Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 21

ADQUISICIÓN DA LINGUAXE E APRENDIZAXE DA LINGUA ORAL: ETAPAS E

PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS

1. A linguaxe infantil: algunhas cuestións relevantes

- Existen moitos tópicos e prexuízos relacionados coa linguaxe infantil.


Tradicionalmente considerouse como unha versión simplificada da linguaxe adulta e
esta visión aínda persiste.

- Isto implica abordar a linguaxe infantil desde enfoques moi prescritivos que teñen en
conta a norma estándar adulta, a cal aínda por riba adoita estar fixada para a lingua
escrita, para un nivel culto e para un rexistro formal.

- Xa vimos que este enfoque sobre a lingua non resulta correcto desde unha
perspectiva comunicativa, pero tampouco desde o punto de vista do estudo dos
fenómenos infantís, xa que leva a unha consideración incorrecta destes. Primeiro de
todo, debemos enfocarnos na fala, na oralidade e aínda así a lingua oral adulta e a
infantil non resultan equivalentes.

- Un bebé está adquirindo a linguaxe, mentres que un adulto xa ten as categorías


lingüísticas formadas, polo que os seus códigos non poden ser considerados
equivalentes.

- É certo que a linguaxe adulta é o produto final do proceso da adquisición, mais os


erros dos bebés non son equivalentes aos erros adultos. A fala dos bebés posúe un
valor evolutivo da que carece a fala adulta.

- Detrás dos padróns infantís hai procesos de maduración cognitivos e comunicativos


que non se manteñen estables e que van cambiando ao longo do tempo, xa que o
neno/a está desenvolvendo diferentes unidades e estruturas lingüísticas e o seu
repertorio comunicativo está mudando e progresando continuamente.

- Unicamente existen semellanzas entre o proceso de adquisición da lingua materna e


o de aprendizaxe dunha L2 ou LE por parte dun adulto no sentido evolutivo e no feito
de que se rexistran erros, pero de novo a linguaxe e os procesos cognitivos e
comunicativos nos adultos non son comparables aos dos bebés.

- Outra idea moi arraigada é o feito de que a adquisición se considera como un


mecanismo universal. Se ben isto resulta certo, nos manuais moitas veces tende a
esaxerarse esta dimensión e ignórase o enorme grao de variabilidade individual (por
atención, disposición por carácter, disposición emocional…), contextual (contexto
familiar, número de irmáns, grao de estimulación comunicativa…) e interlingüística e
intercultural (características da lingua materna, cultura na que se medra) existente,
algo que se debe ter en conta non só desde a investigación, senón tamén desde o
ensino de linguas e desde o ámbito clínico.
- Por exemplo, tendemos a pensar, pola influencia das linguas occidentais, as
cales adoitan ser as máis estudadas, que as clases de palabra que primeiro
se adquiren son os substantivos, mais isto non acontece en linguas como o
coreano, onde se adquiren primeiro os verbos.

- As nenas e nenos amosan perfís de evolución distintos mesmo se falan unha


mesma lingua e un mesmo dialecto, polo que hai que ser moi coidadosos coas
afirmacións que se realizan, xa que isto pode levar a falsas crenzas sobre o
desenvolvemento comunicativo do alumnado de educación infantil. Ao igual que coa
maduración cognitiva, a maduración lingüística tamén se ve afectada polo ambiente
e polas condicións nas que se desenvolve a crianza, de maneira que se deben ter
en conta todas as circunstancias á hora elaborar un perfil lingüístico.

- Polo tanto, as crianzas non pasan de maneira uniforme polas mesmas etapas,
senón que existen grandes diferenzas e tampouco a competencia resulta a mesma
en todos os casos. Hai alumnado que ten máis fluidez verbal ca outro, crianzas que
non acadaron certos fitos esperables pola súa idade e non por iso presentan un
trastorno, nenos/as que teñen máis vocabulario e menos mecanismos gramaticais
ou ao revés, menos/as que producen máis e comprenden menos nunha LE…

- Unha terceira dimensión de variación é o feito de que o neno/a estea a adquirir máis
dunha lingua, xa que isto dá lugar a erros e fenómenos comunicativos que difiren
dos padróns das crianzas monolingües.

- De novo, existen moitos prexuízos, pero tal e como se demostrou coas lecturas
expostas nas interactivas, o desenvolvemento bilingüe é positivo e non implica
ningún tipo de trastorno nos individuos, só algunhas diferenzas no funcionamento
cognitivo e lingüístico.

- Non se pode xulgar a competencia bilingüe ou plurilingüe desde un ideal teórico no


que se considera ao bilingüe como a suma de dous monolingües nun cun dominio
perfecto en cada un dos idiomas: unha das linguas adoita ser dominante e ambas as
dúas empréganse en contextos diferentes, polo que o falante posúe un repertorio
bilingüe no que o uso dun código ou outro responde a motivos comunicativos.
- Polo tanto, o bilingüismo debe ser visto coma un fenómeno gradual no que existen
diferenzas no grao de dominio dos idiomas e no seu uso. É a descrición das
subcompetencias en cada idioma do alumnado o que debemos avaliar e non partir
de que se fala mal ou de maneira incompleta nunha determinada lingua. Nesta idea
está baeada a competencia plurilingüe e intercultural, unha das competencias clave
no currículo actual.

