Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 17

Tema 10

Poboación e cidades
1.- A dinámica da poboación. A natalidade

A demografía é a ciencia que estuda a poboación dun territorio. É unha parte da xeografía
que, coa axuda da estatística, analiza a cantidade de poboación, a súa dinámica, os seus
desprazamentos e a súa estrutura por idade, sexo ou por actividade.
Para coñecer a dinámica da poboación temos que analizar as defuncións, os
nacementos e os movementos migratorios.

A natalidade

A natalidade é o número de nacementos que houbo nun territorio ao longo dun período
de tempo, en xeneral un ano. Para poder avaliar se esa cifra é alta ou baixa, calcúlase a
taxa bruta de natalidade (Tbn), que se obtén dividindo o número de nacidos nun ano
entre a poboación dese territorio e multiplicando o resultado por mil. Exprésase en
tantos por mil (‰).

TBN= (nº de nacementos/nº de habitantes) x 1.000

A taxa bruta de natalidade do mundo é na actualidade do 20‰, pero hai grandes


contrastes entre rexións. 0s países europeos e os de América do Norte teñen unha taxa
de natalidade moi baixa porque son sociedades cunha porcentaxe elevada de persoas
anciás, con pouca capacidade para ter fillos. Por outra parte, en África e en Asia encóntranse
as taxas máis altas porque teñen unha elevada porcentaxe de persoas novas e adultas en
idade de ter fillos.

O índice conxuntural de fecundidade é un cálculo estatístico que informa do número


medio de fillos por muller.

Factores que interveñen na natalidade


A taxa bruta de natalidade dun país é alta, baixa ou media dependendo de varios factores:
• Factores económicos: A natalidade diminúe coas crises económicas, mentres
que aumenta en épocas de bonanza.
Por outra parte, a natalidade é alta nas sociedades rurais, onde os fillos traballan e
colaboran no mantemento da familia desde idades temperás, mentres que nas
sociedades urbanas, a natalidade é baixa porque a crianza dos fillos é máis cara e
a súa incorporación ao mundo laboral é tardía, a partir dos 16 anos.
• Factores culturais: Nalgunhas sociedades que non utilizan métodos anticonceptivos,
as mulleres teñen máis fillos ca nas sociedades que os utilizan.
• Factores sociais. Nas sociedades en que a muller se incorporou masivamente ao
mundo laboral, normalmente téñense menos fillos por ser difícil compatibilizar vida
laboral coa crianza dos fillos.

1
2.- A mortalidade e a esperanza de vida
A mortalidade é o número de falecementos que hai nun territorio ao longo dun
ano. Para avaliar se esa cifra é alta ou baixa úsase a taxa bruta de mortalidade (Tbm).
Obtense dividindo o número de defuncións entre a poboación dun territorio e
multiplicando o resultado por mil. Exprésase en tantos pormil (‰).

TBM= (nº de falecementos/Total habitantes) x 1.000

A taxa bruta de mortalidade do mundo descendeu desde mediados do século XX do 20‰


a un 8%o na actualidade, pero hai grandes contrastes entre rexións.
Na mortalidade intervén tamén a esperanza de vida, que indica o que vivirá unha persoa
de media.
Ao estudar a mortalidade dun país tense en conta tamén a mortalidade infantil, que é
o número de nenos falecidos menores dun ano. A taxa de mortalidade infantil (Tmi) divide
o número de nenos menores dun ano falecidos nun ano entre o total dos nacementos e
multiplícao por 1.000.
TMI= (nº de nenos < 1 ano falecidos/nº de nacementos) x 1.000

A mortalidade infantil reduciuse máis de tres veces desde mediados do século XX, pero
existen profundas diferenzas entre os países ricos e os pobres.

Factores que interveñen na mortalidade


Na mortalidade inflúen diversos factores:
• A alimentación: as persoas ben alimentadas adoitan presentar unha boa saúde, teñen
menor risco de enfermar e recupéranse antes en caso de enfermidade.
• O acceso a servizos de hixiene e sanitarios: evitan enfermidades e repercuten
nunha maior esperanza de vida.

