Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

ies.sanclemente@edu.xunta.gal – www.iessanclemente.

net
rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela
tlf. 881 86 75 01 – 881 86 75 02

Lingua Galega e Literatura II


2º Bacharelato 1ª Avaliación Data: 15/11/2022 Hora: 12:30

Apelidos: E N M A I Ú S C U L A S Nome: E N M A I Ú S C U L A S
Lugar do exame: E N M A I Ú S C U L A S DNI:

1.- O texto está tirado dun artigo do último número da revista Nós. Valore a importancia que tivo para a
nosa lingua esta publicación e o grupo que se encargou de editala [1,5 puntos]. Segundo o exposto no
texto, dea a súa opinión sobre a importancia que ten a prensa escrita en galego na difusión e
coñecemento de Galicia e da lingua galega [1,5 puntos, 3 puntos no total da pregunta].

Vai facer vinte anos que comenzou a se pubricar o boletín “A Nosa Terra”, nos seus comenzos órgao
das Irmandades da Fala, iniciadoras do actual e grorioso rexurdimento patriótico galego, e hoxe portavoz do
Partido Galeguista.
Saeu o seu primeiro número nas rúas cruñesas o día 14 de Novembro do ano 1996. Pubricouse como
decenal durante algún tempo. Tiña a súa redaición e adeministración no Cantón Grande no despacho do
falescido poeta e gran patriota Xosé Iglesias Roura.
Lembro ter mercado ese primeiro número na rúa ou n-unha librería. Tiña eu dezaseis anos. Gustoume
e seguín mercándo até que aos catro ou cinco números suscribinme a él. Aos poucos meses ingresaba tamén
na Irmandade da Cruña. Até a data.
Leva o primeiro número como artigo de fondo un tiduado “A bandeira ergueita” e firmado por Antón
Vilar Ponte, seu casi iniciador e primeiro director durante moitos anos. Remata o artigo con estas verbas: “Este
boletín é de todolos galegos. A súa dona é Galicia enteira. Non ten outra. Polo mesmo as súas follas serán dinas
de se coleicionar. Perpetuarán o pensamento d-unha época”.
Verbas que resultaron d unha videncia absoluta. Unha coleición de “A Nosa Terra” é un tesouro que
temos que estimar fondamente os poucos que o poseemos. Vinte anos da vida de Galicia, da millor e máis
histórica vida de Galicia están nas súas páxinas.
(...) Foi o tono de progresivo acentuamento nacionalista, francamente nacionalista, que Vilar Ponte
imprimiu ao boletín o que á par que ia creando unha concencia n-ese senso determiñaba o alonxamento dos
que non pasaban máis aló do “rexionalismo”. “A Nosa Terra” foi unha mañífica peneira”
(...) “A Nosa Terra” mantivo en todo aquel tempo, mouro e difícil para as nosas ideas, o lume aceso do
galeguismo.
Víctor Casas, Nós nº 139-44

A revista Nós comeza a ser publicada no ano 1920, constituíndose no voceiro da xeración cultural do mesmo nome á
que se vinculan, entre outros, Risco, Cuevillas, Castelao e Otero Pedrayo, membros todos eles das Irmandades. Escrita
integramente en galego, representa un dos proxectos editoriais máis importantes do galeguismo da época. Con ela, o
grupo esfórzase por sacar a cultura galega do folclorismo e do influxo da cultura castelá, tentando, por un lado,
modernizala, tirándolle o exceso de localismo, ruralismo e costumismo que até entón a caracterizaba e, por outro
lado, universalizala, ao poñela en contacto directo coas ideas e os movementos culturais vixentes en Europa. Para tal
fin, os homes da revista Nós acollen nas súas páxinas traducións, informacións ou noticias do que se fai noutras
literaturas, ao tempo que se preocupan por todos os aspectos da cultura galega. Co grupo Nós, o galego logra a súa
madurez literaria e é empregado en obras de carácter científico de todo tipo (historia, etnografía, arqueoloxía,
filosofía, socioloxía...), ademais de consolidarse en xéneros até entón pouco cultivados, como a narrativa, o teatro e o
ensaio.

Que haxa prensa en galego en Galiza supón un feito moi relevante no proceso de normalización da lingua galega, tanto
na actualidade como no momento en que se edita a revista Nós ou o xornal A Nosa Terra. A principios do século XX a
aparición de revistas culturais ou de xornais que tratasen temas relativos á política, á economía, á organización social
etc., supuxo unha novidade importante, xa que até ese momento a poboación non vinculaba o uso da lingua con
ies.sanclemente@edu.xunta.gal – www.iessanclemente.net
rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela
tlf. 881 86 75 01 – 881 86 75 02

temáticas que non pasasen do ámbito máis familiar ou local. Que se abordasen temas considerados máis relevantes
socialmente na nosa lingua supuxo un cambio de paradigma, xa que evidenciaba que en galego se podía facer de todo,
rachando así coa diglosia existente até ese momento na nosa comunidade lingüística.

Ademais, o feito de que se publicase ou se publique na actualidade prensa en galego axuda a coñecer mellor a
normativa do galego. A lectura de prensa está considerada como un dos medios idóneos para coñecer as regras da
lingua, para a difusión do léxico propio ou como se adaptan os neoloxismos (palabras que proveñen doutras linguas)
na nosa lingua.