- Así, o alumnado que non ten como lingua materna o español ou o galego en Galicia,
vai precisar dunha adaptación dos materiais e dunhas técnicas de ensino e de
estimulación diferentes aos que teñen o galego ou o castelán como L1. Os seus
erros son diferentes porque están influídos pola súa L1, algo fundamental que
debemos ter en conta á hora de avaliar e de ensinar as linguas. Neste senso, pode
ser útil recorrer a materiais que ensinan o español ou o galego como lingua
estranxeira, o que pode facilitar a aprendizaxe de certos aspectos.
- O importante da fala dos nenos resulta a súa idiosincrasia, a súa singularidade. Non
é unha desviación da norma adulta, senón que ten relevancia por si mesma, de
maneira intrínseca. Polo tanto, convén estudala conforme os seus propios
parámetros e non desde o esperable na lingua adulta.

- A súa característica máis importante é que se define coma evolutiva e dinámica,


polo que cambia ao longo do tempo, non permanece estática. Ditos cambios deben
terse en conta tando desde o punto de vista do estudo do idioma coma desde o do
seu ensino/aprendizaxe.

«the important term is DEVELOPMENT, rather ACQUISITION. Much attention has


been paid to the initial state and the endstate, while the processes of change over
time have been too often slighted, ignored and explained away» (Slobin, 1997).

- As fases e os procesos son xenuínos, é dicir propios da linguaxe infantil en si


mesma e a súa evolución non resulta progresiva nin lineal. Neste senso, resulta útil
afirmar que a linguaxe infantil se vai construíndo (un proceso) e a linguaxe adulta é o
produto final.
- Son común as regresións, os atrasos, as aceleracións e as curvas de
aprendizaxe en U antes de que un cativo ou cativa adquira un determinado
trazo lingüístico.

- Ademais, a fala infantil réxese por un principio de eficacia comunicativa, xa desde as


primeiras etapas. Por esta razón dicimos que o compoñente ou nivel pragmático se
superpón a todos os demais: as crianzas presentan unha motivación para
comunicarse desde que nacen; non falan porque si, senón que van desenvolvendo a
linguaxe froito das súas necesidades de expresión e esta vai evolucionado e
sofisticándose segundo o grao de maduración cognitiva (as intencións comunicativas
máis sofisticadas aparecen en idades máis avanzadas).

- Ex: “no, es un tronco pero de un árbol que se rompió, que lo cortaron y ve, venió el
elefante y lo atrapalló” →nesta narración dun neno de tres anos, que nun primeiro
momento parece inconexa e incorrecta desde unha perspectiva adulta, están
presentes as características propias da fala na súa idade: é un texto cohesionado e
no que se observa concordancia, as lagoas semánticas son resoltas polo neno con
invencións léxicas (“atrapalló). O importante neste caso é que o neno se fai entender
e que é efectivo comunicativamente, polo que non hai ningún problema coa súa
linguaxe nesta idade.
- Non obstante, malia a variabilidade e o dinamismo, si existe certa estabilidade e
regularidade na linguaxe infantil: a que vén imposta polo propio sistema semiótico
que son as linguas (as palabras como sinais convencionais que nos permiten
afastarnos do aquí e do agora, o que facilita procesos que si se observan en todas
os idiomas, como a deíxe, o ensordecemento de sons…), polos factores cognitivos
(a memoria permite o desenvolvemento dos lexicóns mentais e das representacións
léxicas, por exemplo) e polos fisiolóxicos (o aparato fonador permite a articulación de
sons e o asento cerebral da linguaxe permite a existencia deste, se hai algún
problema nalgunha área pode haber algún trastorno).

- Ademais, tamén hai tendencias e ritmos de adquisición que se van volvendo


estables (unha vez que o neno adquiriu algunha unidade ou estrutura). Así, cando
falamos de etapas e de fitos, debemos telos en conta coma tendencias e non coma
verdades universais (a maioría das etapas solápanse: é común que o balbucido se
solape coa aparición das primeiras palabras e que dure ata os dous anos e as
etapas holofrástica e sintáctica non se diferenzan con tanta facilidade na práctica, xa
que as crianzas adoitan presentar trazos combinados). Por este motivo, resulta
fundamental ter en conta todas as dimensións de variación, xa que as etapas non se
manifestan da mesma maneira en todos os individuos.
- En resumo, convén desterrar falsos mitos sobre a consideración da linguaxe infantil:
- Non supón unha desviación ou simplificación da fala adulta, xa que os bebés
e os adultos non se atopan nos mesmos estadios evolutivos. Polo tanto, o
código infantil non é equivalente ao adulto, senón que posúe importancia
intrínseca e debe valorarse segundo os seus propios termos.
- O proceso de adquisición conta con algúns aspectos universais, pero debe
terse en conta o enorme grao de variabilidade contextual, individual,
interlingüística e aquela que depende do número de linguas que fale a
crianza.
- Resulta evolutiva e dinámica e gran parte dos fenómenos non avanzan de
maneira progresiva e regular, senón que hai irregularidades. Non obstante,
tamén existen regularidades e aspectos universais propiciados por factores
cognitivos, fisiolóxicos e semióticos.
- Tamén se guía por un propósito de eficacia comunicativa, que é a principal
motivación pola que os bebés comezan a falar. Neste senso, é a pragmática
a que lle dá sentido ao proceso de desenvolvemento da L1.

