Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

TRIVIAL LETRAS GALEGAS

1. Cal é a capital de Galicia?

2. No séc. XIX estableceuse a actual división de Galicia en catro provincias, pero


cantas existían ata ese momento e cales eran?

3. Como lle chamaban os romanos a Galicia?

4. Que pobos habitaban a nosa zona antes da chegada dos romanos?

5. Como se denominaban os asentamentos dos pobos celtas?

6. Localidade e provincia na que se atopa o maior conxunto de pallozas de Galicia?

7. Nome dun asentamento castrexo ubicado na provincia de Coruña famoso por estar
xusto enriba do mar.

8. Cal foi o pobo que se instalou en Galicia no século V?

9. A que río galego os romanos lle chamaban Do esquecemento?

10. Segundo as crónicas romanas, en que monte os habitantes de Galicia preferiron


morrer que ser sometidos polos romanos?

11. Cal era para os romanos a aldea galega da “Fin do mundo”? Di o nome en galego e en
latín.

12. En que localidade galega fixeron os romanos un importante túnel?

13. Cal é a localidade situada máis ó norte de Galicia?

14. Cal é o río que serve de fronteira natural entre Galicia e Asturias?
15. Cal é o pico máis alto de Galicia? En que provincia se atopa?

16. En que localidade galega se considera que comeza o Mar Cantábrico?

17. O río Tambre, en que ría desemboca?

18. En que localidade galega se celebra unha festa no mes de agosto no que botan un
enorme globo aerostático e son moi famosas as tortillas de patacas?

19. En que dúas localidades galegas as procesións están declaradas de interese


turístico internacional?

20. A que localidade galega se non vas de vivo unha vez vas de morto tres?

21. Entre que dúas rías se sitúan uns dos cantís costeiros máis altos de Europa? Como
se chaman eses cantís?

22. Cal é a praia máis longa de Galicia e onde se atopa?

23. Cales son as vilas de Galicia onde se rexistra un maior número de movementos
sísmicos?

24. Nome do mosteiro coñecido como o Escorial Galego?

25. Que río constitúe a Ribeira Sacra?

26. Nome do único río europeo que desemboca nunha fervenza.

27. Unha das árbores máis altas de Europa atópase en Galicia. Sabes en que localidade
e de que tipo de árbore se trata? Que alcume se lle dá a esta árbore?

28. En que localidade desemboca o río Xallas?


29. Que dous ríos desembocan na ría de Arousa?

30. A que concello pertencen as dunas móbiles máis altas de Galicia e como se chaman?

31. En que século foi descuberta a Tumba do Apóstolo Santiago? Como se chamaba o
bispo de Iria Flavia na época do descubrimento da tumba do Apóstolo?

32. De onde procede probablemente o nome de Compostela?

33. No século X un caudillo árabe roubou unha campá da catedral de Santiago de


Compostela, quen foi ese caudillo?

34. En que localidade galega se celebra unha romaría vikinga para conmemorar a
chegada destes pobos coa idea de conquistar Santiago de Compostela?

35. Como se chamaba a campá da Catedral de Santiago roubada polos árabes?

36. Nome do bispo máis poderoso de Galicia que contaba mesmo con exército de seu.

37. En que localidade galega se produciu o coñecido como Milagre do Santo Grial?

38. Que reis acudiron a Galicia para ver o Milagre do Santo Grial?

39. Nome dos conflitos ocorridos en Galicia no século XIV en contra do poder dos
nobres.

40. Que famoso nobre foi decapitado por orde de Isabel, A Católica en Mondoñedo?

41. O escudo de Galicia ademais de 7 cruces, unha hostia e unha coroa, que ten?

42. Que poeta escribiu o poema que constitúe a letra do Himno de Galicia?

43. Como se chama o poema que dá letra ó Himno de Galicia?


44. Quen é o autor da música do Himno Galego?

45. Que pobo invadiu a vila de Cangas no século XVII?

46. Que importante batalla naval tivo lugar nas costas galegas a principios do século
XVIII? Quen loitaba?

47. Na cidade de Vigo existían unas murallas e un Castelo. Como se chamaban?

48. Cita o nome do grande heroe de Vigo durante a guerra de Independencia contra os
franceses.

49. Que vigués creou un submarino a fins do século XIX?

50. Que escritor francés visitou a cidade de Vigo e trabou amizade co inventor vigués
do submarino?

51. Que outro nome recibe a cidade de Vigo?

52. Que árbore é símbolo da cidade de Vigo?

53. Onde se atopa hoxe en día a árbore símbolo de Vigo e onde se atopaba na súa
orixe?

54. O actual concello de Vigo está formado pola unión de tres concellos, cales son eses
concellos?

55. De onde procede e que significa Vigo?

56. En que ano o concello de Lavadores foi anexionado polo de Vigo?

57. Que localidade é Pontem Veteram e que significa este nome?


58. En que localidade se atopa a Praia dos Cristais?

59. Cal é o dolmen máis famoso de Galicia coñecido como “A catedral do neolítico
galego?

60. Como se denomina o campamento romano da provincia de Ourense? En que


localidade se atopa?

61. En que localidade e provincia se atopa unha casa semellante ás de Gaudí? Como se
lle chama a esa casa?

62. En que dúas localidades próximas se atopan os hórreos máis longos de Galicia?

63. Que catro illas constitúen o Parque Nacional Illas Atlánticas?

64. Cando se aprobou o 1º Estatuto de Autonomía de Galicia?

65. Por que se escolleu o 17 de maio para celebrar o Días das Letras Galegas?

66. En que ano se celebrou o 1º Días das Letras Galegas?

67. A quen foi adicado o 1º Día das Letras Galegas?

68. En que rúa de que cidade galega foi publicado por 1ª vez o libro Cantares Gallegos
de Rosalía de Castro?

69. Como se chamaba a imprenta na que se publicou por 1ª vez Cantares Gallegos?

70. A quen se lle adica este ano 2024 o Días das Letras Galegas?

You might also like