O crecemento natural ou vexetativo


O crecemento natural ou vexetativo indica o incremento dunha poboación por causas
biolóxicas: os nacementos e as defuncións. Para medilo utilízase o índice de crecemento
natural, que é o resultado de restar as defuncións aos nacementos.
Crecemento natural (Cn) = nacementos – defuncións

2
3
4
3.- Os movementos migratorios

Os movementos migratorios son todos os desprazamentos de poboación que supoñen


un cambio no lugar de residencia e que non están motivados por ocio.

Chamamos emigración á saída de persoas dun territorio para residir noutro. A


inmigración, en cambio, é a chegada de persoas a un lugar para residir nel.

O saldo migratorio é o resultado de restar os emigrantes aos inmigrantes que chegan a un


lugar.
Saldo migratorio = Inmigrantes - Emigrantes

Dentro das migracións inclúense os movementos pendulares, que son aqueles que se
producen diariamente entre os lugares de residencia e os de traballo ou estudo.

As causas das migracións

Ao longo da historia houbo fluxos ou correntes migratorias, que son desprazamentos dun
gran número de persoas desde un país ou conxunto de países cara a outros.

Na actualidade, observamos fortes correntes migratorias desde África e distintas zonas de


Asia cara a Europa, e desde Latinoamérica cara a Norteamérica.

As causas das migracións son variadas:

• Causas socioeconómicas. Están relacionadas coa busca de melloras laborais, de


vida, ou porque non se encontra traballo nos lugares de orixe.
• Causas naturais. Están provocadas polos desastres naturais, como as
prolongadas secas, a desertización, as inundacións, os terremotos, etc.,
• Causas políticas. Prodúcense pola fuxida da persecución ou da represión por
parte de gobernos ditatoriais, e t a m é n p o r g u e r r a s , por motivos
relixiosos ou étnicos

4.- As consecuencias das migracións

Consecuencias nas zonas emisoras de migración

Nas zonas emisoras de emigrantes ten efectos negativos na estrutura da poboación


porque esta envellece ao emigrar as persoas máis novas. Non obstante, ten efectos
positivos económicos porque reduce os problemas de desemprego e a presión sobre os
recursos. Ademais, os emigrantes adoitan enviar diñeiro aos familiares que deixaron no
seu lugar de orixe.

5
Consecuencias nas zonas de recepción

Nas zonas de recepción de inmigrantes ten efectos positivos na estrutura da poboación


porque a chegada de poboación nova e adulta aumenta a natalidade, rexuvenece a
poboación e fai crecer a poboación activa. Tamén economicamente o incremento da
poboación en idade de traballar aumenta o consumo, e as cotizacións para a Seguridade
Social.

5.- A evolución demográfica dos países desenvolvidos

A evolución da poboación mundial

Na actualidade, vivimos no mundo uns 7.000 millóns de persoas, mentres que a principios
do século XIX apenas eran 1.000 millóns.

A poboación foi aumentando ao longo do tempo, pero non sempre medrou ao mesmo
ritmo.
O crecemento da poboación mundial non foi igual en todo o mundo. Por iso, definíronse
dous modelos de evolución demográfica, o dos países desenvolvidos e o dos países en
desenvolvemento.

O modelo demográfico dos países desenvolvidos

A evolución da poboación dos países desenvolvidos seguiu un modelo no que se


distinguen tres fases:

Réxime demográfico antigo. Ata o século XVIII o crecemento demográfico foi moi lento
porque, aínda que as taxas de natalidade eran moi elevadas, as de mortalidade, sobre todo
a infantil, tamén o eran polas frecuentes epidemias,
guerras, fame... e a falta de medidas de hixiene e
sanitarias.