2. O desenvolvemento léxico-semántico

- Disociación entre a comprensión (máis adiantada) e a produción no proceso de


adquisición da lingua.

- As primeiras palabras que emiten os nenos arredor dos 12 meses teñen un carácter
pragmático e están vinculadas ao contexto de ocorrencia de determinados
acontecementos.
- Afirmar, negar
- Expresións de afecto
- Rutinas da vida diaria (baño, comida, durmir)
- Xogos

- Son palabras contextualizadas. Non se usan en contextos diferentes para referirse


ao mesmo obxecto ou acción (ex. onomatopeia “pumba!” no xogo de construción
pero non cando caen outras cousas).

16-30 meses
- Importante incremento de vocabulario
- De 88 a 500 palabras (media)
- Nalgúns casos pódese falar de EXPLOSIÓN DE VOCABULARIO
- A capacidade de representación conceptual aumenta e con ela aumenta a variedade
léxica
- Verbos
- Nomes para alimentos
- Utensilios da casa
- Fórmulas fixas e convencionais (saúdos, pedir perdón, dar as grazas…)
- Nomes de persoas
- A medida que aumenta o vocabulario redúcense as interxeccións e as onomatopeias
- Desaparecen ou redúcense as sobrextensións e as infraextensións

30 meses-5 anos

- Aumento progresivo do vocabulario


- Paso da linguaxe pragmática á linguaxe referencial
- Creación de redes semánticas cada vez máis complexas: campos semánticos
(alimentos, xogos, cousas da casa…)
- Adquisición paulatina de adxectivos dimensionais
- Grande / pequeno
- Longo / curto
- Gordo / delgado
- Amplitude de verbos relacionados coa posesión
- Dar / coller
- Vender / comprar
- Deícticos (significado difuso→ significado máis concreto)
- Este / ese / aquel
- Aquí / aí / alí
- Traer / levar; ir / vir

- En canto á formación das categorías semánticas, froito das experiencias vividas


polas crianzas, vanse consolidando as asociacións entre as palabras e os seus
referentes, por medio dunha aprendizaxe intersituacional: asígnase un significante a
un determinado referente a partir das asociacións resultado da exposición repetida a
múltiples eventos.
- A frecuencia, polo tanto, vai provocando que as asociacións entre referentes e
significantes sexan máis estables e que vaian aparecendo e estendéndose
significados na linguaxe infantil.

- Así, nun inicio as categorías semánticas están moi condicionadas polo aquí e o
agora e son fortemente dependentes do contexto, moi baseadas en experiencias
materiais concretas. A medida que progresa o desenvolvemento lingüístico, a
abstracción vai sendo maior e a formación das categorías e das representacións
léxicas xa non se atopa tan limitada.

- Podemos falar de dous tipos de vocabulario, o receptivo (as palabras que o falante
pode comprender) e o expresivo (as palabras que o falante pode producir). Este
cadro famoso de Rondal (1979) emprégase como referencia para coñecer o número
aproximado de palabras que un neno/a pode comprender segundo a súa idade (o
vocabulario receptivo dun adulto abrangue entre 20000 e 40000 palabras
aproximadamente):

Que debemos comentar no traballo 3 sobre o léxico?

- En xeral, fixéronse estudos dos campos semánticos e adoita dicirse que entre os
2;0-3;0 anos os nenos nomean persoas, accións, comida,partes do corpo, a roupa,
os nomes de animais, os vehículos, xoguetes, palabras sociais como grazas, si, ou
descritivas como *bueno, bonito e outras como ese, eu, etc. Aquí pódese falar, polo
tanto, das características do léxico que o suxeito manexa, se hai inexactitudes ou
lagoas semánticas, se se dá algún caso de infraextensión o sobreextensión…
- Aínda que existe unha gran variedade de fenómenos, nos casos de desaxustes (nas
idades dos nenos do corpus xa non son tan frecuentes), agás que sexan moi obvios
(chamar unha cousa por outra) falaremos de inexactitudes semánticas ou palabras e
expresións que non se empregan no seu contexto habitual.

