Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

A Oratoria

1.- A Oratoria nos seus contextos


A oratoria é un xénero literario prosaico desenvolto a partir da aplicación práctica da
retórica. Naceu ó redor da metade do s. V a.C., aínda que os primeiros discursos
literariamente elaborados aparecerían a comezos do s. IV a.C. A diferenza doutras
manifestacións literarias con fins educativos ou recreativos, a oratoria ocupaba un papel
decisivo na vida pública e política da polis. Desenvolveuse seguindo o estímulo de dúas
figuras interdependentes: o mestre (un rétor ou sofista) e o discípulo (o orador que tiña
que pronunciar o discurso). Existían mestres a soldo que ensinaban oratoria, transmitindo a
orde, contido e modo que debían expresarse no discurso nos diferentes contextos cívicos
de Atenas. A oratoria tiña precedentes de antigo (a facultade da retórica e mencionada xa
na Ilíada), pero o sistema das poleis e a o desenvolvemento da democracia ateniense
foron o principal motor deste xénero.

Dacordo co seu contexto social, dividimos a oratoria en:

● Forense: xuízos pronunciados perante un tribunal polos propios implicados,


xeralmente compostos por logógrafos.
● Política: discursos pronunciados perante a asamblea ou outros órganos políticos.
● Exhibición: discursos expostos en ocasións solemnes, como a loanza ou censura
dun personaxe.

No referente ás partes do discurso, as dividimos en prólogo (introdución que busca a


simpatía do oínte), exposición, proba (presentación de probas ou argumentos sobre os
que se apoia a tese do discurso) e epílogo (conclución coa intención de atraerse de novo ó
xurado).

1.1.- No contexto legal

Na democracia radical do s. V a.C., a isonomía era un dos dereitos máis importantes, e


supoñía que todos os cidadáns tiveran o dereito e obriga de ocuparse da súa propia
defensa ante un tribunal popular formado por mínimo 201 xurados elixidos a sorteo entre
os cidadáns da polis. Tanto a defensa como a acusación tiñan que expoñer as súas
posturas sen mediación de avogados, agás os non-cidadáns, que debían ser
representados. Malia a existencia de secretarios, non había unha figura de xuíz que
interpretase a lei da polis, adoutrinase ou chamase a orde dos xurados, polo que estes tiñan
liberdade absoluta de interpretación dos feitos e a lei, e a súa decisión era inapelable. O
tempo do que dispoñía cada parte estaba limitado por unha clepsidra, e o xuízo debía
rematarse nun único día. Finalmente, realizábase unha votación segreda no que os
membros do xurado introducían unha pedriña nunha urna, branca se votaban inocente e
negra se votaban culpable.

Cara o primeiro terzo do s. IV a.C. introduciuse a posibilidade de que as testemuñas e as


probas puidesen ser examinadas previamente ó xuízo. Antes desta reforma, os oradores
tiñan que estar preparados para prever calquera posible argumento inventado pola súa
contraparte. Só a finais do s. V a.C. xorde a posibilidade de empregar un intermediario, un
orador profesional coñecido como logógrafo. O orador máis importante neste ámbito foi
Lisias.

1.2.- No contexto epidíctico

Chamamos contexto epidíctico á oratoria destinada á exhibición das aptitudes do orador,


tanto en ámbitos privados (simposios) coma ceremoniais (epitafios). En Atenas, o siciliano
Gorxias foi decisivo para o seu desenvolvemento, con discursos de exhibición como O
encomio de Helena (defensa de Helena de Troia, a muller máis controvertida do mundo
grego) ou A defensa de Palamedes (discurso xudicial ficticio de tema mitolóxico). Gorxias
converteuse nun referente da oratoria ática, especialmente polo emprego dunha serie de
recursos estilísticos e métricos (antíteses, repeticións, asonancias, metros completos
intercalados na exposición prosística…) que aproximaban a prosa oratoria á poesía. Estas
figuras tiveron moito éxito e acabaron denominándose “figuras gorxianas”.

Este ámbito tamén inclúe manifestacións oratorias cerimoniais, como os discursos


fúnebres pronunciados para os caídos pola patria. Estes oradores fúnebres tiñan que
axustarse a unha serie de ideas e tópicos impostos, limitando a súa capacidade inventiva. O
orador debía comenzar recoñecendo que as súas palabras non eran apropiadas para a
ocasión, continuaba lembrando as fazañas realizadas polos seus antecesores, destacando
a autoctonía e os pasos dados ata chegar ó sistema político actual. A partir de aí, o epitafio
convertíase nun encomio das virtudes da democracia, polo que este tipo de oratoria tiña
unha función propagandística de incrementar o respecto cara os valores cívicos e morais
da sociedade do momento.