Explosión demográfica. Xurdiu no século XIX coa


instalación de fábricas e as melloras técnicas na
agricultura, que permitiron aumentar as colleitas e
producir máis alimentos, o que reduciu as fames. A
natalidade continuaba alta, pero a mortalidade
diminuíu grazas ás melloras hixiénicas, sanitarias e
alimentarias. Esta situación supuxo un crecemento
natural alto e un aumento da poboación.

Réxime demográfico moderno. Durante o século XX, a taxa de natalidade descendeu


bruscamente e a mortalidade continuou baixando debido ás medidas de hixiene, aos
avances médicos e á alimentación, entre outros diversos aspectos. Esas taxas dan lugar a
un crecemento natural baixo, mentres que a esperanza de vida é alta e provoca un
envellecemento da poboación.

6
As características da poboación nos países desenvolvidos

Na actualidade, moitos países desenvolvidos teñen características demográficas


similares:

Unha poboación envellecida, que é o resultado de taxas be natalidade e mortalidade baixas,


o que produce un crecemento natural moi reducido, incluso negativo nalgúns países, e
dunhaesperanza de vida arredor dos 80 anos. Este envellecemento da poboación produce
problemas como o aumento no gasto sanitario e en pensións, ao tempo que reduce a
poboación activa.

Un saldo migratorio xeralmente positivo, porque chegan moitos inmigrantes be países


en desenvolvemento, que axudan a reducir o envellecemento e aumentan a poboación
activa.

O crecemento da poboación mundial

A evolución da poboación mídese co índice de crecemento real, que é o resultado de


sumar o saldo migratorio á taxa de crecemento natural.

7
6.- A evolución demográfica dos países en desenvolvemento

O modelo demográfico dos países en desenvolvemento

A evolución da poboación nos países en desenvolvemento seguiu un modelo diferente.

Réxime demográfico antigo. Mantívose ata o século XX. As súas taxas de natalidade e
de mortalidade eran moi altas polas guerras, fames,
falta de recursos, etc. e, polo tanto, o seu crecemento
natural era baixo.

Revolución ou explosión demográfica. Produciuse a


finais do século XX, cando a taxa de natalidade seguiu
sendo alta e a mortalidade comezou a descender grazas
ás melloras na sanidade, como vacinas, na
alimentación e na hixiene. Isto supuxo un
crecemento da poboación que se coñece como
explosión demográfica.

As características demográficas dos paísesen desenvolvemento

0s países en desenvolvemento teñen as seguintes características demográficas:

• Unha elevada porcentaxe de poboación nova, que se debe a taxas de


natalidade altas e de mortalidade en descenso.

Ademais, as taxas de mortalidade aínda elevadas fan que a esperanza de vida


sexa baixa, varía dos 45 aos 70 anos, segundo o país.
A natalidade tende a diminuíu porque, ao descender a mortali- dade infantil, as
familias encóntranse cun número de fillos que non poden manter.

• Un saldo migratorio maioritariamente negativo, xa que o crecemento la


poboación adoita ser maior ca o dos recursos e expulsa á xente nova cara a outros
países con maiores oportunidades.

• Un forte contraste entre as zonas agrarias do interior dos países, que teñen a
natalidade e mortalidade máis altas e unha mentalidade tradicional, e as zonas
urbanas, onde son máis baixas, sen chegar aos niveis dos países desenvolvidos.

8
7.- A distribución da poboación mundial

Como se mide a distribución da poboación?

A poboación actual da Terra non se distribúe de forma homoxénea na súa superficie: hai
zonas con grandes concentracións de poboación fronte a amplos baleiros demográficos en
que apenas viven persoas.

Para medir como se distribúe a poboación utilízanse dúas técnicas:

Contar o número de habitantes de cada territorio e comparar as cifras. Estes datos


proporciónanos os censos de habitantes, que se realizan na maioría de países cada dez
anos. Proporcionan información da poboación absoluta, pero non se pode comparar
territorios.

Calcular a densidade de poboación de cada territorio e comparar os resultados. A


densidade de poboación relaciona a poboación absoluta coa superficie do territorio que
ocupa.