3. O desenvolvemento fonético-fonolóxico

Fonemas vocálicos do galego

Fonemas consonánticos do galego


- /θ/→ c cereixa e cine e z en zapato
- /ʃ/→ x en xente
- /ћ/→ a da gheada en ghando
- /ʧ/→ ch en chover
- /ɲ/→ñ en viño
- /ɳ/→ n final de sílaba en can e nh en palabras como algunha ou unha
- /ʎ/→ ll en allo
- /ɾ/→ r intervocálica en caro, r final de sílaba en carta, r nos grupos consonánticos
coma en prato, brisa
- /r/→ r en posición inicial de palabra en rato, despois de n en xenro e rr en carro

Fonemas vocálicos do castelán

Fonemas consonánticos do castelán


Para as erres é máis sinxelo usar os símbolos propios do galego

- /θ/→ c en cereza y z zapato


- /j/→y intervocálica en mayo y hi en hierba
- /x/→ j en jarrón, cajón y junio, g en genio y ginebra
- /ʧ/→ ch en chocolate
- /ɲ/→ñ en caña
- /ʎ/→ ll en calle e y cuando no es intervocálica en yo, yodo
- /ɾ/→ intervocálica en caro, r final de sílaba en carta, r en grupos consonánticos como
en precio, brisa
- /r/→ r en posición inicial de palabra en rueda y rr en carro

Cómpre distinguir son de fonema:

- FONEMA: elemento mínimo distintivo que non se pode dividir en unidades menores
e que permite distinguir significados (palabras): /kasa/ fronte a /pasa/ distínguense
polo fonema inicial, /k/ fronte a /p/, senón ambos significantes serían a mesma
palabra.

- Os fonemas poden ser vocálicos ou consonánticos e constitúen unha


abstracción dos trazos compartidos polos sons reais que emitimos en cada
lingua. Represéntanse entre barras: /p/, /a/.

- SON: refírese ás unidades reais e concretas pronunciadas por cada individuo en


calquera acto de fala, que teñen unhas características de articulación concretas (un
son pode verse nasalizado, por exemplo, o que se produce cando ao seu lado hai
unha consoante nasal, coma unha [n], como nas vogais nasais).

- Os sons teñen moitas variacións segundo a persoa, o dialecto, a situación


comunicativa… (pronuncia formal e pronuncia relaxada…), por iso se usan
os fonemas como a unidade de representación principal ao analizar a
fonoloxía dunha lingua. Cando se estuda a pronuncia real, con todos os
detalles fonéticos, daquela úsanse os sons, que se representan mediante
corchetes [t].
- Nesta materia, non se vai pedir que traballedes con sons, senón con
fonemas, pero si é importante saber que existe ese maior nivel de detalle
fonético e que o que producimos na realidade son sons, mentres que os
fonemas non deixan de ser unha abstracción. Isto explica, por exemplo, que
aínda que entre idiomas se empreguen os mesmos símbolos dos fonemas, a
pronuncia non é exactamente a mesma (as oclusivas do inglés son máis
suaves que as do español: [p,t,k,b,d,g, non son exactamente o mesmo son
nos dous idiomas, pero nun nivel xeral si comparten as mesmas
características por iso resultan os mesmos fonemas).

- Os nenos dominan todo o repertorio vocálico da súa lingua aos 3 anos (idade
media).
- Os nenos dominan todo o repertorio consonántico da súa lingua aos 5 anos (idade
media).
- A partir dos 12 meses obsérvanse dous estilos comunicativos:

- Nenos/as “moi faladores”: emiten palabras sen dominar a súa pronuncia. Non
é doado entendelos, as súas producións son pouco intelixibles.
- Nenos /as “máis precavidos”: evitan palabras que non dan pronunciado. Isto
demostra o seu dominio metafonolóxico.

- É importante destacar que o sistema fónico das crianzas é dinámico e neste


establécense relacións entre os fonemas, de maneira que cando non se pronuncia
un, o neno adoita usar outro para substituílo nas palabras nas que ese fonema está
incluído. Tamén hai etapas nas que os fonemas son omitidos. As relacións entre os
sons veñen dadas polas súas semellanzas e diferenzas segundo os trazos
distintivos que os forman (sons labiais, sonoros, xordos, fricativos...).

- Por exemplo, é moi común que en determinadas etapas no galego ou no


español os bebés pronuncien a /t/ nos casos onde se debería pronunciar /s/,
ademais dos propios da /t/. Polo tanto, se temos o caso dunha nena que di
/ti/ no canto de /si/, tamén vai dicir a /t/ nos casos que coinciden coa lingua
adulta /tapa/, xa que non interiorizou ainda a distinción entre os dous
fonemas. Logo cando adquire o /s/ o seu sistema fónico reorganízase e xa
aprendeu a distinción entre /t/ e /s/ coma na lingua adulta.

- Cabe destacar así a forte interrelación entre o desenvolvemento fónico e o léxico: a


partir do input lexical que reciben, as crianzas constrúen as representacións dos
fonemas da lingua e sen progreso fónico non hai progreso léxico. Se un bebé
desexa comunicarse mediante palabras, a articulación dos sons vólvese
fundamental para que estas poidan emitirse.