2.- No texto obsérvanse numerosos casos de diferencialismos propios da lingua do primeiro terzo do
século XX. Explique en que consiste este fenómeno [0,5 puntos] e procure no texto tres exemplos de
vulgarismos, tres de hipergaleguismos e tres de arcaísmos. [1 punto; 1,5 no total da pregunta]
Diferencialismo:... : Fenómeno propio do primeiro terzo do século XX que consiste en procurar empregar sempre
formas galegas diferentes das castelás. A súa intención era evitar os numerosos castelanismos que había na lingua. O
fenómeno diferencial caracterízase polo seu exceso na corrección: identificáronse erroneamente moitas palabras
galegas correctas coincidentes co castelán (como pobre, primavera, este ou vez) como castelanismos polo simple feito
de coincidiren coas palabras desta lingua. En consecuencia, foron substituídas por outras formas incorrectas:
vulgarismos, hipergaleguismos, dialectalismos ou arcaísmos (como probe, vulgarismo; primaveira, hipergaleguismo;
iste, dialectalismo; ou vegada, arcaísmo).

Vulgarismos: redaición, coleicionar, adeministración, dinas, concencia.


Hipergaleguismos: mañífica, pubricar, órgao, grorioso, determiñaba, Cruña, concencia?.
Arcaísmos: falescido, tiduado, nascemento.

3.- Indique a abertura das vogais tónicas medias das palabras marcadas no texto en letra grosa,
empregando os símbolos fonolóxicos correspondentes (/ɛ/, /e/, /ɔ/, /o/). [1 punto; as palabras con
resposta acertada suman 0,1; as respondidas falladas restan 0,1; as non respondidas non restan]

Nosa / ɔ / Terra / ɛ / galego / e / hoxe / o / Novembro /e ɛ/


fondo / o / dona / o / verbas / ɛ / lembro / ɛ / meses / e /

4.- Segmente as palabras subliñadas no texto nos seus morfemas constituíntes, dando o nome de cada un
deles. Debe indicar tamén o tempo e modo dos verbos e dicir que tipo de palabra é “rexurdimento”: [1,5
puntos; 0,5 por cada palabra acertada de maneira completa]. Responda de acordo co modelo ofrecido.

Modelo: PRIMEIRO
PRIM EIR O Tipo de palabra
Lex. ou ML MGD ou SD MF ou SF Derivada

REXURDIMENTO
RE XURD I MENTO Tipo de palabra
MPref. Lex. ou ML RVT SD Derivada/P?
ies.sanclemente@edu.xunta.gal – www.iessanclemente.net
rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela
tlf. 881 86 75 01 – 881 86 75 02

INGRESABA
INGRES A BA Tempo e modo
R VT MMT Pretérito imperfecto
de indicativo

IMPRIMIU
IMPRIM I U Tempo e modo
R VT MNP Pretérito perfecto de
indicativo

5.- No texto reprodúcese o poema Excelsior de Manuel Antonio. Comente


brevemente o poema [1 punto]. Indique a que escola literaria de preguerra corresponde
[0,5 puntos] e expoña as súas características principais. [0,5 puntos, 2 no total da pregunta]

Trátase dun poema de Manuel Antonio que comeza cun caligrama, polo que amosa xa a súa vontade
rupturista coa tradición literaria galega. O título "Excelsior" (comparativo latino que significa superior,
excelente, sublime...) relaciónase coa disposición gráfica do texto. O máis importante é o "eu" e a súa
relación co cosmos (os puntos cardinais).
O texto forma unha rosa dos ventos (instrumento usado para orientarse na navegación) coa frase "EU
SON" apuntando a cada punto cardinal: ao oeste en francés, ao sur en inglés, ao leste en latín e ao norte en
galego. Con isto expresa o seu individualismo e tamén o seu compromiso coa lingua galega (o seu norte, o
que o guía como creador); esta lingua xorde do latín e é compañeira doutras como o francés ou o inglés,
idiomas internacionais. Así expresa o seu cosmopolitismo e o seu desexo de universalidade.
O texto pertence á escola literaria das vangardas e é unha mostra do creacionismo característico da
poética de Manuel Antonio: uso da imaxe, escaso emprego dos signos de puntuación, valor expresivo da
disposición do texto e da tipografía, cosmopolitismo, individualismo, orixinalidade...
A vangarda galega non está representada por ningunha escola, senón máis ben por uns pouco poetas que
buscaron novas vías expresivas para a nosa literatura. Deste xeito, autores como Manuel Antonio si
ies.sanclemente@edu.xunta.gal – www.iessanclemente.net
rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela
tlf. 881 86 75 01 – 881 86 75 02

presentan algúns aspectos rupturistas nas súas composicións (a disposición tipográfica, o hermetismo, a
concatenación de imaxes, o emprego de terminoloxía de tipo técnico e estranxeirismos...), mais tampouco
racharon de todo coa tradición literaria galega, ao ter presente sempre o compromiso social e incluso certo
sentimentalismo na súa obra.

6. Describa física e psicoloxicamente (personalidade, comportamento, opinións etc.) os dous


protagonistas da novela Os dous de sempre, de Castelao. [1 punto]
Pedro: rapaz gordecho, movido por instintos primarios (comida), materialista, conformista e falto de talento.
Rañolas: eivado de orixe miserable, xeneroso, idealista, loita por mellorar como ser humano.

You might also like