Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 8

Escuela Inclusiva y Necesidades Educativas Especiales

Tema 2

MARCO LEXISLATIVO DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: DA INTEGRACIÓN Á


INCLUSIÓN

• LXE (1970). Contempla a escolarización do alumnado con


discapacidade en centros de réxime ordinario, sempre que a gravidade
do seu déficit o permita.

• Constitución Española (1978). Recoñecemento de dereitos dos


minusválidos/as (art.49): “Os poderes públicos realizarán unha política de
previsión, tratamento, rehabilitación e integración dos diminuídos físicos,
sensoriais e psíquicos aos que presentarán a atención especializada que
requiran e os ampararán especialmente para o desfrute dos dereitos que
este Título (I) outorga a todos os cidadáns”.

• Lei de Integración Social dos Minusválidos (LISMI) (1982). Recolle as


intencións que se desexan levar á práctica en relación coa igualdade de
dereitos e oportunidades de todas as persoas que conviven nun sistema
democrático. As persoas con discapacidade intégranse no sistema
ordinario de educación xeral cos apoios necesarios que prevé dita lei.

• LOXSE (1990)
o Establece como norma a escolarización do alumnado con NEE na
escola ordinaria, previa avaliación pedagóxica e ditame de
escolarización dos equipos de orientación.

o Refórzanse os principios da integración e normalización,


propiciando a integración nos centros ordinarios, aporta o
concepto de “alumnado con necesidades educativas especiais”
e considérase que é a escola a que debe adaptarse a estes e non
ao revés.

• LOE (2006)
o Promove a autonomía tanto dos centros, que lle permita adaptar
a normativa ás características da súa contorna e da poboación
que atenden; como a flexibilidade do sistema en todos os seus
aspectos (pedagóxicos, organizativos, etc.), factores que deben
contribuír a que a educación inclusiva se xeneralice sen maiores
dificultades.
o Inclúe o concepto de inclusión.

1
Escuela Inclusiva y Necesidades Educativas Especiales
Tema 2

• Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á


diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade
Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na
Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

• LOMCE (2013). Introduce modificacións ao texto da LOE.

LOXSE (1990)
Artigo 36 (CAPÍTULO QUINTO. Da educación especial).

“1. O sistema educativo disporá dos recursos necesarios para que os alumnos
con necesidades educativas especiais, temporais ou permanentes, poidan
alcanzar, dentro do mesmo sistema, os obxectivos establecidos con carácter
xeral para todos os alumnos”.

“2. A identificación e valoración das necesidades educativas especiais


realizarase por equipos integrados por profesionais de distintas cualificacións,
que establecerán en cada caso plans de actuación en relación coas
necesidades educativas específicas dos alumnos”.

“3. A atención ao alumnado con necesidades educativas especiais rexerase


polos principios de normalización e de integración escolar”.

“4. Ao final de cada curso avaliaranse os resultados conseguidos por cada un


dos alumnos con necesidades educativas especiais, en función dos obxectivos
propostos a partir da valoración inicial. Dita avaliación permitirá variar o plan de
actuación en función dos seus resultados”.

Artigo 37. (CAPÍTULO QUINTO. Da educación especial).

“2. A atención aos alumnos con necesidades educativas especiais iniciarase


dende o momento da súa detección. A tal fin, existirán os servizos educativos
precisos para estimular e favorecer o mellor desenvolvemento destes alumnos,
e as Administracións educativas competentes garantirán a súa escolarización”.

“3. A escolarización en unidades ou centros de educación especial só se levará


a cabo cando as necesidades do alumno non podan ser atendidas por un
centro ordinario. Dita situación será revisada periodicamente, de modo que
poda favorecerse, sempre que sexa posible, o acceso dos alumnos a un réxime
de maior integración.

“4. As Administracións educativas regularán e favorecerán a participación dos


pais ou titores nas decisións que afecten á escolarización dos alumnos con
necesidades educativas especiais”.
Escuela Inclusiva y Necesidades Educativas Especiales
Tema 2

LOE (2006)
Preámbulo:

“Co fin de garantir a equidade, o título II aborda os grupos de alumnos que


requiren unha atención educativa diferente á ordinaria por presentaren
algunha necesidade específica de apoio educativo e establece os recursos
precisos para acometer esta tarefa co obxectivo de lograr a súa plena inclusión
e integración”.

“A adecuada resposta educativa a todos os alumnos concíbese a partir do


principio de inclusión, entendendo que unicamente dese modo se garante o
desenvolvemento de todos, se favorece a equidade e se contribúe a unha
maior cohesión social. A atención á diversidade é unha necesidade que abarca
todas as etapas educativas e todos os alumnos. É dicir, trátase de considerar a
diversidade das alumnas e alumnos como principio e non como unha medida
que corresponde ás necesidades duns poucos”.