- Por riba dos fonemas, a prosodia é un elemento clave que xa se manifesta desde o
nacemento. Como xa se comentou no tema 2, os bebés desenvolven a comprensión
ao escoitar e afacerse aos esquemas de entoación da súa lingua materna grazas á
fala dirixida ou fala maternal.
- Neste sentido, convén recordar a importancia de seguir practicando durante o
segundo ciclo de educación infantil as praxias bucofaciais mediante distintos
exercicios (o último curso incluído), coa fin de estimular a pronunciación, de evitar o
atraso na pronuncia dalgúns fonemas e de detectar no alumnado a existencia dalgún
problema ou trastorno articulatorio.

- Ademais dos sons, tamén se atopan as sílabas, que se van desenvolvendo de


maneira paulatina. Comézase polo esquema de sílaba CV, xa presente no balbucido,
e posteriormente pásase a VC, CVC, CCV, CCVC.

- Cómpre destacar que a evolución do sistema fónico se produce dentro do contexto


total da comunicación e sen un control realmente consciente: isto implica que a
noción de fonema como unidade illada é totalmente descoñecida para o neno, xa
que el emprega os sons en contexto.

- Isto quere dicir que os fonemas non funcionan de maneira illada, senón que van
insertados nas palabras e é aí, no contexto da palabra, onde se producen as
influencias e os fenómenos que provocan os erros na produción e comprensión: a
situación do fonema na sílaba (inicio ou final de sílaba) e na palabra (posición inicial,
medial ou final), os trazos dos fonemas contiguos, o feito de que se atope nunha
sílaba tónica ou átona…

- Isto explica os casos nos que un bebé parece saber pronunciar ben un
fonema nunha palabra pero non noutras. Por exemplo, pode saber articular o
/s/ en / ˈsapo/ pero non en / /ˈposto/. A que se debe isto?

- A que nun caso está en posición inicial de sílaba e no outro en


posición final e pode haber máis dificultades articulatorias para
pronunciar o /s/ na segunda palabra.

- Tamén se podería explicar porque o neno aínda non adquiriu as


sílabas co esquema CVC, só CV, de maneira que omite o terceiro
elemento, sexa o son que sexa.

- Unha terceira explicación podería estar vencellada coas


representacións fónicas do neno, onde ao mellor esa palabra non leva
/s/, ou é unha palabra que escoita e usa pouco e por iso non a
pronuncia como os adultos, quizais a influencia do /t/ posterior
dificulta a súa percepción…
- Os erros mais característicos da fase de expansión do sistema fonolóxico resultan
os “procesos fonolóxicos”, que son simplificacións das palabras adultas nas que se
omite, se substitúe ou se engade un son.

- Co tempo desaparecen, o que é sinal de que a adquisición do compoñente fónico se


está levando a cabo de maneira satisfactoria.
- Podemos falar de:

- OMISIÓNS: eliminación dun fonema ou sílaba da palabra adulta por parte do


cativo/a.
- SUBSTITUCIÓNS: cambio dun fonema ou sílaba da palabra adulta por outro
na produción infantil.
- ADICIÓNS: incorporación dun son nunha por parte do cativo/a nunha palabra
adulta.
Como analizar o compoñente fonético-fonolóxico no traballo?

- Aquí pode observarse e destacar a utilización dalgúns sons que non coinciden coa
fala adulta, así como a súa evolución ata o asentamento definitivo do fonema. Debe
sinalarse e debe describirse se se produce unha evolución, ademais de resaltar, en
caso de que o haxa, algún proceso: omisión de sons ou sílabas (te por tres, serpente
por serpiente, cacol por caracol, papé por papel), substitución duns sons por outros
(ximenea por chimenea,pistal por cristal…)…

3. O desenvolvemento morfosintáctico

No tema 2 vimos que existen, en canto ao desenvolvemento morfosintáctico, tres grandes


fases ou estadios:

- Estadio prelingüístico ou preidiomático (0-1 anos)


- Estadio holofrástico (1-2 anos):

- Estadio sintáctico (2-3 anos)


- Estadio telegráfico
- Estadio avanzado (3-6 anos)
- Estadio gramatical
Estadio Holofrástico (1-2 anos)

- Fase dunha palabra e de holofrases ou amalgamas (avereto=a ver esto).

- Incorporación de moito léxico.

- Uso abundante de palabras de acción (pum para expresar un choque ou un golpe).

- Uso duns poucos modificadores (posesivos, adxectivos, algún cuantificador): meu


osiño, casa tuya, niña rubia, osito rojo, boneca pequeniña, tres porquiños, muchas
cosas, nenos todos. Normalmente o uso dalgúns modificadores illados comeza
nesta fase, xa que os nenos adoitan aprender as palabras en bloque ou en
colocacións, pero non hai sistematicidade e trátase de casos de imitación ou de
estruturas moi frecuentes.

