Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

O participio

O participio posúe un morfema aspectual perfectivo “-do” (sent-a-do, ferv-i-do,


viv-i-do), que indica acción rematada, e morfemas de xénero e número, que
fan que se afaste en certa medida da categoría verbal e se aproxime á
adxectiva:

*Perdidas todas as oportunidades, deu en botar man da chantaxe.

Se forma parte dunha perífrase verbal conserva en maior medida os seus


trazos verbais e non pode variar en xénero nin número:
*Aínda non dei rematado as gravacións.

O máis habitual é que os verbos posúan un só participio, regular (borrado,


ferido) ou irregular (posto, visto), que desempeñe as funcións verbal e
adxectiva, pero existen verbos con dous participios: un regular, que
normalmente desempeña a función verbal (calmado, comido), e outro
irregular con función adxectiva (calmo, comesto):
*Eu xa teño comido filloas moitas veces / Esas follas están comestas polos
bechos.

Velaquí algúns exemplos de verbos con dúas formas de participio:

acendido/aceso escorrido/escorreito prendido/preso


bendicido/bendito espertado/esperto quentado/quente
calmado/calmo fartado/farto resolvido/resolto
cansado/canso fixado/fixo salvado/salvo
chocado/choco gastado/gasto tinxido/tinto
collido/colleito limpado/limpo tollido/tolleito
comido/comesto maldicido/maldito torcido/torto
distinguido/distinto nacido/nado volvido/volto
enxugado/enxoito pagado/pago

Mesmo poden aparecer tres formas para un verbo: envolvido, envolveito,


envolto.

You might also like