III CONCURSO DE MICRORRELATOS Bases

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

CONCURSO DE MICRORRELATOS

BIBLIOTECA CASTELAO

Dende a Biblioteca Castelao e o EDLG lanzamos o III Concurso de escritura creativa de


Microrrelatos .

O concurso consistirá en crear un microrrelato en galego a partires dunha das seguintes frases
propostas . A frase que elixades será o comezo do microrrelato.

FRASES

1. Saín correndo sen mirar atrás…


2. Pensei que era unha boa idea…
3. O can non paraba de ladrar...
4. Tiña no móbil 20 chamadas perdidas...
5. Mirei cara o ceo e vin...

BASES

➢ O microrrelato non ten un mínimo en canto á extensión, podería consistir, incluso, en engadir
catro ou cinco palabras á frase proposta , pero ten limitada a extensión a 200 palabras.
➢ O microrrelato deberá levar obrigatoriamente un título.
➢ O límite de envío de número de microrrelatos por participante será de tres, sempre e cando se
cumpran os criterios establecidos nas bases.
➢ O participante fará constar no mesmo o seu nome, apelidos e curso. Tamén se pode asinar cun
pseudónimo, neste caso deberase informar ao profesorado da biblioteca dos seus datos.
➢ Todos os microrrelatos poderán ser publicados nos blogs e páxina web do centro ou expostos
no taboleiro da biblioteca.

CATEGORÍAS E GAÑADORES

➢ Categoría A: alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º de ESO


➢ Categoría B: alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO
➢ Ao remate do concurso elixiranse os 2 relatos mellor puntuados polo xurado que estará
composto por membros do equipo da Biblioteca e do EDLG.
➢ En cada categoría haberá 1 gañador/a (cheque regalo) e 1 finalista (cheque regalo).

PRAZO E ENTREGA

➢ O concurso desenvolverase dende o luns 15 de abril ate o luns 29 de abril, rematando ao fin
do recreo da ESO ás 12:35.
➢ A entrega pode ser en papel, escritos a man ou ordenador ou tamén vía email no correo da
biblioteca: biblioteca.castelao.monfero@gmail.com

You might also like