- Palabras ou fórmulas sociais (xa aparecen algunhas en estadios anteriores): ola a


todos, chau,bos días,buenas tardes, moitas grazas, perdón…

- Pode aparecer xa algunha combinación de verbo ou oración simple por imitación ou


nalgún caso de secuencias moi frecuentes, o que xa adianta aspectos da fase
telegráfica, pero aínda non hai desenvolvemento nin conciencia das relacións
sintácticas nin sistematicidade: papá mira, mamá ven, nené xoga…

Estadio sintáctico (2-3 anos)

- Estadio telegráfico

- Falar coma se fose un telegrama, con combinacións sistemáticas de dúas


(ou tres) palabras que amosan relacións sintácticas incipientes (nené malo,
coche vermello, quero auga, papá viene…). Entre esas palabras
establécense relacións semántico-gramaticais (consultar tema 2). Desta vez,
aínda que non hai plena conciencia das relacións sintácticas, xa comeza a
haber sistematicidade e non se reduce só a casos de imitación ou de
estruturas moi frecuentes, senón que as crianzas producen estas secuencias
de maneira espontánea.

- A ordenación dos elementos é por simple xustaposición (sen nexos ou


verbos , un verbo e un elemento sen o resto dos complementos): papá mira
nene, mamá xoga pelota,quiero muñeca, beber más…
- Trátase dunha sintaxe pobre, sen apenas flexións de verbos, sen apenas
determinantes e modificadores, morfoloxía pobre, sen apenas concordancia
de xénero e de número…

- Non obstante, de maneira parella ás secuencias de dúas ou tres palabras


aparecen casos específicos de flexións e concordancias completas e de
oracións ou cláusulas completas con verbo, que non son sistemáticas aínda
pero que co paso do tempo van sendo máis numerosas.
- Van aparecendo o artigo e moitos modificadores que non estaban presentes
na etapa anterior, pero estes elementos non teñen aínda unha función
sintáctica plena coma na linguaxe adulta, senón que son coma sinaladores.
Adoitan aparecer nuns contextos si e noutros non e moitas veces depende
do contexto conversacional: la flor amarilla pero conejito blanco, un can pero
can marrón..

- Tamén aparecen xa algúns verbos e oracións que non teñen forma de


telegramas (algúns imperativos, algúns verbos en presente ou determinadas
formas frecuentes de verbos como ser ou estar), que se aprenden pola súa
frecuencia ou ben resultan imitacións: ¡papá, ven! / a casa é rosa / Pepe está
maliño / la nena es alta / o nené quere pizza/ ¡mamá, baila! / ¿quieres jugar?
/ la tía no está / mi primo no vino / el perrito está comiendo / abuela, habla tú /
o nené tira pelota/ abuelo mira / la nena lee un cuento…

- É común aínda a presenza dalgunhas holofrases e mesmo de balbucidos.

Estadio avanzado (3-6 anos)

- Estadio gramatical

- Xa aparecen os enunciados de varios elementos, as oracións simples


consolídanse e xa se configura a plena concordancia e flexión de xénero e
número en substantivos, adxectivos e modificadores e de persoa, tempo e
número nos verbos, así como van xurdindo os diferentes tempos verbais.

- Van aparecendo, pouco a pouco, as palabras gramaticais que adoitaban


omitirse en etapas anteriores. Os nexos das oracións compostas van
aparecendo pouco a pouco e son comúns os erros nestes (abuso da
conxunción y/e, uso dun nexo con outro valor diferente, coma un adversativo
con valor modal…)

- Esta é a etapa das sobrerregularizacións e sobrexeneralizacións.

- As relacións sintácticas comezan a asentarse e a crianza comeza a ser


consciente destas.
- Comeza a enriquecerse a morfoloxía (formación dalgunhas palabras
compostas, sufixación e derivación máis extensa mesmo con creacións
inventadas polo neno/a…)
- Aparición paulatina das oración compostas (máis dun verbo): coordinación,
subordinación e interordinación.

- É normal que nalgúns casos aínda prevalezan algúns trazos característicos


de etapas anteriores, coma holofrases ou algunhas combinacións sintácticas
moi simples (algún trazos poden estar presentes ata os 4;5-5 anos, non
obstante isto depende da evolución individual de cada neno/a). Se son moi
sistemáticos ou non hai progreso ao longo do curso é cando podería haber
algunha dificultade específica coa linguaxe ou algún atraso significativo ou
trastorno.

