Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

Neste caso, pódese ver un conflito lingüístico entre o castelán e o galego, onde o castelán

é a lingua dominante e o galego a minutaría. Denúnciase a posible substitución do castelán


en todos os ámbitos da sociedade, o que remataría coa desaparición da lingua minorizada,
que neste caso é o galego.

O emprego do castelán para desempeñar as funcións consideradas altas (administración,


educación, xustiza, etc.) e o galego nos baixos (ámbito familiar e coloquial) reflexan unha
vez máis coma o castelán predomina encima do galego.

A planificación lingüística é clave para contribuír a superación do galego, onde está o


proceso de normalización (do status) e o proceso de normativización (do corpus).

Calquera proceso de normalización dunha lingua (neste caso do galego) persegue dous
obxectivos fundamentais, ampliar os seus ámbitos de uso e aumentar o número de
falantes, e estes están relacionados co goberno, xa que a lingua busca o recoñecemento
legal e así como o compromiso e implicación dos poderes públicos na súa protección e
promoción.

A principal ferramenta do proceso de normalización é o sistema educativo que pode ser


unha medida que poida contribuír a superación, xa que o primeiro paso reside en dotar a
competencia lingüística a toda a cidadanía, tamén hai que darlle presenza noutros ámbitos
importantes como na administración publica, redes socias, medios de comunicación, etc.

No caso do proceso de normativización, o fundamental é incidir nas prácticas lingüísticas


coloquiais e espontáneas dos falantes. Iso se consigue convertendo o seu coñecemento
nunha necesidade, para acceder ao mercado laboral, tendo o galego coma lingua
comercial, esta vaise a utilizar no ámbito comercial e vai a incidir na fala e práctica do
galego.

Isto son dúas solucións, pero hai moitas outras formas de poder cambiar a situación do
galego.

You might also like