con algunha innovación métrica
e estilística do Modernismo. Os poemas destes libros teñen carácter intimista, costumista
(algúns de influencia modernista) e agrarista (anticaciquil).
O libro máis representativo da etapa galeguista é Da Terra Asoballada. A temática desta
época pasa da dicotomía cacique contra labrego da anterior, á Galicia / Castela. Nesta
etapa todos os poemas son de carácter social e por iso gaña o título de poeta civil de
Galicia.
A etapa mítico-saudosista correspóndese coa publicación de Na noite estrelecida, libro ao
que corresponden tres longos poemas narrativos “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do
Sant-Grial” e “O soño do rei Artur”. Nesta etapa a característica principal é a temática, que
tal e como se reflicte nos propios títulos é a reconstrución mítica do pasado, baseada na
materia de Bretaña.
Na etapa da posguerra non houbo publicacións ata o ano 1950. Os seus últimos libros son
Da miña zanfona e Samos, onde se observan uns poemas cheos de morriña e alegorías ao
paso do tempo.
Antón Noriega Varela
É un autor que só publicou unha obra, posto que a foi reformulando e cambiando ao longo
de toda a súa vida. De feito, a primeira das publicacións do ano 1904 levou por título
Montañesas, pero logo cambiou dende o ano 1920 a Do ermo. Nesta obra atopamos dous
trazos moi marcados:
● As descricións paisaxísticas da montaña (que lle valeron o título de “poeta da
montaña”) e os seus costumes; o ruralismo decimonónico.
● Influencia do saudosismo portugués e o modernismo. Nesta segunda etapa mostra
influencias de autores como Rubén Dario e a poesía é máis culta e refinada, aínda
que non por iso desaparece a paisaxe da montaña luguesa do fondo dos seus
poemas. Tamén ten trazos da estética do hilozoismo de Amado Carballo, que o fai
ser o poeta das cousas pequenas dentro dos cadros paisaxísticos.
Fóra deses trazos principais tamén debemos ter en conta que é un poeta cunha
relixiosidade franciscana que se manifesta, sobre todo, na referencia ás virtudes cristiás:
humildade, pobreza…
Ademais, demostra un dominio forte da métrica e da lingua popular. Por este matiz
considérase polos críticos como sucesor de Leiras Pulpeiro.
Vitoriano Taibo
Publicou un só poemario, Abrente, e un pequeno folleto, Da miña roseira.É un poeta que ten
unha forte atracción polo folclore, enche os seus poemas de descrición e reinvindicación
patriótica.
Gonzalo López Abrente
Foi un dos integrantes das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. Tamén
colaborou con revistas e xornais como A Nosa Terra ou Nós. É un autor prolífico e non só
en poesía, pero dentro da súa obra destacamos, Nemancos.
Considérase un sucesor de Pondal pola paisaxe, o espírito galeguista e o léxico culto. A
estrutura formal das súas obras, está, maioritariamente, estruturada en versos clásicos,
sobre todo en sonetos.

You might also like