- Os erros seguen sendo frecuentes principalmente nas fases iniciais e poden


ser desde omisións de elementos ata fallos na concordancia, no tipo de nexo
empregado, na orde dos constituíntes da oración ou cláusula…

Datos aproximados do galego e do español que poden servir de referencia

- 20 meses
- Xénero: masculino / feminino (neno / nena)
- Pode haber falta de concordancia de xénero ata o os 3 anos
- 23 meses
- Número: singular / plural (coche / coches)
- Aparición do participio pasado (comido, roto)
- 27 meses
- Pretérito indefinido (caeu, rompeu, cayó, rompió, cantou, jugó)
- 29 meses
- Pretérito imperfecto (era, corría, daba, cantaba, mentía, xogaba, dicía)
- 30 meses
- As seis persoas verbais
- 35 meses
- Xerundio (xogando, jugando)

Evolución en u na adquisición das formas verbais

- 2-3 anos: as primeiras formas verbais son imitación das formas adultas (ítems
aprendidos de maneira individual, tamén poden ser aprendidos por frecuencia), polo
que non vai haber sistematicidade e maniféstase moita variación:

- Todo comido
- Juguete roto
- ¡Papá ven!
- Bebemos todos
- Todos ahí colocados
- Avoa, mira
- 3-4 anos: os cativos/as aplican a regra que eles elaboran a partir dos verbos
regulares
- Sobrerregularización: conxúganse os verbos irregulares como se foran
regulares: eu sabo, el sabeu, xoguete rompido, yo cabo, yo andé…
- Sobrexeneralización: aplícanse as desinencias da primeira conxugación
aos verbos da segunda ou da terceira, xa que adoitan predominar os verbos
da primeira conxugación no repertorio das crianzas: rompaba, rompou,
rompando, partaba (por partía), menté (por mentí)…
- 4-5 anos: producións como as da linguaxe adulta: coñecen a regra e as súas
excepcións.

Adquisición dos pronomes

- A categoría aparece cedo pero o seu uso sen erros é tardio.

- 20 meses: demostrativos
- este / esta / isto (proximidade)
- 2º lugar: pronomes persoais P1, P2
- Eu / ti
- 3º lugar: pronome persoal P3 (el/ela)

- 31 meses: posesivos P1 (mío, meu, miño)

- As primeiras formas teñen función deíctica e non propriamente función gramatical,


polo que o neno/a non emprega as persoas para falar mais aló do aquí e do agora .
Son sinaladores da realidade que se observa no momento da fala (fala egocéntrica):
eu aquí, tú allí... Isto explica os erros e a falta de sistematicidade que podemos
atopar nas producións infantís nesta fase.

- Despois, dos tres anos en diante, aparecerá a función descritiva e a narrativa: poder
falar do que non está ao noso alcance neste momento.
As primeiras oracións compostas (2-3 anos)

- Oracións de infinitivo: voy a dormir,quero beber auga, prefiero jugar al balón…

- Coordinadas (adoitan aparecer específicamente entre 2 e 2;6 e na orde indicada)

- 1. Copulativas (nexos y /e): canta e baila / me vestí y desayuné

- 2. Disxuntivas (nexos o/ou): ¿quieres jugar al escondite o prefieres una peli?


/ vas traballar ou vas ao parque?

- 3. Adversativas (pero): la niña corrió pero no llegó a la escuela / teño un


cabalo pero é de xoguete

- Subordinadas

- 1. Obsérvase unha primeira fase na que se subordinan os feitos sen conxunción :


mira el coche (que) el abuelo ha traído / gustoume a moto (na que) ía mamá.

- As primeiras subordinadas que se realizan completas adoitan ser as de relativo: oigo


al nené que está arriba / como o pastel que trae a tía.

Oracións compostas máis serodias 84-6 anos)

- Causais
- Nexo porque: llora porque le duele la barriga / non ven porque está maliño

- Temporais
- Nexo cuando / cando: cuando yo tenía dos años era pequeña / non me gusta
cando me bañan
- Condicionais
- Nexos si /se: si bebes mucha agua, se encharca la barriga /se tes frío, pon a
chaqueta

- Modais
- Nexos como / como si / como se: esto es como si fuera de verdad / non me
gusta como cantas

Que aspectos morfosintácticos podemos atopar nas mostras que hai que analizar
para o traballo?

- *CES: y después en la moto sabió [*] conducir : .→ SOBRERREGULARIZACIÓN


- *CES: tú fueste [*] [?] .→ SOBRERREGULARIZACIÓN (en caso de dúbida, describir
o que vemos, por exemplo se hai un cambio na vogal desa forma verbal, se
emprega unha terminación diferente ou estraña ou unha desinencia que non é a
esperable, confusións nos tempos verbais…)

- Prestar atención aos nexos e ao tipo de oracións (simples e compostas) e/ou


modificadores que predominan e determinar en que etapa se atopa o neno ou a
nena escollida (holofrástica, telegráfica, avanzada ou gramatical ou se hai mestura
de características de dúas etapas).

4. O desenvolvemento pragmático

A quenda de palabra

- Os nenos menores de 3 anos non desenvolveron aínda a habilidade de respectar a


alternancia e os cambios nas súas conversas, o que fai que pareza que se
comporten ou conversen de maneira caótica: non saben anticipar a quen lle toca
intervir nin saben como marcar a fin das súas intervencións.