2.- Oradores
Aínda que a oratoria desenvolveuse en Atenas, non foi desenvolvida por atenienses. O
primeiro deles foi Gorxias de Leontinos (Sicilia, 438 a.C.), quen chegou a Atenas no ano
427, impresionando os atenienses e dedicándose a ensinar a nova arte. Segundo o canon
da época helenística, os oradores gregos modélicos foron Antifonte, Andócides, Lisias,
Isócrates, Iseo, Esquines, Licurgo, Demóstenes, Hiperides e Dinarco.

2.1.- Lisias (445 a.C.)

O seu pai trasladouse de Siracusa a Atenas a mediados do s. V a.C., polo que foi un
meteco sen dereitos políticos, o que impediulle pronunciar persoalmente discursos políticos
ou epidíticos. Polo tanto, centrouse na composición de discursos forenses. ****Dise que
compuxo máis discursos que calquera outro orador: as fontes antigas atribuíanlle 425
discursos, dos que se consideran auténticos uns 230 e consérvanse só 35, cunha linguaxe
coloquial propio da época e un gran talento narrativo para presentar o ambiente de Atenas.

2.2.- Isócrates (436 a.C.)

Naceu nunha familia acomodada, permitíndolle ser discípulo de oradores como Pródico,
Protágoras e Gorxias. Como non tiña boas calidades oratorias, escribiu discursos ficticios.
Destaca por ser a primeira persoa en eloxiar o concepto de Europa. A partir do 392 a.C.
abriu unha escola en Atenas onde daba formación literaria e política durante 3-4 anos,
destinados a acadar unha importante habilidade oratoria. Consérvanse 25 discursos e
cartas, a maioría dos cales están relacionados co seu pensamento pedagóxico, xa que o
seu obxectivo era asegurar a supervivencia e difusión dos valores culturais gregos. Na súa
prosa coida un ritmo moi refinado, fai todo o posible por se apartar do artificio literario (malia
que ás veces déixase levar polos períodos excesivamente longos) e evita o encontro de
vogais en hiato.

● Estas ideas atópanse no seu ensaio Contra os sofistas, reelaborado 36 anos


despois na obra (en gran parte autobiográfica) Antidose.
● O Busiris e Helena son exercicios escolares no tratamento de temas lendarios.
● O Panexírico é a obra fundamental para coñecer o seu pensamento políticos.

2.3.- Esquines (390 a.C.)

A orixe humilde da súa familia levouno a exercer distintos oficios. Politicamente amosou
simpatía cara a Filipo de Macedonia e confrontouse con Demóstenes. O enfrontamento
saldouse coa derrota de Esquines e o seu abandono de Atenas. Posuía grandes dotes
naturais como orador (boa voz, boa presenza, elocuencia, enxeño, coñecementos, citas…),
pero non tiña claridade de ideas, gusto ou autoridade moral.

● Contra Timarco
● Sobre a embaixada, réplica ós ataques de Demóstenes
● Contra Ctesifonte, convincente cando alega as ilegalidades técnicas da proposta,
pero ineficaz como ataque contra a carreira de Demóstenes.

2.1.- Demóstenes (384 a.C.)

Máximo orador da Antigüidade, exerceu como logógrafo. Mantivo unha feroz oposición a
Filipo II de Macedonia, lanzando contra el as catro Filípicas, os seus máis acendidos
discursos. Tras a expansión militar dos macedonios, Demóstenes foi obrigado a abandoar
Atenas no 324 a.C. Regresou trala morte de Alexandro Magno, para despois abandoar de
novo a cidade e suicidarse en 322 a.C.

Foi encarnizado adversario de Esquines, atacándoo no seu discurso Sobre a coroa, obra
mestra da oratoria. O contexto deste discurso foi a proposta de Ctesifonte de conceder a
Demóstenes unha coroa de ouro pola súa xestión como comisario de fortificacións e
administrador do fondo de espectáculos. Cando ía presentar a proposta á asamblea,
Esquinas presentou unha denuncia de ilegalidade contra Ctesifonte porque a súa proposta
contiña datos falsos e Demóstenes aínda no rendira contas. Se o acusador non obtiña 1/5
dos votos favorables á súa denuncia, debía pagar unha multa de mil dracmas e quedaba
inhabilitado para intentar novas denuncias semellantes á perdida. Isto foi o que lle sucedeu
a Esquines, que tivo que abandonar Atenas.

O seu éxito oratorio baseouse nas súas formidables dotes de exposición e argumentación e
no perfecto dominio de todos os recursos do idioma. En suma, facía unha grande síntese de
paixón por unha idea de Estado ateniense libre e estética oratoria. Consérvanse 61
discursos, aínda que non todos son auténticos.

● Discursos forenses: Contra Androción e Contra Timócrates


● Discursos políticos: Sobre a agrupación dos contribuíntes e Sobre a liberdade
dos rodios
● Discursos anti-macedónicos: Filípicas, Olínticos, Sobre a paz, Sobre a embaixada
e Sobre a coroa

You might also like