Artigo 1. Principios. (TÍTULO PRELIMINAR. CAPÍTULO I. Principios e fins da educación).

“O sistema educativo español, configurado de acordo cos valores da


Constitución e asentado no respecto aos dereitos e liberdades recoñecidos
nela,. inspírase nos seguintes principios:

a) A equidade, que garanta a igualdade de Oportunidades, a inclusión


educativa e a non discriminación e actúe como elemento compensador
das desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais, con especial
atención ás que deriven de discapacidade”.

Artigo 14. Ordenación e principios pedagóxicos. (TÍTULO I. As Ensinanzas e a súa


Ordenación. CAPÍTULO I. Educación infantil).

“6. Os métodos de traballo en ambos os ciclos basearanse nas experiencias, as


actividades e o xogo e aplicaranse nun ambiente de afecto e confianza, para
potenciar a súa autoestima e integración social”.

Artigo 26. Principios pedagóxicos. (CAPÍTULO III. Educación secundaria obrigatoria).

“5. Así mesmo, correspóndelles ás administracións educativas regular solucións


específicas para a atención daqueles alumnos que manifesten dificultades
especiais de aprendizaxe ou de integración na actividade ordinaria dos centros,
dos alumnos de alta capacidade intelectual e dos alumnos con
discapacidade”.
Escuela Inclusiva y Necesidades Educativas Especiales
Tema 2

Artigo 67. Organización. (CAPÍTULO IX. Educación de persoas adultas).

“4. Igualmente, correspóndelles ás administracións educativas promover


programas específicos de aprendizaxe da lingua castelá e das outras linguas
cooficiais, de ser o caso, así como de elementos básicos da cultura para facilitar
a integración das persoas inmigrantes”.

Artigo 71. Principios. (TÍTULO II. Equidade na Educación CAPÍTULO I. Alumnado con
necesidade específica de apoio educativo).

“2. Correspóndelles ás administracións educativas asegurar os recursos


necesarios para que os alumnos e alumnas que requiran unha atención
educativa diferente á ordinaria, por presentaren necesidades educativas
especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, polas súas altas
capacidades intelectuais, por térense incorporado tarde ao sistema educativo,
ou por condicións persoais ou de historia escolar, poidan alcanzar o máximo
desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os
obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado”.

“3. As administracións educativas establecerán os procedementos e recursos


precisos para identificar de forma temperá as necesidades educativas
específicas dos alumnos e alumnas a que se refire o punto anterior. A atención
integral ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo iniciarase
desde o mesmo momento en que esa necesidade sexa identificada e rexerase
polos principios de normalización e inclusión”.

Artigo 73. Ámbito. (TÍTULO II. Equidade na Educación. CAPÍTULO I. Alumnado con
necesidade específica de apoio educativo. Sección Primeira. Alumnado que presenta
Necesidades Educativas Especiais).

“Enténdese por alumnado que presenta necesidades educativas especiais,


aquel que requira, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda
ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de
discapacidade ou trastornos graves de conduta”.

Artigo 74. Escolarización. (TÍTULO II. Equidade na Educación. CAPÍTULO I. Alumnado con
necesidade específica de apoio educativo. Sección Primeira. Alumnado que presenta
Necesidades Educativas Especiais).

“1. A escolarización do alumnado que presenta necesidades educativas


especiais rexerase polos principios de normalización e inclusión e asegurará a
súa non discriminación e a igualdade efectiva no acceso e a permanencia no
sistema educativo, podendo introducirse medidas de flexibilización das distintas
etapas educativas, cando se considere necesario.
Escuela Inclusiva y Necesidades Educativas Especiales
Tema 2

A escolarización deste alumnado en unidades ou centros de educación


especial, que se poderá estender ata os vinte e un anos, só se levará a cabo
cando as súas necesidades non poidan ser atendidas no marco das medidas de
atención á diversidade dos centros ordinarios”.

“3. Ao finalizar cada curso avaliaranse os resultados conseguidos por cada un


dos alumnos en función dos obxectivos propostos a partir da valoración inicial. A
devandita avaliación permitirá proporcionarlles a orientación adecuada e
modificar o plan de actuación así como a modalidade de escolarización, de modo
que se poida favorecer, sempre que sexa posible, o acceso do alumnado a un
réxime de maior integración”.

“4. Correspóndelles ás administracións educativas promover a escolarización na


educación infantil do alumnado que presente necesidades educativas
especiais e desenvolver programas para a súa adecuada escolarización nos
centros de educación primaria e secundaria obrigatoria”.

“5. Correspóndelles así mesmo ás administracións educativas favorecer que o


alumnado con necesidades educativas especiais poida continuar a súa
escolarización de maneira adecuada nas ensinanzas postobrigatorias, así como
adaptar as condicións de realización das probas establecidas nesta lei para
aquelas persoas con discapacidade que así o requiran”.