- Entre os 3 e os 4 anos xa son capaces de detectar e de evitar os solapamentos e


teñen mecanismos para que a toma de quendas sexa máis eficaz: se foron
interrompidos, deixan de falar e adoitan repetir a información solapada.
- Xa máis adiante e en etapas posteriores (+5) van perfeccionando as súas
habilidades para a toma e o mantemento das quendas.

Outros aspectos

- Respecto ao tema, nun principio son os adultos os que controlan e achegan os


temas e os cambios de tema na conversa, mentres que a partir dos 3 anos
aproximadamente os nenos xa comezan a desenvolver recursos para ir introducindo
e controlando a información sobre a que están falando.

- Canto máis control posúe un cativo/a sobre a conversa, máis desenvolvida ten a
conciencia pragmática. Neste senso, un neno/a que se autocorrixe, que reformula,
que repite o que se estaba a dicir antes, que é consciente de que non foi entendido e
busca a maneira de ser comprendido a través de distintos recursos, que corrixe a
outros, etc., posúe un nivel de desenvolvemento pragmático elevado.

- A conciencia sobre os diferentes estilos e rexistros sociais (subcompetencia


sociolingüística) tamén se vai desenvolvendo paulatinamente (xa desde ben
pequenos se aprende a dicir por favor e grazas), aínda que as crianzas non
comezan a decatarse de que poden expresar o mesmo significado de maneira máis
e menos formal (podes darme o libro? é máis educado que dáme o libro!); ou os
cambios de ton que implican máis ou menos educación incluso dicindo o mesmo
enunciado) ata arredor dos cinco anos e non é ata os nove ou dez cando son
capaces de modificar o seu discurso completamente tendo en conta o rexistro e o
estilo da situación e a adaptación ao interlocutor.

- A medida que as crianzas medran, van aprendendo a respectar os principios da


conversa, malia que existe bastante variabilidade no proceso. Non obstante, o
control destas habilidades resulta moi paulatino e o desenvolvemento pragmático
esténdese ata toda a etapa de primaria e mesmo na secundaria.

Que aspectos pragmáticos debemos ter en conta no traballo?

- Os tipos de actos ilocutivos (ver a expositiva 3, tema 1). Non se estableceron fases
concretas, polo que só se debe describir por riba se o neno/a realiza todos os tipos
de actos ou se hai algúns tipos que predominan.

- Observar e describir a actitude xeral do cativo/a respecto á conversa para


determinar se posúe un alto grao de desenvolvemento pragmático ou non: ver como
organizan os suxeitos as súas intervencións na conversa, como toman o turno (se se
solapan ou non con outros falantes, que recursos utilizan para tomar a palabra, etc.),
se se apoian nas intervencións adultas, se manteñen o fío da conversa, se
introducen novos temas, etc. Tamén se debe ter en conta se son máis produtivos ou
se tenden a imitar e se son máis ou menos participativos á hora de falar (isto pode
ser algo propio do carácter e non do desenvolvemento lingüístico) e de responder
aos adultos.
- Tamén convén analizar se saben interpretar as intencións comunicativas dos seus
interlocutores (queixa, burla, expresar medo, dar unha orde...) se expresan
claramente as súas intencións, se cumpren cos efectos perlocutivos esperados (se
cumpren unha orde ou entenden enunciados indirectos, se contestan como se
espera...). Tamén pode ser interesante observar se saben mentir ou se son
conscientes de que alguén o fai, se poden manipular a outros interlocutores, se
detectan usos figurados e segundas intencións…

5. Consideracións finais

- É normal que haxa variabilidade: que unha nena ou neno estea máis avanzado nuns
compoñentes ca noutros.

- Se non se pode determinar a etapa de desenvolvemento morfosintáctico, pódese


concluír que un suxeito combina trazos de dúas etapas.

- Pode haber variabilidade dentro dun mesmo compoñente. Por exemplo, no


compoñente morfosintáctico (facer ben as concordancias de número pero non de
xénero, producir oracións compostas pero ter problemas coas concordancias de
xénero e número, producir axeitadamente os tempos verbais pero só en
determinadas persoas).

- Se unhas veces aparece un erro e outras veces o neno emite o fenómeno lingüístico
da mesma maneira que na linguaxe adulta, iso implica que hai alternancia ou
vacilacións. Adoita pasar nos sons, onde ao mellor un mesmo son se pronuncia
correctamente nalgunhas palabras e noutras non, polo que hai alternancia e iso
supón que o son non está aínda adquirido plenamente. Tamén é común que un
fenómeno apareza cando se imita pero que logo na produción espontánea non estea
presente, o que significa que aínda non foi adquirido.

- Os estancamentos, as aceleracións e os atrasos son normais entre fases. Ás veces


estes cambios acontecen en pouco tempo e os atrasos responden a reorganizacións
no sistema das crianzas, polo que resultan completamente normais no curso do seu
desenvolvemento, aínda que a tendencia xeral sexa ao progreso.

- Se non hai erros, convén comprobar que aspectos realiza “correctamente” o cativo/a
e dar conta do que ten adquirido e é capaz de producir.

You might also like