Densidade de poboación = Nº de habitantes / Superficie en km2

Permite saber se un territorio está pouco ou moi poboado. Se nunha zona vive un número
importante de habitantes concentrados nunha superficie moi pequena, diremos que está
densamente poboada ou moi poboada. Se a mesma poboaciónse reparte nun territorio
moi grande, diremos que non está densamente poboado.

Factores da distribución da poboación

A distribución da poboación no mundo obedece a tres tipos de factores, principalmente:

Físicos: as zonas con climas temperados, formas de relevo favorables para as


comunicacións e terras fértiles con acceso á auga potable ofrecen maiores recursos e
favorecen a vida humana. Polo contrario, as zonas de clima extremo moi caloroso ou moi
frío, moi seco, como os desertos, ou excesivamente chuvioso, como as selvas, están
pouco poboadas. Igual ca as que teñen poucas zonas fértiles, como as montañas.

Demográficos: as zonas habitadas desde a Antigüidade, as rexións con maior natalidade


e as que recibiron fortes e constantes correntes migratorias, etc., son as que acumularon
maior poboación.
Económicos e sociais: o dinamismo económico, as condicións laborais, a oferta de
servizos, o recoñecemento de liberdades individuais e colectivas, a calidade de vida ou as

9
facilidades para a integración cultural fan que unhas zonas sexan máis atractivas para a
poboación ca outras.

8.- Espazo rural e espazo urbano

Ata mediados do século XX, o 70% da poboación mundial vivía no campo e, polo tanto, o
espazo rural ocupaba a maior parte do territorio. Ademais, os límites entre o espazo rural
e o urbano estaban claramente establecidos. Desde entón, a poboación urbana foi
aumentando.

O espazo rural

O espazo rural é extenso e ten densidades de poboación inferiores a 150 hab./km2. Nel,
os movementos de persoas o mercadorías teñen intensidade baixa. As actividades económicas
que predominan son as agrícolas, gandeiras, forestais e pesqueiras.
Nos espazos rurais distínguense varios elementos:
• A leira ou parcela é a porción de terreo da paisaxe agraria para a súa explotación.
Diferéncianse por tamaño, formas e límites (canles, ríos, valados).
• Os cultivos a que se dedican as leiras. Distínguese entre monocultivo, se hai un só
cultivo, ou policultivo, se se plantan varias especies; de regadío, se se usan sistemas

10
artificiais de rega, ou de secaño, se só reciben a auga de chuvia.

• O hábitat é a forma en que se dispoñen as vivendas. É disperso se as vivendas están


diseminadas polo espazo, como nas aldeas; e concentrado cando se agrupan, como
nas vilas.

• Outros elementos, como vías de comunicación, infraestruturas para a rega


(canles...), explotación forestal, etc.

O espazo urbano
O espazo urbano é menos extenso ca o rural, pero nel viven moitas máis persoas. Ten
densidades de poboación superiores a 150 hab./km2. Os espazos urbanos están
formados por cidades con edificios dedicados a vivendas, fábricas, almacéns, centros
comerciais, etc. As infraestruturas de transporte ocupan unha parte importante do seu
espazo.

As cidades e o espazo urbano


O espazo urbano caracterízase pola cidade, unha localidade diferente das vilas e das
aldeas,en distintos aspectos:
Cantidade de poboación. En España considérase cidade as localidades que superan os
10.000 habitantes, pero non ocorre así noutros países. Xapón entende por cidade as
localidades con máis de 30.000 habitantes e Suecia, as que teñen máis de 200.

Tipoloxía dos edificios. 0s edificios das cidades son distintos dos do espazo rural. Nas
cidades predominan os bloques de vivendas e edificios de oficinas, que poden ser
rañaceos,as fábricas, os centros comerciais, os aeroportos, as estacións...