Artigo 75. Integración social e laboral. (TÍTULO II. Equidade na Educación. CAPÍTULO I.
Alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Sección primeira. Alumnado
que presenta necesidades educativas especiais).

“1. Coa finalidade de facilitar a integración social e laboral do alumnado con


necesidades educativas especiais que non poida conseguir os obxectivos da
educación obrigatoria, as administracións públicas fomentarán ofertas
formativas adaptadas ás súas necesidades específicas”.

Artigo 97. Profesorado de ensinanzas de idiomas. (CAPÍTULO II. Profesorado das


distintas ensinanzas).

“2. As administracións educativas, excepcionalmente, poderán incorporar


como profesores especialistas, atendendo á súa cualificación e ás necesidades do
sistema educativo, profesionais, non necesariamente titulados, de
nacionalidade estranxeira. Esa incorporación realizarase en réxime laboral ou
administrativo, de acordo coa normativa que resulte de aplicación e deberase
cumprir o contido dos artigos 9.5 e 36 da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro,
sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social,
salvo no caso de nacionais dos Estados membros da Unión Europea ou daqueles a
quen sexa de aplicación o réxime comunitario de estranxeiría”.

5
Escuela Inclusiva y Necesidades Educativas Especiales
Tema 2

Artigo 111. Denominación dos centros públicos. (CAPÍTULO II. Centros públicos).

“4. Os centros que ofrecen ensinanzas dirixidas a alumnos con necesidades


educativas especiais que non poidan ser atendidas no marco das medidas de
atención á diversidade dos centros ordinarios, denominaranse centros de
educación especial”.

Artigo 121. Proxecto educativo (CAPÍTULO II. Autonomía dos centros).

“2. Este proxecto, que deberá ter en conta as características do ámbito social
e cultural do centro, recollerá a forma de atención á diversidade do alumnado
e a acción titorial, así como o plan de convivencia, e deberá respectar o
principio de non discriminación e de inclusión educativa como valores
fundamentais, así como os principios e obxectivos recollidos nesta lei e na Lei
orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación”.

LOMCE (2013)
Preámbulo:

“Na esfera individual, a educación supón facilitar o desenvolvemento persoal e


a integración social.”

“A Estratexia da Unión Europea para un crecemento intelixente, sustentable e


integrador estableceu para o horizonte 2020 cinco ambiciosos obxectivos en
materia de emprego, innovación, educación, integración social, así como clima
e enerxía e cuantificou os obxectivos educativos que debe conseguir a Unión
Europea para mellorar os niveis de educación. No ano 2020, a Unión Europea
deberá reducir o abandono escolar a menos dun 10% e, como mínimo, polo
menos o 40% da poboación de entre 30 e 34 anos deberá ter finalizado os seus
estudos de formación superior ou equivalente”.

Artigo único.

“A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modifícase nos seguintes


termos:

1. Modifícase a redacción das letras b), k) e l) e engádense novas letras h


bis) e q) ao artigo 1, nos seguintes termos:

a. A equidade, que garanta a igualdade de oportunidades para o


pleno desenvolvemento da personalidade a través da educación,
a inclusión educativa, a igualdade de dereitos e oportunidades
que axuden a superar calquera discriminación e a accesibilidade
universal á educación, e que actúe como elemento

6
Escuela Inclusiva y Necesidades Educativas Especiales
Tema 2

compensador das desigualdades persoais, culturais, económicas


e sociais, con especial atención ás que deriven de calquera tipo
de discapacidade”.

“Sección cuarta. ALumnado con dificuLtades específicas de aprendizaxe. Artigo 79 bis.


Medidas de escolarización e atención.

1. Corresponde ás administracións educativas adoptar as medidas necesarias


para identificar o alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe e
valorar de forma temperá as súas necesidades.

2. A escolarización do alumnado que presenta dificultades de aprendizaxe


rexerase polos principios de normalización e inclusión e asegurará a súa non
discriminación e a igualdade efectiva no acceso e permanencia no sistema
educativo.

“Vinte e oito. O artigo 36 queda redactado da seguinte maneira: Artigo 36. Avaliación
e promoción.

1. A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua e diferenciada


segundo as distintas materias. O profesorado de cada materia decidirá, ao
remate do curso, se o alumno ou alumna logrou os obxectivos e alcanzou o
adecuado grao de adquisición das competencias correspondentes.
Estableceranse as medidas máis adecuadas para que as condicións de
realización das avaliacións se adapten ás necesidades do alumnado con
necesidades educativas especiais ”.

7
Escuela Inclusiva y Necesidades Educativas Especiales
Tema 6

¿No te llega para pagar Wuolah Pro? ¿Un año sin anuncios gratis? ¡Clic

You might also like