11
Actividades económicas terciarias e industriais. A maioría da poboación activa das
cidades dedícase a actividades terciarias, como comunicacións, educación, finanzas, sa-
nidade...; en menor porcentaxe, dedícanse a actividades industriais.

9.- Estrutura das cidades


A configuración do terreo, o clima, a historia e a economía condicionan a estrutura interna
das cidades, así como o seu plano.

A estrutura interna da cidade


Unha cidade cumpre diversas funcións, como a residencial, a industrial, a político-
administrativa, a cultural e educativa e a turística.
A localización desas funcións no territorio conforma a estrutura interna da cidade:
• O centro. Adoita ser a zona máis antiga nas cidades europeas. Habitualmente
concentra as sedes das institucións políticas, como o Concello, os monumentos
e os edificios históricos. Ademais, as cidades máis grandes teñen un sector
central de negocios, ou CBD (Central Business District), no que se concentran
bancos, oficinas de empresas internacionais, comercios exclusivos, etc. Ás veces,
estes usos desaloxaron á función residencial.
• Os barrios residenciais. Neles predominan a vivenda e os servizos básicos para
os seus habitantes, como colexios, centros de atención médica primaria,
comercios, etc. Ocupan a maior parte das cidades e distribúense por diferentes
zonas, incluída a periferia. A calidade das vivendas e os comercios reflicten o
nivel socioeconómico dos seus habitantes. Por iso, estes barrios son moi
heteroxéneos. Os ensanches son barrios residenciais que xurdiron no século XIX,

12
arredor do centro, debido á saturación de poboación nos centros urbanos.

Ensanche de Barcelona
• As áreas industriais. Sitúanse na periferia, debido á escaseza e ao elevado prezo
do solo no centro, ademais da contaminación que xeran. Localízanse ao longo das
estradas, ou en polígonos industriais.
• As áreas comerciais, de servizos e transporte. Tenden a situarse na periferia e
cerca das principais vías de comunicación. O menor custo do solo permite
establecer grandes centros comerciais e de ocio, parques empresariais, campus
universitarios, hospitais, etc., así como infraestruturas de transporte (estacións de
ferrocarril, aeroportos...).
• Os suburbios: propios de países en desenvolvemento. Nel predominan os
edificios de autoconstrución, como as chabolas, nas que se aloxa esa multitude
pobre que chega ás cidades desde o medio rural.

Tipos de planos históricos de cidades:


Cando observamos o plano dunha cidade podemos observar diferentes modelos,
dependendo, sobre todo da súa orixe histórica. Así temos tres tipos principais de planos:
• Plano irregular: as rúas están trazadas sen orde. É propio dos centros históricos de
orixe medieval.
• Plano radiocéntrico: as rúas arrancan dun mesmo centro e concéntranse en sentido
radial.
• Plano regular, en cuadrícula ou hipodámico: as rúas son rectilíneas e crúzanse
perpendicularmente.
• Plano lineal: a cidade organízase ao longo dunha rúa.

13
Os espazos urbanos

A cidade é a forma fundamental do espazo urbano, pero o seu crecemento e as influencias


que exerce sobre o territorio dá lugar a formas máis complexas de espazos urbanos:
• Áreas metropolitanas. Están formadas por unha cidade e outras localidades
próximas, xeralmente con Concello propio,coas que mantén intensas relacións:
os habitantes da cidade van traballar a esas localidades ou viceversa, a cidade
presta servizos (hospitais, universidades, comercios, avogados...) e, en moitos
casos, abastece os habitantes desoutras localidades, etc. O resultado é un espazo
que depende social e economicamente da urbe.
• Conurbacións. Conxunto de varios núcleos urbanos inicialmente independentes
e contiguos polas súas marxes, que ao crecer acaban formando unha unidade
funcional.
• Megalópoles. Son grandes espazos urbanos formados por un conxunto de áreas
metropolitanas, conurbacións e cidades de pequeno tamaño que ao ir
enlazándose sobrepasan a dimensión rexional.

14
15
16

You might also like